10/04/2020
O Concello de Barbadás aluga o camión baldeador á Deputación de Ourense
O CONCELLO DE BARBADÁS ALUGA O CAMIÓN BALDEADOR DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA INCREMENTAR AS TAREFAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DAS VÍAS E RÚAS DO CONCELLO ALUGOU UN CAMIÓN BALDEADOR Á DEPUTACIÓN DE OURENSE
- A solicitude do uso do camión baldeador da Deputación foi cursada den a Alcaldcía de Barbadás o 30 de marzo de 2020 co obxecto de implementar a limpeza e desinfección de vías, rúas e camiños.
- A Deputación contestou días despois á solicitude enviada polo Concello de Barbadás especificando que o custo do cambión por cada xornada de traballo é de 175 euros máis IVE.
- O día 10 de abril estivo o camión baldeador en Barbadás realizando as tarefas de limpeza e desinfección na Valenzá, As Lamas, zona do Ruxidoiro, zona Carrefour e Fonsillón.
- En vindeiras xornadas o Concello de Barbadás ten previsto alugar este camión, en concreto o luns13 de abril continuará pola zona da Finca Fierro, Piñor, Parada, etc.