16/06/2020

Resumo da actividade do departamento de Servizos Sociais durante a Emerxencia Sanitaria

RESUMO DA  ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DURANTE A EMERXENCIA SANITARIA

Desde os Servizos Sociais do Concello de Barbadás (atendido por unha das 3 traballadoras sociais do Concello), a raíz do estado de alarma decretado o 14 de marzo de 2020, e como apoio aos colectivos máis vulnerables, puxéronse en marcha unha serie de medidas para intentar paliar as situacións de crise destes colectivos:

Desde o día 8 ao 21 de abril realizouse un primeiro reparto entregando vales de 25€ para gastar en alimentación e enseres básicos xunto cun lote de comida (leite, pasta, arroz, conservas,galletas,alimentos infantís, carne, froita, patacas…).

Entre os días 4 e 14 de maio realizouse un segundo reparto, ademais de dous repartos extraordinarios dirixidos a familias con menores a cargo. En total realizáronse 4 repartos e a día de hoxe séguense repartindo segundo demanda e necesidades.

– Púxose en marcha un “teléfono solidario”, onde os maiores e persoas que o precisaran podían utilizar este servizo para a compra de medicación, de alimentos ou calquer enser necesario, a través do cal realizáronse 50 intervencións en total.

– Creouse un “teléfono de atención psicolóxica”, atendido por dúas psicólogas, ó cal podía acceder todo aquel que o precisara, chegando a realizar 19 intervencións.

– O Servizo de Axuda no Fogar (atendido por a segunda traballadora social do Concello de Barbadás) estivo funcionando en todo momento, concedendo 160 horas novas de SAF (Servizo de Axuda no Fogar) durante o estado de alarma. Ás auxiliares de axuda no fogar entregáronselle 1288 mascarillas, 15 lentes de protección, 15 pantallas, máis luvas das habituais, hidroxeles e batas desechables; todos estes EPIS para garantir a saúde das mesmas e dos/as usuarios/as. O servizo de axuda no fogar, coordinado pola traballadora social, a cal estaba en contacto diario cos/coas usuarios/as de SAF e coas auxiliares correspondentes.

– A través do CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás e durante o estado de alarma, proporcionouse ás mulleres unha alternativa de atención, por medios como atención telefónica, correo electrónico ou videochamadas. Atendeuse a mulleres usuarias novas derivadas doutros servizos, como SERGAS, corpos de seguridade, secretaría xeral de igualdade e servizos de emprego.

– Así mesmo, e a maiores dos programas específicos que se puxeron en marcha a raíz do estado de alarma, os Servizos Sociais Comunitarios estiveron atendidos en todo momento vía telefónica ou correo electrónico, recibindo unha media de 20 chamadas diarias, tramitando novas axudas para a Renda de Integración Social (RISGA), AIS (Ayuda de Integración Social), Xantar na Casa, tarxetas sanitarias para situacións especiais, tarxetas benvida, 155 tarxetas do comercio local (axudas proporcionadas pola Deputación, pero xestionadas pol o Concello de Barbadás) ou calquer outro tipo de demanda que precisara a cidadanía como trámites de prestacións da oficina de emprego ou seguridade social, de persoas que non tiñan acceso á vía  telemática.

O Concello de Barbadás quere agradecer ás empresas e particulares que doaron alimentos, así como a Agrupación de Protección Civil, voluntarios/as do Banco Solidario e demais persoas que que puxeron o seu tempo a disposición da cidadanía.

CIM-Centro de Información á Muller, Novas, Servizos sociais

CONTENT.1714189516

SINGLE.1714189516