25/11/2019
Programa educativo internacional do IES Ferro Couselo con Polonia e Turquía
CENTROS DE SECUNDARIA DE POLONIA E TURQUÍA PARTICIPAN NUN PROGRAMA INTERNACIONAL CO IES FERRO COUSELO
“Adeus bullying, ola amigo” é o título do proxecto internacional que pretende previr e erradicar o acoso escolar
- O instituto Ferro Couselo, centro de ensino secundario a onde acuden maioritariamente alumnado do municipiuo de Barbadás participa nun proxecto internacional bianual no que están involucrados centros de España, Turquia e Polonia.
- Trátase de unha iniciativa que ademais de favorecer o intercambio entre os 3 países preténdese crear un equipo de mediación que xogará un papel importante e destacado neste proxecto, porque é precisamente a prevención a chave para atallar o acoso escolar.
- O Concello de Barbadás ofreceu esta mañá unha recepción ao alumnado de Turquía e Polonia que durante unha semana compartirá experiencias coas familias de estudantes do IES Ferro Couselo.
- No acto de recepción estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, a concelleira de Educación, Marga Pérez, e a secretaria municipal, Silvia Alonso.
- A rececpción puxo de manifesto “a implicación e o traballo desenrolado polo profesorado e os/as profesionais implicados neste interesante proxecto de erradicación do “bullying”, sinalou Victoria Morenza, tenente alcalde.
- Morenza comentou que “dende o Concello de Barbadás agardamos que a vosa estancia nos fogares das diferentes familias que participan neste proxecto sexa interesante e que contribúa ao coñecemento da cultura e da idiosincrasia galegas”.
- Os obxectivos do proxecto “Mediación Escolar 2019-2020” son fomentar as relacións respectuosas entre o alumnado cos diferentes membros da comunidade educativa, dotar ao alumnado de ferramentas e habilidades que serán claves para o seu desenvolvemento como adultos/as, educar co exemplo do erro coma ferramenta de aprendizaxe ou previr, evitar e detectar a tempo condutas especialmente perigosas (acso, ciberacoso, etc).
- O acto de recepción incluiu o intercambio entre os participantes de agasallos protocolarios.
- A continuación profesorado, membros do goberno e alumnado visitaron o Museo da Gaita de Fole, onde coñeceron polo miúdo a historia da gaita e o funcionamento deste instrumento típico de Galicia da man de Xoán Manoel Xil Páxaro, director da Escola de Música de Barbadás.