07/12/2020

O Concello de Barbadás é pioneiro no control da biomasa mediante drons para evitar incendios

O CONCELLO DE BARBADÁS É PIONEIRO NO CONTROL DA BIOMASA MEDIANTE DRONS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DE INCENCIOS FORESTAISO NAS FAIXAS SECUNDARIAS

Barbadás fixo unha aposta decidida pola dixitalización, a innovación, e a ampliación e mellora deste servizo

Utilizáronse sistemas de información xeográfica, análise espacial e teledetección, aplicados á monitorización, e á comprobación do estado da biomasa nas faixas

Inspeccionáronse máis de 1.700 parcelas e enviáronse mais de 1.100 notificacións

  • O concello de Barbadás foi un dos concellos pioneiros na implicación co control da
    xestión de biomasa das faixas secundarias.

 

  • Esta mañá presentouse este novidoso proxecto para detectar a situación da biomasa de risco nas franxas secundarias. No acto estiveron o enxeñeiro Xan Losada, Telmo López, técnico da empresa operadora de drons Dendeoar e Óscar Álvarez Mociño, xerente e enxeñeiro técnico agrícola de Auria Peritacións. Tamén estiveron o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra.

 

  • O enxeñeiro Xan Losada explicou que “tralos terribles incendios que asolaran Galiza en outubro de 2017, o Concello de Barbadás tomou a determinación de emprender as accións necesarias para evitar que o lume chegase a provocar danos nas aldeas e vivendas do concello”.

 

  • O Concello de Barbadás “anticipouse á Instrución 1/2018 que insistía na responsabilidade dos concellos neste ámbito. Nesas alturas, xa deran inicio aos trámites necesarios para realizar estes traballos do xeito máis eficaz”, sinalou Losada.

 

  • Realizáronse unha serie de charlas informativas que motivaron a crecente colaboración dos veciños. Impulsaron a inspección das zonas máis sensibles e conseguiron unha resposta ampla da poboación que se traduciu na limpeza de multitude de parcelas na contorna das casas.

 

  • Consciente da realidade do concello e da dificultade deste labor, nesta campaña 2020 o concello fixo unha aposta decidida pola dixitalización, a innovación, e a ampliación e mellora deste servizo; para isto contratou os servizos da empresa AURIA PERITACIONES, S.L., que deseñou un servizo específico para o concello de Barbadás, introducindo melloras no seu sistema.

 

  • Esta empresa leva anos desenvolvendo un método apoiado no  emprego de Drons/RPAS, sistemas de información xeográfica, análise espacial e teledetección, aplicados á monitorización, e á comprobación do estado da biomasa nas faixas secundarias.

 

  • O proxecto piloto iniciado este ano, centrouse nas faixas da contorna de Sobrado do Bispo, con máis de 1.700 parcelas inspeccionadas e co envío de mais de 1.100 notificacións personalizadas, acompañadas da cadansúa acta de inspección, que conta con información gráfica, fotográfica e técnica, e indica os motivos de cada incumprimento, aclarou Xan Losada.

 

  • Este novo modelo que quere implantar Barbadás apostará pola concienciación da veciñanza e a información mediante charlas, a exposición de planos para coñecer cales son as parcelas afectadas polas faixas, e o envío de recordatorios das obrigas con antelación abondo, para conseguir a colaboración. A empresa está a desenvolver un visor das faixas que incluirá ademais outros datos de interese (zonas de afección patrimonial, urbanismo…).

 

  • O concello de Barbadás pretende deste xeito dar continuidade á política iniciada en 2018, asumindo a xestión integral de zonas amplas, de xeito que no transcurso de tres ou catro anos consiga a cobertura total das faixas do concello, que superan as 450 hectáreas, e as 8.800 parcelas, sen renunciar a facer o seguimento de zonas inspeccionadas en campañas anteriores.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou na presentación da iniciativa explicou que “dende hai tempo, un dos problemas máis acuciantes e máis graves  do monte galego e do noso rural son os lumes que se producen todos os anos na nosa terra.A labor de prevencioin e concienciación son aboslutamente básicos e decisivos para a prevención”.

 

  • A instrucción 1/2018 da Consellería de Medio Rural de data 30 Abril e que foi publicada no DOG do 1 de maio, responsabiliza ós concellos da prevención de risco de lumes.

 

  • Valcarcel explicou que “xa antes desa data, este concello empezou as  tarefas de prevención. No mes de marzo, o anterior tenente Alcalde, Fírvida iniciou un estudio para a prevención en estreita colaboración co enxeñeiro Xan Losada e da empresa Auria Peritaciones”.

