O Concello de Barbadás apela á responsabilidade e civismo dos propietarios de animais domésticos para manter limpos os espazos públicos
“Hai moito malestar: ten habido numerosas queixas e recollidas de firmas por parte da veciñanza pola falta de concienciación dalgúns propietarios”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns
O goberno local lanza unha campaña de concienciación para recordar as normas básicas da convivencia e as sancións, que poden chegar aos 500 euros
O Concello de Barbadás lanza unha campaña de concienciación dirixida aos propietarios de animais domésticos despois das numerosas queixas da veciñanza polo estado de beirarrúas e soportais do núcleo da Valenzá. Baixo o lema “Coida dos teus animais e da túa contorna”, o goberno local recorda a normas básicas de convivencia (recollidas na ordenanza municipal, pero tamén na normativa autonómica e estatal), que inclúen a obrigatoriedade de recoller os excrementos no espazo público e de botar auga por riba dos ouriños.
“Esta campaña realízase porque hai zonas comúns que están sendo ensuciadas por persoas que non cumpren coa normativa. Hai moito malestar: ten habido numerosas queixas e recollidas de firmas por parte da veciñanza pola falta de concienciación dalgúns propietarios”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns.
O último tramo da avenida de Celanova, antes de chegar ao Concello de Ourense, os soportais dos edificios e as zonas tapadas son os puntos máis conflitivos. “É importante recordar que existen unhas normas a cumprir ao ter unha mascota”, sinala Morenza. O incumprimento das mesmas conleva sancións de tipo económico, que oscilan entre os 100 e os 500 euros.
A campaña de concienciación levarase a cabo a través das redes sociais e coa colocación de carteis no espazo público. Victoria Morenza recorda que a responsabilidade do Concello é a vixilancia das rúas, polo que se intensificará nas próximas semanas. “Pero tamén apelamos ao civismo da poboación”, engade.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178178
24/07/2025
O Concello de Barbadás finaliza a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo
O goberno local investiu 151.957 euros na fase inicial da intervención, que incluíu a reforma integral da fachada e dos sistemas de fontanería e iluminación, así como a mellora da accesibilidade
“Esta actuación está enmarcada no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
O segundo paso do proxecto consiste na instalación dunha soleira ventilada que protexa o inmoble da humidade e na colocación dun chan de madeira
O Concello de Barbadás vén de rematar a primeira gran actuación do proxecto de rehabilitación do local social de Sobrado do Bispo, situado na rúa da Granxa. A intervención, orzamentada en 151.957 euros, completarase coa instalación dunha soleira ventilada e dun chan de madeira.
“O local foi a antiga escola de Sobrado, polo que é un edificio emblemático para a localidade. Este proxecto, por tanto, enmárcase no afán do Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinalos a un fin social, educativo e cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca a importancia desta rehabilitación que converte “un edificio case residual nun local coas condicións óptimas para ser empregado en diferentes actividades”.
A fase inicial da actuación incluíu a renovación da cuberta, a substitución parcial da estrutura soporte, o cambio das carpinterías, cámaras e illamento das fachadas e a modernización das instalacións de fontanaría, saneamento, electricidade, iluminación e ventilación. “O edificio está perfectamente insonorizado e iluminado, construíronse baños óptimos, permítese a entrada pola parte traseira…”, desgrana Morenza.
A intervención permitiu a mellora da accesibilidade do edificio, que data de 1920. Así, modificouse o acceso na fachada nordeste, construíuse unha nova escaleira e creouse un espazo de descanso como antesala do edificio para protexer aos usuarios do centro do tráfico rodado. Ademais, a fachada recuperou o seu aspecto orixinal cos encintados tipo rústicos.
O centro convertirase nun punto de encontro dos veciños e veciñas de Sobrado, onde non só acudir para socializar ou ler prensa, senón tamén para realizar actividades de diversa índole (desde promoción da vida activa ate alfabetización informática). “O local vai ser utilizado tamén por agrupacións como a Coral Voces e Cordes, emblemática en Sobrado, que o ano que vén celebra o seu 40 aniversario”, apunta o alcalde.
A actuación completarase coa instalación dunha soleira ventilada, que protexerá o edificio da humidade, e coa colocación dun chan de madeira.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178178
24/07/2025
El Concello de Barbadás finaliza la primera gran actuación del proyecto de rehabilitación del local social de Sobrado do Bispo
El gobierno local invirtió 151.957 euros en la fase inicial de la intervención, que incluyó la reforma integral de la fachada y de los sistemas de fontanería e iluminación, así como la mejora de la accesibilidad
“Esta actuación está enmarcada en el afán del Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinarlos la un fin social, educativo y cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
El segundo paso del proyecto consiste en la instalación de una solera ventilada que proteja el inmueble de la humedad y en la colocación de un suelo de madera
El Concello de Barbadás viene de finalizar la primera gran actuación del proyecto de rehabilitación del local social de Sobrado do Obispo, situado en la calle de A Granxa. La intervención, presupuestada en 151.957 euros, se completará con la instalación de una solera ventilada y de un suelo de madera.
“El local fue la antigua escuela de Sobrado, por lo que es un edificio emblemático para la localidad. Este proyecto, por tanto, se enmarca en el afán del Concello por recuperar edificios emblemáticos para destinarlos la un fin social, educativo y cultural”, explica Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. La teniente alcalde y concejala de Obras, Victoria Morenza, destaca la importancia de esta rehabilitación que convierte “un edificio casi residual en un local con las condiciones óptimas para ser empleado en diferentes actividades”.
La fase inicial de la actuación incluyó la renovación de la cubierta, el relevo parcial de la estructura soporte, el cambio de las carpinterías, cámaras y aislamiento de las fachadas y la modernización de las instalaciones de fontanería, saneamiento, electricidad, iluminación y ventilación. “El edificio está perfectamente insonorizado e iluminado, se construyeron baños óptimos, se permite la entrada por la parte trasera…”, desgrana Morenza.
La intervención permitió la mejora de la accesibilidad del edificio, que data de 1920. Así, se modificó el acceso en la fachada nordeste, se construyó una nueva escalera y se creó un espacio de descanso como antesala del edificio para proteger a los usuarios del centro del tráfico rodado. Además, la fachada recuperó su aspecto original con los encintados tipo rústicos.
El centro se convertirá en un punto de encuentro de los vecinos y vecinas de Sobrado, donde no solo acudir para socializar o leer prensa, sino también para realizar actividades de diversa índole (desde promoción de la vida activa ate alfabetización informática). “El local va a ser utilizado también por agrupaciones como la Coral Voces y Cordes, emblemática en Sobrado, que el año que viene celebra su 40 aniversario”, apunta el alcalde.
La actuación se completará con la instalación de una solera ventilada, que protegerá el edificio de la humedad, y con la colocación de un suelo de madera.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178178
22/07/2025
O Concello de Barbadás reforza a accesibilidade e seguridade viaria da avenida de Celanova coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns
O goberno local investiu 20.000 euros na instalación de 12 luces led modernas
“O obxectivo é incrementar a visibilidade, a seguridade viaria e a mobilidade da poboación en cruces moi transitados”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos
O Concello de Barbadás reforza a seguridade viaria e a mobilidade da avenida de Celanova, a arteria principal da Valenzá, coa instalación de novas luminarias en seis pasos de peóns moi transitados. A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, destaca a importancia desta actuación, valorada en 20.000 euros, que mellora non só a visibilidade dos condutores, senón tamén a dos peóns. “O obxectivo é incrementar a seguridade viaria, a visibilidade, fundamentalmente pola noite, e a mobilidade da poboación en zonas de cruce de moitas persoas”, apunta Morenza.
A intervención incluíu a instalación de dúas luminarias led modernas, unha en cada sentido da marcha, en seis pasos de peóns da avenida (no número 1, á altura do número 52, no número 60, no 80, 93 e 116). Estes cruces son dos máis transitados da Valenzá pola proximidade a comercios, hipermercados, servizos municipais, parques e farmacias. “Hai pasos nos que ten habido incidentes viarios por falta de visibilidade, por iso é tan importante incrementar a iluminación”, sinala a tenente alcalde.
O tipo de aparello instalado varía segundo o espazo e a contorna; así, en varios puntos colocáronse luces máis altas, que tamén iluminan a entrada a parques ou zonas de escaleiras, mentres que noutros cruces puxéronse luminarias máis baixas e dirixidas.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178178
17/07/2025
O Concello de Barbadás convoca as axudas para persoas con celiaquía ou intolerancia á lactosa, únicas en toda Galicia
Cada solicitante percibirá un máximo de 400 euros para mitigar os elevados prezos dos alimentos sen glute e sen lactosa
“Pretendemos seguir axudando ás familias, xa que o prezo destes produtos preocupa, sobre todo nun momento no que o custe da cesta da compra está disparado”, sinala Elisabet González Nistal, concelleira de Servizos Sociais
O Concello de Barbadás convoca as axudas económicas para persoas celíacas ou con intolerancia á lactosa, sendo o único concello de toda Galicia en contar con este tipo de subvencións. O goberno local puxo en marcha esta liña de axudas hai máis de 10 anos co obxectivo de mitigar o elevado custe que aínda teñen os alimentos sen glute e sen lactosa.
“Pretendemos seguir axudando ás familias, xa que o prezo destes produtos preocupa, sobre todo nun momento no que o custe da cesta da compra está disparado”, sinala Elisabet González Nistal, concelleira de Servizos Sociais. As persoas con intolerancias deste tipo vense obrigadas a asumir un sobrecuste na alimentación que pode chegar aos 500 euros anuais. “Vense na obriga de gardar unha dieta porque, de non facelo, a súa saúde veríase seriamente afectada”, recorda a concelleira.
O importe máximo das axudas é de 400 persoas por solicitante, e cubre aqueles gastos en alimentos realizados durante este 2025 (en ningún caso se subvencionan bebidas alcólicas ou adozadas). A documentación necesaria para solicitar estas axudas pódese presentar a través da sede electrónica do Concello de Barbadás (barbadas.sedelectronica.gal) ata o 12 de agosto.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178178
17/07/2025
Comezan as obras de rehabilitación do firme da rúa Fonsillón
O Concello de Barbadás inicia as obras de rehabilitación do firme na rúa Fonsillón no tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campiña e o límite co concello de Ourense. Trátase dunha actuación prioritaria do Plan de Obras 2025 do goberno de Barbadás, e conta cun investimento de 30.000 euros e un prazo de execución dun mes. “A mellora do firme desta rúa é fundamental para favorecer a comunicación do barrio do Fonsillón co resto do concello e coa zona comercial próxima”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas.
A intervención foi solicitada pola propia asociación veciñal do barrio e supón unha mellora significativa de seguridade e mobilidade, tanto de vehículos como de peóns. Os traballos inclúen o cambio do firme superficial, pintado da sinalización viaria e substitución do actual redutor de velocidade, moi deteriorado na actualidade. “Vaise instalar un lombo elevado para reducir a velocidade, e tamén melloraremos a limpeza e saneamento do vial, debido a que nesa zona hai moitos arrastres de terra”, detalla Morenza.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178178
05/07/2025
Sobrado do Bispo impulsa a segunda edición do EmularT e propón 15 actividades culturais do 12 ao 20 de xullo
O Concello de Barbadás colabora nesta iniciativa veciñal que pon en valor a cultura no rural
“Sobrado sempre foi faro de cultura e referente en todo o concello”, sinala o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
Sobrado do Bispo celebra a segunda edición do festival cultural Emulart do 12 ao 20 de xullo. A iniciativa, impulsada polos propios veciños da parroquia, conta coa colaboración do Concello de Barbadás a través da Concellería de Cultura. Emulart propón un total de 15 actividades artísticas que se desenvolverán en distintas localizacións da vila como prazas, o convento ou o bar. “Sobrado sempre foi faro de cultura e referente en todo o concello”, destaca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.
A localidade conta cunha importante actividade musical de grupos e asociacións, pero Emulart tamén ten espazo para outras disciplinas artísticas. “Teremos música clásica, contemporánea, tradicional, exposicións… Este festival é unha forma de recuperar a cultura desde o rural”, explica Valcárcel, que pon en valor a iniciativa. “Queremos que Sobrado sexa un referente para outras parroquias”, asegura.
Pola súa parte, Ana Peleteiro, concelleira de Cultura e veciña de Sobrado, agradece o traballo e esforzo da organización e das asociacións culturais involucradas, como Porta da Cadea e Voces e Cordas. “Para nós é un orgullo e un privilexio poder colaborar con estas actividades”, apunta. A edila sinala a boa participación da poboación na pasada edición, e convida á veciñanza a volver a desfrutar das variadas propostas de Emulart: “Haberá música, escultura, cine, curtametraxes de humor…”.
Rafael Yebra, director artístico do festival, agradece a cooperación do Concello de Barbadás, así como do resto de entidades colaboradoras. “Se tradicionalmente pensabamos na cultura nun espazo como un auditorio ou un salón, agora mesmo iso todo mudou, a cultura podémola atopar en calquera espazo”, asegura. Yebra da conta da intención do equipo organizativo por crear un espazo de “desenvolvemento artístico” no que a veciñanza poida encontrarse, compartir e desfrutar das diferentes manifestacións culturais incluídas na programación. “Emulart aspira a ser moi grande e a converter a Sobrado e a Barbadás no epicentro da cultura nestas datas”, apunta.
O festival comeza o día 12 co concerto de Rafael Yebra e Oswaldo Oro na igrexa da localidade, que dará inicio a sete días de moita cultura, confraternización e diversión.
Rehabilitación da antiga escola
Xosé Carlos Valcárcel recorda a aposta do goberno local por reforzar e apoiar as iniciativas culturais, non só a través da colaboración en festivais, senón tamén con obras de rehabilitación. “Acabamos de recepcionar a obra de rehabilitación da antiga escola de Sobrado, que se destinará, entre outras moitas funcións, a ser o lugar de ensaio da coral Voces e Cordas, un dos referentes culturais da localidade”, detalla o alcalde.
Os 200 aventureiros da Ruta Quetzal coñecen O Piñor de Carmiña
A famosa ruta cultural fai parada en Barbadás para coñecer a relación de Carmen Martín Gaite con San Lourenzo de Piñor
O goberno local recibiu aos expedicionarios no Campo de Roma, en Piñor
A coñecida Ruta Quetzal fixo parada en Barbadás para achegarse á figura de Carmen Martín Gaite. Os 200 expedicionarios -mozos e mozas de 15 e 16 anos de toda España-, acompañados dos monitores e de Íñigo de la Quadra-Salcedo, quen mantén viva a Ruta creada polo seu pai, percorreron parte do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e coñeceron a pegada desta localidade na vida e obra da escritora.
A actividade estivo guiada polo docente e investigador David G. Couso, quen lles amosou algúns dos lugares máis especiais de San Lourenzo de Piñor. O goberno local deulle a benvida ao grupo no Campo de Roma, onde desfrutaron dun pequeno descanso antes de iniciar o paseo. “Encántannos a vosa enerxía e alegría, demostrádelle ao mundo que a xuventude é o futuro do noso país”, apuntou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Ruta Quetzal
Valcárcel puxo en valor a elección de Íñigo de facer parada en Barbadás -despois do paseo, o grupo ceou no parque dos Carrís e pernoctou no Polideportivo Municipal- e destacou a importancia de Carmen Martín Gaite na literatura universal. Pola súa parte, Íñigo puxo en valor a colaboración do Concello de Barbadás e entregoulle unha placa en sinal de agradecemento ao alcalde.
Máis de 350 familias conciliarán este verán grazas aos campamentos do Concello de Barbadás
Hoxe arrancou o campamento de inglés, do que se beneficia medio cento de familias do municipio
O Concello de Barbadás reforza a súa aposta pola conciliación das familias coa creación de máis de 350 prazas en campamentos para este verán. Hoxe, co inicio da temporada non lectiva, arrancou o campamento de inglés, unha proposta que beneficia a medio cento de familias do municipio. A actividade dos colexios finalizou o pasado venres, polo que moitos son os pais e nais que xa se atopan dificultades para conciliar. A Concellería de Educación impulsa o campamento de inglés durante esta primeira semana de vacacións co obxectivo de axudar á conciliación e favorecer o uso do inglés por parte da rapazada, que aprenderá a divertirse e xogar coa lingua estranxeira.
A partir do día 1 de xullo e ata finais de agosto, os campamentos ofertados pola concellería trasládanse tamén ás diferentes parroquias do municipio. “É importante conciliar no rural e que os cativos desfruten e descubran o seu entorno”, resalta Marga Pérez, edila de Educación.
Preto de 300 nenos e nenas participarán nos distintos programas organizados para esta campaña estival desde Educación.
Campamento multideporte
Á oferta educativa súmase o campamento multideporte da área de Mocidade. Este programa levarase a cabo do 4 ao 29 de agosto, e incluirá deportes, obradoiros, xogos e visitas á piscina, entre outras propostas. En total, 80 nenos e nenas participarán nas distintas quendas.
Fado, espectáculos circenses ou pop rock para amenizar as noitiñas dos xoves de verán en Barbadás
O Concello impulsa un ano máis o Verán Cultural, un referente de oferta artística na contorna que inclúe nove espectáculos nacionais e internacionais
O concerto da Banda de Música Infantil de Barbadás inicia a programación
“Somos un referente cultural na comarca de Ourense”, destacou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
O Concello de Barbadás impulsa un ano máis o Verán Cultural, a proposta cultural que cada noitiña de xoves leva ao parque dos Patos actuacións e espectáculos artísticos. “Somos un referente cultural na comarca de Ourense, polo que convidamos a toda a poboación, non só á de Barbadás, a desfrutar do Verán Cultural”, sinalou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación da programación.
Esta “cita obrigada”, en palabras de Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns, inclúe nove espectáculos de música, teatro, circo, títeres e clown. “A tarima xa está montada e a programación, lista”, apuntou Morenza, quen tamén animou á veciñanza a desfrutar da cultura nun entorno natural e refrescante.
O Verán Cultural conta coa participación de artistas locais, como é o caso da Banda de Música de Barbadás ou o grupo En Mala Hora, pero tamén de artistas nacionais, como a compañía circense Finestra Nou Circ, e internacionais, como Desastronauts ou a fadista Marlene Rodrigues, que inundará de nostalxia e sentimento o parque dos Patos. Inventi Teatro, Trécola Producións e o grupo musical Gin Toni’s completan a programación da cita estival en Barbadás.
A primeira cita, coa Banda de Música Infantil
O Verán Cultural arrancará a próxima semana da man da Banda de Música Infantil. Neste caso, a actuación será o mércores, á hora habitual (21,00 horas). “O mércores actúa a banda infantil e o xoves, a xuvenil”, explicou Marga Pérez, concelleira de Educación.
Pola súa parte, Ana Peleteiro, edila de Cultura, detallou a programación do verán, que inclúe oferta para todos os gustos: “Dirixímonos a público de todas as idades, sempre cun enfoque interdisciplinar”. Este ano, haberá circo, teatro, títeres e música en directo. “O que se pretende é que a veciñanza desfrute da cultura, porque en Barbadás a cultura non colle vacacións. Teremos circo contemporáneo, acrobacias, clown, noite de fados, música das décadas douradas do pop e rock español…”, apuntou Peleteiro.
Barbadás homenaxea a estreita relación de Carmen Martín Gaite con San Lourenzo de Piñor co III Paseo Literario
O percorrido, guiado polo profesor e investigador David G. Couso, realizarase este sábado a partir das 9,45 horas
Esta é a actividade central do Ano Carmen Martín Gaite, pero a programación estenderase ata o mes de decembro
“Boa parte da súa obra literaria ten chiscos das súas vivencias nesta parroquia de Barbadás”, destaca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
O Concello de Barbadás convida á participación no III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, unha actividade que permite coñecer lugares e espazos da localidade reflectidos nas novelas da escritora. A edición deste ano é, se cabe, máis especial, ao enmarcarse dentro do Ano Carmen Martín Gaite polo centenario do seu nacemento.
O percorrido, dirixido polo docente e investigador David G. Couso, levarase a cabo este sábado, día 21, a partir das 9,45 horas. O prazo de inscrición, que se pode realizar a través da web do Concello de Barbadás, permanecerá aberto ata este mércores.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, pon en valor a “estreitísima” relación da escritora – “unha das máximas expoñentes das letras hispánicas” – con San Lourenzo de Piñor, convertido en “Trimonte” nas súas novelas. “Boa parte da súa obra literaria ten chiscos das súas vivencias nesta parroquia”, recordou Valcárcel esta mañá, na presentación do paseo literario.
O acto tivo lugar na Fonte do Regueiro de Piñor, un espazo “senlleiro” da vinculación de Martín Gaite coa localidade. “Esta fonte foi promovida polo seu tío hai case un século, e é un dos escenarios do percorrido”, explicou Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns. O Concello levou a cabo recentemente unha intervención de mellora da fonte e do entorno. “Vaise instalar un banco coa silueta da cara da escritora e unha caseta cunha selección das súas obras literarias”, detallou Morenza. A tenente alcalde tamén avanzou que Piñor será o escenario dunha película sobre Carmen Martín Gaite, que comenzará a rodarse o próximo mes de setembro.
