23/11/2021

Mesa redonda sobre os procesos de atención ás vítimas de violencia de xénero

A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE, SUSANA LÓPEZ, DESTACA A IMPORTANCIA DOS FONDOS DE RESILENCIA PARA A ATENCIÓN DURANTE 24 HORAS ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Na mesa redonda que tivo lugar en Barbadás con motivo do 25N, a responsable da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida, anunciou que antes de finais de 2021 está previsto crear unidades específicas de violencia de xénero

  • O Centro de Información á Muller de Barbadás programou parao mediodía de hoxe unha mesa redonda sobre “os procesos de atención ás vítimas de violencia de xénero”.

 

  • A esta mesa redonda onde se abordaron os recursos dos que dispoñen as mulleres vítimas de violencia, acudiron profesionais vinculadas/os á atención da violencia de xénero e cidadáns/ás.

 

  • A mesa redonda estivo formada pola responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno en Ourense, María Alida Iglesias Gil, a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e a concelleira de Igualdade de Barbadás, Elisabet González Nistal. Tamén estivo Iago Borrajo, xefe territorial de Emprego e Igualdade.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González, indicou ao inicio da mesa redonda que a violencia de xénero “constitúe un problema social que debemos combater entre todos e todas e dende todos os ámbitos porque as mulleres temos dereito a vivir unha vida libre libre de violencia nun contexto de xustiza e liberdade”

 

  • López Abella destacou o carácter transversal da política de Igualdade da Xunta, traballando conxuntamente coas universidades, o Colexio de Psicoloxía de Galicia, o Colexio de Traballo Social, as forzas e corpos de seguridade, os centros de Atención á Muller e asociaciacións sen ánimo de lucro.

 

  • A Secretaria de Igualdade destacou a importancia de “ter unha proposta de xénero interiorizada e do fundamental que é dar continuidade ao Pacto de Estado”, así como a revalorización dos recursos humanos que traballan a prol da igualdade en Galicia.

 

  • Para López Abella é moi importante fortalecer os itinerarios de inserción laboral e dar a coñecer o títiula habilitante para acceder aos recursos de apoio ás vítimas de violencia de xénero.  Tamén incidiu no fundamental que é a formación do persoal das Administracións Públicas na materia.

 

  • Anticipou que se está traballando na liña de que o Colexio de Psicoloxía de Galicia teña un papel máis activo en colaboración coas forzas e corpos de seguridade, que son os que activan o protocolo para a atención ás víticas. Abordouse tamén a necesidade de incentivar a importancia da intervención do Colexio de Traballo Social .

 

  • María Alida Iglesias, xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, coincidiu con Abella no feito de que o Pacto de Estado constituiu un fito á hora de establecer un consenso das Administración nas políticas de loita conta a violencia “e foi un instutmento efectivo e  necesario, polo que, a pesar de que remata en 2022, existe interese por parte de todas/os en que se siga desenvolvendo”.

 

  • Iglesias Gil destacou que se distribúen fondos en función do número de habitantes, 0,18 euros por habitante, ademais de 1.000 euros a cada concello. Esto engadido aos fondos que distribúe a Xunta para financiar os centros de información á Muller e o persoal dos mesmo.

 

  • María Alida Iglesias anunciou que está previsto crear antes de que finalice 2021 unidades específicas de Violencia de Xénero, en colaboración coa Garda Civil.

 

  • Falou tamén da mellora que supuxo ampliar a atención do teléfono 016 para a atención de todo tipo de violencia que se contempla no Convenio de Estambul e valorou positivamente o investimento previsto polo Goberno Central de  32 millóns de euros para o  016.

 

  • Así mesmo, o goberno de Madrid destina 32 millóns de euros para Atempro, o dispositivo de seguridade para as mulleres que se xestiona a través da Cruz Vermella.

CIM-Centro de Información á Muller, Novas

CONTENT.1714141531

SINGLE.1714141531