Arquivo mensual: Xaneiro 2019

25/02/2019

Entroido Barbadás 2019

Ábrese o prazo para anotarse na foliada e no concurso de mecos.

Data Adxuntos
25/02/2019 Bases Concurso de Mecos PDF [290 KB]
25/02/2019 Ficha de inscrición Concurso de Mecos 2019 PDF [2 MB]
25/02/2019 Bases Entroido 2019 PDF [429 KB]
25/02/2019 Ficha de inscrición Entroido 2019 PDF [2 MB]
25/02/2019 Díptico Entroido_2019 PDF [616 KB]
25/02/2019 Bases obradoiros Entroido 2019 PDF [139 KB]
25/02/2019 Hoja de inscripción obradoiros 2019 PDF [206 KB]

Cultura, Eventos

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

29/01/2019

“Sofía e as postsocráticas” con Inversa Teatro.

Venres, 8 de febreiro ás 20h. Casa da Cultura Manuel María.

Un espectáculo escénico sobre a violencia de xénero desde unha perspectiva filosófica.

Tres personaxes en escena: Sócrates, Aristóteles e Platón (interpretados por mulleres) que empregarán recursos de máscaras a escala real ademáis do emprego de técnicas audiovisuais sobre o escenario para acadar a sensación de duplicidade de personaxes sobre o escenario. Nesta peza, a escenografía, a videocreación, a paisaxe sonora e a poesía xoga un papel sumamente importante.

Lugar: Casa da Cultura Manuel María.

Data: Venres, 8 de febreiro ás 20h.

Entrada: Gratuita. (Previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María).

Recomendada a partir de 13 anos.

Cultura, Eventos

CONTENT.1714177967

28/01/2019

Exitoso Taller de Primeiros Auxilios Básicos

Despois do exitoso acollemento que tivo por parte alumnos e alumnas o Taller de Primeiros Auxilios celebrado o pasado venres no CET e, do interés que mostraron por seguir formándose na área de emerxencias e prevención de riscos, continuaremos tódolos venres últimos de cada mes realizando distintos talleres dos que informaremos oportunamente.

Cursos

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

22/01/2019

Teatro con “Tarabeleando con Mario” de Silvardeiras

Sábado, 26 de xaneiro ás 20h. Casa da Cultura Manuel María.

Basada en “Cinco horas con Mario” de Miguel Delibes. Trátase dun retábulo de mulleres de diversa índole e condición que culpan a Mario, defunto marido de cada unha, de todas as frustracións da súa vida. Atacando a Mario, recentemente morto, intentan xustificar unha infidelidade que non tiveron tempo de explicar antes.

Lugar: Casa da Cultura Manuel María (A Valenzá).

Data: Sábado, 26 de xaneiro ás 20h.

Entrada con invitación -ata completar aforo- . Recollida de invitacións na Casa da Cultura.

Recomendada a público familiar a partir de 7 anos.

Cultura, Eventos

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

15/01/2019

CURSO AFD DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: MECANIZADO POR ARRANQUE DE LABRA. 

PRAZAS LIBRES PARA O CURSO AFD DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: MECANIZADO POR ARRANQUE DE LABRA. 

Interesados/as presentarse no IES 12 de Outubro ANTES DO VENRES 25 DE XANEIRO DE 2019 para REALIZAR A PETICIÓN DE ADMISIÓN.

Datos Web AFD- Metal

Cursos

CONTENT.1714177967

14/01/2019

Reunión familias Escola Infantil

Xoves, 17 de xaneiro ás 20:30 horas

Plato menú

AVISO IMPORTANTE

Reunión coas familias do alumnado da Escola Infantil Municipal para tratar das posibles modificacións dos menús que ofertamos.

Xoves, 17 de xaneiro ás 20:30 horas

Escola infantil, Novas

21/03/2024

O 1 de abril, ábrese o prazo para solicitar novas prazas na Escola Infantil de Barbadás

2024-Banner-Barbadás-Solicitude escola infantil

O prazo estará habilitado ata o 19 de abril.