A concelleira de Cultura, Ana Peleteiro, animou á veciñanza a sumarse ao paseo literario, que culminará coa actuación da Banda Cultural Barbadás e cun convite de petiscos. Ademais, cada participante recibirá un agasallo, cortesía do Concello.
Pola súa parte, David G. Couso agradeceu ao goberno local de Barbadás “saber ver e valorar” a importancia de Piñor como lugar literario. “Transcendeu como lugar na literatura ao ser inmortalizado como Trimonte. Calquera persoa no mundo pode coñecelo a través dos libros de Martín Gaite”, destacou.
Ano Carmen Martín Gaite
A corporación municipal acordou declarar este 2025 como Ano Carmen Martín Gaite, coincidindo co centenario do seu nacemento. A actividade central da programación cultural é o paseo literario, pero a programación continuará ata o mes de decembro. Polo de agora, xa se levaron a cabo propostas culturais cos máis pequenos, como o obradoiro de collage realizado no Mes do Libro. “Aínda quedan moitas actividades máis, como a visita da Ruta Quetzal, que fará parada en Piñor. 200 mozos e mozas percorrerán Barbadás para coñecer o lugar onde Carmiña pasou os veráns da súa infancia”, comentou Ana Peleteiro.
Por outra banda, o Concello de Barbadás está a crear “importantes vencellos” con Salamanca, cidade onde a escritora pasou a súa xuventude. Na web de Barbadás pódese consultar o apartado “Piñor, lugar literario”, onde se recollen diversas informacións e actividades realizadas para homenaxear á escritora.
Barbadás oferta máis de 350 prazas para facilitar a conciliación das familias no próximo curso escolar
As actividades extraescolares inclúen idiomas, deportes, arte e creatividade
O programa Bos días cole arranca ás 7,30 horas e remata ao inicio da xornada escolar
Tamén se ofrece o servizo de Mudas Escolares de xeito totalmente gratuíto
A Concellería de Educación de Barbadás traballa xa na programación do curso escolar 2025/2026 coa mirada posta nas familias. Así, oferta máis de 350 prazas que facilitan a conciliación de pais e nais, tanto nas primeiras horas da mañá como polas tardes.
O goberno local impulsa unha variada proposta de actividades extraescolares nos centros educativos públicos (CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro), que inclúen idiomas, deporte, arte e creatividade. A selección está deseñada para fomentar o desenvolvemento físico, creativo e emocional dos menores. En cada colexio ofértanse 120 prazas. As actividades comezarán o 1 de outubro e rematarán o 28 de maio de 2026.
Por outra banda, para facilitar a entrada temperá aos colexios, o Concello ofrece o servizo Bos días cole, dispoñible desde as 7,30 horas ata o inicio da xornada escolar. Este programa conta cun total de 120 prazas entre os dous centros educativos.
As inscricións para as actividades extraescolares e para o servizo Bos días cole poderán realizarse desde o 16 de xuño ata o 6 de xullo. As solicitudes formalízanse a través do rexisto electrónico da web do Concello de Barbadás ou nas oficinas municipais.
A Concellería de Educación tamén oferta o servizo de Mudas Escolares de xeito totalmente gratuíto, para facilitar a conciliación no horario escolar e evitar que as familias se teñan que desprazar ata o centro escolar se é preciso cambiar de roupa aos menores.
Barbadás impulsa o III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”
A actividade estará guiada, como é habitual, polo experto David G. Couso, e levarase a cabo o 21 de xuño
Esta terceira cita é, se cabe, a máis especial, ao realizarse durante o Ano Carmen Martín Gaite
Ana Peleteiro, concelleira de Cultura, e a tenente alcalde, Victoria Morenza, reuníronse co director xeral de Cultura da Xunta para solicitar a colaboración do goberno autonómico na sinalización do Paseo Literario ou na colocación de esculturas en homenaxe á autora
O Concello de Barbadás impulsa o III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, que se levará a cabo o próximo sábado 21 de xuño a partir das 9,45 horas. Esta terceira cita é, se cabe, a máis especial, ao realizarse neste 2025, Ano Martín Gaite en Barbadás. Como é habitual, o paseo estará guiado polo estudioso David G. Couso, quen achegará aos participantes á vida e obra da escritora, intimamente vencellada a San Lourenzo de Piñor. “Esta localidade é a capital do universo vital e literario de Carmen Martín Gaite”, recorda Ana Peleteiro, concelleira de Cultura.
O prazo de inscrición para sumarse á actividade permanecerá aberto ata o 18 de xuño. A solicitude realízase a través do enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc4PpM7Z2RN_NSvBN9nUC9rrDMH9jQddiBkWWT5OvwnW8LezQ/viewform. Neste terceiro paseo, os participantes recibirán un agasallo do Concello de Barbadás. Ademais, a cita contará coa participación da Banda Cultural Barbadás. Como nas anteriores edicións, o punto de inicio da ruta será o centro social San Lourenzo de Piñor.
Os servizos municipais de limpeza encárganse estes días de poñer a punto as zonas máis emblemáticas de San Lourenzo de Piñor, onde o grupo fará paradas para coñecer a influencia desta localidade na vida e obra da autora.
Petición á Xunta
A tenente alcalde, Victoria Morenza, e a concelleira de Cultura, Ana Peleteiro, mantiveron recentemente unha reunión co director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, para darlle a coñecer o intenso traballo de recuperación e divulgación da relación de Carmen Martín Gaite con Barbadás. “Levamos distintas documentacións do Plan Director que temos para documentar e xustificar a nosa proposta dunha posible colaboración da Consellería de Cultura co centenario da autora”, explica Peleteiro.
Nese sentido, as concelleiras amosáronlle o traballo realizado nos dous últimos anos, desde os paseos literarios ás actividades organizadas para poñer en valor as novelas da autora nas que o universo literario é Piñor. Por outra banda, regaláronlle un exemplar do libro de David González Couso, así como unha axenda deste ano Carmen Martín Gaite.
En relación á posible colaboración coa Xunta, as edilas plantexáronlle a posibilidade de colocar esculturas da autora, así como a sinalización do paseo literario para que se poida facer durante todo o ano, exposicións fotográficas ou contactar con institucións como a UNED ou a Universidad de Salamanca. Anxo Lorenzo asumiu o compromiso de sumarse ás iniciativas plantexadas, aínda que todavía non concretou a colaboración.
Por outra banda, Peleteiro e Morenza tamén se reuniron con César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación, para valorar posibles vías de cooperación coa institución provincial.
Barbadás, pioneiro en nova arquitectura pedagóxica coa inauguración das aulas abertas á natureza no CEIP O Ruxidoiro
Máis de 340 nenos participaron esta mañá na inauguración do espazo verde, que conta con gradas, escenario de area e especies arbóreas
“Este proxecto permite concienciar á mocidade na sostibilidade do noso planeta, e supón unha nova forma de achegarse ao coñecemento, cunha didáctica diferente”, resaltou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás
O CEIP O Ruxidoiro de Barbadás dá un paso máis no seu innovador programa pedagóxico coa inauguración das aulas abertas á natureza, un novo espazo de aprendizaxe e lecer. Esta mañá, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a comunidade educativa e o goberno local estrearon o proxecto, no que o Concello, a través da Concellería de Parques e Xardíns, invertiu preto de 40.000 euros.
“É unha ledicia poder traballar para concienciar á mocidade na sostibilidade do noso planeta, é algo que veremos a futuro. Queremos traballar todos para ter un planeta no que poidades desfrutar en harmonía, en paz, con natureza viva”, sinalou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, mirando aos máis de 340 alumnos que acudiron á inauguración. O rexidor aproveitou a ocasión para poñer en valor o proxecto educativo do colexio, onde se levan a cabo actividades como Ruxihorto, Ruxilecer, Ruxinatura ou Ruxisaber. “Este espazo supón unha nova forma de achegarse ao coñecemento, cunha didáctica e unha visión diferentes e moito máis positivas”, apuntou.
A directora do Ruxidoiro, Elena Gayo, agradeceu a colaboración institucional na creación da aula aberta á natureza: “Este proxecto que hoxe se materializa é unha testemuña viva do que se pode acadar cando traballamos xuntos cunha visión compartida”. A intervención, realizada nos últimos meses, permitiu converter un espazo residual nun lugar cheo de vida, do que desfrutarán tanto alumnado e docentes do Ruxidoiro como do Filomena Dato. Ademais, poderá acoller actividades impulsadas polo Concello de Barbadás.
Gayo tamén incidiu en que as novas aulas son un reflexo “da nosa aposta decidida” polo plan da nova arquitectura pedagóxica, que convida a repensar as contornas de aprendizaxe e a facelas máis flexibles, inspiradoras e conectadas “co mundo que nos rodea”.
O espazo conta cunha bancada corrida de madeira, asentada sobre a topografía natural, en alusión aos teatros gregos. A bancada está orientada a un espazo ovalado de area. A actuación completouse cunha estacada de travesas que configura unha sorte de cabana para usos varios, bancos, plantacións vexetais (con especies perennes e caducifolias) e sistema de rego.
O alumnado de Barbadás coñece de cerca o traballo das forzas e corpos de Seguridade e Emerxencias
“Esta xornada ten como obxectivo fomentar o coñecemento, respecto e confianza cara os medios de Emerxencia e Seguridade entre os nenos e nenas”, explica Elisabet González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade e organizadora do evento
Na cita participaron axentes da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local Barbadás, Bombeiros San Cibrao, Bombeiros Ourense, Protección Civil Barbadás, Protección Civil Ourense, Medio Rural, Axega 112, Patrimonio Natural e Axencia de Doazón de Sangue
O Campo dos Carrís e a Calzada Romana acolleron esta mañá a III Exhibición de medios de Seguridade e Emerxencias, unha xornada adicada a divulgar e dar a coñecer o traballo dos axentes entre as novas xeracións. Centenares de alumnos e alumnas dos CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro, CPR Luis Vives, Escola Infantil Municipal e Centro Ocupacional As Burgas divertíronse achegándose ao día a día dos servizos participantes.
“Esta actividade ten como obxectivo fomentar o coñecemento, respecto e confianza cara os servicios de Emerxencia e Seguridade entre os nenos e nenas, ademais de promover valores como a solidaridade ou a prevención”, explica Elisabet González, concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade e organizadora do evento. A III Exhibición contou coa participación da Guarda Civil, Policía Nacional, Policía Local de Barbadás, Bombeiros San Cibrao, Protección Civil Barbadás, Protección Civil Ourense, Medio Rural, Axega 112, Patrimonio Natural e Axencia de Doazón de Sangue. Ademais, Desguaces Sandiás colaborou coa doazón dun vehículo e DJ Tibu encargouse de explicar o traballo dos diversos servizos.
A Garda Civil acudiu con diversas unidades: Seguridade Cidadá, Seprona, Tráfico, Geas, Equipo de Montaña, Equipo Tebyl, Tedax, Equipo Cinolóxico e incluso, un helicóptero. O Capitán Pulido, da compañía da Garda Civil en Ourense, deu conta da importancia de achegarse ao alumnado: “É un día pensado para que nos coñezan e vexan o traballo que realizamos, pódense montar nos coches, nas motos, os compañeiros explícanlle os medios que temos… O que máis triunfa é o helicóptero e a zodiac do Geas, porque nunca teñen oportunidade de velos tan cerca”. A participación da Garda Civil enmárcase dentro do seu Plan Director Para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e Contornas.
Exhibición dos cans e do robot da Guardia Civil e excarcelación
A xornada comezou no Campo dos Carrís, onde o alumnado desfrutou da demostración dos cans antidroga da Guarda Civil. A continuación, o equipo Tedax (que participa por primeira vez nesta exhibición) realizou unha operación de desactivación de explosivos co seu robot. Para finalizar, os Bombeiros de San Cibrao, en colaboración con Protección Civil e Axega, realizaron unha excarcelación dun home atrapado nun coche. O vehículo foi doado por Desguaces Sandiás.
Despois das exhibicións, o alumnado achegouse á Calzada Romana para achegarse aos vehículos e postos dos diversos servizos participantes, onde os propios axentes lles explicaron o seu traballo.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
03/06/2025
A Feira do 2 congrega preto de 40 postos de alimentación, roupa e accesorios na súa terceira edición
A boa resposta da poboación e dos comerciantes confirma a aposta da Concellería de Cultura por revivir o tradicional mercado da Valenzá
O Concello xa recibiu cinco propostas de novos postos para o mes de xullo
“É unha actividade que dinamiza moito Barbadás porque se achegan persoas dos municipios limítrofes”, destaca Marga Pérez, concelleira de Comercio
A Feira do 2 celebrou este luns unha exitosa terceira edición, despois da aposta da Concellería de Comercio por revivir o tradicional mercado. A cita, que arrincou cunha decena de postos no mes de abril, congregou esta mañá preto de 40 comerciantes participantes. A oferta, cada vez máis variada, inclúe roupa, accesorios, calzado, alimentación ou plantío, ademais do habitual posto de pulpo e churrasco.
A concelleira de Comercio, Marga Pérez, amosa a súa satisfacción ante a boa resposta da veciñanza e dos feirantes. “Estamos moi contentos pola acollida da Feira: o número de postos medra e vai seguir facéndoo”, adianta. De feito, o Concello xa recibiu cinco propostas de novos postos que queren participar na cita do mes de xullo.
Pérez anima á poboación a participar, tanto de Barbadás como dos concellos limítrofes, e recorda a oferta gastronómica. “A xente pode comer aquí se quere, pero se prefire xantar na casa, pode coller comida para levar nos postos”, sinala.
A Feira do 2 non só dinamiza o tecido comercial do municipio, senón que tamén atrae poboación de localidades cercanas. “Esa xente despois tamén dá un paseo, toma algo, compra…”, apunta a edila.
Barbadás aproba unha ordenanza para cubrir o custo das emerxencias atendidas por Protección Civil
A agrupación presta servizos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, construción e derrubas, salvamentos, atención en accidentes viais e tarefas de protección de persoas e bens, ademais de elaborar atestados e informes derivados das intervencións
Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns, deu conta da reforma da práctica totalidade de parques do concello, en resposta a unha moción presentada polo PP
O pleno do Concello de Barbadás aprobou unha ordenanza reguladora de taxas pola prestación de servizos en emerxencias, unha tarefa que asume Protección Civil ao non contar cunha dotación de bombeiros no municipio. A agrupación leva a cabo traballos de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, construcción e derrubas, salvamentos, atención a accidentes viais e protección de persoas e bens, ademais da elaboración de atestados e informes derivados das intervencións.
Ata 2015, Protección Civil cobraba ás aseguradoras os seus servizos, pero o sistema cambiou cando o Concello asumiu os gastos. O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, puxo sobre a mesa a importancia de cubrir o custo exacto destas intervencións, e puxo en valor o traballo levado a cabo pola agrupación de Barbadás. Nese sentido, insistiu en que o servizo de Protección Civil seguirá sendo gratuíto para a cidadanía. A ordenanza foi aprobada cos votos a favor de PSdeG, DO, Partido Galego e PP, e cos votos en contra do BNG.
Inversións en parques
Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns, deu conta no pleno das sucesivas melloras levadas a cabo nos parques do municipio, en resposta a unha moción presentada polo Partido Popular. Dos 34 espazos infantís, a práctica totalidade foi obxecto de reforma nos últimos anos, como é o caso do parque da Solaina, Casa da Cultura, Amieiros, Campo de Roma, Barreiro, Area Gorda ou Lameira de Mato. Morenza anunciou tamén que en atención ás peticións veciñais, instalaranse velas no Campo de roma e no parque situado a carón da Casa Consistorial.
Sobre a instalación de elementos inclusivos, solicitada polo PP na moción, a tenente alcalde destacou que “foi o actual goberno” o que introduciu este tipo de elementos. “Este gobierno investiu ano tras ano contías considerables na reforma de parques”, asegurou.
En canto á pista multideporte, Morenza avanzou que a Concellería de Deportes xa está tramitando o peche perimetral do espazo, e lembrou ao PP que hai “múltiples vías” para trasmitir incidencias ao Concello. “Proximamente tamén reformaremos o parque Lucinda, tanto a zona deportiva como o parque infantil e o espazo de lecer”.
“Non é posible converter un local social nun centro de maiores”
A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González, instou ao BNG a presentar mocións “cos pés na terra”, en relación á solicitude dos nacionalistas de converter un local social nun centro de maiores. “Temos que dicir con total claridade que iso non é posible nin legalmente nin tecnicamente”, apuntou a edila. González asegurou que o goberno local comparte “o fondo da proposta” presentada pola oposición, así como o interese en que “os nosos maiores” reciban os coidados precisos e axeitados. Porén, insistiu en que un local social non é un espazo apropiado para a atención das persoas maiores nin para que o persoal cualificado realice o seu traballo. A moción foi desestimada cos votos en contra do PSdeG, DO e Partido Galego, a abstención do PP e os votos a favor do BNG.
Por outra banda, o PP presentou unha moción sobre a regulación dos vaos fixos e a mellora da sinalización nas rúas e estradas municipais. Victoria Morenza, tenente de alcalde, explicou que xa se está levando a cabo o traballo de campo para a revisión dos vaos. “A prioridade é a modificación da ordenanza”, recalcou. Morenza tamén sinalou que é un servizo delegado na Deputación, polo que cando se realice a actualización dos vaos, comunicarase ao servizo de recadación do órgano provincial. Respecto á petición de elaborar un estudo técnico de sinalización en todo o concello, a tenente alcalde apuntou o elevado custo económico deste tipo de estudos e anunciou que se abordarán melloras en lugares onde haxa esa necesidade. Ademais, anticipou que nas vindeiras semanas levarase a cabo unha intensificación da iluminación directamente sobre os pasos de peóns en cinco puntos da avenida de Celanova, na Valenzá. A moción foi aprobada por unanimidade.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
02/06/2025
Barbadás aposta pola concienciación ás novas xeracións para avanzar na loita contra a violencia de xénero
O salón de plenos acolleu a mesa local de coordinación institucional fronte á violencia de xénero
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, amosou a súa preocupación pola forza dos discursos negacionistas da violencia machista nas redes
A mesa local de coordinación fronte á violencia de xénero, integrada por representantes da corporación municipal e por actores do ámbito xudicial, policial, sanitario, educativo e social, reuniuse no salón de plenos do Concello de Barbadás. Este encontro, de tipo semestral, permite poñer en común a realidade da contorna, así como analizar o traballo feito e afondar nos retos pendentes. A concelleira de Igualdade, Elisabet González, recalcou o papel “clave” da mesa na loita conxunta contra a violencia machista e na elaboración de respostas “máis humanas” para as mulleres que a sofren. Tamén agradeceu o esforzo de todas as institucións implicadas, desde a Policía Local de Barbadás ata o equipo directivo dos centros educativos.
Pola súa parte, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, manifestou a súa preocupación polo avance dos discursos negacionistas da violencia de xénero, que gañan cada día máis espazo nas redes sociais, tan consumidas polas novas xeracións. “Temos que loitar en certos ámbitos xuvenís nos que ese discurso está ocupando espazos políticos que non podemos deixar escapar. Os que loitamos a prol da muller temos que lograr ocupar esos espazos de novo”, sinalou o rexidor.
Así, a mesa abordou a necesidade de que a administración autonómica implemente formacións específicas dirixidas ao profesorado, xa que a educación baséase en “valores”, en palabras de Valcárcel. As representantes do ámbito educativo puxeron enriba da mesa a importancia de que os valores continúen na familia, e amosaron a súa preocupación por non chegar aos pais e nais “como quereríamos”.
Nesa liña, os integrantes da mesa tamén apuntaron o incremento da violencia sexual entre os menores, un fenómeno moi ligado ao consumo “excesivo” de pornografía desde idades temperás.
Por outra banda, os diferentes actores fixeron unha radiografía da situación de Barbadás en canto ao número de mulleres que actualmente contan con medidas policiais para protexelas dos seus agresores. Tamén se reflexionou sobre a situación da provincia ourensá, xa que no último mes un home asasinou á súa muller no Bolo, outro home disparou á súa exparella en Verín, e outro home apuñalou á súa muller no Barco de Valdeorras.
O Concello licita por casi 700 mil euros a limpeza durante 2 anos dos edificios municipais e os colexios
O Concello de Barbadás saca a licitación a prestación do servizo de limpeza das instalacións municipais, que actualmente se atopa en precario. O contrato, valorado en 676.515,84 euros, inclúe o aseo de máis de máis dunha vintena de edificios públicos.
Victoria Morenza, tenente alcalde, resalta a mellora do servizo nesta licitación. “Auméntase a limpeza en centros de traballo como a nave de obras ou as gradas de fútbol”, detalla. Nesa liña, apunta o incremento da calidade do servizo e os beneficios para empleados municipales e cidadanía.
Entre outros, a empresa adxudicataria fariase cargo da limpeza de instalacións como a Casa Consistorial, o Museo da Gaita, o polideportivo, os locais de asociacións veciñais, os colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro, a Casa da Mocidade, os tanatorios, a Casa da Cultura, o CET ou a xefatura da Policía Local.
