25/10/2023

Unha vintena de comercios da Valenzá súmase á campaña “Truco-trato” que dinamizará o sector polo Samaín

O Samaín será moito máis que unha festa terrorífica en Barbadás. Co fin de dinamizar o sector comercial e a hostalería, o Concello de Barbadás, a través da concellería de Comercio que dirixe Marga Pérez, organizou a campaña “Truco-trato”. Vinte establecementos da Valenzá súmanse a esta iniciativa dirixida aos máis pequenos. Os interesados en participar poden recoller o seu mapa coa ruta no espazo infantil da Solaina ou na biblioteca municipal. A actividade comezará o martes 31 de outubro ás 18.00 horas e os comerciantes repartirán doces aos nenos e nenas.

Tamén o martes, ao finalizar a campaña Truco-trato comezará unha ruta terrorífica pola Valenzá Vella e haberá baile. Aquelas persoas que se sumen á actividade disfrazadas poderán degustar un bolo preñado.

A concelleira de Comercio, Marga Pérez, asegura que con este programa de Samaín preténdese involucrar a toda á familia, ao mesmo tempo que se dinamiza o sector do comercio e a hostalería.

A programación elaborada polo Concello con motivo do Samaín comezará mañá, 26 de outubro, cun obradoiro de decoración terrorífica, a partir das 16.00 horas no espazo infantil da Solaina. O venres 27 de outubro ofrecerase un obradoiro de cociña que terá prazas limitadas, polo que os interesados en participar deberán inscribirse na dirección de correo espazoinfantil@barbadas.gal.

O luns 30 de outubro, tamén no espazo infantil, ofrecerase un obradoiro de cabazas a partir das 16.00 horas.

 

 

Novas

CONTENT.1714371200

SINGLE.1714371200