Arquivo mensual: Decembro 2019

30/12/2019

Novos horarios do servizo de autobús regular de viaxeiros que transcorre polo municipio de Barbadás

HORARIOS DAS DIFERENTES LIÑAS DE AUTOBÚS QUE PASAN POLO MUNICIPIO DE BARBADÁS

NOS SEGUINTES ENLACES PODE CONSULTAR VOSTEDE OS HORARIOS E AS FRECUENCIAS

O 1 DE XANEIRO COMEZA A PRESTAR O SERVIZO UNHA NOVA EMPRESA

OS BONOBUSES QUE TEÑAN OS/AS USUARIOS/AS PODERÁN SER UTILIZADOS ATA O 31 DE XANEIRO

O CONCELLO DE BARBADÁS ESTÁ TRABALLANDO PARA SEGUIR MANTENDO OS BONOS SOCIAIS DOS QUE VIÑAN DISFRUTANDO OS/AS USUARIOS

XA SE INICIARON CONVERSAS COA XUNTA DE GALICIA E COA EMPRESA PARA MELLORAR E MODERNIZAR O SERVIZO

 

XG605-31 LAGOAS-VALENZA

XG605-32 SAN LAZARO-VALENZA

XG605-67 LAGOAS- VALENZA CENTRO MEDICO

xG60505 TOEN – OU EA

xg60506 TOEN (PARADA)- OU EA

xg60507 ALONGOS- VILVALENCIA

xg60508 PIÑEIRO -OU EA

xg60509 PIÑEIRO – OU EA (POR PARADA)

xg60510 OU EA-PIÑOR-OU EA

xg60511 OU EA- MOREIRAS- OU EA

xg60512 OU EA-MOREIRAS- OU EA

xg60513 VILAVALENCIA – VILAVALENCIA

xg60514 STA UXIA-BARBADAS

xg60529 LAGOAS -LAGOAS

XG6050301 CASARDEITA-OURENSE

Novas, Transporte

CONTENT.1714122789

30/12/2019

Proxección da película Hotel Transylvania3 en Barbadás

O xoves 2 de Xaneiro do 2020, ás 19h. Proxección da película Hotel Transylvania3 no Auditorio Manuel María de Barbadás continuando coa programación de Nadal do Concello de Barbadás.

A familia de monstros embárcase nun cruceiro de luxo para que por fin Drac poda descansar e proveer de vacacións ao resto no hotel. É unha navegación tranquila para a pandilla de Drac, xa que os monstros entréganse a toda a diversión a bordo que ofrece o cruceiro, dende o voleibol de monstros e as excursións exóticas, a porse ao día cos seus bronceados de lúa. Pero as vacacións de ensoño convírtense nun pesadelo cando Mavis dase conta de que Drac enamorouse da misteriosa capitana da nave, Ericka, quen esconde un peligroso segredo que podería destruir a todos os monstros.

Xénero: Cinema para toda a familia.
Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1714122789

26/12/2019

Actuación de ODAIKO en Barbadás

REDE DE AUDITORIOS PROVINCIAL DE OURENSE

AUDITORIO DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS

O Venres 27 de Decembro ás 19h., actuación do grupo ODAIKO co espectáculo “Invención”, dentro das actuacións da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia. En «Invención», a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e búsqueda de solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día día. Pasando por moitas invencións dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser froito da industrialización, a introdución do plástico, etc. sempre chegamos á conclusión de que o futuro é reflexo do pasado e, por tanto, a conexión e o equilibrio entre o tradicional e o moderno está sempre moi presente.

 Como en todos os espectáculos de odaiko, o inxenio e a conexión co  público son as pezas clave máis características.

Música e humor para todos os públicos.

Entrada con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

Cultura, Eventos

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

23/12/2019

Concerto do Grupo Sen Contrastes da EMMB

O xoves 26 de Decembro, ás 19h., actuación do Grupo SEN CONTRASTES da Escola de Música Municipal de Barbadás, no Auditorio Manuel María de Barbadás.

“Sen Contrastes” é unha formación composta por violinistas, guitarristas e violonchelo pertencentes á Escola de Música Municipal de Barbadás. Está dirixido polo mestre de guitarra José Antonio Blanco e a mestre de violín Sabela Hughes. 

O seu repertorio céntrase principalmente en adaptacións, non só de pezas clásicas, senón tamén de temas de rock, pop, folk, modernas, bandas sonoras, etc….