A licitación terá unha duración de dous anos, e comezará ao día seguinte de formalizarse o contrato. Trátase dunha prestación de servizos de carácter periodico e continuado durante eses dous anos.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
27/05/2025
Súmate ao III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”
A actividade levarase a cabo o 21 de xuño, a partir das 9,45 horas
O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de xuño
A Concellería de Cultura de Barbadás organiza o III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, unha cita que gaña máis adeptos en cada edición. Neste 2025, Ano Carmen Martín Gaite, o evento é, se cabe, máis especial.
Como é habitual, a ruta estará guiada por David G. Couso, quen achegará aos participantes á vida e obra da autora. Nesta ocasión, contaremos coa actuación da Banda Cultural Barbadás, e cada persoa inscrita recibirá un agasallo do Concello.
O punto de encontro é o centro social San Lourenzo de Piñor, ás 9,45 horas do próximo 21 de xuño.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
27/05/2025
Barbadás aposta polo comercio local con música, sorteos e descontos na Noite Moucha
“Utilizar o comercio de proximidade axuda a darlle vida ao noso concello”, explica Marga Pérez, concelleira de Comercio
Os 13 establecementos participantes estarán abertos este venres ata as 23,00 horas e ofrecerán ofertas e sorpresas á clientela
O Concello de Barbadás festexa este venres a Noite Moucha, un evento que permite poñer en valor o papel do comercio local no tecido económico e social do municipio. Os 13 establecementos participantes permanecerán abertos ata as 23,00 horas, e ofrecerán descontos especiais, mesas doces, actividades e sorpresas para a poboación. “Tamén haberá animación nas rúas, como actuacións de baile, zancudos ou pintacaras”, explicou Marga Pérez, concelleira de Cultura, na presentación da cita.
Cada negocio contará cunha decoración específica, elaborada polo Concello para facilitar a identificación dos locais participantes. “Como novidade, este ano haberá sorteos de 13 bonos de 40 euros cada un para reinvertir no comercio local de Barbadás”, detallou a edila.
Gloria Martín, presidenta do Centro Comercial Aberto (CCA) A Valenzá, animou á poboación a sumarse ao evento para coñecer “todo o que temos que ofrecerlles”. Por outra banda, Martín convidou aos comerciantes a sumarse á iniciativa: “Queremos que cada ano se animen máis establecemtnos a participar”.
Nesa liña, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia do asociacionismo. “Hoxe en día, a formación e o asociacionismo son moi importantes no ámbito do comercio, sen iso é moi difícil traballar e ser competitivos”, asegurou. Marga Pérez tamén insistiu no papel dos establecementos: “Utilizar o noso comercio axuda a darlle vida ao concello”.
O Concello de Barbadás realiza diversas campañas de apoio ao comercio, como o concurso de escaparates do Nadal ou o Barbadás a bocados, que permite visibilizar a calidade dos negocios do municipio. “Tamén reforzamos o traballo das pemes coas formacións do Centro Empresarial Transfronterizo (CET), cos programas de emprendemento de Adercou ou coas campañas que facemos, que intentamos acompasar ás que fai a Xunta”, apuntou.
A ampliación do programa de festas con dous concertos o venres motiva un cambio de ubicación
Mudan do Parque da Liberdade á rúa 17 de Maio ante a necesidade de maior aforo e por recomendación de Protección Civil para garantir a seguridade
O Concello de Barbadás, por recomendación de Protección Civil, tomou a decision de cambiar a ubicación dos concertos da noite do venres 6 de xuño das Festas da Valenzá 2025 para garantir a seguridade do público asistente. A comisión de festas informou nestes días ao goberno local sobre a ampliación da programación inicial, coa incorporación dunha orquestra, ademais da discomóbil, polo que se revisou a viabilidade da ubicación prevista nun primeiro momento, que era o parque da Liberdade.
Despois de analizar o espazo dispoñible e o aforo esperado, Protección Civil recomendoulle ao Concello mudar o lugar dos concertos para cumprir a normativa vixente e garantir en todo momento a seguridade dos asistentes e a accesibilidade dos servizos de emerxencias. Así, a actuación da orquestra e da discomóbil terá lugar finalmente na rúa 17 de Maio, por ser o espazo máis a acaído e o único que garantiza o cumplimento de todos os requisitos de seguridade.
A celebración das festas levarase a cabo os días 6, 7, 8 e 11 de xuño, segundo anunciou a comisión, encargada da organización da celebración. O resto da programación manterá a ubicación inicial, aprobada polo Concello por cumprir a normativa de seguridade. Por agora, a comisión avanzou a participación das agrupacións orquestra New York e Discomovil Apocalipsis. Nas próximas semanas, o equipo organizador irá dando a coñecer o resto das actividades e concertos dos que desfrutará a veciñanza.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
23/05/2025
O alumnado do Obradoiro de Emprego adecenta o lavadoiro das Lameiras
Trátase dun espazo senlleiro de Sobrado do Bispo que precisaba dunha limpeza en profundidade
O alumnado do Obradoiro de Emprego realiza estes días tarefas de limpeza no lavadoiro das Lameiras, un espazo senlleiro da localidade de Sobrado do Bispo. A actuación consiste no vaciado do vaso, eliminación da vexetación, limpeza das pedras e mellora dos accesos.
A intervención permitirá que a veciñanza poida desfrutar de novo deste espazo, sobre todo coa chegada das altas temperaturas do verán.
O Obradoiro de Emprego tamén está levando a cabo a rehabilitación do lavadoiro de Costa Mollada. O obxectivo é convertelo nun lugar de lecer que ten a auga como elemento principal para potenciar a súa estética.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
22/05/2025
Barbadás enxalza a tradición lírica galega coa celebración da IV Foliada
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, pon en valor o papel das cantareiras e pandereteiras na creación e transmisión de arte e beleza
“Este ano hai novidades, e contamos coa colaboración da Asociación Cultural Moureán, que xurdiu este mismo ano entre mozos e mozas de Barbadás”, sinala Ana Peleteiro, concelleira de Cultura
Rodrigo Míguez, tesoureiro de Moureán, anima a toda a poboación a achegarse ao parque dos Carrís este sábado
A celebración das Letras Galegas continúa en Barbadás, que este sábado festexa a IV Foliada. Nesta ocasión, a Concellería de Cultura conta coa colaboración da Asociación Cultural Moureán, unha entidade recentemente impulsada por mozos e mozas do municipio vencellados á música tradicional galega.
O parque dos Carrís acollerá a celebración, que arrancará ao mediodía para rematar pola noitiña. “Este ano temos novidades que esperamos que sexan do agrado de todo o mundo”, anunciou esta mañá Ana Peleteiro, concelleira de Cultura, na presentación do evento. Nesa liña, apuntou a recuperación do tradicional desfile matutino polas rúas da Valenzá (amenizado por Nova Fronteira e a Banda de Música Cultural de Barbadás) con posterior sesión vermú nos Carrís. “Nesta ocasión teremos unha degustación de porco ao espeto en lugar do xantar popular habitual, polo que non é preciso coller antes os tickets, senón que se poden comprar no momento”, detallou.
Despois da comida, haberá un obradoiro de danza con Dantzari, e a partir das 17,30 horas, actuacións das agrupacións participantes. “En Barbadás temos o privilexio de contar con distintas agrupacións culturais que promoven a nosa tradición e a unión entre a veciñanza, e son elas as que van estar o sábado enriba do escenario”, comentou.
O prato forte da xornada é o concerto do grupo Fiandola, seguido dunha foliada aberta. Rodrigo Míguez, tesoureiro de Moureán, animou á poboación a sumarse a celebración e a desfrutar dun día de música, tradición e diversión. “Ademais, teremos xogos populares durante toda a xornada, así como sorteos de máis de 20 premios”, indicou.
A IV Foliada tamén contará co Punto Violeta da Concellería de Igualdade, de 20,00 a 23,00 horas.
Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, puxo en valor o papel das cantareiras e pandereteiras, homenaxeadas nas Letras Galegas 2025. “Foron e son mulleres creadoras e transmisoras de arte e de beleza”, recalcou. Nese sentido, referiuse ás cantareiras e pandereteiras de hoxe en día, que continúan a recuperar, compartir e manter “a nosa tradición musical” entre as novas xeracións.
O parque dos Carrís acolle este sábado a IV Foliada de Barbadás
Haberá concertos de grupos tradicionais, xogos, obradoiros e degustación de porco ao espeto
A Concellería de Cultura organiza, en colaboración coa Asociación Moureán, a IV Foliada de Barbadás, que terá lugar no parque dos Carrís este sábado, día 24 de maio.
A celebración arrancará ás 12,00 horas, cun desfile polas principais vías da Valenzá das agrupacións do municipio Nova Fronteira e Banda de Música Cultural de Barbadás.
A partir das 13,00 horas haberá sesión vermú amenizada polas bandas tradicionais, ata ás 14,30 horas, que arranca o xantar popular con degustación de porco ao espeto. Non é necesario retirar tickets previamente para a comida, xa que haberá un posto da organización no que se poderán adquirir no momento.
Despois do xantar, ás 16,15 horas, comeza o obradoiro de danzas do mundo con Dantzari, e a partir das 17,30 horas haberá concertos dos grupos tradicionais Velai Vai, Cantares da Cunha, Escola Tradicional Nova Fronteira, Picafoles, Vagalumes e Pandereteiras de Seixalbo.
O prato forte será ás 21,00 horas, co concerto de Fiandola, seguido dunha foliada aberta a todo o público.
*Haberá xogos populares e sorteos durante toda a tarde
Barbadás avanza na creación dun Polígono Industrial sumando dous informes favorables á súa viabilidade
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o concelleiro de Promoción Económica, José Manuel Morgade, reuníronse con Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial Atlántico (SEA)
Os dous informes realizados sobre a viabilidade urbanística, técnica e económica da construción do parque son favorables
O Concello de Barbadás avanza un paso máis para facer realidade a construción dun polígono industrial no concello, un dos proxectos estratéxicos prioritarios para o goberno local. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e o concelleiro de Promoción Económica, José Manuel Morgade, reuníronse con Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial Atlántico (SEA), para valorar os dous informes realizados sobre a viabilidade do polígono. “Ambos informes arroxan resultados esperanzadores, sobre todo porque permitirían dotar de chan industrial a unha zona moi próspera que o precisa”, recalcou Sestayo.
Os dous estudos analizan pormenorizadamente a viabilidade urbanística, técnica e económica do proxecto, e ambos son favorables, o que supón un importante paso na consecución deste obxectivo estratéxico. Cabe destacar a excelente ubicación de Barbadás, tan preto da cidade, así como as boas conexións coas vías de alta capacidade.
Xosé Carlos Valcárcel destaca a relevancia do favorable resultado de ambos informes, e incide no interese do goberno local por facer realidade ese espazo: “Seguimos traballando para implantar no noso territorio un área industrial que dinamice aínda máis o cuarto concello da provincia”. Nesa liña, recorda os obxectivos do futuro polígono: “Crear emprego, a pesares de ser xa un dos municipios ourensáns con menos desemprego, e diversificar as actividades industriais e empresariais de Barbadás”.
O próximo paso é a elaboración dun proxecto estruturante e outro de urbanización, dos que se encargará o Concello, para analizar custes e fixar o precio da inversión, da que sería SEA o inversor maioritario. Na reunión tamén se valorou a importancia de achegarse ao empresariado do municipio para coñecer as súas necesidades e inquedanzas.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
19/05/2025
A Castro Trail de Barbadás chega á súa décima edición con 400 corredores
A carreira é este ano Campionato Xunta de Galicia por equipos da Federación Galega de Atletismo, tanto na proba raíña (28 kilómetros) como na pequena (9 kilómetros)
David Losada, o organizador, anima á poboación a participar para gozar dunha xornada de deporte e natureza nas “paisaxes máxicas” de Barbadás
O Concello de Barbadás impulsa a décima edición da Castro Trail, unha das citas galegas máis esperadas desta disciplina deportiva. A proba levarase a cabo este domingo, día 25. Este ano, a carreira é Campionato Xunta de Galicia por equipos da Federación Galega de Atletismo, un novo aliciente para os participantes. “Temos a previsión de contar con preto de 400 inscritos”, explica David Losada, o organizador da proba. A concelleira de Deportes, Noemí Pintos, destaca o importante papel desta carreira no deporte galego, así como na posta en valor do concello.
A Castro Trail conta con tres categorías: percorrido longo (28 kilómetros), medio (14 kilómetros), e pequeno (9 kilómetros). “A proba raíña, a máis longa, está no campionato, e tamén a pequena, que é campionato promoción para as categorías inferiores”, detalla Losada. Ademais, a cita deportiva tamén inclúe unha andaina de 14 kilómetros.
Os horarios varían, según a proba: o trial longo arranca ás 09,00 horas; o medio ás 10,00 horas; o curto ás 09,45 horas, e a andaina ás 10,00 horas.
Paisaxe única
A proba percorre paisaxes únicas de Barbadás como as carballeiras de Santa Uxía e San Benito, sendeiros tradicionais ou miradoiros. “Hai vistas impresionantes á cidade de Ourense, a Barbadás e á provincia en xeral. Son lugares máxicos que non se coñecen”, asegura.
Na Castro Trail participan os mellores corredores e corredoras de Galicia, tanto en equipos como individual, pero tamén poboación que quere gozar dunha xornada de deporte e natureza: “Animamos a todo o mundo a participar e aproveitar esta oportunidade de coñecer Barbadás”. Despois da proba, haberá petiscos, froita, bebidas e xeados, ademais de ambientación musical.
David Losada pon en valor a colaboración das institucións e empresas implicadas, así como do Concello de Barbadás e de Protección Civil e Policía Local de Barbadás.
O Museo da Gaita de Fole percorre os centros educativos para festexar as Letras Galegas
O músico e artesán Pablo Martínez visitou esta semana o CEIP Filomena Dato e o CEIP As Mercedes para achegar os instrumentos tradicionais aos máis pequenos
A actividade está enmarcada na celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano ás cantareiras
O Museo da Gaita de Fole de Barbadás, referente internacional no ámbito da música tradicional, súmase á celebración das Letras Galegas achegándose aos centros educativos e dando a coñecer a nosa cultura oral entre as novas xeracións. Esta semana, o músico e artesá Pablo Martínez visitou o CEIP Filomena Dato (Barbadás) e o CEIP As Mercedes (Ourense) co obxectivo de amosar a riqueza da música e tradición popular galega.
As visitas, que se estenderán durante todo o mes de maio por distintos colexios da provincia, inclúen unha actividade didáctica na que o alumnado coñece os instrumentos galegos (desde a gaita, símbolo identitario do noso patrimonio musical, ata o bote de pementón, a tixola, as cunchas, a táboa de lavar ou a botella de anís).
Os participantes poden así descubrir e experimentar cos instrumentos cotiás que foron empregados historicamente como percusión popular. Estes obxectos foron ferramentas musicais nas mans das cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas, o que amosa o vínculo entre a vida e a cultura do pobo galego.
O alumnado do Filomena Dato e das Mercedes participou activamente nesta proposta, aprendendo ritmos, tocando os utensilios e cantando pezas tradicionais nun ambiente lúdico e educativo. A actividade foi especialmente valorada polo seu enfoque inclusivo, interxeracional e pola posta en valor da muller como transmisora da nosa tradición oral e musical.
Desde o Museo da Gaita, o equipo destaca a importancia de continuar con este tipo de accións divulgativas. “Achegar o noso patrimonio cultural ás aulas é fundamental para garantir a súa continuidade e fomentar o orgullo pola nosa identidade”, sinalan os responsables da iniciativa.
Programación Letras Galegas
A programación de actividades co gallo das Letras Galegas continúa en Barbadás cos Cantos de taberna (este venres, a partir das 18,00 horas en diversos establecementos hostaleiros da Valenzá) e coas Contadas no parque (esta tarde é a segunda cita, neste caso guiada pola actriz Sabela Gago de Sarabela Teatro).
O sábado, Día das Letras Galegas, levarase a cabo unha especial homenaxe ás cantareiras e á poesía popular con concertos e exposición fotográfica no parque da Solaina. O día 24 festexarase a IV Foliada no parque dos Carrís, na que participarán diversos grupos de música tradicional, como Fiandola, Vagalumes, Velai Vai, Pandereteiras de Seixalbo, Picafoles ou Cantares da Cunha. Ademais, haberá xantar popular.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
14/05/2025
A Cavernícola Race congrega este sábado a máis de 450 deportistas en Barbadás
A carreira forma parte desde este ano da Liga de Organizadores de Carreras de Obstáculos (AOCO), polo que pasa a ser competitiva e puntuable
“Aumentamos o percorrido e hai novos desafíos como a proba de pistolas láser ou o asador de polos”, explica Diego López, coordinador da carreira
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destaca o papel da Cavernícola na posta en valor e visibilidade do concello en toda España
O Concello de Barbadás organiza este sábado, a través da Concellería de Deportes, a VI edición da Cavernícola Race, unha proba que xa conta cun oco propio no calendario de carreiras de obstáculos (OCR) a nivel nacional. De feito, desde este ano a Cavernícola xa forma parte da Liga de Organizadores de Carreras de Obstáculos (AOCO), que inclúe eventos deste tipo en toda España.
Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca o importante valor desta proba deportiva, que o sábado congregará a máis de 450 deportistas no municipio. “Son 8 kilómetros de percorrido intenso, fermoso, o que supón unha vista xeral sobre o noso concello, con naturaleza, zona urbana… É unha carreira sumamente interesante que tamén serve para visibilizar o noso concello con participantes de todo o país”, sinalou esta mañá durante a presentación da cita.
Nesta sexta edición, a Cavernícola colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense. “Apórtanse dous euros por cada participante, o que supón case mil euros da recadación das inscricións”, apuntou Valcárcel.
Novidades
Diego López, coordinador da proba, avanza algunhas das novidades que se van atopar este ano os corredores, tales como unha proba de pistolas láser ou o asador de polos, “que pensamos que vai gustar moito”. López recorda que formar parte de AOCO permite que a Cavernícola sexa competitiva e puntuable, ademais de atraer a numerosos deportistas de fóra de Galicia. “Tamén teremos a unha das voces máis populares das OCR, Tribbi speaker, que animará a todos os corredores e ao público”, engade.
Pola súa parte, Miguel Soto, encargado do percorrido e dos obstáculos, invita a desfrutar a todos os participantes dos novos “combos” colocados durante os 8 kilómetros de carreira.
Colaboradores
A concelleira de Deportes, Noemí Pintos, agradeceu na rolda de prensa a implicación do persoal do Polideportivo Municipal, que estes días traballa arreo para ultimar os detalles da proba, así como da Policía Local de Barbadás e de Protección Civil. “Tamén, temos que dar as grazas á Deputación pola súa colaboración, así como ás empresas que nos axudan: Cuevas, Micocadas, Panadería Vistahermosa, Galfor, Maquinor, Patatas Xinzo, Jofesa, Enervit, Panadería Maceda, Cervecería Laza, Deportes Moncho e Forno”, destacou.
Barbadás avanza coa Xunta nas fórmulas para modernizar e actualizar o plan de urbanismo
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente alcalde, Victoria Morenza; unha técnico municipal, e o concelleiro Daniel Rey, mantiveron unha reunión en San Caetano coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas
A solución acordada entre ambas partes é a de abordar os cambios precisos na planificación urbanística a través de modificacións puntuais
O Concello de Barbadás avanza un paso máis no obxectivo de actualizar e modernizar o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado no ano 2002, baixo o goberno do Partido Popular. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente alcalde, Victoria Morenza; unha técnico municipal, e o concelleiro Daniel Rey, mantiveron unha reunión en San Caetano coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas.
No encontro, trasladaron a necesidade de modificar o PXOM para adaptalo ás necesidades actuais da poboación e á realidade do municipio. Encarnación Rivas, pola súa parte, destacou que o PXOM, pese a ser do 2002, está dentro do marco da lexislación urbanística galega (LouGa), polo que aconsellou ao goberno local a levar a cabo modificacións puntuais de cuestións ás que o plan non dá solucións. Cabe destacar que o Concello de Barbadás terá que asumir integramente o custo dos cambios na normativa.
A directora xeral tamén sinalou a falta da cartografía requirida pola Xunta nos PXOM. En resposta, o alcalde solicitou a colaboración da Administración autonómica (este tipo de tecnoloxía ten un elevado custo), que nestes momentos está a elaborar unha cartografía do territorio galego. Porén, a Xunta aínda non confirmou a súa cooperación con Barbadás.
Modificacións no Fonsillón e na área industrial e ampliación da piscina
Algunhas das modificacións puntuais a incluír no PXOM están localizadas no Fonsillón, a área das piscinas municipais ou a área industrial de Bentraces.
No Fonsillón, o PXOM do 2002 propoñía un vial que tería continuidade no término municipal de Ourense, pero que o Concello de Ourense non incluíu non seu PXOM. Neste caso, será necesario actualizar e regularizar a rúa planificada, xa que non se corresponde coa realidade.
