22/11/2021
Obradoiro de expresión artística: prazo de inscrición do 22 ao 26 de novembro

O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA UN OBRADOIRO DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA
- O prazo de inscrición para participar no obradoiro de expresión artística comeza o día 22 de novembro e remata o 26 de novembro.
- O obradoiro de expresión artística está dividido en 2 grupos: o grupo 1, que se desenrrolará os martes de 10,00 a 11,30h e o grupo 2, que está programado para os xoves de 16,00 a 17,30 horas.
- A duración do obradoiro será de decembro de 2021 a maio de 2022.
- O lugar de impartición do obradoiro será no local municipal de rúa do Ensino, 5, A Valenzá.
- A ficha de inscrición debidamente cumplimentada pode presentarse por sede electrónica ou tamén en calquera dos 2 rexistros municipais, é dicir, na casa do Concello ou nas Oficinas Municipais da Valenzá.
- No caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas ofertadas, a adxudicación das mesmas realizarase de xeito directo por orde de entrada no rexistro.
- No suposto de que o número de prazas solicitadas supere o das ofertadas, resolverase usando como criterio o resultado obtido o 25 de febreiro de 2021 do Sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-22.
- As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son “W” e “S” e ao segundo apelido son “B” e “F”.
- O listado de admitidos/as será publicado na páxina web do Concello: www.barbadas.es.
Data | Adxuntos |
---|---|
22/11/2021 | Ficha inscrición expresión artística para mulleres(Autoeditable) PDF [143 KB] |