28/12/2020

Santi e Vicki son o “Savio” de Barbadás

Emprendemento en Barbadás

Santi e Vicky de A Cova do Savio
  • Santiago Castro González y Vicky Álvarez Díaz fixeron unha mestura dos seus  nomes e saíulles “Savio”. Abriron o restaurante “A Cova do Savio” pouco antes de casarse en 2002, cando arredor do seu local apenas había casas, no tramo final da Valenzá.

 

  • Santi traballa en restauración dende os 17 anos. Comezou ca súa nai e un primo no bar-tapería “O falcón e o Sol” até que se desfixo a sociedade no ano 2002. No mesmo local abriu  o restaurante con Vicky, unha apaixonada da cociña, e un par de meses despois, casaron.

 

  • Xuntos comezaron seus achados gastronómicos naqueles bares que acompañaban as bebidas con “pinchos espectaculares”, habituais fora de Galicia hai máis de dez anos, e comezaron a facelo mesmo no seu.

 

  • Escolleron a cazola de polbo e gambas de Asturias, o rabo de touro de Salamanca… de Toledo trouxeron as ideas para a súa “orella á prancha” e o “cochifrito” (dados de porquiño fritido)… e moitos máis ós que engadirán, cando reabran, dous pratos a base de cervo (en tosta e fileteado á prancha). Tamén traballan con chuletóns de vaca “en pedra quente”, segundo o estilo que coñeceron en Portugal, de onde traen moitos dos seus produtos para acompañamento.

 

  • No seu traballo innovan porque pensan nos clientes que comen cada día no restaurante, durante todo o ano, para os que fan un menú diferente cada día e cada semana… pero tamén nas persoas que cada fin de semana queren probar as especialidades e tapas. E tamén por todos eles, e polos 6 traballadores e traballadoras do local,  decidiron pechar en setembro.

 

  • “Por el trabajo no me arriesgo a que se contagie nadie así que la decisión es abrir para trabajar al 100% cuando se pueda”, asegura Santi despois de abrir temporalmente en xuño de 2020 e  comprobar “que no tener terraza y el miedo al virus dieron un balance sin beneficio”. Agora fan plans por si ese momento chega en xaneiro de 2021.


O concurso como escaparate

  • Ambos os dous fan balance e destacan o concurso de pinchos de cada outono, como un “escaparate que da un impulso muy grande a la hostelería de A Valenzá”, y no que as suas tapas especiais foron premiadas dende 2016 até 2019: a “torre o Savio” con lombo, cabaciño, queixo de cabra e marmelo, a “piruleta do Savio” con solombo de porco envolto en tenreira, a “esencia do Savio” con solombo macerado 4 horas, a “arumes do Savio” con solombo de vaca.

 

  • “El mayor premio de los concursos es que vienen a probar los pinchos muchas personas que no venían antes y eso nos ayuda a descubrir lo que hacemos bien y que cosas tenemos que mejorar”, destaca Santi.

 

  • A oferta de pratos fora do menú diario, vai variando. “Antes de entrar en la carta, probamos como funciona cada plato entre los clientes”, nun proceso selectivo no que tamén están os pratos que só fan por encargo como paella ou cocido.

 

  • A innovación é continua, e está asegurada.
Santi e Vicki, de A Cova do Savio. Barbadás 23/12/2020. foto Rosa Veiga

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1714114233

SINGLE.1714114233