05/04/2024

Bases do Certame Literario de Piñor de narracións breves

Prazo de recepción de traballos ata o 24 de maio de 2024, ás 14 h.

2024-Banner-Barbadás-Certame literario Piñor

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración do Concello de Barbadás, convoca o XXVII Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.

  • Categorías
    Establécense tres categorías:
    -Categoría A para participantes maiores de idade.
    -Categoría B para participantes de 13 a 17 anos.
    -Categoría C para participantes que formen parte do alumnado de Educación Primaria.

 

  • Premios
    Premiaranse dous relatos en cada categoría:
    -Na categoría A con 500 e 320 euros, respectivamente.
    -Na categoría B con 200 e 100 euros, respectivamente.
    -Na categoría C con 100 e 75 euros, respectivamente.Entregarase ademais en cada premio un diploma acreditativo do galardón conseguido e un obsequio conmemorativo.
    Os importes dos premios da categoría A estarán suxeitos á lexislación fiscal vixente.

 

  • Bases
    Para recibiren os seus galardóns as persoas premiadas deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.
    Ninguén poderá obter dous premios na presente edición deste certame, polo que no caso de ter puntuación suficiente para dous, outorgaráselle soamente o máis importante.
    Un premio poderá ser declarado deserto cando o xurado así o determine e sempre por causa fundamentada.
    Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non  poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con entreliñas de duplo espazo, na categoría A; de 7 na B e de 3 na C; debendo, ademais, presentarse mecanografados, con tipo de letra Times New Roman e encabezados por un lema ou pseudónimo.

 

  • Achega de narracións
    As narracións enviaranse por correo ordinario a algún dos seguintes enderezos:

    • Asociación Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito, 1. CP 32930. SanLourenzo de Piñor (Barbadás).
    • Casa Municipal da Cultura Manuel María. R/San Bernabé, 37. CP 32002. A Valenzá (Barbadás).

Cada concursante meterá o seu relato dentro dun sobre, no que escribirá:
PARA O XXVII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto con el, deberá enviar os seus datos nun sobre pechado no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que participa. Dentro del, figurará o seu nome e apelidos, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono.

Os relatos poderán ser enviados por correo electrónico a justocalvio@yahoo.es ou a casacultura@barbadas.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso, o lema ou pseudónimo e a categoría na que participa; e o segundo, denominado “plica”, o lema ou pseudónimo e os datos persoais que se esixen no parágrafo anterior.

 

  • Prazo
    O prazo de admisión pecharase o venres, 24 de maio de 2024, ás 14 h.

 

  • Entrega de premios
    O xurado estará composto por un mínimo de catro compoñentes e o seu ditame será inapelable.
    A entrega dos premios terá lugar o sábado, 8 de xuño de 2024, ás 18 h., na Casa da Cultura Manuel María da Valenzá (Barbadás).
    As narracións premiadas editaranse na revista Fervenza da Cultura, así como nas páxinas web e redes sociais do Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose a entidade organizadora o dereito de publicalas en libros e outros medios de difusión.Destruiranse todas as narracións presentadas ao certame,  polo que non serán obxecto de devolución.
    A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao xurado e o feito de presentaren as súas obras supón a conformidade das persoas participantes coas presentes bases.

Ourense, 1 de abril de 2024

ORGANIZA: Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia
COLABORA: Concello de Barbadás (Ourense)

 

Certame Literario Piñor 2024 – Díptico en PDF

2024-cartel A3-Barbadás-Certamen literario Piñor

Cultura, Educación/Formación, Novas

CONTENT.1714418992

SINGLE.1714418992