02/12/2022

Programación de Nadal 2022-23 en Barbadás

TEATRO, DEPORTE, MÚSICA, OCIO E VISITAS DE PAPÁ NOEL, APALPADOR E REIS MAGOS ...

TEATRO, DEPORTE, MÚSICA, OCIO E VISITAS DE PAPÁ NOEL, APALPADOR E REIS MAGOS COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN DE NADAL DO CONCELLO DE BARBADÁS

 

As principais novidades será a instalación nunha pista de xeo e unha aldea de Nadal na zona da Solaina

 

O Apalpador percorrerá as rúas acompañado de música tradicional

 

Diverlandia acollerá 600 nenos e nenas que poderán coñecer de preto aos Reis Magos

 

  • A presentación do programa do Nadal do Concello de Barbadás foi presentado esta mañá coa presenza do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Cultura e Comercio, Marga Pérez e a tenente alcalde, Victoria Morenza. A presentación realizouse na biblioteca infantil da casa de cultura Manuel María.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Cultura e Comercio, destacou que “a inauguración da iluminación do noso Nadal aquí en Barbadás, tanto nos pobos como aquí nas rúas da Valenzá e da gran árbore que todos os anos iluminamos será este venres día 2 as 18:30 da tarde”.

 

  • O Nadal en Barbadás dará comezo con unha actividade de animación infantil e musical “á que está convidada toda a veciñanza, faremos a conta atrás para a iluminación desta gran árbore natural e despois haberá unha chocolatada gratuíta para todas as persoas asistentes”, sinalou Marga Pérez.

 

  • A edil de Cultura indicou que “a esta actividade e deste xeito podemos dar comezo oficial a estes días máxicos con unha programación deseñada dende este goberno con todo o cariño e con toda a ilusión para achegarnos ao maior número de veciños e veciñas deste concello e de todos aqueles invitados que de seguro acudirán en estes días o noso concello”.

 

  • A programación de Nacal inclúe teatro variado, con títeres con maxia ,con humor, con actividades deportivas, con actividades musicais a cargo do alumnado da escola municipal de música.

 

  • Está previsto tamén ofrecer diversión e actividades didácticas na ludoteca de Nadal para facilitar a conciliación nestes días de vacacións dos/as máis cativos/as.

 

  • Concello de Barbadás ofertará 50 prazas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos, “para que todas as mañás as familias poidan acudir os seus traballos e estes nenos/as poidan ter momentos de diversión cos diferentes obradoiros que están programados”, comentou Marga Pérez.

 

  • A concelleira de Cultura resaltou que “este ano a nosa imaxe tan bonita que acompaña a toda a cartelería é obra de un cativo de 9 anos chamado Martín Carcacía González, un alumno de un dos colexios da Valenzá e que un dos catro gañadores do concurso que poñemos en marcha todos os anos dende a concellería.

 

  • A actividade de ocio comeza a vindeira semana xa con unha programación moi específica para todo o alumnado dos colexios, por eso será unha programación as 12:00 do mediodía, acudirán aquí o alumnado de infantil e primaria dos colexios para desfrutar de dúas grandes actuacións dirixidas especialmente para eles/elas “e na semana vindeira xa comezamos practicamente case todos os días con actuacións dirixidas a todo ese público familiar para que todos os nenos e as familias acudan”.

 

  • É unha programación deseñada para toda a familia con especial atención a os máis pequenos, “por eso xa contactamos con Papá Noel que nos confirma que acudirá dous días o noso concello o 22 e o 23 para facer primeiro unha recollida de cartas nos colexios e tamén para facer unha recepción na Aldea do Nadal que este ano é tamén unha novidade que presentamos a todos os nenos e nenas do noso concello para que a desfruten, na que eles aportaron tamén unha decoración especial realizada durante todas esas semanas no espazo infantil, ubicado na zona da Solaina”, apuntou Pérez.

 

  • As SSMM os Reis Magos tamén acudirán á invitación do Concello de Barbadás e permanecerán dúas días no concello que serán os días 3 e 4 de xaneiro, o 4 de xaneiro estarán en Diverlandia, unha actividade moi esperada por todos os nenos e nenas, temos 600 invitacións gratuítas para todos os que queiran acudir onde haberá un montón de inchables para todas as idades, onde estarán as SSMM os Reis Magos para repartir uns pequenos agasallos e onde ademais dos inchables pois terán distintas actividades como pintacaras e outros talleres.

 

  • “Por suposto dende O Caurel acudirá o Apalpador que este ano, é tamén como novidade e para facelo diferente, non existirá unha actuación como tal senón que percorrerá a rúa principal do noso concello saudando a cada un dos nenos e nenas e as familias e agasallando con este precioso libro que daremos de forma gratuíta a cada un dos nenos, que é unha historia do Apalpador moi entrañable para que eles e elas coñezan esta figura”, comentou Marga Pérez..