Por outra banda, o goberno local analizará modificacións relacionadas coa ampliación da piscina municipal, así como cambios vinculados á área empresarial de Bentraces para axeitala á realidade.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
14/05/2025
Barbadás rehabilita o firme da rúa Fonsillón e reforza a mobilidade e a seguridade vial de condutores e peóns
A actuación, solicitada pola asociación veciñal do barrio, afecta ao tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campina e o límite co concello de Ourense
O goberno local decide levar a cabo esta intervención, incluída no Plan de obras de 2025, para poñer solución a un firme en “moi mal estado”
O Concello de Barbadás rehabilitará o firme da rúa Fonsillón no tramo comprendido entre o cruce coa rúa da Campina e o límite co concello de Ourense. As obras incluirán o cambio do firme superficial, así como o pintado de marcas de tráfico para os vehículos e a colocación dun novo redutor de velocidade. “Esta intervención foi plantexada polos veciños, desde o Concello tamén detectamos que a vía estaba en moi mal estado e por iso nos marcamos para o 2025 a súa rehabilitación como unha prioridade”, sinala Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas.
O tramo de vía afectado é moi transitado e cun alto volume de tráfico rodado, xa que comunica o núcleo da Valenzá coa N-525. “Queremos facilitar a accesibilidade e mobilidade de peóns e vehículos neste barrio, o que vai redundar nunha mellora da calidade de vida da veciñanza”, explica Morenza. O Concello tamén incluíu na obra de reparación do firme a renovación do actual redutor de velocidade, que se atopa “destrozado” e xa non cumple a súa función.
Plan de obras
O Concello de Barbadás invirte 30.000 euros nesta obra, que conta cun prazo de execución dun mes. A intervención está contemplada no Plan de obras de 2025, que supera os 1,1 millóns de euros para actuacións e melloras no municipio durante este ano, con financiamento propio, do Goberno de España, da Xunta de Galicia ou da Deputación de Ourense.
En total son 9 actuacións, que van desde a substitución de luminarias tradicionais por leds en todo Bentraces e Barbadás, ata a rexeneración de estradas, recuperación de edificios (antiga escola de Sobrado), novas áreas de recreo e deportes (Parque Lucinda), a ampliación do Polideportivo, obras de saneamento ou melloras nos accesos, como por exemplo á Valenzá Vella.
A edil de Infraestruturas da conta da equidade coa que traballa o goberno local nas distintas localidades: “Desde Infraestructuras queremos establecer equilibrio entre os diferentes territorios municipais, que haxa obras e melloras nos núcleos máis pequenos de Barbadás, como Santa Uxía, ata nos máis grandes, como pode ser A Valenzá, pasando por todos os intermedios”.
No caso do barrio do Fonsillón, ademais da rehabilitación do firme da vía, o Plan de obras tamén contempla a reforma do Parque Lucinda e a substitución integral da iluminación actual por luces LED.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
11/05/2025
Barbadás reducirá nun 83% o consumo enerxético coa renovación de 581 vellas luminarias por tecnoloxía LED
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) vén de aprobar o terceiro proxecto presentado polo Concello para modernizar a iluminación pública, neste caso, nos núcleos de Bentraces e Barbadás
“Esta actuación vai supoñer unha modernización dun alumeado moi obsoleto, agora mesmo hai un tipo de bombillas que xa nin se atopan e case nin se fabrican”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde
A intervención ascende aos 350.984,26 euros, e busca modernizar e optimizar instalacións eléctricas e reducir así o gasto enerxético e económico e a contaminación lumínica
O Concello de Barbadás vén de recibir a aprobación do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) da renovación de 581 vellas luminarias por tecnoloxía LED. Trátase do terceiro proxecto de modernización que o Concello presenta ante o organismo estatal co obxectivo de cambiar e optimizar as instalacións eléctricas municipais, ademais de reducir o gasto enerxético e económico e a contaminación lumínica.
A actuación permitirá reducir nun 83% o gasto enerxético nos núcleos de Barbadás e Bentraces, que desfrutarán dunha iluminación máis eficiente e de maior calidade. O proxecto aprobado polo IDAE ascende aos 350.984,24 euros, e inclúe un total de 581 luminarias repartidas en nove instalacións de alumeado público nos núcleos de Barbadás e Bentraces, principalmente. “A actuación faise a través dun préstamo a dez anos, xa contemplado nos orzamentos de cada ano”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos.
A renovación das iluminacións é unha aposta do goberno local por mellorar e optimizar o servizo, pero tamén por reducir a contaminación lumínica, na liña de aforro enerxético marcado polo Goberno Central e pola Unión Europea. En palabras da edila: “Isto vai supoñer a modernización dun alumeado moi obsoleto, hai un tipo de bombillas que actualmente xa nin se atopan nin case se fabrican. Este tipo de préstamos teñen unha serie de requisitos moi estrictos para evitar a contaminación lumínica”.
A renovación completa dos case 600 puntos de luz conta cun prazo de 12 semanas para a súa execución, polo que nas próximas semanas a poboación comezará a ver os cambios nas instalacións e nos cuadros.
Concello pioneiro en instalacións LED
Os dous anteriores proxectos do Concello de Barbadás aprobados polo IDAE permitiron substituír vellas luminarias por tecnoloxía LED en núcleos como Parada e Sobrado e en sete rúas da Valenzá.
Ao marxe dos préstamos concedidos polo IDAE, Barbadás foi un concello pioneiro na modernización da iluminación pública. Con fondos propios, o goberno local leva cambiado nos últimos anos as luminarias de localidades como Piñor ou Finca Fierro.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
16/05/2025
Barbadás rende homenaxe ás cantareiras e pandereteiras con cantos de taberna e a IV Foliada
A Concellería de Cultura propón unha variada programación para festexar o Día das Letras Galegas
“Queremos poñer en valor esta figura tan importante da cultura galega, que contribuíu e contribúe a preservar o noso legado”, resalta Ana Peleteiro, edila de Cultura
A celebración conta coa colaboración da asociación cultural Moureán, recentemente creada por músicos novos de Barbadás
O Concello de Barbadás festexa o Día das Letras Galegas cunha ampla programación en homenaxe ás mulleres cantareiras e pandereteiras e ao seu papel fundamental na preservación e transmisión da nosa cultura. “Son un símbolo de resistencia, apoderamento e sororidade. Defenderon sempre a literatura popular, sen darse conta”, explica Ana Peleteiro, concelleira de Cultura.
Neste 2025, Barbadás propón unha variada oferta de actividades festivas, que inclúen oferta para poboación de todas as idades. “Non nos centramos unicamente no 17”, destaca a edila. Haberá contacontos, cantos de taberna, actuacións musicais e foliada popular. A asociación cultural Moureán, recentemente impulsada por un grupo de rapaces do municipio, colabora coa Concellería de Cultura en citas como os cantos de taberna ou a foliada.
Ana Peleteiro tamén pon en valor a implicación das distintas áreas do Concello, como Parques e Xardíns, Limpeza, Protección Civil, Policía Local ou Deportes, ademais da colaboración de establecementos hosteleros. “Queremos convidar a todo o mundo a desfrutar desta programación feita en torno á figura das cantareiras”, engade.
A gran novidade: os cantos de taberna
Este ano, Barbadás impulsa unha nova actividade para reivindicar a cultura popular galega: os cantos de taberna. Os integrantes da asociación Moureán visitarán 12 establecementos hostaleiros do municipio desde este venres, día 9, ata o próximo venres, día 16. A ruta arrancará ás seis da tarde, e percorrerá diversos locais da Valenzá. Os bares encheranse de música e cantos tradicionais, abertos á participación da poboación.
Homenaxe ás cantareiras e IV Foliada
A xornada do 17 de maio incluirá un acto conmemorativo das Letras Galegas no parque da Solaina, que consistirá nunha exposición fotográfica protagonizada polas sete pandereteiras ás que se lle adica o Día. Ademais, a Concellería de Cultura colocará imaxes das pandereteiras e cantareiras de Barbadás, “que semana tras semana ensaian, socializan e contribúen á preservación desta literatura popular”, en palabras de Peleteiro.
Desde as doce do mediodía, haberá actuacións musicais das Lambisqueiras, Ferreñas no Luscofusco, grupo de baile Abesour@s de Nova Fronteira e, como non podía ser doutro xeito, do grupo de cantareiras e pandereteiras de Barbadás.
O día 24 celebrarase a IV Foliada de Barbadás, que se vai desenvolver no Parque dos Carrís. “Nesta actividade tamén colabora a asociación Moureán”, detalla a edila. Este ano, o Concello retoma o desfile da Banda de Gaitas e da Banda Cultural de Barbadás, que percorrerá a avenida de Celanova ata o parque dos Carrís. Alí haberá concertos, sesión vermú e actuacións de grupos como Vagalumes, Velai Vai, Pandereteiras de Seixalbo, Picafoles ou Cantares da Cunha. “Este ano modifícase a opción de comida, haberá degustación de porco ao espeto, empanada e lambiscadas”, explica Peleteiro. A organización porá a disposición do público tickets de venda para sumarse ao xantar popular. Tamén haberá sorteos de produtos e lotes, ademais de postos de artesanía, xogos populares ou obradoiros de baile.
Xa pola noite, actuará Fiandola. Unha vez remate o concerto, a foliada será aberta á participación de veciños e veciñas.
Para os máis pequenos
A celebración das Letras Galegas arrancou para os máis pequenos este xoves coa primeira Contada no parque. A actividade correu a conta Carmen Domech, que interpretou o conto “O Grúfalo” para familias e nenos e nenas de máis de 3 anos. “Como anos anteriores, ofrecemos xornadas de contacontos en lingua galega para fomentar a lectura”, detalla Peleteiro. As contadas continúan os próximos xoves (15, 22 e 29), ás 18,30 horas (sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, levaranse a cabo no parque da Casa da Cultura). Cabe destacar que é preciso inscribirse a través do correo biblioteca@barbadas.es.
Barbadás embelece dúas zonas axardinadas da Valenzá
Os espazos verdes ubícanse na rúa do Viso e no acceso da avenida de Celanova ao Camiño da Igrexa
O Concello de Barbadás vén de finalizar as obras de remodelación de dúas zonas axardinadas ubicadas na Valenzá (concretamente, na rúa do Viso e no acceso da avenida da Celanova ao Camiño da Igrexa). Ambos espazos presumen agora dun aspecto renovado e humanizado, con novas especies arbóreas. “Eran dúas zonas que presentaban un estado deteriorado, sen moita vida, e quixemos embelecelas”, explica Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Parques e Xardíns.
Na rúa do Viso, a intervención consistiu na retirada de pedras, na colocación de céspede artificial e na plantación de novas especies. No caso do acceso da avenida Celanova ao Camiño da Igrexa, o Concello decidiu sementar novas especies arbóreas e arbustivas, ademais de pintar, adecentar e ampliar a zona. Por último, neste espazo tamén se colocaron pedras de pequeno tamaño de tipo ornamental.
Este tipo de actuacións, destinadas á mellora e ampliación das infraestructuras do municipio, enmárcanse dentro da inversión de 1,1 millóns de euros do Plan de Obras 2025 do Concello de Barbadás.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
07/05/2025
Barbadás convértese no primeiro concello ourensán en reclamar a reapertura da unidade poscovid da provincia
O pleno do Concello aprobou por unanimidade a moción presentada por PSdeG e DO, na que se solicita á Xunta a reactivación deste servizo, ao que acudían máis de 400 persoas afectadas
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recordou o traballo que leva feito e continúa facendo Barbadás por visualizar esta enfermidade
O Concello de Barbadás converteuse este luns no primeiro concello ourensán que reclama a reapertura da unidade poscovid da provincia. O pleno aprobou, por unanimidade, unha moción presentada polo PSdeG e DO para instar á Xunta a reactivar este servizo, activo desde hai anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), e pechado recentemente pola administración autonómica. O goberno local de Barbadás súmase a esta demanda e amosa así o seu apoio ás mobilizacións realizadas este último mes por parte da asociación de persoas afectadas pola covid persistente na provincia ourensá.
A unidade sanitaria atendía a máis de 400 pacientes cando a Xunta decidiu desmantelala. Entre os numerosos e variados síntomas que sofren estas persoas destacan a fatiga crónica, a dificultade respiratoria, as taquicardias, a alteración da memoria ou o deterioro físico e cognitivo. O peche do servizo, no que se abordaba a enfermidade desde distintas especialidades médicas, supón para os pacientes a perda dunha atención personalizada que lles permitía convivir cos seus síntomas.
O concelleiro de DO, Daniel Rey, defendeu a importancia da reactivación desta unidade “por riba de posicionamientos políticos ou partidistas”, e deu conta do impacto da enfermidade lendo un fragmento dunha carta escrita por unha persoa con covid persistente. Nesa liña, cabe destacar a presencia no salón de plenos de Barbadás de dous pacientes, entre elas, a tesorera da asociación de afectados pola longcovid.
Pola súa parte, a concelleira de Sanidade, Elisabet González, puxo cifras a esta realidade moitas veces invisibilizada: “Estímase que a covid persistente afecta ao 10/15% das persoas que se contaxian. As persoas afectadas non poden ser abandonadas, por iso é necesario garantir a continuidade desta atención médica especializada”.
O PP presentou unha emenda para reactivar a unidade ao remate das obras no CHUO
A moción presentada polo PSdeG e DO foi apoiada pola unanimidade do pleno. Porén, o PP presentou unha emenda para reactivar a unidade ao remate das obras do CHUO, xa que o complexo hospitalario está sendo reformado e ampliado desde agosto de 2022. O goberno local non aceptou esta emenda porque non corresponderse co “espírito da moción”.
Nese sentido, PSdeG, DO, Partido Galego e BNG coincidiron en que non se trata dunha cuestión vencellada ao remate das obras (previsto, segundo a Xunta, para mediados de 2026), senón da necesidade de manter a atención aos pacientes afectados. “Reforzar o servizo pódese facer mantendo a unidade activa e posteriormente, cando esas obras estean rematadas, ampliala”, resumiu o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, quen recordou o traballo feito polo Concello de Barbadás neste ámbito. “Quero que lle chegue este mensaxe á cidadanía: as demandas que había foron escoitadas e atendidas”, sinalou.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
07/05/2025
Barbadás cobrará pola recollida e o coidado dos animais extraviados aos donos irresponsables
“A finalidade non é recaudar, senon poñer en valor a quen cumple as normas e é responsable dos seus animais”, sinala Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias
Protección Civil recolle cada ano un cento de cans en gatos, en algúns casos sen que os propietarios amosen ningún tipo de interese por eles
O pleno do Concello de Barbadás aprobou por unanimidade na sesión ordinaria de este luns a ordenanza fiscal nº17 reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida, aloxamento, manutención e entrega de animais (cans e gatos) extraviados ou abandonados na vía pública. O goberno local dá así un paso adiante, na liña da normativa autonómica e estatal, no reforzo do benestar dos animais domésticos.
O servizo de Protección Civil de Barbadás recolle cada ano arredor dun cento de cans e gatos nas vías públicas do municipio. Na maioría de casos, tal e como asegurou Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias, no salón de plenos, estas situacións resólvense con rapidez e coa colaboración dos donos. “Cando o animal ten microchip, Protección Civil accede ao rexistro galego de microchips e contacta cos donos. Aí notamos o interese, ou non, dos propietarios. Hainos que non poden recoller o seu animal no momento, pero pídenlle a outra persoa que o faga, ou informan da hora á que lles é posible chegar”, explicou o edil.
Porén, tamén se dan casos nos que os animais non contan con microchip, ou incluso nos que os propietarios non se responsabilizan da situación. Nestas situacións, despois de 3 días Protección Civil encárgase do transporte dos animais ata a protectora, e o Concello asume os gastos de recollida e coidado. “Nótase quen ten interese polos seus animais e quen non, e o que buscamos é premiar a quen coida e ten en condicións aos seus cans ou gatos”, resaltou Rey, que incidiu en que o interese non é recaudatorio. De feito, a taxa que se vai gravar aos propietarios é o custe do servizo: 100 euros por recollida de cans, 85 euros por recollida de gatos e 10 euros diarios pola estancia dos animais nas instalacións municipais. “Só se vai cobrar cando o gato ou can non estea identificado e se entregue na protectora, e cando os donos son reincidentes”, resumiu Rey.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
28/04/2025
Barbadás acolle a exposición “Destino” do fotógrafo Manuel Valcárcel na súa primeira parada na provincia
Ata o 23 de maio, na Casa da Cultura Manuel María
A mostra enmárcase no proxecto Corriente Cultural de Abanca e Afundación, que percorre diversas localidades galegas
A Casa da Cultura Manuel María albergará a exhibición ata o 23 de maio
A Casa da Cultura Manuel María de Barbadás acolle desde este xoves a exposición fotográfica “Destino” do monfortino Manuel Valcárcel, na que presenta imaxes das súas peregrinacións a catro países de catro continentes distintos. A mostra, de carácter itinerante, enmárcase no proxecto Corriente Cultural de Abanca e Afundación, e conta coa colaboración do Concello de Barbadás.
A exposición fai a súa primeira parada na provincia ourensá en Barbadás, despois de ter percorrido diversas localidades galegas. O público poderá visitala, de forma gratuíta, no segundo andar da Casa da Cultura ata o 23 de maio.
En “Destino”, composta por máis dunha trintena de fotografías, o autor reflexiona sobre a familia, a emigración, o envellecemento ou a sostenibilidade a través da súa viaxe interior e física. Tíbet, Senegal, México e Galicia son os catro espazos elixidos por Valcárcel para contar distintas historias unidas por un mesmo destino.
Na inauguración da exposición participaron Beatriz Fernández-Anguino, coordinadora institucional de Afundación; Mateo Alonso, coordinador institucional de Abanca; Miguel Madriñán, director da sucursal Abanca de A Valenzá; Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás; Ana Peleteiro, concelleira de Cultura, e José Manuel Morgade, concelleiro de Turismo.
Preto dun centenar de alumnos dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro participan no Día da Bici
A actividade forma parte do proxecto Camiño Escolar/Ruta Catalina
O obxectivo é concienciar ás familias sobre a utilización da bicicleta como medio de transporte ecolóxico e saudable
Preto dun centenar de alumnos de 6º de Primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro fixeron súas as rúas da Valenzá este xoves con motivo do Día da Bici. A iniciativa, dirixida a escolares do municipio, está impulsada pola Concellería de Educación, en colaboración coa Dirección General de Tráfico (DGT).
O obxectivo do Día da Bici, enmarcado no proxecto Camiño Escolar/Ruta Catalina, é concienciar ás familias sobre a utilización da bicicleta como un medio de transporte ecolóxico, seguro e saudable. “Ir en bici ao colexio é divertido, axuda a desenvolver a independencia, fomenta a actividade física e mellora a saúde mental da rapazada”, explica Marga Pérez, concelleira de Educación.
Os pequenos ciclistas percorreron diversas rúas da Valenzá, tanto no tramo urbano coma ao carón do río. O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, encargouse de guiar a actividade, na que tamén participaron docentes dos centros escolares. A Policía Local de Barbadás e Protección Civil Barbadás ocupáronse de garantizar a seguridade dos participantes durante toda a proba.
A actividade tamén contou coa presenza de Estrella Garrido Calviño, xefa de sección de Seguridade Vial na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, quen fixo fincapé na importancia de respetar a normativa vial. “Ao coller a bici, vós tamén sodes condutores, e é moi importante conducir de forma segura e responsable”, explicoulle á rapazada.
Barbadás festexa o Día do Libro coa mirada posta nos máis pequenos
A Biblioteca Municipal acolleu pola mañá un contacontos para alumnado da Escola Infantil, e pola tarde é a quenda das librerías Moraima e Carlin
As catro librerías da Valenzá ofrecen descontos do 10% durante toda a xornada
Barbadás festexa o Día do Libro cunha programación especialmente dirixida aos futuros lectores. A Biblioteca Municipal recibiu a alumnado e docentes da Escola Infantil de Barbadás, que gozaron dun divertido contacontos. Ao remate da actividade, os participantes recibiron como agasallo un libro adaptado á súa idade.
“Con esta programación queremos fomentar entre os máis pequeniños a pasión pola lectura, polos libros e por desenvolver a imaxinación”, apunta Marga Pérez, concelleira de Educación e Comercio. Nesta liña, pola tarde se levarán a cabo contacontos nas librerías Moraima e Carlin, unha iniciativa que onte tivo lugar nas librerías Espa e Valenzá. “É un xeito de achegar aos futuros lectores aos libros e de impulsar ao comercio local”, detalla a edila. As catro librerías ofrecen descontos do 10% nas compras durante toda a xornada.
A programación continúa
O Concello de Barbadás apostou este 2025 por celebrar o Día do Libro durante todo o mes de abril con diversas actividades na Biblioteca Municipal, nas librerías e na Casa da Cultura.
A programación continúa mañá, cun obradoiro de collage sobre a escritora Carmen Martín Gaite, moi vencellada a San Lourenzo de Piñor, onde pasou varios períodos da súa vida. Os participantes aprenderán a técnica do collage, utilizada pola autora na súa estancia en Nova York, e elaborarán unha obra baseada na novela “Carapuchiña en Manhattan”.
O Mes do Libro despídese o sábado coa peza teatral “Castelao. Un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj. A obra, na que se mesturan narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras, busca dar a coñecer a figura de Castelao entre a rapazada, así como poñer en valor o seu legado e a lingua galega. A representación terá lugar na Casa da Cultura Manuel María.
