Arquivo da etiqueta: 8M

08/03/2023

O alcalde anima as rapazas de Barbadás a “cumprir todos os vosos soños” e a ser “o que queirades e o que vos propoñades”

Oitenta nenos e nenas dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron no acto central de Barbadás polo 8M

Como todos os anos, o Concello de Barbadás súmase á conmemoración do 8M – Día Internacional das Mulleres. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González, presentaron o  acto central de hoxe na Casa da Cultura nun auditorio cheo de nenos que atentamente escoitaron as palabras que lles dedicaron os representantes do goberno local.

“Tedes que cumprir os vosos soños, unha muller poder ser o que queira, o que se propoña” afirmou  Valcárcel ao dirixirse ás nenas que alí se atopaban.

Ademais da lectura da declaración institucional, se puideron escoitar pezas musicais interpretadas por alumnos da escola municipal de Música e a intervención dos nenos do CEIP Filomena Dato e do CEIP O Ruxidoiro nas que manifestaban o seu compromiso coa igualdade e pondo en valor á muller,  ademais de manifestar a súa repulsa contra calquera tipo de discriminación ou maltrato contra ela.

“A loita contra a violencia machista segue sendo o principal obxectivo político, non podemos aceptar como sociedade que as mulleres vivan con medo, sentindo a ameaza constante das súas parellas ou exparellas, sen liberdade”, reza a declaración institucional, “tamén debemos seguir loitando contra outra forma terrible de violencia contra as mulleres como é a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual e a prostitución, xa que a trata existe porque hai demanda de mulleres e nenas para seren prostituídas, polo que hai que seguir traballando para que unhas e outras podan vivir seguras e en liberdade, que nesta sociedade homes e mulleres sexan iguais en dignidade e en dereitos”, asegurou a concelleira de igualdade, Elisabet González.

Novas, ,

CONTENT.1714130846

03/03/2023

Yolanda Díaz protagoniza o 8-M en Barbadás cunha conferencia sobre traballo e igualdade

Xosé Carlos Valcárcel: “defender os dereitos das mulleres e fortalecer as súas capacidades, é a mellor maneira de loitar contra todo o que repudiamos: a violencia, a desigualdade, a pobreza”

Esta mañá o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel e a  concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, presentaron os actos e actividades que este mes de marzo ten programados o Concello con motivo do día Internacional da muller- 8M, que terá como acto central una conferencia da Vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz. Terá lugar o  próximo luns, día 6 de marzo, na Casa da Cultura Manuel María, na Valenzá,  e terá por título “Un tempo para traballar e un tempo para vivir: a última fronteira para a igualdade real”.

Ademais, Valcárcel detallou na rolda de prensa as diferentes actividades que se celebraran ao longo do mes de marzo e que comezan hoxe mesmo, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, onde poderase ver  a comedia teatral “O Furancho” .

O acto conmemorativo do 8M terá lugar o mesmo día 8 ás 12:00h nas inmediacións da rotonda da familia na Valenzá. Participarán a Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB)  e o alumnado de 6º de Primaria dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro.

Ademáís celebraranse obradoiros nos centros educativos . Para alumnado de 6º Primaria: “Deconstrución dos mitos do amor romántico” no CEIP Filomena Dato o día 10, e no CEIP O Ruxidoiro o día 31.

E para o alumnado de 4º da ESO: “Ferramentas para detectar as violencias machistas” no IES Ferro Couselo o día 16 e no Luis Vives o día 15.

Referentes

Barbadás amosa unha vez máis o seu compromiso no mes da muller, e así tamén presentou hoxe a actividade “REFERENTES”,  organizada en colaboración cos catro centros educativos e que consistirá nunha serie de charlas para alumnado a cargo de mulleres relevantes en ámbitos de traballo masculinizados, co fin de dar visibilidade á presencia das mulleres en todos os sectores como factor de motivación para as novas xeracións. Un dos obxectivos é fomentar que os seus soños e ambicións non se vexan limitados polo feito de seren homes ou mulleres.

No CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro, o día 16 – con Vanesa Domínguez Sousa (Coordinadora do Plan Director da Garda Civil)

E no IES Ferro Couselo e Colexio Luis Vives, o día 9  – con Zulema González González,  árbitra internacional e de 1ª división;  Alba Rodríguez Vázquez, entrenadora do C.D. Arenteiro e seleccionadora ourensá sub 14 feminino; e Beariz Seijas Couce., entrenadora fútbol sala do Ourense Envialia B e ex- xogadora internacional de 1ª división de fútbol sala.

Lema do 8M en Barbadás: “= é + “

Na rolda de prensa de hoxe, a concelleira de Igualdade avanzou o lema de Barbadás deste ano para conmemorar o 8M, “=é +” – igual é maís . “Consideramos que a igualdade é máis respecto, máis diversidade, máis xustiza, máis visibilidade e máis bo trato, corresponsabilidade, benestar…”, asegurou a concelleira.

Elisabet González Nistal explicou que a campaña consistirá na distribución de material divulgativo e na difusión dunha peza audiovisual nas redes sociais onde se amosan diferentes mulleres no concello no seu día a día.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, , , ,

CONTENT.1714130846