08/09/2023

Subvencións do Programa de Comercio Circular Xunta de Galicia

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D)

Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos
establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha
das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia:
1.1. Comerciantes retallistas:
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas,
que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para
exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña,
deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE)
nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas
categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108
do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
Para a consideración de pequena e mediana empresa, observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de
microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE nº L 124/36, do 20 de maio
de 2003), e para estes efectos establecerase que:
Categoría de empresa Persoal: unidades de traballo anual Volume de negocio anual (€) Balance xeral anual (€)
Micro < 10 ≤ 2 millóns ≤ 2 millóns
Pequena < 50 ≤ 10 millóns ≤ 10 millóns
Mediana < 250 ≤ 50 millóns ≤ 43 millóns
c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal.
No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá
acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é
a principal.
1.2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
1.3. Asociacións de comerciantes:
Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de
concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo
de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300A) (DOG número 28,
do 9.2.2023).
En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima
de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación
das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de
convocatoria.
Segundo. Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a execución de proxectos
do programa de comercio circular.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente na convocatoria.
Cuarto. Importe
Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 1.500.000,00 €,
que será imputado da seguinte forma:
a) Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
Destinarase un crédito total de 1.015.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria
05.04.751A.770.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2023.
b) Asociacións de comerciantes:
Destinarase un crédito total de 485.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria
05.04.751A.781.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2023.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario
Oficial de Galicia.

Convocatoria de axudas Comercio Circular Xunta de Galicia

Comercio, Novas, Promoción económica, Turismo

CONTENT.1714332893

SINGLE.1714332893