Alumnos e docentes do Conservatorio Superior de Música de Vigo visitan o Museo da Gaita
O grupo coñeceu a evolución histórica deste emblemático instrumento, así como a súa relevancia cultural en Galicia
Estudantes e docentes do Conservatorio Superior de Música de Vigo visitaron este martes o Museo da Gaita de Barbadás. A actividade, centrada na etnomusicoloxía e na música tradicional galega, permitiu aos participantes explorar a evolución histórica da gaita e a súa relevancia cultural en Galicia.
Durante a visita, os asistentes percorreron as distintas salas do Museo, que albergan unha colección de gaitas desde a Idade Media ata a actualidade. Tamén coñeceron o obradoiro do museo con ferramentas e materiais empregados na construción e mantemento do instrumento. Esta experiencia enriqueceu a formación práctica do alumnado, especialmente daqueles centrados en musicoloxía e música tradicional.
A visita ao Museo da Gaita enmárcase no compromiso do Conservatorio Superior de Música de Vigo por conectar a formación académica co patrimonio cultural galego.
Ampliación horario
O Museo da Gaita, único no seu tipo en Galicia, ampliou recentemente o seu horario para facilitar o acceso a visitantes e grupos educativos. Ofrece visitas guiadas e obradoiros que afondan na historia e construción da gaita, consolidándose como un referente na preservación da música tradicional galega.
O Barbadás Gaming arranca a súa cuarta edición con videoxogos, equipos de simulación e gafas de realidade virtual
A Casa da Mocidade acolle hoxe e mañá a cita, que congrega a rapazada de todo o municipio
A Casa da Mocidade do Concello de Barbadás acolle hoxe e mañá o IV Barbadás Gaming, un evento que cada ano gaña máis adeptos entre a rapazada do municipio. A cita, dirixida a maiores de 12 anos, conta cunha ampla oferta de xogos: desde consolas PS5 ata gafas de realidade virtual ou equipos de simulación de condución.
Para aqueles participantes que prefiran os xogos tradicionais aos virtuais, o evento conta tamén cunha variada selección de pasatempos como o Monopoly, o Tabú, o Trivial ou o Cluedo.
O horario do Barbadás Gaming é de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.
O legado de Carmen Martín Gaite dá comezo ao Mes do Libro en Barbadás
A Biblioteca Pública conta cunha exposición adicada á escritora e regala aos usuarios axendas literarias deste 2025, ano Carmen Martín Gaite
O espazo cultural convida á poboación a participar nun bookface colectivo
A Biblioteca Pública de Barbadás dá o pistoletazo de saída da programación cultural do Mes do Libro. O Concello busca deste xeito celebrar e poñer en valor o papel da literatura ao longo de abril, sen limitarse ao festexo puntual do Día do Libro (23 de abril). Así, nas próximas semanas haberá contacontos, postos de librerías, teatro de monicreques ou exposicións.
Este 2025 celébrase o Ano Carmen Martín Gaite co gallo do centenario no seu nacemento, polo que a pegada da escritora estará moi presente nas actividades previstas ao longo destas semanas. Nesa liña, as instalacións da Biblioteca contan cunha mostra adicada á autora, na que se fai un pequeno repaso pola súa obra e pola súa especial relación con San Lourenzo de Piñor. Cabe destacar que o Concello de Barbadás impulsa desde 2023 un paseo literario por Piñor, guiado polo investigador David González.
Por outra banda, aquelas persoas que realicen préstamos na Biblioteca durante este mes recibirán un regalo moi especial: a axenda 2025 “Piñor, lugar literario”, na que se inclúen citas, reflexións da escritora e fragmentos das súas obras.
Bookface colectivo
A Biblioteca de Barbadás convida á veciñanza a participar na elaboración dun bookface colectivo. Esta técnica creativa, cada vez máis estendida, consiste na toma dunha fotografía na que a cuberta dun libro se funde co contexto que o rodea (sexa unha persoa, un espazo, un animal…).
As persoas interesadas en participar poden enviar as súas imaxes á dirección de correo biblioteca@barbadas.es ata o próximo día 21 de abril. O persoal municipal elaborará un vídeo a partir das fotografías compartidas pola veciñanza que posteriormente se compartirá nas redes.
O goberno local insta ao PP a desbloquear a subvención da Deputación para cambiar o chan do local de Sobrado, que o propio PP propuxo en pleno
A moción dos populares de Barbadás foi aprobada por unanimidade o 13 de xaneiro e o 23 do mesmo mes a obra xa foi solicitada, xunto coas outras dúas previstas, á Deputación, que agora obriga a descartar unha delas
Xosé Carlos Valcárcel pídelle a voceira popular que cumpra o prometido coa veciñanza: “Axude a que o presidente da Deputación non diga que 300.000 euros son moitos para Barbadás. Nos llo agradeceríamos a vostede e a el”
O pleno de Barbadás instou onte ao PP a desbloquear a subvención nominativa solicitada á Deputación de Ourense para o cambio de chan do local social de Sobrado do Bispo. Na sesión ordinaria onte celebrada na Casa do Concello, o grupo popular levou unha moción para que o Concello faga a petición desta axuda, algo que o goberno local realizara xa o pasado mes de xaneiro, concretamente o día 23. A tenente alcalde, Victoria Morenza, explicou que o proxecto se presentou no Pazo Provincial xunto coa ampliación do polideportivo e a reforma do Museo da Gaita. A incorporación desta obra en Sobrado do Bispo ás solicitadas polo Concello de Barbadás á Deputación (vía subvencións nominativas) foi o resultado dunha moción presentada polo PP local so 10 días antes, o día 13 de xaneiro, na que propoñían precisamente que así se fixera e que contou co apoio de toda a Corporación.
Agora Barbadás aspira a manter as tres obras solicitadas, tal e como explicou ironicamente Victoria Morenza: “Barbadás ten tres fillos para enviar á universidade, pero non quere ter que elixir entre so dous”, para o que pediu a axuda do PP local, pois ao final, a decisión última depende da Deputación.
É por elo que o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recalcou que o goberno municipal “fixo o seu traballo” e nesa liña instou tamén á voceira popular, Chelo Vispo, a mediar coa Deputación para conseguir as tres subvencións e cumprir así co seu compromiso coa veciñanza. “Axude a que o presidente da institución provincial non nos diga que 300.000 euros son moitos para Barbadás. Non eran tantos cando en tempos pasado se invertían en concellos de moita menor entidade que Barbadás”, recordou. Pola súa parte, Chelo Vispo recoñeceu que a Deputación recibiu a petición da subvención nominativa, pero descoñece o estado da mesma. “Teremos que esperar ao pleno provincial de finais de abril, no que se tratará a modificación de crédito para Barbadás, para saber en que estado está a petición”, explicou.
Cabe recordar que a ampliación do Polideportivo e o a impermeabilización do Museo da Gaita son tan necesarios para o Concello e o goberno local como o cambio do chan en Sobrado do Bispo, polo que espera que a Deputación non os poña na situación de ter que elixir. En todo caso, para tranquilidade dos veciños, Victoria Morenza asegurou que “a substitución do solo de Sobrado efectuarase con fondos municipais se é necesario”, aínda que confía que o PP cumpra a súa palabra coa veciñanza, pois entre outras cousas, así se adiantaría a execución da obra.
A moción do PP foi aprobada onte cos votos a favor dos populares e do BNG, e coa abstención do PSOE, de DO e do Partido Galego, pois entenderon o que pedían nela xa estaba trasladado á Deputación e que agora a pelota estaba no tellado da institución provincial e do PP local.
Apoio á sanidade pública
O pleno de Barbadás aprobou o apoio á manifestación da plataforma S.O.S Sanidade Pública, cos votos a favor do PSOE, DO, Partido Galego e BNG, e cos votos en contra do PP. A concelleira de Sanidade, Elisabet González, respondeu á moción presentada polo BNG cun apoio inequívoco. “Somos coñecedores dos recortes e deterioro da sanidade galega, é necesario dotala de maior persoal, hai listas de espera en todas as especialidades e sabemos do aumento das derivacións aos servizos de saúde privados. Teñen que deterse os recortes sanitarios”, reclamou González.
O pleno tamén aprobou, cos votos en contra do PP, a moción presentada polo BNG en rexeitamento ao proxecto de construción da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.
Por outra banda, o pleno rexeitou a moción presentada polo PP para a creación dunha ordenanza reguladora dos locais sociais. A concelleira de Participación Veciñal, Ana Peleteiro, destacou o bo funcionamento dos locais sociais coas propostas do Concello, das asociacións veciñais e das iniciativas cidadáns. “Dende a concellería estamos a traballar en coordinación coas asociacións, existen unhas normas de funcionamento que se cumpren por todos”, resaltou Peleteiro. Nesa liña, avanzou que o goberno local está a traballar nunha ordenanza que abranguerá o uso de todas as instalacións municipais. “Previamente haberá que facer consulta pública”, sinalou. A moción foi rexeitada cos votos en contra do PSOE, DO e Partido Galego, e cos votos a favor de PP e BNG.
A Policía Local de Barbadás estrea un vehículo todoterreo e inicia o seu proceso de modernización
O Concello incorporará un novo efectivo ao longo do ano, e nos próximos meses se mellorarán as comunicacións coa rede dixital Tetra
“Con este novo vehículo cubrimos unha das importantes carencias deste servizo”, resalta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel
A Policía Local de Barbadás estrea novo vehículo trala incorporación dun todoterreo aos equipos da xefatura. O Concello de Barbadás reforza así o compromiso coa seguridade da poboación e mellora os medios dispoñibles polos axentes. “Coa incorporación deste vehículo cubrimos unha das importantes carencias deste servizo”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, durante a presentación oficial do automóbil.
O todoterreo, que cumpre cos requisitos medioambientais e de mobilidade, permitirá á Policía Local cubrir espazos urbanos, así como rurais e mesmo zonas de montaña. “Ofrece un servizo integral para cubrir as necesidades da da veciñanza de todo o municipio”, resaltou Valcárcel.
O alcalde e o xefe da Policía Local de Barbadás, Fernando Freire, recibiron esta mañá as chaves do automóbil. Ao acto de entrega tamén acudiron a tenente alcalde, Victoria Morenza; o edil de Seguridade e Emerxencias, Daniel Rey, así como personal administrativo da Policía Local e integrantes de Protección Civil.
Modernización: novo efectivo e rede Tetra
A chegada do novo vehículo supón o inicio do proceso de modernización da Policía Local impulsado polo Concello de Barbadás nunha firme aposta polo benestar da poboación. “Está prevista a incorporación dun novo efectivo ao longo deste ano”, recordou o rexedor. Tamén nesta liña, durante os meses de maio e xuño se mellorarán as comunicacións coa rede dixital Tetra, “un gran avance fundamental para que a veciñanza sexa ben atendida”, en palabras de Valcárcel.
Por outra banda, o Concello ten solicitado á Xunta de Galicia a entrega dun vehículo neste 2025 a través do Fondo de Compensación Ambiental. “A mellora na Policía Local de Barbadás será completa ao longo deste ano”, remarca o alcalde.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
06/04/2025
Barbadás acolle unha formación práctica de candidatos a Protección Civil
O curso, impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) habilita aos participantes a formar parte do sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias
A aula tecnolóxica do Parque da Solaina e un campo habilitado para as prácticas acolleron a actividade este sábado
O concello de Barbadás foi este sábado a sede da formación práctica dos candidatos a voluntarios de Protección Civil de varios municipios da provincia. Os cursos son impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e forman parte do seu programa de formación continua e descentralizada.
A aula tecnolóxica do Parque da solaina e un campo habilitado para as prácticas acolleron a xornada formativa. Unha vez superado o curso, o alumnado adquire a condición de voluntarios no sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias de Galicia, adscribíndose cada un á agrupación do seu concello. A formación consistiu no manexo de equipos de comunicación TETRA, primeiros auxilios e utilización de extintores.
O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, avanza que Barbadás será este ano a sede do curso de 2º nivel de extinción de incendios e tamén do curso de busca de persoas desaparecidas. Nese senso, o edil agradece a confianza depositada en Barbadás por AGASP e polo servizo provincial de emerxencias da Xunta.
A oficina de obxectos perdidos de Barbadás almacena preto de 300 artigos sen reclamar
Paraugas, frautas, chaves, carteiras ou teléfonos son algúns dos útiles que recalan no posto da Policía Local
O Concello conta cunha páxina de Facebook (Obxectos perdidos Barbadás) para facilitar á veciñanza a recuperación dos mesmos
A oficina de obxectos perdidos do Concello de Barbadás, ubicada na sede da Policía Local, almacena actualmente preto de 300 útiles sen reclamar. Entre outros artigos hai paraugas, frautas, chaves de vivendas e de automóbiles, documentos de identidade, lentes, fundas, carteiras e teléfonos móbiles.
Para facilitar a recuperación dos obxectos, a oficina conta cunha páxina de Facebook (Obxectos perdidos Barbadás), onde se colgan as imaxes dos artigos que chegan á oficina xunto con información sobre o lugar no que apareceron. “Neste caso, as redes sociais fan unha labor fundamental”, resalta Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias.
O goberno local busca dar a coñecer entre a veciñanza este servizo, xa que aínda que acotío se achegan propietarios, son moitos os obxectos que permanecen desde hai meses na oficina. “Moita xente non sabe que pode reclamar estes artigos aínda pasado o tempo”, explica Rey.
Entregar os obxectos á Policía Local
O concelleiro recorda que é obriga cidadá entregar á Policía Local aqueles útiles que se poidan atopar na rúa, tal e como se recolle no artigo 615 do Código Civil. “É obrigación de quen atopa un obxecto perdido poñelo a disposición das autoridades, non pode gardalo na casa e esperar a que apareza o propietario”, recalca.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
31/03/2025
Barbadás recupera a esencia da Feira do 2 e amplía postos con comida, antigüedades, plantas ou roupa
Aínda que esta cita acumula máis de dúas décadas historia, o único posto que se mantiña a día de hoxe era a carpa da pulpeira
O Concello de Barbadás impulsa a tradicional Feira do 2 cunha ampliación da oferta de postos. A cita mensual, que conta xa con máis de 20 anos de historia, vendía nos seus inicios produtos de diversa índole, pero co paso do tempo foi perdendo variedade, ata quedar reducida á carpa da pulpeira.
“Queremos recuperar esa venda de alimentos, roupa, plantas e antigüidades que se foi perdendo e facer así que a nosa feira sexa como calquera outra que podamos atopar noutros lugares”, explica a concelleira de Comercio, Marga Pérez. A ampliación da oferta tamén pretende rescatar a tradición das rianxeiras que “houbo sempre no noso concello”, en palabras da edila.
A primeira cita desta renovada Feira do 2 é este mércores, pero a intención da Concellería de Comercio é seguir aumentando o número de postos no futuro. “Queremos que vaia medrando e que se converta nunha data de referencia para a nosa poboación”, asegura Pérez.
Paseo dos Amieiros
A Feira do 2 ten lugar no Paseo dos Amieiros da Valenzá, despois do cambio de ubicación levado a cabo nos últimos anos. Este mércores pola mañá, a Policía Local cortará un pequeno tramo da rúa, pero apenas afecta ao tráfico ao tratarse dunha zona sen vivendas nin acceso a garaxes.
Máis de 24 toneladas de toalliñas húmidas provocan graves avarías cada ano na rede de saneamento de Barbadás
O Concello lanza unha campaña en redes para sensibilizar á poboación do impacto de desfacerse deste tipo de produtos polo váter
A súa composición plástica impide a descomposición, polo que as toalliñas tupen as tubaxes, causan roturas na rede e sobrecargan os aliviadoiros
O Concello de Barbadás lanza unha campaña de sensibilización para concienciar á poboación do grave impacto de tirar as toalliñas húmidas ao váter. Cada ano, máis de 24 toneladas deste produto rematan na rede de saneamento municipal, o que provoca sucesivos atascos e avarías, tanto nas propias acometidas dos edificios como nas tubaxes xerais, co conseguinte gasto económico.
A composición plástica das toalliñas impide a súa descomposición unha vez que se lanzan polo váter, e basta a súa acumulación para causar sobrecargas e roturas de tubaxes, así como obstrucións nos aliviadoiros da rede. “Hai numerosas avarías ao longo do ano no concello, e a causa sempre é a mesma: as toalliñas”, explica a tenente alcalde, Victoria Morenza. A recollida de augas pluviais na rede tamén se ve afectada ao arrastrar estes produtos: “Nalgunhas zonas verdes da Valenzá, preto do río, saen toalliñas ao exterior das arquetas, porque a acumulación fai que se levanten as tapas”.
A campaña lanzada hoxe polo Concello de Barbadás propón alternativas á veciñanza, tales como tirar este tipo de panos ao lixo, en lugar de facelo ao wc, ou utilizar toalliñas biodegradables e respectuosas co medio ambiente.
Aumento do seu uso
Pese ás numerosas campañas destes anos centradas no grave impacto das toalliñas, os datos amosan que o seu uso vai en aumento. No ano 2024, estímase que 24,6 toneladas deste produto remataron na rede de saneamento de Barbadás, un 5% máis ca o ano anterior.
2022
2023
2024
24.559 kg
23.408 kg
24.600 kg
Cabe recordar que as negativas consecuencias de desfacerse das toalliñas no váter non rematan nas tubaxes e depuradoras: os panos acaban por chegar a ríos e mares, onde poñen en perigo á fauna e flora dos ecosistemas.
Lista provisional de admitidos e excluídos para curso 2024-2025 Escola Infantil
CONTENT.1789178179
28/03/2025
A Casa da Cultura de Barbadás acolle unha exposición didáctica sobre o mundo dos insectos
A mostra, promovida por Ecoloxistas en Acción en colaboración coa Concellería de Cultura, pódese visitar ata o 11 de abril
O obxectivo é dar a coñecer a importante función destes animais no noso ecosistema
A Casa da Cultura Manuel María de Barbadás acolle desde esta semana a exposición didáctica “Sen insectos non hai vida”, promovida por Ecoloxistas en Acción Ourense en colaboración coa Concellería de Cultura. A mostra poderase visitar ata o 11 de abril na sala de exposicións do edificio municipal.
O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer entre maiores e pequenos o papel que xogan os insectos nas nosas vidas e no noso ecosistema. Nesa liña, os 11 paneles que conforman a exposición recollen información sobre a función destes animais na polinización, no ciclo de nutrientes ou nas cadeas alimenticias das aves e outros insectívoros.
Desde a área de Cultura, a concelleira Ana Peleteiro convida a toda a poboación de Barbadás a visitar a mostra e comprender así “a gran importancia ecolóxica” destes seres vivos.
A rapazada do Filomena Dato planta 15 variedades de xúpiter e xasmín de leite polo Día da Árbore
Medio cento de nenos e nenas de 5 e 9 anos participaron na actividade conmemorativa deste día, impulsada pola Concellería de Educación e a Concellería de Parques e Xardíns
“Este ano incluímos ao alumnado de Infantil para que coñezan desde pequenos o que é unha árbore e os coidados que precisa”, explica a concelleira Marga Pérez
A Valenzá conta con 15 novas árbores no entorno da rúa Regato dos Muíños grazas á rapazada do CEIP Filomena Dato. Medio cento de alumnos de Educación Infantil e Primaria participaron na actividade de plantación, organizada pola Concellería de Educación de Barbadás en colaboración coa Concellería de Parques e Xardíns.
A iniciativa realízase cada ano co gallo do Día da Árbore, celebrado o pasado día 21. “Esta é unha xornada de continuidade das charlas realizadas o venres a cargo de Adega nos colexios. Entón non foi posible plantar polo mal tempo, así que o fixemos hoxe”, detalla Marga Pérez, concelleira de Educación. “Este ano incluímos ás clases de Infantil para que coñezan desde pequenos o que é unha árbore e os coidados que precisa”, engade.
O alumnado, acompañado de varias profesoras, participou no proceso de plantación. Os operarios de Parques e Xardíns ensináronlles os pasos a seguir e os pequenos, ataviados con guantes e pas, encargáronse de facer o resto. En total, plantaron 15 exemplares das variedades xúpiter e xasmín de leite. “Agora teñen o compromiso de volver nas próximas semanas para regalos e coidalos. É un xeito de conciencialos da importancia de coidar as árbores”, asegura.
O espazo escollido para a actividade foi o entorno da charca para anfibios, na rúa Regato dos Muíños. Trátase dun espazo verde impulsado nos últimos anos polo Concello de Barbadás co obxectivo de paliar as altas temperaturas do verán e ofrecer á veciñanza unha zona máis de esparcemento e descanso.
A X Gala Solidaria de Barbadás recada máis de 2.000 euros para Por Eles TEA
O auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense congregou a máis de 300 persoas que gozaron das dúas horas de concerto da Escola de Música Municipal de Barbadás
O Concello de Barbadás celebrou este sábado o X Festival Solidario, un evento que combina música e conciencia social. Máis de 300 persoas se achegaron ao auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense para gozar das dúas horas de concerto do alumnado e profesorado da Escola de Música Municipal de Barbadás.
Os beneficios recadados, máis de 2.000 euros, foron destinados integramente á asociación Por Eles TEA Ourense, que traballa na atención, apoio e acompañamento de 40 familias da provincia.
