20/02/2022
Os rolos de “shushi” xaponés chegan a Barbadás cos novos propietarios do bar “Acordes”
Emprendemento en Barbadás
- O bar “Acordes” leva unha semana co seu novo proxecto para dar pulo a actividade do local do que se fixeron cargo hai uns meses Carolina Ferreira Cabrera e Alejandro Salcedo Blanco “Alex”.
- Chegaron os rolos de “shusi” xaponés da man do cociñeiro Luis A. Bastardo Santaella, que acordou con Carolina e Alex engadir o seu coñecemento da cociña xaponesa no local. Así o nome de “Acordes” que tiña sentido musical, engade un novo significado.
- Alex explicounos que a experiencia hostaleira é cousa de Carolina, que antes traballou no bar A Carabela (ao carón mesmo do “Acordes”) e ante en todo tipo de locais do sector hoteleiro e hostaleiro.
- “Soubemos que Luis tiña experiencia en restaurantes e formación no consulado de Xapón en Venezuela, con mestres cociñeiros do país asiático, así que pareceunos boa idea acordar con el introducir novas tapas”, detallou.
- Até agora Alex encargábase do xamón asado, a tortilla e as tapas de diario. Agora, coa incorporación de Luis, viven a diario a curiosidade dos clientes pola comida xaponesa.
- Luis manéxase en diferentes áreas culinarias pero pareceulle que os rolos de “sushi” serían unha boa idea porque non están nas cartas dos restaurantes nin bares da Valenzá nin do resto de Barbadás.
- “Cada día vienen personas que nos explican que no les gusta el pescado crudo, y les decimos que así es el Hosomaki, el sushi básico, pero yo hago también con pescado cocido, con pollo y con langostinos”, relata.
Rolos chamados “Tokio”
- O ar xaponés vaise instalando nas mesas do “Acordes” porque cando chegan persoas con curiosidade polas novas tapas e as piden, “voltan outro día para probar outro rolo diferente”, narra Alex. Son rolos para compartir, e cando chegan grupos de amigos e amigas, piden varios rolos de sabores diferentes e proban uns poucos cada vez.
- Os primeirizos nos sabores xaponeses, descobren que “shusi” é máis que pescado, e soen pedir o rolo de polo empanado con plátano e salsa “teriyaki” pero “cando volven anímanse a probar diferentes e temos unha ducia de sabores distintos”, lembra Alex.
- Entre os máis reclamados, está o “Tokio” que é un rolo de shusi con langostinos empanados… e prometen seguir variando.
- Tamén levan uns días con reparto a domicilio con pedidos a través dunha plataforma con aplicación de internet propia.
Tamén sala de billar
- O local está preparado para o lecer da fin de semana non só ca oferta de tapas e “shusi” senón tamén con unha diana e unha mesa de billar para os xogos en equipo.
- Todo na Valenzá