17/01/2023

Plan Renova electrodomésticos

A Xunta de Galicia aprobou unha nova convocatoria do programa Galicia Renova Electrodomésticos, que facilitará axudas de ata 450 euros a persoas que queiran renovar eses equipamentos.

O prazo de solicitude das axudas abrirá o 8 de febreiro e terminará o 30 de setembro ou cando se esgote o crédito dispoñible. As peticións resolveranse por orde de entrada.

As subvencións poderán alcanzar o 25 % do prezo dun electrodoméstico para un consumidor xeral, e poden chegar ao 50 % e o 75 % cando se trate persoas con dificultades económicas.

Os beneficiarios deberán residir en Galicia e poderán empregar os fondos para renovar:

-Frigoríficos ou frigoríficos conxeladores

-Conxeladores

-Lavadoras

-Lavalouzas

-Placas de cociña de indución

As axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada solicitante só poderá recibir unha subvención para cada unha das tipoloxías, cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

Novas, Promoción económica

CONTENT.1714143480

SINGLE.1714143480