24/11/2021
O centro penitenciario de Pereiro colabora co Banco Solidario de Barbadás

_ O centro penitenciario de Pereiro de Aguiar colabora co Banco Solidario de Barbadás dispoñendo unha iniciativa de recollida de alimentos.
_ A Subdirectora de Tratamento, Carla García, a Administradora, Lorena do Pozo do Centro Penal e a concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Barbadas, Elisabet González, inauguraron o punto de recollida de alimentos que se dispuxo nas oficinas da instalación penitenciaria de Pereiro de Aguiar a partir de esta semana.
_ Os/as os traballadores/as do centro penitenciario poderán depositar todos os alimentos que desexen achegar ás instalacións do mesmo, que serán destinados ao Banco Solidario de Barbadas.
_ A recollida por persoal da Concellería de Asuntos Sociais está prevista para o venres 3 de decembro.