Na gala participan 130 persoas da Escola de Barbadás, entre alumnado e docentes, que renderon conta do seu talento. Na cita houbo diversas sorpresas, como a actuación conxunta de mestres e alumnos ou a historia musicada de Don Quijote de la Mancha.
Barbadás, exemplo de solidariedade: leva donados 20.000 euros a distintas asociacións
O auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense acolle mañá, ás 19,00 horas, o X Festival Solidario de Barbadás, realizado a favor da asociación Por Eles TEA
As entradas continúan á venda: hoxe, no CC Ponte Vella, e mañá, no propio conservatorio
O Concello de Barbadás celebra mañá o X Festival Solidario, un evento que combina música e conciencia social. Nesta décima edición, os beneficios irán destinados integramente á asociación Por Eles TEA Ourense, que traballa na atención, apoio e acompañamento de 40 familias da provincia.
Nos nove festivais realizados ata o momento, o Concello logrou recadar case 20.000 euros, que se destinaron a diversas causas sociais. O goberno municipal leva colaborado nestes anos coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense, Alcer, Pequenos Superheroes, Asociación de Lupus ou Aodemper, entre outras entidades.
A banda sonora do concerto, como é habitual, correrá a cargo da Escola de Música Municipal de Barbadás. Na gala participan 130 persoas do centro, entre alumnado e profesores, que preparan hoxe os últimos detalles da actuación, unha das máis esperadas do ano.
Entradas á venda
As entradas para asistir ao X Festival Solidario de Barbadás continúan á venda. Hoxe, no punto de información do CC Ponte Vella, e mañá, nun posto ubicado no propio Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Para aquelas persoas que non poidan acudir pero queiran facer igualmente a súa aportación habilitouse a “fila cero”. Así, pódense facer doazóns ao número de conta ES31 2080 0403 5130 4002 5443 ou ao bizum 07312.
Barbadás traballa coa Guardia Civil en facer realidade o traslado da comandancia ao concello
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, deu conta no pleno de hoxe dos pasos dados nos últimos meses, e avanzou que a Guardia Civil está valorando o solar proposto dende o Concello para a construción das instalacións
O goberno local rebateu cos datos da Xunta Local de Seguridade, celebrada este mércores, as acusacións do PP sobre un aumento da conflitividade no municipio
O Concello de Barbadás reafírmase na súa disposición para facer realidade o traslado da sede da Guardia Civil de Ourense a A Valenzá. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, reiterou no pleno extraordinario de hoxe os beneficios de contar coa comandancia en Barbadás, xa que suporía unha mellora notable dos servizos prestados á veciñanza. Ademais, recordou que este traslado responde, nun inicio, ao interese manifestado polo responsable da comandancia nese momento.
O PP, solicitante deste pleno extraordinario, preguntou sobre o estado do proceso, ante o cal, o rexedor detallou os pasos dados nos últimos meses por parte do Concello, sempre da man da Guardia Civil. Valcárcel explicou que o goberno local explorou as diferentes posibilidades existentes para consumar o traslado, sempre en coordinación e permanente comunicación coa comandancia. Inicialmente, valorouse a opción de alugar, pero a propia Guardia Civil a rexeitou ao preferir a construción da sede dende cero.
Nese senso, o goberno local ofreceulle recentemente un solar, propiedade municipal. Segundo informou Eladio Santos, subdelegado do Goberno, na Xunta Local de Seguridade deste mércores, os técnicos do Instituto Armado xa viron o terreo e actualmente están avaliando a súa idoneidade. O espazo reúne as características requeridas pola Guardia Civil, tanto en cuestións de amplitude como de seguridade e mobilidade.
Descenso da conflitividade
O grupo municipal do PP iniciou a súa intervención no pleno falando dun suposto aumento da conflitividade no municipio, unha afirmación moi distante dos datos aportados polos corpos de seguridade na Xunta Local de Seguridade de Barbadás, na que participou a Subdelegación de Goberno de Ourense, así como membros da Guardia Civil e da Policía Local. O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, deu conta do descenso dun 38% dos delitos no que vai de 2025 en comparación co mesmo período do pasado ano, así como a caída dun 15% da conflitividade en 2024 respecto a 2023.
Finalmente, a petición da dimisión do alcalde por parte do PP quedou desbotada ao contar só cos votos a favor dos concelleiros populares.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
19/03/2025
Barbadás favorece a circulación na Valenzá coa creación de prazas de estacionamento para paradas de 10 minutos
A avenida de Celanova conta xa con catro aparcadoiros deste tipo, que facilitan os desprazamentos da poboación nunha zona con alta densidade de tráfico
O Concello tamén designou unha zona de parada e estacionamento específica para vehículos de autoescolas
O Concello de Barbadás vén de crear novas prazas de estacionamento limitado na avenida de Celanova da Valenzá. Xa son catro os aparcadoiros deste tipo, nos que se permite estacionar o vehículo durante un tempo máximo de 10 minutos. Esta medida busca favorecer a mobilidade da poboación nunha zona con alta densidade de tráfico e numerosos locais comerciais e de hostalaría. Deste xeito, os condutores poden aparcar, realizar os seus recados cotiás con maior axilidade e evitar alteracións do tráfico (como dobres filas ou estacionamentos en vados).
As prazas de nova creación sitúanse nos números 19 e 116 da avenida de Celanova. Ademais, o Concello encargouse de repintar as dúas prazas xa existentes, no número 100 da mesma rúa.
Máis novas prazas
Coa fin de mellorar a mobilidade da Valenzá, o Concello de Barbadás tamén creou recentemente unha zona de parada e estacionamento específica para vehículos de autoescolas. Este espacio está ubicado ao carón do viaduto da autovía A-52, na avenida de Celanova, unha vía moi frecuentada nas prácticas de condución do carné. Ademais, na mesma zona realizouse o pintado dun ceda ao paso e dun stop para facilitar a incorporación ao tráfico.
Por outra banda, creáronse sete novas prazas de aparcamento para motocicletas. Dúas delas, no número 18 da rúa Areal; outras dúas no número 1 da rúa Tomás Rodríguez Punxín; unha no número 93 da avenida de Celanova, e outra no número 2 da avenida de Celanova.
Por último, instalouse unha nova praza de carga e descarga no número 14 da avenida de Celanova.
Cambios de sentido
O Concello de Barbadás finalizou en febreiro a reordenación de tráfico nas rúas Carrís e Salgueiriños e na Calzada Romana, todas elas na Valenzá. O cambio de sentido permitiu mellorar a mobilidade na zona, acadar unha circulación máis fluida e aumentar a seguridade de condutores e peóns.
No caso da Calzada Romana, o Concello atendeu a recomendación da Policía Local de converter a rúa nunha vía dun único sentido de circulación, xa que nas fins de semana, debido aos eventos deportivos, producíanse dificultades na circulación.
Barbadás celebra o X Festival Solidario a favor da asociación Por Eles TEA
O concerto levarase a cabo este sábado ás 19,00 horas no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e, como é habitual, correrá a cargo do alumnado e profesores da Escola de Música Municipal de Barbadás
“É unha combinación de música e solidariedade para contribuír a cambiar a sociedade e facela máis xusta, humana e empática”, destaca Marga Pérez, concelleira de Educación
As entradas están á venda por 5 euros no Centro Comercial Ponte Vella
O Concello de Barbadás aposta pola música como ferramenta educativa e impulsora dos cambios sociais a través do X Festival Solidario de Barbadás. Nesta décima edición, que se levará a cabo o sábado día 22 ás 19,00 horas, os beneficios do concerto irán destinados integramente á asociación Por Eles TEA Ourense.
“Esta é unha actividade que nos fai moita ilusión organizar. É unha combinación de música e solidariedade para contribuír a cambiar a sociedade, facela máis xusta, humana e empática”, explicou hoxe Marga Pérez, concelleira de Educación, na rolda de prensa de presentación. Como é habitual, os alumnos e profesores da Escola de Música Municipal de Barbadás serán os encargados do concerto, que terá lugar no auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
María Losada, vicepresidenta de Por Eles TEA, puxo en valor a implicación do Concello de Barbadás, así como da Escola de Música, e invitou á poboación a sumarse á cita para gozar dunha “actuación fantástica” sobre o escenario. “Todo este tipo de eventos nos axudan a seguir desenvolvendo a nosa labor, apórtannos un gran de area moi necesario”, asegurou. Marga Pérez aproveitou a ocasión para resaltar o papel de Por Eles TEA, cuxo traballo “é fundamental” para acompañar ás persoas e familias afectadas. “Por iso dende as administracións temos que seguir sendo un apoio real e económico”, recalcou. Xosé Carlos Valcárcel, o alcalde, tamén enxalzou a función da entidade: “Atende a 40 familias que probablemente non terían doutro xeito os servizos e o apoio que lles facilitan”.
A vicedirectora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Naiara Acuña, destacou a importancia deste tipo de actividades con fin “social e solidario”, así como da colaboración entre institucións. “Temos que tecer esa rede de colaboración entre uns e outros, porque a finalidade é a mesma”, apuntou.
Pola súa parte, Xoan Manuel Páxaro, director da Escola de Música Municipal de Barbadás, agradeceu o papel dos alumnos, das familias e dos profesores, que nestes días traballan arreo para ultimar os detalles da actuación. En total, 130 persoas participan no evento. “Dos músicos, os máis novos teñen 10 anos, e os máis maiores xa están na vintena”, sinalou. Páxaro tamén incidiu na perspectiva social da Escola: “Queremos que os rapaces se sintan en comunidade e favorezan a inclusión con este tipo de actividades”.
As entradas están á venda no CC Ponte Vella
As entradas, por valor de 5 euros, xa están á venda no punto de información do Centro Comercial Ponte Vella. O propio sábado, no caso de que aínda haxa billetes dispoñibles, haberá un pequeno posto no propio Conservatorio Profesional de Música de Ourense antes do inicio do festival.
Para aquelas persoas que non poidan asistir, pero queiran colaborar coa iniciativa igualmente, habilitouse a “fila cero”. As aportacións económicas pódense facer ao número de conta ES31 2080 0403 5130 4002 5443 ou ao bizum 07312.
“O éxito deste festival está garantido, todos os anos se enche o auditorio”, asegurou Xosé Carlos Valcárcel, quen agradeceu a colaboración das entidades e persoas colaboradoras.
Protección Civil de Barbadás recibe un kit de material loxístico de seguridade vial
Este tipo de axudas, adxudicadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta, concédense en réxime de concorrencia competitiva, o que amosa a capacidade de traballo de Protección Civil Barbadás
O equipo de Protección Civil de Barbadás vén de recibir un kit de material loxístico de seguridade viaria que facilitará o seu traballo nas emerxencias en carreteira. O concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, acompañado polo xefe de Protección Civil, David Corbal, e o voluntario David Barbosa, acudiu ao acto de entrega do material correspondente á Orde do 22 de xullo de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
Este tipo de axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva, o cal amosa o bo traballo desempeñado polos voluntarios de Protección Civil de Barbadás, que recibe material por décimo ano consecutivo. O novo kit permitirá realizar intervencións viarias con maior seguridade, non só para os voluntarios da agrupación, senón tamén para condutores e peóns.
O acto de entrega, realizado na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada, contou ca presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, así como alcaldes, concelleiros e voluntarios das agrupacións adxudicatarias.
O Concello de Barbadás pon en valor o relevante e incesante traballo de Protección Civil, e nesa liña seguirá apostando pola mellora de equipamento, instalacións e vehículos do servizo, tanto con medios propios como solicitando aportacións da Xunta e demais administracións.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
16/03/2025
Éxito de participación na II Carreira pola Igualdade de Barbadás
Cerca de 400 persoas de todas as idades percorreron hoxe as principais rúas da Valenzá para reivindicar a igualdade de xénero
Ao finalizar a proba, houbo sorteos de máis dunha vintena de premios entre os inscritos
As rúas da Valenzá tinguíronse hoxe de rosa coa II Carreira pola Igualdade de Barbadás. A cita, enmarcada na programación do 8M do Concello, congregou a cerca de 400 persoas de todas as idades que gozaron dunha xornada deportiva, reivindicativa e inclusiva. A concelleira de Igualdade, Elisabet González, agradeceu a elevada participación e remarcou a importancia de acadar unha sociedade xusta para homes e mulleres. “Hoxe gañamos todos e todas”, asegurou.
Antes de dar comezo a proba, Fernando González, veciño con mobilidade reducida e participante na carreira, dirixiuse aos presentes para reivindicar a necesidade de lograr unha inclusión real. “Todas as persoas temos un lugar no mundo e a inclusión e a ponte que nos permite descubrir todo o que podemos facer xuntos”, sinalou.
Ao remate da carreira, como novidade, houbo sorteos de máis dunha vintena de premios para os inscritos (xamóns, bonos para o comercio local, almorzos e incluso un móbil). O Concello de Barbadás agradece a implicación das empresas colaboradoras: Supermercado Otero Barbadás, A Cova do Sabio, Floristería Zeltia, Supermercado Froiz, Cafetería Kibu, Peluquería Anuska, O Colmear de Daniel, Frutas Jofesa, Consultoría Marta Ana Valado, Coren, Tapería Vely, Tenda Donicela, Restaurante O Chicote, Seguros Mapfre, Librería Moraima, Peluquería A nena das tesoiras, Ourenmatel, Bar Pepito, MarcaValado, Helbagraf e Duatel.
Barbadás aposta polo deporte, a muller e inclusión na II Carreira pola Igualdade
A cita levarase a cabo este domingo ás 11,00 horas polas rúas da Valenzá
Nesta segunda edición existe a posibilidade de realizar só o primeiro kilómetro do percorrido, para facilitar a inclusión de toda a poboación
A concelleira de Igualdade, Elisabet González, avanza que haberá “moitas sorpresas”, así como sorteos, ao finalizar a proba
O Concello de Barbadás presenta a II Carreira pola Igualdade, unha firme aposta polo deporte como motor da igualdade entre homes e mulleres. A cita, enmarcada na programación do Día da Muller, levarase a cabo este domingo a partir das 11,00 horas polas principais rúas da Valenzá.
“Hai que rachar coa fenda entre homes e mulleres, e o deporte ten que ser un acicate. Esta é unha carreira inclusiva na que poden participar nenos, adultos, persoas maiores e persoas con mobilidade reducida”, explicou hoxe o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación da proba. “En Barbadás cremos que o traballo en prol da igualdade debe levarse a cabo dende todas as áreas”, apuntou Elisabet González, concelleira de Igualdade. Esta é a segunda edición do evento e o Concello espera repetir o éxito de participación do ano pasado (arredor de 400 inscritos). O prazo para anotarse aínda estará aberto ata as 00,00 horas de hoxe.
A proba, impulsada polas concellerías de Igualdade e Deportes, consta dun percorrido de 5 kilómetros que se pode realizar “a pé, en cadeira de rodas, en bicicleta, en patín ou en monopatín”, segundo detallou González. Este ano, como novidade, os participantes que queiran poderán percorrer só o primeiro kilómetro. “Deste xeito pódense sumar á reivindicación todas as persoas que o desexen pero que non poidan completar os 5 kilómetros”, sinalou. A concelleira de Igualdade tamén avanzou outra das novidades: nesta edición haberá “sorpresas e sorteos” entre os participantes unha vez que finalice a carreira.
Noemí Pintos, concelleira de Deportes, animou á poboación a participar na proba para gozar dunha actividade deportiva distinta, reivindicar os dereitos das mulleres e compartir unha xornada coa familia e a veciñanza. “Da igual chegar de primeiro que de último, todos e todas somos gañadores”, asegurou.
Durante a presentación, tanto o alcalde como as concelleiras puxeron en valor o papel das empresas patrocinadoras e colaboradoras, así como da Policía Local de Barbadás e dos voluntarios de Protección Civil. “Sen a axuda de todos eles, esta carreira non existiría”, remarcou Elisabet González.
Na presentación da proba tamén estivo presente Fernando González, veciño de Barbadás con mobilidade reducida, quen agradeceu ao Concello a organización de actividades deportivas inclusivas. “Fernando é un exemplo de superación”, destacou Xosé Carlos Valcárcel.
O Centro de Información á Muller atendeu preto de mil consultas de 156 usuarias nos últimos 14 meses
Barbadás solicitará máis financiación á Xunta e ao Estado para reforzar as políticas pública de igualdade, tal e como se aprobou hoxe en pleno
Os grupos que forman o goberno local votaron a favor da moción que presentou o PP para fortalecer os servizos e actividades a prol da igualdade
O Centro de Información á Muller, un dos máis activos da provincia e mesmo de Galicia, atendeu durante os últimos 14 meses, desde xaneiro de 2024 ata este mes de marzo a 156 mulleres (algunas de fóra da provincia). O número de consultas achégase ó millar, que se reparten entre cuestións relacionadas coa atención social (565), atención psicolóxica (218) e asesoramento xurídico (174). En total, 957 atencións leva realizado o centro de Barbadás desde xaneiro de 2014 ata hoxe.
Estes datos foron postos sobre a mesa pola concelleira de Igualdade de Barbadás, Elisabet González, no pleno desta tarde, durante o debate dunha moción do PP na que pedía “unidade e cooperación” para combater as limitacións das mulleres e lograr así a “plena igualdade de dereitos e liberdades”. A proposta do grupo que lidera a oposición en Barbadás era a de requerir máis financiamento á Xunta e ao Goberno central para impulsar iniciativas que protexan ás máis vulnerables, favorezan a corresponsabilidade entre homes e mulleres e sensibilicen a toda a poboación.
E así foi aprobado, polo que o Concello de Barbadás solicitará máis financiamento á Xunta e ao Estado para reforzar as políticas públicas de igualdade e avanzar na loita contra a violencia machista.
A concelleira de Igualdade, Elisabet González, en resposta á moción dos populares, remarcou a importancia de contar con máis fondos para ampliar a carteira de servizos postos en marcha nos últimos anos en Barbadás, dirixidos a mellorar a conciliación das familias ou a inclusión laboral e social das mulleres. O Concello conta con programas como o Bos Días Cole ou iniciativas como o Punto Lila, instalado en eventos como o recente Entroido.
González fixo mención especial ao papel do Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás como “recurso imprescindible para asesorar e acompañar ás mulleres”, sobre todo ás que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. A moción do PP, de feito, solicita directamente á Xunta “máis ferramentas” para o servizo. A concelleira asegurou que unha maior financiación permitirá fortalecer os programas de apoio ás veciñas.
A moción aprobada no pleno tamén inclúe a demanda ao Estado de crear un xulgado exclusivo contra a Violencia de Xénero en Ourense, unha petición que xa reiterou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en varias ocasións, e que tamén se estende a Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
07/03/2025
Barbadás reforza o seu compromiso coas políticas de igualdade de xénero
A concelleira de Igualdade, Elisabet González, leu esta mañá o Manifesto do Concello de Barbadás polo Día da Muller
Na súa intervención, recordou as eivas todavía existentes na área laboral, na conciliación ou na educación
O Concello de Barbadás comprométese neste 8-M a seguir traballando a prol da igualdade entre homes e mulleres. A concelleira de Igualdade, Elisabet González, leu esta mañá o Manifesto polo Día da Muller, no que resaltou as eivas todavía existentes en áreas como o traballo, a conciliación ou a educación. “Só mediante a acción política transversal integral poderemos construír unha sociedade igualitaria”, recalcou.
Nesa liña, a concelleira reafirmou o compromiso do Concello de Barbadás cas mulleres a través do “deseño, elaboración e apoio” de todas as políticas públicas necesarias para mellorar a vida das veciñas. “Somos a institución máis próxima a cidadanía, e por iso seguiremos traballando dende a perspectiva de xénero”, resaltou. A edila tamén fixo fincapé en retos pendentes como a corresponsabilidade na familia e no fogar, a educación afectiva-sexual baseada no respecto e na igualdade ou a erradicación da violencia de xénero en todas as súas formas.
A concelleira de Igualdade leu o Manifesto no salón de plenos da Casa do Concello, acompañada por integrantes do grupo de goberno, representantes do PP, do CIM de Barbadás, da Policía Local, do funcionariado municipal, de Protección Civil e da veciñanza.
Barbadás aposta polo deporte e o teatro para conmemorar o Día da Muller
A concelleira de Igualdade, Elisabet González, recoñece os avances acadados, pero recorda que “queda moito camiño” para lograr unha sociedade igualitaria
A corporación realizará a Lectura do Manifesto mañá, ás 12,00 horas, diante da Casa do Concello
O prazo de inscrición para a II Carreira pola igualdade xa está aberto
O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa igualdade de xénero cunha variada programación conmemorativa do 8-M, Día Internacional da Muller. “Este é un dos días máis importantes para todas as mulleres”, resaltou hoxe Victoria Morenza, tenente de alcalde, na rolda de presentación das actividades previstas. Nesa liña, puxo en valor o espírito pioneiro de Barbadás na loita contra o machismo: “Este concello foi pioneiro en poñer en marcha un servicio de Igualdade ou en poñer en marcha o Centro de Información á Muller (CIM)”.
A concelleira de Igualdade, Elisabet González, destacou os avances sociais acadados nas últimas décadas grazas aos movementos feministas, pero recoñeceu que “queda moito camiño para conseguir unha sociedade xusta e igualitaria para todos e todas”. Por iso, recordou que as actuacións a prol da igualdade “non deben limitarse” a un só día: “Temos que traballar os 365 días do ano”.
