13/04/2019
100 escolares participan no Día da Bici de Barbadás

ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA DOS COLEXIOS FILOMENA DATO E O RUXIDOIRO PARTICIPAN NO DÍA DA BICI EN BARBADÁS
- Escolares de de 5º e 6º de primaria tomaron as rúas da Valenzá para celebrar o Dia Da Bici un ano máis.
- Alunmado dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato de Barbadás participan periódicamente en actividades organizadas polo Concello para promover hábitos de transporte saudables.
- Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Ruta Catalina” do camiño escolar co obxectivo de mostrar e concienciar dunha opción de mobilidade amable co medio ambiente e ademáis divertida, explica Marga Pérez, concelleira de Educación.
- Día da Bici en Barbadás está organizado pola Concellería de Educación coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico.
- Os/as alumnos/as estiveron acompañados durante o percorrido pola Policía Local e Protección Civil.