Música para todos os públicos.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

18/12/2019

Actuación da Aula Xuvenil do TEB Teatro Experimental de Barbadás

O Sábado 21 de Decembro, ás 19h. actuación da Aula Xuvenil do Teatro Experimental de Barbadás TEB, coa obra: “A PRIMEIRA VEZ”. Esta actuación está enmarcada dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás.

A PRIMEIRA VEZ

Narra as primeiras experiencias que viven os nosos mozos e mozas nun mundo “novo” para eles, achegándoos paso a paso ás vivencias dos adultos, pero coa mirada limpa da xuventude.

A Primeira Vez é unha sucesión de acontecementos reais aos que a xuventude se enfrenta e que irán forxando as súas realidades fronte á vida.

Un teatro fresco, cheo de emocións e sentimentos.

Teatro xuvenil a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

17/12/2019

Inauguración da exposición de escultura de madeira “Moxom xente de pau” no Museo etnográfico Loiro

A exposición  de escultura de madeira “Moxom xente de pau”; Inaugurarase o domingo  22 de decembro ás 17:00 horas  e permanecerá no Museo Etnográfico de Loiro deica o 1 de marzo de 2020.

Xosé Manuel Rodríguez Mojón “MOXOM” (Ourense,1964)  Comeza no mundo da banda deseñada na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinamizador da BD en galego. Nesta época naceron do seu maxín: Indiana Xones, o Capitán Palheiro e tamén as persoaxes da Historia da Lingua en Banda Deseñada.  Desaparecido o colectivo comezou a súa andadura, totalmente autodidacta como “Moxom” no mundo da escultura de madeira aló polo ano 1996. Transforma así moitos dos seus debuxos en pezas de madeira con volume cheas de movemento, orixinalidade e sensibilidade.  Dende entón, das súas mans levan xurdido unhas duas mil pezas que andan repartidas polo mundo enteiro.

Eventos, Turismo

CONTENT.1714122789

16/12/2019

Subvencións para promover o autoemprego de persoas galegas retornadas

A Secretaría Xeral da Emigración,amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 11 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego
e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas
galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2019.

Data Adxuntos
16/12/2019 Resolución subvencións para promover o autoemprego PDF [432 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1714122789

16/12/2019

Actuación de Produccións Excéntricas co espectáculo “Cartoóns”

Este Venres 20 de Decembro ás 19h. actuación de PRODUCCIÓNS EXCÉNTRICAS co espectáculo “Cartoóns”, dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás

Sinopse:

Dous tipos abandonados nas marxes. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo.

Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén. Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nós tiramos ao lixo diariamente.

O cartón serviralles para construir casas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, skis, ponchos, avions … en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

Espectáculo Familiar.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

11/12/2019

Alumnado do colexio O Ruxidoiro coñecen cómo funciona o Concello de Barbadás

 A CONSTRUCCIÓN DO INSTITUTO E A HABILITACIÓN DE UN APARCADOIRO XUNTO AO COLEXIO SON AS PRINCIPAIS PREOCUPACIÓNS DO ALUMNADO QUE PARTICIPOU EN UN PLENO INFANTIL EN BARBADÁS

Escolares do colexio O Ruxidoiro coñeceron hoxe os departamentos que compoñen as dependencias da casa do concello

 

  • Estudantes de 6º de Primaria do colexio Ruxidoiro participaron hoxe nunha xornada didáctica na que coñeceron os diferentes departamentos do Concello de Barbadás e simularon un pleno ordinario.

 

  • Un grupo de alumnos/as foron elixidos concelleiros entre os/as seus/súas compañeiros/as para representar ás dúas aulas de 6º de primaria.

 

  • Os escolares debateron dúas propostas no pleno simulado: moción para negociar coa Xunta e impulsar a construcción de un instituto e outra moción para construir un aparcadoiro no CEIP O Ruxidoiro.

 

  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que no Plan de Urbanismo de Barbadás “xa hai un lugar reservado para o instituto, pero a crise económica de hai 10 anos ralentizou a actividade urbanística e ralentizou o desenrolo desta área de reparto”.

 

  • A proposta para impulsar a construcción de un instituto contou coa unanimidade dos/as concelleiros electos.

 

  • A segunda das propostas que se debateu foi a construcción de un aparcadoiro para dar servizo ao persoal e usuarios/as do colexio O Ruxidoiro.

 

  • Os/as alumnos fixeron esta proposta para mellorar a seguridade viaria na zona debido á densidade de vehículos e persoas en horas punta.