 

  • Por outra banda, para incentivar a decoración de Nadal a Concellaría de Comercio como outros anos puxo en marcha e está agora mesmo en prazo de inscrición, o Concurso de balcóns, portais e xanelas para toda a veciñanza para que colaboren con esa decoración e poidan obter un dos tres premios que ofrece este concurso.

 

  • Tamén temos o concurso de escaparates como outros anos, onde hai dúas categorías; a de hostalería e a de comercio e en total entre estes dous concursos vanse a repartir un total de 1750€.

 

  • Pérez anticipou unha novidade para este Nadal “e que nos fai especial ilusión, e pensamos que a todos os nenos e nenas do noso concello tamén lle vai facer especial ilusión, é a instalación dunha pista de xeo sintético de 180m2 que estará instalada da zona da Solaina, estará cuberta cunha carpa para poder desfrutar dela todos os días e a un prezo que consideramos un prezo popular para que así podan acudir todas as persoas, serán 3€ e incluirá o aluguer dos patíns para poder realizar a actividade e divertirse nesta pista de xeo sintético”.

 

  • Estará instalada a partir do día 23 de decembro ata o 8 de xaneiro en horario de mañá dende as 11:00 ata as 14:00 e de tarde de 16:30h a 20:30 excepto eses días especiais que o horario non será tan amplo, días 24, 25, 31 e 1.

 

  • Contamos con esa Aldea do Nadal, que é unha decoración extra que este ano colocamos a carón do espazo infantil onde tamén estará a casiña de Papá Noel para que todos os nenos máis pequeniños poidan acudir alí para ver a Papá Noel, darlle a súa carta e pedirlle os seus agasallos .

 

  • Pérez finalizou desexando que “con toda esta programación o que desexamos é facer unhas propostas de Nadal que sexan do agrado do maior número de veciños e veciñas e que desfruten nestes días con alegría e moita saúde”.

 

  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que “hai unha simbiose entre o que é cultura e comercio, trátase precisamente de incarnidar o Nadal nesas actividades de ocio e cultura que deben aportar unha educación tamén os nenos e as nenas para avanzar na súa cultura precisamente, para potenciar e dinamizar as actividades culturais do noso concello”.

 

  • Destcaou o rexedor como novidades “a pista de xeo que é algo absolutamente novidoso no noso concello, tamén novidade é a casa de Papá Noel e a Aldea de Nadal”.

 

  • Valcárcel indicou que “queremos interactuar tamén cos comerciantes, co tecido empresarial e hostaleiro do noso concello precisamente con estas actividades de premiar as decoracións navideñas e polo tanto esa é a dinámica do noso concello, mesturar a cultura, educación, deporte e a actividade comercial e empresarial”.

 

  • O alcalde comentou que “como vedes é un programa que está cheo de actividades pero que engloban tanto a música como o teatro como o deporte. A Escola de Música de Barbadás terá diversas actuacións no noso concello, hai teatro, hai títeres, masterclass e Papá Noel e por suposto Reis Magos”.

 

  • É unha actividade navideña absolutamente chea de ocio, de desfrute e convidamos a todos os veciños e veciñas, os nenos e nenas do noso concello e por suposto a todas aquelas persoas que sexan de fora de Barbadás a que acudan aquí porque o van a pasar ben e van a desfrutar destas navidades.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos públicos, sinalou que “hoxe presentamos e arrincamos co programa de Nadal 2022 – 2023, mantense a dinámica e a programación de outros anos e este ano como Concelleira de Servizos Públicos, dicirvos que a iluminación de Nadal vai ter en conta que é necesario o aforro enerxético, sobre todo nestes momentos de crise económica e nestes momentos nos que a enerxía ten un curso moi elevado, polo cal a iluminación na Valenzá apagarase moito antes, en lugar de apagarse as 7:00 da mañá como se apagaba antes, ás 00:00 ou 01:00 da mañá. Durante a noite permanecerá apagado, pero é unha medida de restricións enerxética”.

 

  • Hai que ter en conta tamén que todo a alumeado, tanto as microbombillas de led como as cintas de led son todas de baixo consumo, “polo tanto tampouco é un gasto excesivo o que se realiza. Como ben sabedes incrementouse nos últimos anos o alumeado de Nadal tanto nos pobos como na Valenzá, xa sabedes que para nos é importante, un símbolo a árbore natural que está no centro da Valenzá perfectamente iluminada, que é de grandes dimensións, crece ano a ano e iluminámola dende o concello para que sexa un símbolo, un referente onde a xente poda acudir”.

 

Programa de Nadal-2022_2-Concello de Barbadás

Barbadás Quéreo Viveo, Campaña de Nadal, Novas

CONTENT.1714138457

SINGLE.1714138457