29/05/2018

Novas adquisicións poéticas na Biblioteca da Casa da Cultura Manuel María

Yolanda Castaño

Desde a pasada presentación dos novos fondos en tema de igualdade de xénero e feminismo, na biblioteca da Casa da Cultura Manuel María e con motivo do espectáculo de poesía e música de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos dando fin á programación das Letras Galegas 2018, dispúxose un expositor coa nova obra desta excepcional poetisa para maior comodidade de todo aquel que se mostre interesado-a por seguir a súa traxectoria literaria.

Empezando polos seus primeiros títulos como Elevar as pálpebras ou O libro da egoísta ata os últimos dedicados ao público infantil como Coller as rendas, sen esquecer o universo culinario con Cociñando ao pé da letra. Para gozar con todos os sentidos!

 

Cultura, Novas

CONTENT.1529301721

SINGLE.1529301721