 

  • Dende o goberno, o alcalde respondeu que xa hai un operativo de seguridade coordinado pola policía local para restrinxir o tránsito só para buses e viandantes. Xosé Carlos Valcárcel aclarou que hai que promover a mobilidade sostible, desprazarse a pé segundo o Camiño Escolar e para aparcar hai unha ampla zona a carón do viaducto da A-52.

 

  • A iniciativa do aparcadoiro foi aprobada co voto afirmativo de 10 concelleiros/as e en contra de 5 edís.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

09/12/2019

Mircromina Títeres no Auditorio de Barbadás

REDE DE AUDITORIOS PROVINCIAL DE OURENSE

 AUDITORIO MUNICIPAL DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS

O próximo venres 13 de Decembro, ás 19h. actuación de MIRCROMINA TÍTERES co espectáculo “Vacacións no mar”, actuación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense.

Espectáculo de títeres de luva, no que conxúgase o tradicional estilo da cachiporra con renovacións para o público de hoxe en día.

Sinopse:

A Marina encantarialle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro “Ovos con patacas” pero nun descoido o pirata Ollo Virollo toma prestada a nave e bótase ao mar. Tras 45 minutos de acción… ¿cumplirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

Espectáculo para toda a familia, a partir dos 3 anos en adiante.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense.)

Cultura, Eventos

CONTENT.1714122789

CONTENT.1714122789

04/12/2019

Escolares do colexio Filomena Dato, concelleiros/as por un día

OS/AS ESCOLARES DO COLEXIO FILOMENA DATO PLANTEXAN NO PLENO INFANTIL A NECESIDADE DE CREAR UN CARRIL BICI E INSTALAR PLACAS SOLARES NOS EDIFICIOS PÚBLICOS

Alumnado de 6º de Primaria protagonizaron unha sesión plenaria na que eran concelleiros/as

  • Alumnos/as de 6º de Primaria foron esta mañá os protagonistas na celebración do pleno infantil, presidido polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

  • O alumnado do colexio Filomena Dato plantexou a través de 4 mocións unha serie de necesidades e proxectos que consideran prioritarios.

  • Os/as escolares acompañados dos/as seus/súas profesores/as coñeceron os diferentes departamentos que compoñen a casa do concello: Rexistro, Urbanismo, Tesoureiría, Intervención, Padrón, Secretaría e outros lugares coma os despachos de alcaldía ou a sala de xuntas.
  • Entre as propostas que debateron os/as alumnos/as que foron elixidos polos/as compañeiros/as para ser concelleiros por un día figuran a mellora dos viais da Valenzá e o arranxo das beirarrúas.

  • Outra das mocións que plantexaron os/as alumnos/as plasmaba a proposta de habilitar parques para mozos/as, nenos/as e maiores. Tamén apuntaban crear un circuito de skate e para bicis e tamén un carril bici.

  • No pleno infantil, despois de xurar ou prometer o cargo, estiveron ademais do alcalde, a concelleira de Educación, Marga Pérez, e a tenente alcalde, Victoria Morenza e a secretaria do Concello de Barbadás, Silvia Alonso.

  • Ao abordar a segunda moción do alumnado, dende o goberno informouse que está a piques de abrirse unha pista de skate e trial de bicis na Valenzá. Esta pista está só pendente de tramitación burocrática.

  • Valcárcel explicou que as características orográficas da Valenzá non fan viable a creación de un carril bici.

  • A instalación de placas solares nos edificios municipais foi outra das iniciativas plantexadas polos/as alumnos/as. Dende o goberno indicouse que se está elaborando unha auditoría enerxética para efectivizar o gasto en enerxía eléctrica e para promover a sostenibilidade enerxética.

  • A cuarta moción solicitaba a creación de un punto limpo e un parque de cans. Ante esta proposta dende o goberno informouse de que xa existe un servizo para recoller enseres que se transportan a un punto autorizado de xestión de residuos.

  • Respecto ao parque de cans anunciose que o que está situado xunto viaducto contará nos vindeiros meses con novos elementos de xogo e que o que está ao principio do barrio da Valenzá será acondicionado para a presenza de mascotas.

  • O alumnado tamén plantexou outras propostas como a creación de un mercadiño mensual para intercambio de obxectos que evite consecuencias negativas sobre o cambio climático. Tamén se apuntou a idea de crear actividades na rúa: ioga, karaokes e cantigas.

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1714122789