Categoría: Taxas e tributos

Barbadás cobrará pola recollida e o coidado dos animais extraviados aos donos irresponsables

07/05/2025

Barbadás cobrará pola recollida e o coidado dos animais extraviados aos donos irresponsables

  • “A finalidade non é recaudar, senon poñer en valor a quen cumple as normas e é responsable dos seus animais”, sinala Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias
  • Protección Civil recolle cada ano un cento de cans en gatos, en algúns casos sen que os propietarios amosen ningún tipo de interese por eles

O pleno do Concello de Barbadás aprobou por unanimidade na sesión ordinaria de este luns a ordenanza fiscal nº17 reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida, aloxamento, manutención e entrega de animais (cans e gatos) extraviados ou abandonados na vía pública. O goberno local dá así un paso adiante, na liña da normativa autonómica e estatal, no reforzo do benestar dos animais domésticos. 

O servizo de Protección Civil de Barbadás recolle cada ano arredor dun cento de cans e gatos nas vías públicas do municipio. Na maioría de casos, tal e como asegurou Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias, no salón de plenos, estas situacións resólvense con rapidez e coa colaboración dos donos. “Cando o animal ten microchip, Protección Civil accede ao rexistro galego de microchips e contacta cos donos. Aí notamos o interese, ou non, dos propietarios. Hainos que non poden recoller o seu animal no momento, pero pídenlle a outra persoa que o faga, ou informan da hora á que lles é posible chegar”, explicou o edil.

Porén, tamén se dan casos nos que os animais non contan con microchip, ou incluso nos que os propietarios non se responsabilizan da situación. Nestas situacións, despois de 3 días Protección Civil encárgase do transporte dos animais ata a protectora, e o Concello asume os gastos de recollida e coidado. “Nótase quen ten interese polos seus animais e quen non, e o que buscamos é premiar a quen coida e ten en condicións aos seus cans ou gatos”, resaltou Rey, que incidiu en que o interese non é recaudatorio. De feito, a taxa que se vai gravar aos propietarios é o custe do servizo: 100 euros por recollida de cans, 85 euros por recollida de gatos e 10 euros diarios pola estancia dos animais nas instalacións municipais. “Só se vai cobrar cando o gato ou can non estea identificado e se entregue na protectora, e cando os donos son reincidentes”, resumiu Rey. 

plenomaio 1.18 MB

CONTENT-CAT.1773480348

Recibos de taxas e prezos de servizos municipais

24/03/2020

Recibos de taxas e prezos de servizos municipais

O CONCELLO DE BARBADÁS SUSPENDE A EMISIÓN DE RECIBOS DE TAXAS E PREZOS MENTRAS DURE O ESTADO DE ALARMA

  • O Concello de Barbadás suspendeu a emisión de recibos dos seguintes servizos municipais:
  • Escola Infantil Municipal.
  • Escola Municipal de Música.
  • Servizo “Bos días cole”.
  • Servizo “Actividades extraescolares”.
  • Escolas Deportivas Municipais.
  • Transporte de bacharelato ao IES Ferro Couselo.
  • Terrazas e Veladores.
  • Niños empresariais.

 

  • Considerando que con data 14 de marzo de 2020 decretouse o estado de alarma en todo o territorio nacional e á vista do Bando de Alcaldía de data 12 de marzo de 2020, onde se decretaba o peche dos servizos e actividades municipais ofertados á cidadanía, o Alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a través de unha resolución de Alcaldía resolveu suspender, mentres dure o estado de alarma, a emisión dos recibos de tasas e prezospúblicos anteriormente enumerados.

 

  • Respecto á Escola Infantil Municipal non se van emitir recibos mentras dure o estado de alarma, en tanto que respecto á Escola de Música non se vai proceder ao cobro do trimestre, de xeito que, de mellorar a situación e reiniciarse a actividade, os recibos repercutiranse en pagos sucesivos.

 

  • Ao mesmo tempo, o Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Ourense, que tramita a recadación de impostos municipais do Concello de Barbadás suspendeu os prazos de pago.

 

  • Os impostos que xestiona a Deputación son os seguintes: o de circulación, imposto sobre bens inmobles ou o de actividades económicas.

 

  • Cando remate o estado de alarma, a Deputación emitirá unha nova carta de pago para proceder ao mesmo que deberá solicitar no Servizo de Recadación.

 

  • Os prazos dos recibos que xa están xerados son válidos para facer efectivo o pago. Se o/a cidadán/á non fai efectivo o pago a pesar de ter recibido a carta de pago, posteriormente, é dicir, cando se regularice a situación,

 

 

CONTENT-CAT.1773480348

A cobranza do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2018 comeza o 1 de marzo

28/02/2018

A cobranza do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2018 comeza o 1 de marzo

Los/las contribuyentes recibirán en su domicilio los impresos de los recibos de pago

Os/as contribuintes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos de pagamento que deberán aboar en calquera oficina das seguintes entidades bancarias: Novagalicia Banco, Banco Pastor, Banco Popular, BBVA, Banco Santander e targobank.

O prazo de cobranza abarca entre os días 1 de marzo e o 30 de abril de 2018.

Aqueles/as contribuintes que non reciban nos seus domicilios os correspondentes recibos antes de rematala data indicada, poderán solicitar un duplicado no Servizo de Recadación da Deputación de Ourense.

A veciñanza debe ter en conta que o feito de non recibiren os impresos non exime da obriga do pagamento se o/a contribuinte figura na lista cobratoria como contribuinte.

Para máis información as persoas que teñan o vehículo de tracción mecánica dado de alta en Barbadás poden chamar aos seguintes teléfonos: 988- 317720, 988-317724 ou 988-317725.

CONTENT-CAT.1773480348