Arquivo da etiqueta: Seguridade

16/10/2024

Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación

  • As xornadas desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro con talleres prácticos para profesionais, estudantes e público xeral

No marco do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), baixo o lema “As túas mans salvan vidas”, o Concello de Barbadás prepara unha serie de eventos para promover a importancia da RCP e o soporte vital básico (SVB). Estas actividades, organizadas pola Concellería de Educación e en colaboración coa Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro e están dirixidas tanto ao público xeral como a escolares e profesionais.

O obxectivo principal é concienciar á poboación sobre a importancia de actuar ante unha emerxencia médica, subliñando que as técnicas de reanimación e soporte vital poden ser determinantes para salvar vidas.

 

Día Mundial da RCP

Este evento internacional ten como obxectivo aumentar a conciencia pública sobre a importancia da reanimación cardiopulmonar e o soporte vital básico, educando á poboación para que saiba como actuar en situacións de emerxencia que poñan en risco a vida.

O Concello de Barbadás convida a toda a comunidade a participar nestas actividades formativas que poden marcar a diferenza en situacións críticas.

 

Programación das actividades polo Día Mundial da RCP 2024 en Barbadás:

  • Mércores, 16 de outubro – 17:00 h
    • Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB
    • Lugar: Carpa de Emerxencias de Protección Civil, Rotonda dá Familia.

 

  • Luns, 21 de outubro
    • Taller práctico de soporte vital, con maniquíes simuladores
    • Impartido por Brais Ramos López, enfermeiro e técnico de emerxencias sanitarias.
    • Horarios:
      • 10:00 a 12:00 h en FONVAL
      • 16:00 a 18:00 h en CEIP O Ruxidoiro
      • 18:30 a 20:30 h en Escola Infantil Municipal
    • Dirixido a todo o público en xeral.

 

  • Martes, 22 de outubro
    • Taller práctico de soporte vital básico para escolares
    • Impartido por María Méndez Lage, técnica de emerxencias sanitarias.
    • Dirixido a profesionais e estudantes dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato.

 

  • Mércores, 23 de outubro
    • Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB
    • Lugar: Carpa de Emerxencias de Protección Civil nas escolas deportivas do Polideportivo Municipal.

 

Cursos, Educación/Formación, Sanidade, Seguridade cidadá, , ,

CONTENT.1745141553

03/06/2023

O helicóptero de salvamento, protagonista dunha emocionante exhibición de Seguridade e Emerxencias en Barbadás

Este venres 2 de xuño, tres centros educativos de Barbadás, o CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e o CPR Luis Vives, acolleron unha emocionante exhibición, organizada pola concelleira de Servicios Sociales, Elisabet González,  titulada “Medios de Seguridade e Emerxencias”. A xornada foi aberta ao público en xeral, pero especialmente emocionante para o alumnado.

Ademáis dos nenos, na exhibición tamén asistiron concelleiros de Barbadás, a tenente alcalde, Victoria Morenza, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o subdelegado do Goberno, Emilio González.

Varios corpos de seguridade e emerxencias participaron nesta exhibición, incluíndo a Garda Civil, a Policía Nacional, as Ambulancias “As Burgas”, os bombeiros de San Cibrao e os de Ourense, Protección Civil de Barbadás e a Policía Local de Barbadás.

Estes expertos profesionais no ámbito da seguridade e emerxencias compartiron os seus coñecementos e experiencias, e mostraron as últimas equipacións utilizadas para garantir a seguridade cidadá.

Os asistentes tiveron a oportunidade de observar de preto as motos do Seprona, un dron da Garda Civil, os técnicos en Búsqueda e Localización de Artefactos Explosivos (TEBYL), os cans adestrados, así como as motos e o furgón de transporte de presos.

O elemento máis espectacular foi a presenza do helicóptero de salvamento. Esta xornada foi deseñada co obxectivo de mostrar á cidadanía dunha forma práctica e directa o traballo vital que estas organizacións realizan cada día.

Novas, , , , , ,

CONTENT.1745141553