07/06/2023

Documentación a achegar para os matriculados no curso 2023-2024 da Escola Infantil Municipal

Documentación para a Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

19/05/2023

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

14/01/2019

O Concello subvenciona a oito empresas de nova creación para fomentar o emprendemento

Resultaron beneficiadas oito iniciativas, cinco delas promovidas por mulleres

* Resultaron beneficiadas oito iniciativas, cinco delas promovidas por mulleres

* O alto número de solicitudes levou ó Concello a elevar un 50% a partida de axudas ata fixala en 18.000 €

Barbadás, 11 de xaneiro de 2019. O concello de Barbadás ven de conceder axudas a oito empresas de nova creación a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe o tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida, co obxectivo de “colaborar á consolidación de iniciativas empresariais e comerciais recentes e que poidan situarse no camino da dinamización económica e social do noso concello”, segundo o edil nacionalista.

A cuantía das axudas, fixada inicialmente en 12.000 euros, foi incrementada nun 50%, situándoa en 18.000 “debido ó número de solicitudes presentadas e que nos parecían o suficientemente interesantes e ben enfocadas para resultar exitosas como para aumentar o esforzo orzamentario por parte do Concello”, apunta Fírvida. Ainda así, duas empresas aspirantes quedaron fóra das subvencións debido ó esgotamento do crédito. O criterio de eliminación foi establecido en función do orden de solicitude, resultando estas as últimas en presentalas ó ser presentadas o último día (31 de outubro de 2018, as 13,55 e ás 21,27 horas, respectivamente. Ainda foi apartada unha terceira por ter iniciado a sua actividade con anterioridade ó 1 de outubro de 2017, que era a data de prazo máximo para poder ter dereito á demanda de subvención.

Das oito iniciativas de emprendemento subvencionadas, cinco están promovidas por mulleres; sete delas obtiveron 2.500 euros cada unha, que é a cantidade máxima fixada nas bases para cada unha, en tanto que a octava recibiu 500 euros.

O titular da área de Promoción Económico amósase “satisfeito da resposta obtida, o cal nos indica que estamos no camino axeitado cas medidas de estímulo á actividade empresarial no concello de Barbadás, que aplicamos por segundo ano consecutivo para favorecer o asentamento de novos negocios e contribuir a impulsar a creación de postos de traballo”.

As axudas contemplan subvencións para a compra de inmovilizado, equipos informáticos, gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa, adquisición inicial de mercadorías, gastos correntes de aluguer de local, gastos de auga, calefacción e teléfono, gastos en publicidade de lanzamento, así como dereitos de propiedade industrial; axudas para abonar o dominio de internet ou elaboración de páxina web da empresa; a asistencia dos promotores a cursos, seminarios e xornadas de temas que teñan que ver co obxecto da formación para a posta en marcha da actividade empresarial; inversión en concepto de adquisición de activos fixos novos, como ordenadores, termináis de punto de venta ou impresoras, etc.; imposto de vehículos de tracción mecánica, ainda que so un por empresa e deberá estar adicado directamente coa actividade da empresa para uso comercial, transporte ou reparto.

 

Novas, Promoción económica

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

14/01/2019

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS

Venres ,25 de xaneiro ás 19 horas

O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 19 horas impartirase no CET de Barbadás un taller gratuito de “Primeiros Auxilios Básicos”.

A inscrición pode realizarse por correo cet@barbadas.es ou no teléfono 988 36 04 13.

O aforo é limitado.

 

Cursos, Seguridade cidadá

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

CONTENT.1714177967

27/12/2018

A fiestra dos soños

Trotaventos

 

A fiestra dos soños é un libro de poemas ilustrados e musicados dirixidos principalmente ó público infantil, pero que, polas súas características, se fai apropiado para o deleite de toda a familia. É un proxecto non para pequenos nin para adultos, simplemente para soñadores. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias que veñen despois, que funcionan de maneira independente, e do mesmo xeito, por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 4 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitaciones en la Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1714177967

28/12/2018

Aguratrat

Pérez et Fernández

 

Adaptación do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (“Charlie e a fábrica de chocolate”, “James e o pexego xigante”, “Matilda”, “As Bruxas”, “Mr. Fox”, etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas.

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Xoves, 3 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitaciones en la Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1714177967