07/06/2021
Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas
Para mais información sobre a convocatoria, requisitos de acceso ou para a súa tramitación podes chamar ou acudir ao CIM de Barbadás - 988222251
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, convoca o Programa de axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas
- O Programa consiste en estadías de tempo libre cunha duración de entre 7 e 9 días, cos gastos gratuítos de aloxamento en réxime de pensión completa, traslados de ida e volta, equipo de monitores/as e actividades complementarias
- Dirixido a: mulleres con fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
- O prazo de solicitude das estadías e ata o vindeiro día 30 de xuño
Data | Adxuntos |
---|---|
07/06/2021 | Convocatoria PDF [818 KB] |