12/02/2024
Preto dun millar de persoas e unha vintena de comparsas e carrozas participarán mañá no Desfile de Entroido de Barbadás
A poucas horas do Gran Desfile de Entroido de Barbadás, o Concello ultima os preparativos dun percorrido que gaña en espectacularidade e no que participarán preto dun millar de persoas e unha vintena de comparsas e carrozas. A avenida de Celanova será o escenario desta cita, unha das máis agardadas da programación, a partir das 17.00 horas. Será preciso cortar o tráfico nesta vía e habilitarase na zona do Mercadona un espazo para as persoas con mobilidade reducida.
Para garantir a seguridade dos asistentes, participarán no desfile Policía Local e Protección Civil. Agárdase que a chuvia dea unha tregua e veciños, veciñas e visitantes poidan disfrutar do percorrido, no que haberá grandes doses de humor.
Estes serán os participantes:
| A lavandeira | Individual |
| A nobleza de Sequeiros | Parella |
| Marqueses do Miño e Barbanza | Parella |
| As leonas de A Valenzá | Parella |
| Duo Rubiales | Parella |
| 1877 Primer hombre bala fue una mujer Zazel | Parella |
| Titan cámara y chica reloj | Parella |
| Titan tv y chica reloj | Parella |
| Regreso al fy | Parella |
| TUTAN-QUE-MONAS | Parella |
| Voando vou | Parella |
| La era del hielo | Trío |
| Cogumelos | Trío |
| Os contos do Filomena | Comparsa |
| Festa no mundo máxico (Os rexoubeiros) | Comparsa |
| O bosque encantado | Comparsa |
| Oulimpiadas 24 | Comparsa |
| O rancho de Auria Canta | Comparsa |
| Os chapuzas de As Lamas | Comparsa |
| Grease Estilo Libre | Comparsa |
| Limpezas a roña | Comparsa |
| As cores do oceano da Finca Fierro | Comparsa |
| Os de sempre de A Valenzá no desxeo | Comparsa |
| Super Móvete | Comparsa |
| Los deliciosos | Comparsa |
| Valparaíso | Comparsa |
| A copa é nosa | Comparsa |
| Sincro Xogos Olímpicos Barbadás 2024 | Comparsa |
| A casiña das tentacións da tía Ambrosia | Comparsa |
| Malas madres y padres | Comparsa |
| Abba Silleiros | Comparsa |
| A tribú.. | Carroza |
| Os Lolailos por Egipto | Carroza |
As mellores carrozas, comparsas e disfraces terán premio en Barbadás. O Concello repartirá preto de 6.000 euros e con esta iniciativa preténdese fomentar, conservar, promocionar e ensalzar a tradición do Entroido. No concurso establécense as seguintes categorías: carrozas cun mínimo de 10 persoas; comparsas co mesmo número mínimo que pode ir acompañada de vehículo ou elemento artístico ou parellas, tríos e disfraces individuais.
Ademais, as asociacións que participen no desfile do Martes de Entroido e que estean compostas por máis de dez persoas e debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás recibirán unha axuda de 300 euros.
A programación dos próximos días:
13 de febreiro: Gran desfile de Entroido. Avenida de Celanova. 17.00 horas.
14 de febreiro: Desfile fúnebre e queima dos Mecos. Avenida de Celanova. 20.00 horas.
Espectáculo de danza aérea con lume e fogos artificiais. Praza Vella da Valenzá. 21.00 horas.