 

  • Realizamos charlas informativas destinadas á  veciñananza nos meses de Maio e Xuño do 2018 para dar a coñecer a normativa vixente co obxectivo de concienciar e por en valor  as bondades da prevención, sinalou o rexedor.

 

  • Barbadás é un concello moi especial dado que é o único que está medrando poboacionalmene de xeito importante en toda a provincia, o que repercute directamente no medio ambiente e tendo tamén un impacto considerable no ámbito rural.

 

  • “Cabe sinalar que unha gran parte do noso Concello e unha sucesión continua de vivendas motivado precisamente por ese gran incremento de poboación”, sinalou Valcárcel.

 

  • Destacou que en Barbadás hai máis de 450 hectáreas de superficie ocupada por franxas secundarias, o que equivale a 90 km lineais cun ancho de 50 metros.

 

  • O traballo que agora se presenta é o  resultado dunha labor árdua, baseada nas últimas tecnoloxías de topografía e incluso coa utilización de drons. Esto pon de manifesto que hai unha aposta importante polo I+D+I.

 

  • O alcalde indicou que se trata de “un proxecto deseñado exprofeso e de xeito específico para o noso concello de Barbadás, pero que pode ser aplicable en calquera outro municipio”.

 

  • Barbadás apostou e aposta por unha tecnoloxía innovadora, sendo conscientes da utilidade e da necisade da dixitalización e utilizando as hortofotos”.

 

  • Ó inicio desde proxecto optamos por analizar as zonas de maior risco do Concello. Neste ano 2020 houbo un lume de grandes dimensións que afectou os Concellos de Toén e Barbadás, un lume que supuxo unha ameaza importante para as persoas e os bens nas parroquias de Sobrado do Bispo, razón pola cal nesta ocasión priorizamos nestes dous lugares.

 

  • Valcárcel outorgou agradecementos grazas ó enxeñeiro Xan Losada e ás empresa Auria Peritaciones e Dendeoar polo seu traballo, implicación e preoupación en avanzar neste proxecto tan importante para poder aplicar as novas tecnoloxías a este ámbito tan complicado e a súa vez tan importante.
  • O concelleiro de Medio Ambiente de Barbadás, Rafael Sierra, comentou que “este é un proxecto inicial que se levou a cavo nos pobos de Sobrado e Bentraces debido a que o último gran lume que tivemos neste concello durante este verán, se produciu entre os pobos de Sobrado e Moreiras, este pertenece o concello de Toén e que rematou xusto onde comenzan as faixas secundarias”.

 

  • Sierra afirou que “por sorte púidose controlar na beira da estrada que transcorre entre estes dous pobos porque de pasar o outro lado do vial seguramente habería serio perigo de incendio en algunas vivendas, xa que moita xente non sabe ata onde abarcan as faixas secundarias e a cantidade de biomasa que hai por esa zona e moi importante”.

 

  • Esta foi unha das razóns de comenzar por este lugar, aclarou Rafael Sierra. Outra destas razóns e a gran catidade de piñeiros que se atopan a beira dos viais, algúns con serio perigo de caer sobre a vía pública e tamén acacias  cerca das vivendas como das estradas, polo que “se  inspeccionaron máis de 1700 parcelas, que se enviaron máis de 1200 cartas informativas, o que indica que este ano polo tema do COVID19 se desbrozou moito menos que outros anos, por o que dende o concello de Barbadás tratamos de informar, xa que as cartas son informativas, aos propietarios das fincas donde están incumprindo e onde teñen cara o 31 de maio do 2021, (se non cambia a data) de ter limpas as súas parcelas e dando tempo para que se teñen piñeiros das especies pirófitas, ou eucaliptos poidan vendelos e facer caixa con eles antes de que teñan que cortalos por obriga”.

 

  • Outra das cuestións que esta a desenrolar a empresa Auria Peritacións “é un visor para este concello, polo que vamos a estar vixiantes para que esto se leve adiante para estar na primeira fila de concellos con esta tecnoloxía”.

 

  • A superficie de roza é de 26,48 hectáreas e a de clareo  é de 40,65 Ha e 769 árbores a cortar  e tamén que incumpre o 65% das parcelas examinadas.

 

  • Sierra indicou que “o maior problema que nos atopamos é a información catastral debido a que moitas parcelas están a nome de persoas falecidas, outras de titulares incorrectos, e tamén coa dirección incompleta ou incorrecta.

 

  • Nos vindieiros meses realizaranse charlas informativas por todos os núcleos de poboación do concello para informar os nosos veciños desta actuación.

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1714094126

SINGLE.1714094126