20/04/2021
Día do Libro en Barbadás: contacontos, obradoiros, descontos en librarías e entrega de plantas por mercar libros
OBRADOIROS, ACTIVIDADES LÚDICAS, CONTACONTOS E DESCONTOS NAS LIBRARÍAS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO EN BARBADÁS
A Concellería de Cultura organiza un amplo abano de actividades que inclúen tamén a entrega de unha planta por cada libro que se merque o venres 23 de abril
Un obradoiro para nenos e nenas de 5 a 7 anos terá lugar ás 18,00 horas na Biblioteca infantil
- Achégase o 23 de Abril, “”DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO”” e o Concello de Barbadás conmemora esta data tan especial para a Educación e a Cultura organizando unha serie de actividades lúdicas e promocionando o comercio local: librarías e floristerías.
- Un grupo de 38 nenos e nenas da Escola Infantil de Barbadás visitarán a Biblioteca Municipal para participar en diversas actividades.
- Este grupo de cativos e cativas coñecerán o espazo físico da sala infantil da Biblioteca de Barbadás coa finalidade de fomentar a lectura e crear a costume de ir a este espazo.
- Os cativos e cativas menores de 3 anos experimentarán coa creación de portadas de libros con pintura de dedos, contacontos onde interactúan entre eles e elas, teatro adaptado ás crianzas e contacontos.
- As Librerías: “Moraima” , “A Valenzá” , “Carlín” , “Espa” , estarán o longo do día, (se as condicións metereolóxicas o permiten) no exterior dos seus establecementos ofrecendo descontos.
- Por cada libro que merquen darase un vale para conseguir gratis unha planta. Os establecementos floreiros asociados serían: Zeltia , Mimi , Cuatro Estaciones e Leira Verde.
- Ás 18h , celebrarase un OBRADOIRO para os nenos e nenas de 5 a 7 anos , que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal , promovido pola Concellería de Cultura. Este obradoiro está conformado polos seguintes apartados:
– Investiga con nós: “ A Cadeira”.
– Improvisa con nós: “Caixa sorprea”
-“Recollida de froitos da árbore literaria”
- Para inscribirse neste evento debes mandar un email a: biblioteca@barbadas.es e reservar praza. Pode vostede mandar o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID.
- Esta actividade ten prazas limitadas.
- A concelleira de Cultura, Marga Pérez, explica que con esta programación para conmemorar o Día do Libro preténdese “incrementar o número de pequenos/as lectores/as, que comecen a ler dende idades temperás e inculcar ese marabilloso hábito que nos trasla a mundos diferentes”