Arquivo mensual: Novembro 2017

10/01/2018

Obradoiros de Memoria para o ano 2018

Está abierto el plazo para la inscripción en los Talleres de Memoria para el año 2018.

Está aberto o prazo para a inscrición nos Obradoiros de Memoria para o ano 2018.

Poden pedir información nas Oficinas Municipais de A Valenzá ou chamando ao teléfono 988 393 168.

 

Cursos

CONTENT.1714164907

23/01/2018

A CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL CULMINARÁ CO SORTEO DUN “COFRE” VALORADO EN 1.000 EUROS

Un total de 37 establecementos participan nesta iniciativa titulada “Gañas ti, gañamos todos” O número da rifa gañadora será elixido en Diverlandia o 4 de xaneiro de 2018

“Gañas ti, gañamos todos” é o lema da campaña de Nadal para promocionar as compras no comercio local nestas datas.
Mercar no comercio de proximidade. Ese é o obxectivo da campaña promovida pola Concellería de Comercio de Barbadás.
A campaña ten unha duracion de 1 mes (entre o 4 de decembro e o 3 de xaneiro).
Todas as persoas que merquen produtos por un importe mínimo de 20 euros en algún dos comercios que participan na campaña de Nadal recibirán unha rifa para participar no sorteo dun cofre repleto de agasallos.
Un total de 36 establecementos están involucrados na campaña “Gañas ti, gañamos todos”.
Esta campaña culminará co sorteo do Cofre de agasallos valorado en 1.000 euros e que está exposto nas Oficinas Municipais da Valenzá.
O sorteo do “Cofre” realizarase o día 4 de xaneiro en Diverlandia, actividade de ocio para os/as máis pequenos/as na que a visita dos Reis Magos enchera de ilusión o pavillón polideportivo de Barbadás.
O número gañador do “Cofre” será publicado na páxina web do Concello de Barbadás.
A campaña de promoción dos establecemento comerciais de proximidade que organiza a Concelería de Comercio compleméntase un ano máis co concurso de escaparates.
O público elixirá o mellor escaparate entre as 27 propostas que se presentan.
A votación popular ao mellor escaparete poderá facerse a través da páxina de Facebook do “Comercio Local de Barbadás”.
Os 3 escaparates gañadores en cada unha das modalidades (popular, profesional e especial hostalaría) coñeceranse o día 22 de decembro e cada un deles recibirá un premio de 200 euros.
Os establecementos que participan na campaña de Nadal para o sorteo do “Cofre” son os seguintes: Artelandia, Bel, Calzados e roupa Zocos, Carussa Baby, Crocotoys, Delgado Losada e Hijos, El Universo de Awen, Ethan Estilismo, Govi Fotógrafos, Hairs Color Estilista, Iduna, Peluquería masculina JM, Kibú, La Cigüeña, Leira Verde, Librería Moraima, Mimiflores, Noar Novias, Notas de perfume, O Gato con botas, Oren Óptica, Óptica Baliña, Peluquería Paula Díeguez, Pequechiños, Tenda do pobo, Textiles Padrón, Tofeeglass, Twins, Twins Men, Valen Moble, Zafiro Tours, Zapas e Zen.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinala que “o Nadal ten un aspecto entrañable, familiar, de reencontro e tamén de vivencias profundas e persoais”.
Valcárcel destaca que “nesta época de festa e ledicia é na que debemos potenciar o comercio de proximidade, o que temos a carón das nosas casas e dos nosos barrios”.
O rexedor de Barbadás opina que “son estes comerciantes os/as que nos atenden día a día, os/as que coñecen os nosos gustos e preferencias e, polo tanto, p.oden ofrecer e garantir unha atención preferente e personalizada”.
Para o máximo edil “estas datas son as idóneas para mercar no comercio local e unha garantía de acerto”.

A concelleira de Comercio, Marga Pérez, comenta que “o Nadal é tempo de bos desexos, de ilusións nas caras de nenos e nenas e de agasallar ás persoas que queremos”.
Segundo indica a concelleira “para o comercio estas datas son tamén especiais e importantes polo volume de vendas, motivo polo que o Concello de Barbadás quere contribuir a promocionar o comercio de proximidade”.
Marga Pérez explica que este ano, ademais do concurso de escaparates, no que participan 17 establecementos, a campaña ofrece o atractivo do “Cofre”cheo de agasallallos “para sortear entre as persoas que realicen as súas compras en Barbadás”.
Este cofre está composto por agasallos donados polos 37 comercios ou establecementos participantes na campaña de Nadal.
Outra novidade foi a ampliación da campaña de promoción e publicidade ao medio rural a través da distribución de 5.000 flayers.

Novas

CONTENT.1714164907

10/01/2018

Campaña de empadronamento

El Ayuntamiento de Barbadás inicia una campaña de empadronamiento para aquellas personas que residen en Barbadás e que aún no están censadas.

O Concello de Barbadás inicia unha campaña de censamento para aquelas persoas que residen en Barbadás e que aínda non están censadas. Queremos que se identifiquen co concello, que se sintan orgullosas/os de vivir en Barbadás, e tamén é unha maneira de achegar máis fondos provenientes do Estado para garantir e mellorar os servizos públicos que se prestan desde o concello

Novas

CONTENT.1714164907

CONTENT.1714164907