Arquivo da etiqueta: podas

05/06/2023

Barbadás fortalecerá os seus servizos municipais coa adquisición de nova maquinaria para a mellora das podas e o mantemento de parques e xardíns

Barbadás fortalecerá os seus servizos municipais coa adquisición de nova maquinaria para a mellora das podas e o mantemento de parques e xardíns

Consciente da importancia de preservar e coidar os espazos verdes do municipio, o concello de Barbadás adquirirá nova maquinaria especializada. Este investimento permitirá optimizar as tarefas de poda e mantemento, proporcionando un servizo de calidade á veciñanza e creando entornos agradables para o seu desfrute.

Dentro da nova maquinaria adquirida destacan un tractor rozadora e unha plataforma elevadora. O tractor rozadora será utilizado para a sega e roza da herba nos parques e xardíns municipais, permitindo obter mellores resultados en comparación coas máquinas tradicionais. Pola súa banda, a plataforma elevadora facilitará os traballos en altura, como a poda de árbores e setos, axilizando as tarefas dos operarios municipais e garantindo unha intervención segura e eficiente.

Coa adquisición desta maquinaria, financiada con cargo á liña 2 do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia, o concello de Barbadás reafirma o seu compromiso coa mellora dos servizos públicos e o coidado dos espazos verdes do municipio. Esta acción permitirá un mantemento axeitado dos parques e xardíns, creando espazos acolledores e agradables para a veciñanza poder desfrutar.

O concello de Barbadás continúa a traballar na mellora constante dos servizos e infraestruturas municipais, co obxectivo de ofrecer unha mellor calidade de vida á súa comunidade. A adquisición desta nova maquinaria é un paso importante neste compromiso, permitindo contar con ferramentas especializadas para o coidado e mantemento dos espazos verdes do concello.

Novas, , , ,

CONTENT.1728680997