Victoria Morenza e Elisabet González estiveron acompañadas durante a presentación da programación polas súas compañeiras do goberno local, Marga Pérez (concelleira de Educación), Ana Peleteiro (concelleira de Cultura) e Noemí Santos (concelleira de Deportes).
Manifesto, II Carreira pola Igualdade e “Nabiza girl II”
O programa deste 8-M arrancou xa o pasado venres, 28 de febreiro, coa colocación do Punto Lila na Festa de Comadres. “É un punto de apoio, atención e divulgación para lograr unhas festas libres de agresións sexistas, e por iso o poremos máis veces”, explicou Elisabet González, que fixo énfase na “importancia” de traballar a igualdade tanto con rapaces como con rapazas.
Mañá, 7 de marzo, realizarase ás 12,00 horas a Lectura do Manifesto por parte da corporación diante da Casa do Concello. Trátase dunha declaración institucional a favor da loita pola igualdade real de homes e mulleres.
O domingo 16 de marzo continúa a programación ca II Carreira pola Igualdade, impulsada dende a Concellería de Igualdade en colaboración ca Concellería de Deportes. Esta será a segunda edición, despois de acadar a cifra de 400 participantes o ano pasado. “É unha carreira inclusiva, e convidamos a toda a cidadanía a participar, pódese facer a pé, correndo, en patín, en bicicleta… Vai ser moi bonita”, asegurou González.
O prazo de inscrición xa está aberto, e pode realizarse a través da páxina web https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/ii-carreira-de-igualdade. O prezo da participación é de 5 euros para adultos, e de balde para menores de idade. A carreira comeza ás 11,00 horas na Glorieta da Familia da Valenzá, e o percorrido é de 5 kilómetros.
A programación remata o venres 28 de marzo coa obra de teatro “Nabiza Girl II” na Casa da Cultura Manuel María. “O teatro tamén é reivindicativo a prol da igualdade”, sinalou González. As entradas, de balde, pódense recoller na propia Casa da Cultura uns días antes da representación.
Barbadás despide o Entroido coa tradicional Queima do Meco
Unha longa comitiva, composta por bispos, cregos, viúvas e monxas, acompañou ao Meco pola avenida de Celanova ata a Praza Vella da Valenzá
O dúo Mystic Fire sorprendeu ao público cun espectáculo de lume, pese á choiva
O invitado de honra, Nicolás Maduro, rematou ardendo cos mecos
Barbadás despediuse este mércores do Entroido como manda a tradición: cun desfile fúnebre, no que non faltaron os prantos e lamentos, e a posterior Queima do Meco. A comitiva partiu da avenida de Celanova da Valenzá para acompañar ao Meco ata a Praza Vella da localidade. Alí, Ruxiarte, Picassito e Filomena (os mecos realizados polos colexios O Ruxidoiro, Luis Vives e Filomena Dato, respectivamente), acabaron convertidos en cinzas. O dúo Mystic Fire sorprendeu ao público cun espectáculo de música e lume, pese á choiva. Nicolás Maduro, o “invitado de honra” da cita, rematou ardendo cos mecos.
A cacharela e os fogos artificiais puxeron o colofón final á ampla programación entroideira deste 2025.
Durante estes días, milleiros de persoas gozaron do Entroido de Barbadás, con citas tan especiais como o Desfile Infantil ou o Gran Desfile do martes. O goberno local agradece a participación da veciñanza, así como de todas as persoas que participaron nas actividades e dos corpos de seguridade, que se encargaron de velar pola seguridade da poboación.
O Gran Desfile de Barbadás congrega a milleiros de persoas na avenida de Celanova
OurenPrix, Concert for Peace Putin y Zelenski al piano, Vikingos Locos O Fonsillón e Stolas, gañadores do Gran Desfile
Na categoría de Mecos resultou vencedora a Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces
O Gran Desfile de Barbadás concentrou este martes a milleiros de persoas na avenida de Celanova da Valenzá. Durante dúas horas, o público gozou da ampla variedade de propostas entroideiras que participaron na actividade, impulsada polo Concello de Barbadás.
Medio cento de comparsas e grupos deron conta da súa creatividade e espírito festivo con disfraces e carrozas de todo tipo: dende Trump ou o rei emérito ata os exipcios, os piratas ou os flamencos. Os integrantes da corporación municipal tamén se sumaron, ataviados de cazafantasmas á cabeceira do Gran Desfile.
Gañadores
A entrega de premios aos gañadores do Gran Desfile do Entroido de Barbadás puxo o colofón final á xornada do martes. O xurado, presidido pola concelleira Ana Peleteiro, estivo conformado por Xabier Teixeira, Jesús Rodríguez, Paula Rodríguez, Manuel Álvarez, María Purificación Montes e Santino Fidalgo (este último, como secretario).
Os vencedores, por categorías, foron os seguintes:
Premios Mecos:
Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces (300 euros)
María Belén Fernández Muñiz (200 euros)
Asociación de Veciños San Martín de Loiro (100 euros)
Premios Gran Desfile:
Individuais:
Stolas (200 euros)
Parellas/tríos:
Concert for Peace Putin y Zelenski al piano (300 euros)
Éxito de participación na festa infantil e no concurso de disfraces do Entroido
Cerca dun centenar de rapaces desfilaron no Parque da Solaina
Rayo McQueen, Pippi Calzaslargas, Las Leopardas e Años 80 foron os gañadores do concurso
A festa infantil de disfraces do Entroido de Barbadás encheu o Parque da Solaina da Valenzá de cores, música e baile. Cerca dun centenar de rapaces de 0 a 12 anos participaron no concurso impulsado dende a Concellería de Educación, no que os nenos e nenas desfilaron ante un animado público. Pola plataforma camiñaron vaqueiros, dinosauros, personaxes de Marbel, raíñas, animadoras, ninjas, flamencos e mesmo un tomate cherri e un pediatra.
O xurado do concurso foi escollido de xeito aleatorio entre o público. Así, Carlos, Lucía, Fátima, Víctor, Lucía, Belén, Raquel, Jenny e Geraldine foron os encargados de seleccionar aos gañadores. Trala merenda saudable, cortesía da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega), DJ Tibu deu a coñecer os nomes dos vencedores. A tenente de alcalde, Victoria Morenza, e as concelleiras Marga Pérez e Ana Peleteiro entregaron os regalos aos gañadores, que subiron ao escenario entre aplausos, música e confeti.
O resultado do concurso foi o seguinte:
Categoría de 0 a 4 anos:
Rayo McQueen
Niño de la ducha
Tomate Cherri
Categoría de 5 a 8 anos:
Pippi Calzaslargas
Princesa Peach
Baby Yoda
Categoría de 9 a 12 anos:
Las Leopardas e Años 80
Vaquera
Guacamayos
O evento contou coa presencia de Protección Civil Barbadás, que se encargou de velar pola seguridade de pequenos e maiores.
Lito, da orquestra Panorama, prende a mecha do Entroido de Barbadás
A celebración continuou ca Festa de Comadres e a ambientación musical de Gramola Disco
O cantante Lito Garrido, director da orquestra Panorama, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída da fin de semana de Entroido de Barbadás. O seu pregón supón o inicio dos días grandes da programación, con citas tan esperadas coma o Gran Desfile do martes ou a Queima do meco do mércores.
Dende a Glorieta da Familia da Valenzá, Lito prendeu a mecha da celebración acompañado pola concelleira Ana Peleteiro. A noite continuou ca Festa de Comadres e a ambientación musical da Gramola Disco.
Máis de 1.200 persoas participan no Desfile Infantil de Barbadás
Escolares e docentes dos colexios Luis Vives, O Ruxidoiro e Filomena Dato e do Centro Ocupacional As Burgas encheron de cor as rúas da Valenzá
Os mecos elaborados polo alumnado permanecerán colgados na Glorieta da Familia ata o final do Entroido
Os escolares de Barbadás foron os grandes protagonistas da mañá entroideira do venres na Valenzá. Máis de 1.200 persoas, entre alumnado e docentes dos colexios Luis Vives, O Ruxidoiro e Filomena Dato e do Centro Ocupacional As Burgas, participaron no Desfile Infantil impulsado polo Concello de Barbadás.
Cada grupo saiu do seu centro pouco antes do mediodía para logo xuntarse na Glorieta da Familia, o epicentro da celebración. Alí os esperaban dous animadores nun pequeno escenario, dende o que se encargaron de poñer a banda sonora da xornada, así como de presentar aos centros participantes.
Como colofón do Desfile, representantes de cada colexio subiron ao escenario para ensinar os mecos elaborados nas últimas semanas: Ruxiarte (O Ruxidoiro), Picassito (Luis Vives) e Filomena e peregrino (Filomena Dato). Os mecos permanecerán colgados na Glorieta da Familia ata o remate do Entroido.
O Museo da Gaita súmase ao Entroido cun obradoiro de construción de mecos
A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, permitiu dar a coñecer entre os máis novos a tradición dos mecos e a súa importancia nas festividades populares
O Museo da Gaita do Concello de Barbadás acolleu este sábado un obradoiro de construción de mecos dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Durante a actividade, os participantes tiveron a oportunidade de aprender sobre a tradición dos mecos e a súa importancia nas festividades populares. A través dun enfoque lúdico e didáctico, os nenos traballaron con diferentes materiais para deseñar e decorar as figuras que presidirán o Museo durante o Entroido, fomentando así a súa creatividade e participación activa na cultura galega.
O obradoiro non só permitiu aos máis pequenos desenvolver habilidades manuais, senón que tamén serviu como un espazo de convivencia e aprendizaxe no entorno museístico. A iniciativa estivo guiada por expertos, que explicaron o significado dos mecos dentro da tradición do Entroido.
O evento contou cunha gran acollida e permitiu que os nenos se achegasen de forma dinámica ás costumes locais, reforzando o valor do patrimonio cultural galego dun xeito divertido e interactivo.
Difusión, recuperación e mantemento das tradicións
O Museo da Gaita de Fole, ademais de promocionar a música tradicional en xeral e da gaita en particular con visitas guiadas, actuacións musicais e diferentes actividades o longo do ano, tamén realiza múltiples traballos de difusión, recuperación e mantemento das tradicións como é o caso do obradoiro que tivo lugar esta fin de semana.
Barbadás inaugura o Entroido 2025 coa Regueifa de Compadres
80 escolares de 3º de Primaria do CEIP Filomena Dato e do CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro participaron na actividade, impulsada dende a área de Educación
O Concello de Barbadás inicia a súa programación do Entroido 2025 da man dos máis pequenos do municipio. A Praza Vella da Valenzá acolleu este mediodía a tradicional Regueifa de Compadres, na que participaron 80 escolares de 3º de Primaria do CEIP Filomena Dato e do CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro.
A actividade, impulsada dende a área de Educación do Concello, ten como obxectivo dar a coñecer esta tradición entroideira entre as novas xeracións. “Primeiro aprenden a elaborar os compadres e comadres nos colexios e logo disfrutan da regueifa. É unha tradición que queremos que se conserve e que xa levamos varios anos impulsando”, explica Marga Pérez, concelleira de Educación.
Ao grito de “que morran os compadres”, os participantes fixeron da Praza Vella o escenario dunha colorida e divertida “batalla” entroideira. Integrantes da corporación local, así como axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, tamén estiveron presentes na actividade.
A próxima cita: Xoves de Comadres
A programación do Entroido 2025 en Barbadás continuará o vindeiro xoves, coa celebración da Regueifa do Xoves de Comadres. Nese caso, será o alumnado de 4º de Primaria do Filomena Dato e do Ruxidoiro o que se divirta na Praza Vella.
Plan de obras: 1,1 millóns de euros aprobados para 2025 e 1 millón máis executado no que vai de mandato
O Goberno local rende contas, núcleo a núcleo, das obras executadas desde xullo do 23 a decembro do 24 e das aprobadas para este ano: 35 en total
Valcárcel e Morenza presentan un plan de infraestruturas froito da colaboración institucional, a escoita á veciñanza e o acordo entre partidos
Co ano recentemente iniciado, Barbadás xa ten aprobada para 2025 e so pendente de licitación unha inversión de 1,1 millóns de euros en diferentes infraestruturas, con financiamento propio, do Goberno de España, da Xunta de Galicia ou da Deputación de Ourense. En total son 9 actuacións, que van desde a substitución de luminarias tradicionais por leds en todo Bentraces e Barbadás, ata a rexeneración de estradas, recuperación de edificios (antiga escola de Sobrado), novas áreas de recreo e deportes (Parque Lucinda), a ampliación do Polideportivo, obras de saneamento ou melloras nos accesos, como por exemplo á Valenzá Vella.
A estas 9 se lle sumarán en breve, polo menos, outras 6 obras, con proxectos que están actualmente en redacción ou pendentes de subvencións e cuxo importe se sumará ao longo de ano aos 1,1 millóns citados anteriormente.
Así o detallaron esta mañá o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde e concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, que presentaron o plan de obras para 2025 e fixeron avaliación da evolución do mesmo durante o que vai de mandato.
Neste período, desde xullo de 2023, o goberno local terá executado ou aprobado para executar este ano 35 obras de infraestruturas cunha inversión de 2.160.000 millóns de euros, todo elo en pouco máis de ano e medio. A inversión asociada ao Plan de Obras será maior ao rematar este ano, pois hai proxectos que, como sinalaron tanto o alcalde como a concelleira, están agora mesmo en fase de redacción ou pendentes de acadar o financiamento necesario.
“Este é un goberno que goberna dunha forma xusta para todos os pobos do municipio. As necesidades son sempre moitas e resulta imposible cubrilas todas porque os recursos tamén son limitados, pero tentamos atender o maior número delas, chegando a cada recuncho do municipio. A proba está en que cando remate este ano, teremos feito obras en todos os pobos, con criterios de necesidade e interese xeral. No que resta de mandato, seguiremos facendo o mesmo, de tal xeito que equilibraremos o número de actuacións en cada núcleo”, explica Valcárcel.
Tanto Victoria Morenza como Valcárcel destacan o exercicio de colaboración institucional que fai posible este plan de obras, con financiamento de diferentes administracións, así como “o traballo de escoita coa veciñanza para identificar as necesidades”, que apuntou o alcalde, ou de “negociación e consenso tanto co socio de goberno, Dani Rey de DO, como con Ramón Padrón, que tamén propuxo algunhas das obras incluídas no plan”, engadiu Victoria Morenza.
Xa por último, Valcárcel referiuse á presentación deste plan como o síntoma da boa saúde democrática do goberno progresista de Barbadás e, sobre todo, como un exercicio de transparencia. “A rendición de contas é esencial en democracia, así que iso é o que estamos facendo: explicar onde se inverte cada euro público que xestiona o Concello de Barbadás, tanto de fondos propios como procedentes doutras administracións. Este Concello superou os tempos da opacidade e non dará un so paso atrás en materia de transparencia. Gustará máis ou menos o que facemos, acertaremos ou nos equivocaremos, pero xamais ocultaremos nada”, rematou.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
13/01/2025
O CET Barbadás pecha o 2024 cun éxito rotundo nas accións formativas
Organizáronse 14 accións formativas das que se beneficiaron máis de 200 participantes, axudando ademais á inserción de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación do Concello de Barbadás culminou o ano 2024 cumprindo amplamente o obxectivo de fomentar a inserción laboral no marco socioeconómico actual. Ao longo do ano, a Área de Formación do CET Barbadás organizou 14 accións formativas que beneficiaron a 222 participantes, combinando teoría e práctica para mellorar as competencias profesionais.
Prioridade aos colectivos máis vulnerables
As actividades formativas enfocáronse principalmente en persoas desempregadas, maiores, mulleres e colectivos en risco de exclusión social. Cunha participación do 53,6% de mulleres, destacouse a súa inserción en sectores tradicionalmente masculinizados. Ademais, apostouse por reducir a fenda dixital na poboación rural mediante programas de aprendizaxe en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.
Accións formativas destacadas
Entre os cursos e talleres realizados ao longo do 2024, destacan:
Taller ExpertClick e Obradoiro de Apps para maiores de 55 anos: Programas dirixidos a mellorar a independencia dixital, ensinando dende a banca online ata o uso de aplicacións móbiles.
Curso de manipulación de alimentos: Tres edicións para cubrir a alta demanda nos sectores de hostalería e alimentación.
Cursos profesionalizantes: Como operador/a de carretilla elevadora e plataforma elevadora, con múltiples edicións pola gran demanda.
Cursos de coidados básicos a persoas dependentes e cursos de cociña creativa, apostando pola formación práctica e innovadora.
Alta demanda e continuidade en 2025
As actividades formativas tiveron unha excelente acollida, con listas de espera en varios cursos. Por este motivo, dende a Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Formación de Barbadás anuncian que en 2025 continuarán coa mesma liña de traballo, afondando na dixitalización e na especialización profesional.
O Centro de Emprego e Tecnoloxía (CET) Barbadás consolidouse como un referente na formación orientada ao emprego, destacando pola súa capacidade de adaptación ás necesidades do mercado laboral e pola inclusión de colectivos vulnerable
Barbadás reordena o tráfico en tres rúas da Valenzá para mellorar a mobilidade e aumentar a seguridade
A proposta abrangue a zona denominada antigamente urbanización de Bahamonde, en concreto as rúas Carrís e Salgueiriños, e á Calzada Romana
O Concello de Barbadás reordenará o tráfico nas rúas Carrís e Salgueiriños, ademais de na rúa Calzada Romana, todas elas na Valenzá.
En canto as dúas primeiras, actualmente son de dobre sentido de circulación (cun carril para cada sentido) cun ancho inferior a 2,5 metros e con zona de estacionamento en ambas marxes.
Aínda que non existe unha normativa estatal específica para determinar os anchos das vías, as recomendacións á hora de deseñalas estiman un promedio de ancho de entre 2,8 e 2,2 metros para así garantir a súa funcionalidade e, sobre todo, a seguridade viaria.
Por este motivo, o Concello reordenará o tráfico nas rúas Carrís e Salgueiriños despois da proposta realizada pola Policía Local. Isto permitirá mellorar non só a seguridade viaria, senón tamén conseguir unha circulación máis fluída. Así mesmo, tal e como se indica no expediente da Policía Local, “esta ordenación tería tamén un efecto positivo na Avenida de Celanova, xa que gran parte dos vehículos que dende Ourense acceden á Valenzá cara a zona do Paseo dos Amieiros, Paz, Areal, etc, circularían por estas rúas ao ser máis seguras, aliviando así o tráfico pola Avenida de Celanova (a día de hoxe moitos condutores non o fan por medo a ter un accidente polo estreito destas rúas)”.
Deste xeito, a rúa dos Carrís pasará a ser nunha rúa de sentido único ascendente, da rúa Salgueiriños á rúa Areal. O estacionamento realizaríase en liña, como na actualidade, con prazas de dimensión de 2,2 metros de ancho en ambos marxes, quedando un carril de circulación duns 4 metros de ancho.
Para o caso da rúa Salgueiriños, converterase nunha rúa de sentido único descendente, da rúa Areal á rúa 17 de Maio, con estacionamento en liña cuxas prazas teñan 2,2 metros de ancho e cun carril de circulación de 4,6 metros de ancho.
Reordenación tamén da rúa Calzada Romana
A reordenación afecta tamén a rúa Calzada Romana, que actualmente conta con dobre sentido de circulación en aglomerado asfáltico que está en bo estado de rodadura pero que se trata dunha vía de ancho irregular e cuxa beirarrúa está iluminada nunha soa marxe.
Precisamente o seu escaso ancho nalgunhas zonas supón un perigo, especialmente nas fins de semana, xa que se trata da principal vía de acceso ao polideportivo e campo de fútbol, polo que se concentra gran cantidade de tráfico cando hai competicións deportivas ou xoga o equipo de Barbadás. De feito, en ocasións prohíbese temporalmente a entrada de vehículos dende o Parque dos Patos ata o campo de fútbol.
Para solventar esta situación, o Concello de Barbadás atenderá a recomendación da Policía Local de convertela permanentemente nunha vía dun só sentido de circulación en dirección sur-norte (dende o campo de fútbol ata o Parque dos Patos). Ademais, contémplase instalar algún elemento redutor de velocidade para que, unha vez sexa de sentido único e polo tanto máis ancha, ningún condutor aproveite a maior comodidade da vía para circular a máis velocidade.
Estas mudanzas, contempladas para as rúas Carrís, Salgueiriños e Calzada Romana, comezarán a aplicarse de forma paulatina a partir do día de Reis, a medida que se leven a cabo as modificacións precisas na sinalización viaria, tanto horizontal como vertical.
Con estas actuacións o Concello de Barbadás quere seguir traballando e afondando nas medidas para convertir a localidade barbadesa nun municipio máis humanizado, seguro e cómodo para os seus habitantes.
Barbadás actualiza o seu rueiro: rexistra 142 novas rúas e modifica 7.646 números de acceso a edificios
Mellorará a sincronización coas bases de datos como Padrón ou Catastro e a precisión e fiabilidade das xestións administrativas
O Concello de Barbadás vén de rematar os traballos de actualización do rueiro municipal, unha iniciativa desenvolvida en coordinación coa Base de Datos Catastral. Este proxecto, que foi acordado en pleno no ano 2008, permitirá unha total sincronización entre os datos do Padrón de habitantes do Concello e a información rexistrada na Base de Datos Catastral.
