21/02/2024
Celebración do Día de Rosalía de Castro
23 de febreiro, ás 19:00 h, na Biblioteca Municipal de Barbadás

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, ás 19:00 h, celebraremos esta efeméride cunha serie de actos que terán lugar na Biblioteca Municipal:
▪️ Lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
▪️ Lectura pública da obra de Rosalía.
▪️ Música ao vivo.
▪️ Entrega de agasallos aos grandes lectores e lectoras da Biblioteca Municipal de Barbadás.
Achégate para lembrar a esta gran poeta e novelista galega, no día do seu aniversario.