02/10/2021
Manu Míguez, de Sobrado do Bispo, no equipo Olímpico Kickboxing 2023
Emprendemento en Barbadás

- Este veciño de Sobrado do Bispo, antes na Valenzá e no barrio ourensán da Carballeira, será o único galego no equipo que representará a España nos Xogos Europeos de 2022 e nos Xogos Olímpicos de 2023, trala declaración do “kickboxing” (o boxeo que se practica con tódalas extremidades, non só coas mans) como deporte olímpico
- A súa traxectoria nos deportes de loita comezou no karate, cando tiña 3 anos e adestrado polo seu pai Manuel Míguez, no ximnasio que tiña na Carballeira. “Despois fixen full-contact e comecei a competir con 21 anos e até o 2018 tiven adestramentos co meu pai”, relata.
- Combinou a súa actividade deportiva con fútbol até os 18 anos, e nese momento centrouse nas diferentes variantes do boxeo, até debutar como profesional en 2016, xa sen protección, nin casco.

Campión e adestrador de campións
- Míguez abriu seu propio ximnasio “Turbo” en 2020 para poder seguir practicando “un deporte que non conta con patrocinadores e con gastos que hai que cubrir”, segundo explica, e conta xa con máis de 200 licencias de afeccionad@s ao Kickboxing
- “Os afeccionados comezan a practicar por motivos lúdicos, para manter boas condición físicas e para desestresar, pero tamén os hai que queren chegar a competir nesa modalidade”, detalla Míguez.
- “Adestro a unha ducia de persoas que xa compiten, homes e mulleres por igual” nas modalidades Full-contact, Low-kick, K1, Boxeo, e Boxeo francés ou Savate.
- En Savate Míguez gañou o quinto posto no Campionato Mundial de Savate celebrado en Túnez no 2019 e, actualmente, é director técnico en Galicia e organizou o último campionato galego no Polideportivo Municipal de Barbadás que contou con 130 participantes o pasado mes de xuño
- Esta modalidade, a última en incorporarse á familia dos deportes de combate/artes marciais, terá un vindeiro encontro competitivo no Pazo de Deportes “Paco Paz” de Ourense o día 30 de outubro.
- Míguez estase a especializar tamén en Full-contact para participar nos Xogos Europeos do 2022, comezou os adestramentos co equipo Olímpico de 2023 en Salamanca, e segue a adestrar as persoas que acoden ao seu ximnasio.
Manu Pérez, promesa en kickboxing
- Entre as promesas está Manu Pérez, veciño da Valenzá que adestra Kickboxing na modalidade Tatami. “Adestro para mellorala niña técnica pouco a pouco, aprendendo de moita xente”, segundo explica o mozo Manu. Comezou hai uns anos con boxeo como fan tod@s @s nen@s que se inician, segundo Míguez “porque nesa modalidade as competicións son sen contacto, só aplicando as técnicas de combate ao ar”, e moi acaída para aprendices.
- Agora adestra tódolos días e acode a encontros por Galicia e noutras Comunidades Autónomas para seguir mellorando…. e quen sabe onde chegará…
