06/02/2021

Entroido na casa en Barbadás: mandados do Meco, colga de mecos e mecas pola veciñanza e Desfile Virtual

O CONCELLO DE BARBADÁS INVITA Á CIDADANÍA A SEGUIR OS MANDADOS DO MECO

Tamén convida a que colguen mecos e mecas nos seus balcóns, xanelas, porches, hortas, etcétera

Co obxecto de manter o espírito do Entroido, lémbrase tamén que está aberto o prazo de inscrición no Desfile Virtual

Dende o Concello de Barbadás aclárase que respecto ás comparsas que ademais dos/as convivintes poden participar os/as compañeiros/as dos grupos burbulla (centros de traballo, centros educativos, etc).

  • O Concello de Barbadás anima á poboación a seguir os mandatos do Meco facilitados polo Colexio Filomena Dato:
  • Eu son o Rei do Entroido

Meco danme en chamar

Obedece as miñas ordes se ben o queres pasar

  • O Entroido vai comezar

E dor de cabeza nos vai dar

O luns para a dor espantar

Algo na cabeza traerás

  • Igual que as ovellas van ao redil

O martes trae da casa o teu mandil

  • O Entroido está a piques de chegar

Coas présas o mércores en pillama virás

  • Para seguir xogando

O xoves ao pescozo

A gravata adornando

  • O gran día chegará(venres)

E todo o cole

Con todos os mandados

Se disfrazará

 

  • Co obxectivo de manter vivo o espírito do Entroido a Concellería de Cultura impulsa unha serie de actividades encamiñadas a que perviva a ilusión con unha das citas máis importantes en Barbadás.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Cultura e Educación, explica que “se puxeron dende o Concello a disposición dos colexios obradoiros en torno á temática do Entroido”.

 

  • Estes obradoiros promovidos polo Concello de Barbadás céntranse na tradición en torno á elaboración de “comadres” e “compadres” e tamén abordan as máscaras típicas do Entroido da provincia de Ourense (peliqueiros, cigarróns, pantallas,…).

 

  • Este ano o Entroido será “na casa”, pero mantendo activo esta tradición a través do formato virtual ou realizando mecos e mecas para colgalos á vista.

 

  • Dende o Concello de Barbadás faise un chamamento xeneralizado á poboación que acostumaba a participar no Entroido de Barbadás a que manteñan viva esa ilusión e se inscriban no Desfile Virtual.

 

  • As categorías son comparsas (premios 250€, 350€ e 450€); parellas (premios de 50€, 75€ e 150 euros): individuais adultos (25€, 50€ e 100€); individuais infantís (25€, 50€ e 100 euros en bonos-regalo para mercar en librerías e xogueterías do concello).

 

  • Tamén se estableceu unha categoría especial de 100 euros para o disfrace máis inxenioso.

 

  • Dende o Concello de Barbadás aclárase que respecto ás comparsas que ademais dos/as convivintes poden participar os/as compañeiros/as dos grupos burbulla (centros de traballo, centros educativos, etc).

 

  • Para manter o ambiente entroideiro “sería fantástico que a cidadanía elaborase mecos e mecas e os colocase nun lugar visible para que se visualice que o espírito do Carnaval permanece a pesar da situación epidemiolóxica que estamos vivindo”, indica Marga Pérez.

 

  • Para participar no Desfile Virtual hai que realizar a inscrición a través de un formulario “online que está dispoñible na páxina web: barbadas.gal.

 

  • Os/as participantes deben adxuntar a foto coa que participarán no concurso do Desfile virtual. Esta foto debe realizarse con mascarilla.

 

  • Ademais de enviar a foto, deben cubrir o formulario “online”. O prazo remata o 13 de febreiro ás 14,00 horas.

 

  • O martes día 16 de febreiro, o gran día, o Desfile Virtual estará a disposición dos/as espectadores/as nas redes sociais do Concello de Barbadás.

Novas

CONTENT.1714138791

SINGLE.1714138791