30/11/2020
Concurso de decoración de xanelas, balcóns e portais de Nadal en Barbadás
Inscricións do 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2020

BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO II CONCURSO DE DECORACIÓN DE XANELAS, BALCÓNS E PORTAIS DE NADAL 2020
Os criterios de valoración será a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición e os motivos empregados para decorar
O prazo de presentación de inscrición empeza o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2020 (ambos incluidos)
- Esta campaña ten como finalidade, amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal, polo que, en ningún momento ten finalidade comercial.
- Poderán participar todos os veciños/as do Concello de Barbadás, que teñan vivendas con xanelas, balcóns e portais que poidan ser decorados.
- O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.
- Os criterios de valoración será a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e composición e os motivos empregados para decorar.
- Os impresos de inscrición poderán obterse, no Concello de Barbadas, na Oficina Municipal de A Valenzá ou a través desta ligazón da páxina web do Concello (barbadas.es).
- Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse por rexistro, no Concello de Barbadás, na Oficina Municipal de A Valenzá, ou a través da Sede Electrónica dende o 30 de novembro ata o 11 de decembro de 2020 (ambos incluidos).
- Coa ficha de inscrición será preciso para formalizar a participación no concurso enviar unha foto da xanela, balcón ou portal ó enderezo de correo electrónico cet@barbadas.es ata o día 11 de decembro de 2020 (incluído), facendo constar no asunto do correo electrónico: PARTICIPACIÓN CONCURSO DE XANELAS OU BALCÓNS OU PORTAIS, así como o nome da persoa participante.
- Na web do Concello (barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente, entre os días 14 e 21 de decembro de 2020.
- Unha vez se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e ademais publicarase na web do Concello (barbadas.es).
- Establécense os seguintes premios:
Un premio á mellor xanela por importe de 300 €.
Un premio ó mellor portal por importe de 300 €.
Un premio ó mellor balcón por importe de 300 €.
- Os premios serán adxudicados aos participantes que obtivesen máis votos telemáticos.
- Os premios serán entregados o día 23 de decembro de 2020.