Ademais, este traballo servirá para incluír a referencia catastral de cada un dos inmobles existentes nos datos do Padrón de habitantes, mellorando así a precisión e a fiabilidade da xestión administrativa.
É destacable que son moi poucos os concellos na provincia de Ourense e mesmo na comunidade autónoma de Galicia que teñen realizado un labor desta magnitude. Como parte do proxecto, déronse de alta un total de 142 rúas novas que non estaban rexistradas e modificáronse 7.646 números de policía en todo o municipio, é decir, números asignados ós edificios para identificalos na vía pública.
Actualmente, o Concello de Barbadás conta cun totral de 518 rúas e 26 entidades poboacionais. Na zona urbana existen 3.530 parcelas edificadas, 17.892 bens inmobles e 5.700 parcelas sen edificar. Por outra banda, na zona rústica hai un total de 26.124 parcelas.
Os traballos foron executados por unha empresa especializada neste tipo de tarefas, en estreita colaboración cos departamentos de Padrón e Urbanismo do Concello de Barbadás, así como coa Xerencia do Catastro de Ourense.
Con esta actuación, o Concello de Barbadás sitúase á vangarda da modernización administrativa, garantindo un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades da cidadanía.
“Este novo rueiro supón a actualización a todos os niveis, dado que ao comezar polo Concello chega por derivación ao resto, como o Catastro ou Correos. De feito, todoistes arquivos xa foron enviados ó Catastro, que vai ter un rueiro real, actualizado e, sobre todo, conectado co do Concello para evitar os moitos erros que se tiñan detectado ata o de agora. Actualízanse así os nomes das rúas e os números reais de cada edificio. É un avance claro, porque así todas as institucións e administracións terán os mesmos datos, actualizados”, explicou ó respecto a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza.
Barbadás acolle un taller de elaboración de instrumentos musicais de Nadal para os máis pequenos
A rapazada poderá crear os seus propios instrumentos musicais con temática de Nadal
O Museo da Gaita de Fole organiza o próximo 14 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas, un creativo e divertido Taller de Elaboración de Instrumentos Musicais de Nadal. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, cun máximo de 20 prazas dispoñibles para garantir unha atención personalizada e un espazo participativo.
Durante o taller, os participantes poderán crear os seus propios instrumentos musicais con temática de Nadal, fomentando a súa creatividade, aprendizaxe manual e interese pola música.
Inscricións
Para participar, as familias deberán realizar a inscrición chamando ao teléfono 988 360 413 ou enviando un correo electrónico a museodagaita@barbadas.gal.
Esta iniciativa é unha oportunidade única para que os máis pequenos gocen dun Nadal diferente, achegándose á música dun xeito divertido e educativo.
O evento está organizado co apoio do Museo da Gaita de Fole e o Concello de Barbadás, o que se une a unha ampla programación de actividades propostas para esta época de Nadal.
Inscricións ata o 12 de decembro de 2023 antes das 14:00 h
CONTENT.1789178179
30/10/2024
Uxía Romero, un orgullo para Barbadás no Campionato de Europa Junior de Halterofilia
Uxía Romero Saco, barbadesa de 19 anos, converteuse onte na Subcampioa de Europa de Halterofilia Junior na competición celebrada na cidade polaca de Raszyn. Ademais, tamén gañou a medalla de bronce na modalidade de dous tempos.
A semana pasada, a través do alcalde e en nome de toda a veciñanza, trasladámoslle desde o Concello todo o noso ánimo, forza e sorte antes de partir cara Polonia ao Campionato.
Agora queremos compartir o seu espectacular resultado con todos os veciños e veciñasBarbadás, á espera de poder felicitala persoalmente.
Unha vez máis, parabéns Uxía.
En Barbadás agardámoste cheos de orgullo e compartindo a alegría que nos das.
O Samaín transformará o casco vello da Valenzá en “Alicia no país dos pesadelos”
O Concello programa actividades lúdicas e aterradoras durante os catro últimos días do mes, con obradorios de maquillaxe, decoración e maxia terrorífica
Durante os días 28, 29 e 30 de outubro, de 16:00 a 20:00 horas, realizaranse talleres no Espazo Infantil, reservados para os socios e socias. Estes talleres inclúen decoración, maquillaxe e un emocionante taller de maxia terrorífica, perfecto para mergullarse na atmosfera do Samaín.
O 31 de outubro, a xornada culminará cunha serie de eventos arrepiantes. Ademais do “Truco ou trato” polos establecementos da Valenzá, ás 19.00h terá lugar a representación de “Alicia no País dos Pesadelos”, que transformará o casco histórico da Valenzá nunha pasaxe de terror e se agasallará cun bolo preñado a todos aqueles que acudan disfrazados.
Ademais, ás 20.30h gozarase dunha exhibición de baile infantil de MVT Galicia, que poñerá o broche a estas noites de terror.
Dende o Concello animan a participar nestas actividades cuxa programación busca “fomentar a participación e o goce das familias, mentres se promove a cultura e tradición do Samaín na comunidade”.
Barbadás súmase á celebración do Día Mundial da RCP 2024 con actividades de formación e concienciación
As xornadas desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro con talleres prácticos para profesionais, estudantes e público xeral
No marco do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), baixo o lema “As túas mans salvan vidas”, o Concello de Barbadás prepara unha serie de eventos para promover a importancia da RCP e o soporte vital básico (SVB). Estas actividades, organizadas pola Concellería de Educación e en colaboración coa Área de Emerxencias e Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería Forestal, desenvolveranse do 16 ao 23 de outubro e están dirixidas tanto ao público xeral como a escolares e profesionais.
O obxectivo principal é concienciar á poboación sobre a importancia de actuar ante unha emerxencia médica, subliñando que as técnicas de reanimación e soporte vital poden ser determinantes para salvar vidas.
Día Mundial da RCP
Este evento internacional ten como obxectivo aumentar a conciencia pública sobre a importancia da reanimación cardiopulmonar e o soporte vital básico, educando á poboación para que saiba como actuar en situacións de emerxencia que poñan en risco a vida.
O Concello de Barbadás convida a toda a comunidade a participar nestas actividades formativas que poden marcar a diferenza en situacións críticas.
Programación das actividades polo Día Mundial da RCP 2024 en Barbadás:
Mércores, 16 de outubro – 17:00 h
Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB
Lugar: Carpa de Emerxencias de Protección Civil, Rotonda dá Familia.
Luns, 21 de outubro
Taller práctico de soporte vital, con maniquíes simuladores
Impartido por Brais Ramos López, enfermeiro e técnico de emerxencias sanitarias.
Horarios:
10:00 a 12:00 h en FONVAL
16:00 a 18:00 h en CEIP O Ruxidoiro
18:30 a 20:30 h en Escola Infantil Municipal
Dirixido a todo o público en xeral.
Martes, 22 de outubro
Taller práctico de soporte vital básico para escolares
Impartido por María Méndez Lage, técnica de emerxencias sanitarias.
Dirixido a profesionais e estudantes dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato.
Mércores, 23 de outubro
Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB
Lugar: Carpa de Emerxencias de Protección Civil nas escolas deportivas do Polideportivo Municipal.
As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final
Os traballos de aplicación do aglomerado remataron, restando agora a realización dos traballos de pintado
As obras para a rehabilitación do firme nas rúas Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato están a piques de finalizar. A falta dalgúns detalles, como o pintado, o groso das reformas xa está feito unha vez quedou aplicado o aglomerado.
Os traballos foron realizados pola empresa Extraco e coa financiación do Plan Provincial de Cooperación de Obras. Trátanse dunhas obras moi demandadas pola veciñanza da zona.
“A falta dalgúns detalles, as obras están xa no tramo final. Escoitamos as peticións dos veciños e veciñas e tentamos de pór solucións aos problemas que máis lles afectan na súa vida diaria”, explica a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza.
Con este e outros proxectos como o de Pavimentación do Camiño do Barro, o Concello de Barbadás pon de manifesto a súa vontade e compromiso de dotar aos distintos núcleos do municipio dunhas infraestruturas dignas, mellorando así a calidade de vida das veciñas e veciños, así como preservar as condicións medioambientais deses lugares.
O paseo do Parque da Liberdade estrea novo aspecto para ser máis accesible en cadeiras de rodas ou carros de bebés
O paseo do Parque da Liberdade muda definitivamente de aspecto co remate esta mesma semana das obras de reforma levadas a cabo durante os últimos meses por parte de Construcciones Viso.
A actuación consistiu na eliminación das barreiras existentes para mellorar a accesibilidade a unha zona moi frecuentada polas familias da Valenzá, a carón da avenida de Celanova. Para iso, retirouse o formigón existente, os sumidoiros e as raíces das árbores, formigonando de novo á vez que se colocaron novos sumidoiros e levantáronse as arquetas ata a cota do formigón, arranxando os tramos con lastras rotas.
Grazas a isto, hoxe é unha zona perfectamente accesible, especialmente para quen o faga en cadeira de rodas ou con carros de bebés.
“Agora pódese acceder con facilidade tanto dende o inicio coma dende o final do Parque. Isto favorece a mobilidade, accesibilidade e seguridade dos veciños e veciñas que pasean por esta zona”, valora Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás.
A obra no saneamento e pluviais da rúa do Viso mellorará o acceso ao centro da Valenzá para a lo menos 3.000 persoas
Este vial, que tamén da acceso ao Mercadona, é de uso habitual para a veciñanza de Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor
As obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Viso, cun orzamento de algo máis de 66.000 euros e que comezaron a semana pasada, suporán tamén unha importante mellora na accesibilidade ao centro da Valenzá desde Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor, pois incorpora tamén un novo firme para este vial, que será reaglomerado.
Esta zona, moi habitada e frecuentada por veciños e veciñas de outros lugares do municipio, pois tamén se atopa o Mercadona, sofre problemas de acumulación de agua en épocas de choiva pola falta de capacidade de desaugue.
O obxectivo da actuación é precisamente aumentar a eficiencia do sistema de saneamento, pero non o único, pois tamén mellorá a mobilidade e a seguridadeviaria nesta rúa.
As obras inclúen a instalación de preto de 75 metros de tubaxes de PVC de maior capacidade que as actuais, así como a construción de seis novos pozos de rexistro para mellorar a xestión das augas pluviais.
As pluviais serán canalizadas para evitar que prexudiquen a Rúa San Bernabé e os garaxes da zona, que sufrían inundacións cotiáns debido á inadecuada dimensión das tubaxes para a urbanización e poboación que agora mesmo ten a zona.
“Aumentaremos o número e dimensión das tubaxes para poder recoller adecuadamente as pluviais e confluír despois na rede xeral”, explica a tenente alcalde Victoria Morenza sobre as obras.
Así mesmo, tamén se acometerán outras actuacións dentro do marco deste proxecto, coma a demolición de bordos e pavimentos en mal estado, a renovación do mobiliario urbano afectado polas obras e a repavimentación da calzada.
“Imos aglomerar a Rúa do Viso, o que mellorará a accesibilidade e seguridade desa vía que ademais é a ruta de acceso para veciños de Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor. Isto supón unha poboación dunhas tres mil persoas, moitas delas usuarias habituais desta rúa e que polo tanto tamén se beneficiarán das obras incluídas neste proxecto”, aclara a tenente alcalde Victoria Morenza.
A mellora do firme na Rúa do Viso únese ás melloras acometidas nos últimos anos na propia Travesía do Viso ou na rúa das Burgas.
O prazo de execución dos traballos é de tres meses, segundo o proxecto adxudicado.
“A nosa vontade é a de mellorar as infraestruturas públicas e dotar ós veciños e veciñas de equipamentos de calidade nas cuestións que afectan na súa vida diaria. É así como podemos mellorar a calidade de vida no concello e así é como o faremos”, explica sobre estas obras a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, que tamén destaca que “tal e como se recolle no proxecto, estas obras non só servirán para solucionar os problemas actuais que presenta a rede de saneamento, senón que contribuirá a previr futuras incidencias relacionadas coas choivas. Dese xeito, a vida útil das infraestruturas tamén aumentará”.
As cifras récord de usuarios do transporte e de proxectos técnicos redactados obriga a achegar máis fondos a ambas partidas antes de que remate o ano
O pleno aproba unha modificación de crédito de 158.000 euros para asignar o que restaba dos 7000.000 adicionais da liquidación do Estado.
Despois de aprobar a principios de agosto un incremento de 700.000 euros adicionais por parte do Estado ás arcas municipais, en concepto de liquidación definitiva da súa participación nos tributos estatais, hoxe a Corporación aprobou unha modificación de crédito para adicar parte daquel aporte (exactamente 158.000 euros) a necesidades urxentes que non poden demorarse ao exercicio seguinte ou ben a facer fronte ao in-cremento xeneralizado de prezos.
Entre as primeiras, están a inxección de 40.000 euros máis este ano en axudas ao transporte dado o notable incremento de viaxeiros; a aumento en 25.000 euros da partida coa que se financia a redacción dos proxectos das obras incluídas no Plan Pro-vincial ou a asignación de 15.000 máis á contratación de estudos e traballos técnicos. Esas dúas últimas achegas dan una idea da cantidade de proxectos nos que está a traballar, redactar e impulsar o goberno local e que na maior parte dos casos teñen que ver coa mellora de infraestruturas básicas e da calidade de vida da veciñanza no seu día a día. En total, todos estes proxectos suman 400.000 euros de inversión.
Pero tamén é moi relevante o incremento de usarios do transporte público bonificado, que non ten deixado de medrar en Barbadás. Xa no 2023 alcanzara as 308.355 viaxes, por 215.492 no 2022. O Concello, pioneiro neste tipo de axudas, bonifica o billete xeral cun desconto do 37%, qué é dun 55% para estudantes e dun 48% para pensionistas, sendo totalmente gratis para as personas en risco de exclusión.
Na modificación de crédito aprobada hoxe inclúense máis recursos para servizos de educación, fomento do emprego, subministros para instalacións deportivas, traballos técnicos ou reparación de maquinaria. En canto ao resto do incremento de 700.000 euros, o goberno destinouno íntegramente a inversións e pago de facturas de provee-dores.
Outros dous acordos relacionados coa aportación extraordinaria de fondos do Estado foi a declaración de créditos non dispoñibles por importe de 541.000 euros, que eran os que tiña previsto solicitar o Concello no momento de aprobación do orzamento, pero que xa non o fará ao quedar cuberta esa previsión cos ingresos adicionais das arcas estatais.
Todos estos acordos económicos sairon adiante cos votos dos concelleiros do PSdeG-PSOE, DO e Partido Galego, mentres que PP e BNG votaron en contra.
Previamente, tomaron tomaron posesión das súas actas a concelleira socialista Noemí Pintos e o concelleiro popular Roberto Fernández.
Por unanimidade, a corporación aprobou unha moción do PsdeG-PSOE e DO que supón un toque de atención ás empresas subministradoras de servizos (electricidade, gas, telecomunicacións, auga…). Amparándose en exemplos reais de desatención ou aten-ción tardía por parte de diferentes compañías, a corporación pídelle o establecemento de canles de comunicación de fácil acceso, sen automatización, e oficinas de atención ao público suficientes, evitando así a fenda dixital. Tamén unha canle directa coas administracións ou a solución inmediata das incidencias que afecten á colectividade.
Cos votos de PP e o BNG saíu adiante unha moción do partido nacionalista para que cada grupo poda ceder o tempo da súa intervención a calquera persoa, representante dun colectivo social ou veciñal, cedéndolle mesmo o seu escano para que realice a súa intervención.
A que non se aprobou foi a relativa á solicitude, por parte do BNG, dunha condena do xenocidio en Gaza e a ocupación de Palestina, que obtivo os votos en contra do PP e a abstención de PSdeG-PSOE e DO por non incorporar tamén á declaración ás vítimas de Hamás.
O PP si sacou adiante unha das súas dúas mocións, si ben coa abstención dos dous partidos que forman parte do goberno. En concreto a que ten que ver coa aprobación de bonificacións para quen acredite unha situación de vulnerabilidade económica, algo ao que se comprometeu o alcalde de cara ao próximo ano.
A segunda, que propoñía a derrogación da subida das taxas da Escola de Música e un-ha investigación sobre o proceso polo que se tomou esta decisión, foi rexeitada pola suma dos 8 votos de PSdeG, DO e Partido Galego, resultando decisivo para desfacer o empate o voto de calidade do alcalde. O incremento das cuotas para este ano foi de 40 anos (de 120 a 160 euros), que en función da duración do curso se traduce en 4 euros á semana e a un euro por cada hora de clase, tal e como detallaron tanto o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, como á concelleira de Cultura, Marga Pérez. Precisamente a concelleira puxo sobre a mesa un informe da interventora que di que os prezos públicos debe cubrir o custe dos servizos. Coa suba das taxas, esta cobertura no caso da Escola de Música é do 13%.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
05/10/2024
O alcalde de Barbadás considera un “aldraxe” e “claro favoritismo” o anuncio da Xunta da construción dun novo instituto en Pereiro
Mentres que os mozos e mozas de Barbadás, único concello galego con máis de 10.000 habitantes sen instituto, estrearon o curso desprazándose ata Ourense para poder estudar, a Xunta de Galicia vén de anunciar a construción dun centro educativo de secundaria na localidade de Pereiro de Aguiar.
Hai case un mes que os concelleiros e concelleiras do goberno local de Barbadás se concentraron nun acto reivindicativo no solar xa cedido á Xunta ao carón do parque dos Patos para a construción destas instalacións e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que a loita para que Barbadás conte cun instituto debe continuar.
O rexedor solicitou ata en catro ocasións unha reunión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sen obter resposta algunha e considera un “aldraxe” e “claro favoritismo” que agora se anuncie a construción dun centro de secundaria en Pereiro de Aguiar. Tamén tacha de “falta de coherencia e contrasentido” a xustificación de Rueda para levar a cabo o proxecto no concello veciño, xa que “Barbadás leva máis de 20 anos en crecemento demográfico continuado e máis de 15 anos demandando o instituto”.
Tamén se cumpren 15 anos da firma do protocolo de inicio das obras do IES de Barbadás por parte do entón conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. “Non nos opoñemos á construción dun instituto en Pereiro pero pedimos coherencia e un trato xusto en base á demanda existente en Barbadás dada a nosa poboación estudantil”, engadiu Valcárcel.
O Concello axuda economicamente ás familias en canto ao transporte dos alumnos e alumnas que deben desprazarse a outros concellos para estudar e incluso se financia un taxi naqueles casos nos que os mozos e mozas viven no rural e non teñen acceso ao autobús. A día de hoxe, centos de rapaces e rapazas de Barbadás seguen desprazándose cada día ao IES Ferro Couselo, na cidade de Ourense, a entre 7 e 10 quilómetros de Barbadás en función do lugar do residencia de cada alumno, para cursar os seus estudos de secundaria e Bacharelato.
Na actualidade en Barbadás, unha das vilas que máis medra en Galicia e cunha das poboacións más movas, están empadroados 700 mozos e mozas en idade de cursar ensino secundario ou bacharelato. O alcalde insistiu en que “sufrimos unha inxusta e inexplicable discriminación educativa por parte do actual e anteriores gobernos galegos porque tamén somos o único concello de Galicia con máis de 10.000 habitantes (11.171 exactamente) que carece dun instituto”.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
01/10/2024
Policía Local e Protección Civil de Barbadás reclaman a actualización do seu material e equipamento de emerxencias
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, mantiveron unha reunión co director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, na sede da Dirección Xeral de Santiago de Compostela.
No encontro, que se desenvolveu nun ambiente de cordialidade e vontade de cooperación, tratáronse diferentes asuntos que afectan aos servizos municipais de Protección Civil e Policía Local. Solicitouse a actualización do seu material e equipamento para facer fronte ás emerxencias, debido ao gran volume de intervencións que realizan ambos grupos.
Unha das necesidades que se fixeron chegar é a de dotar de novos vehículos a ambos servizos e Villanueva informou ao rexedor e ao concelleiro de Emerxencias de Barbadás das diferentes opcións dispoñibles para esta finalidade.
Outro asunto que se tratou é o da cobertura das emerxencias no Concello, que actualmente asume o servizo municipal de emerxencias xunto con Bombeiros do Polígono e o GES do Pereiro. Todos coincidiron en que o futuro pasa polas comarcalizacións dos parques de Bombeiros das capitais.
Inclusión da Policía Local á rede Tetra de comunicacións
A rede TETRA de comunicacións tamén formou parte das conversas mantidas na reunión na sede da Dirección Xeral de Santiago de Compostela. Trátase dunha rede dixital de comunicacións que actualmente xa utiliza o servizo de Protección Civil e que se pretende ampliar á Policía Local.
Para este fin, os responsables municipais farán as xestións oportunas ante a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e a empresa pública RETEGAL para proceder a unha implantación progresiva deste sistema nos corpos de seguridade e emerxencias municipais.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
25/09/2024
O servizo Bos Días que ofrece o Concello nos dous CEIP de Barbadás atende a un total de 160 nenos e nenas
Nas cifras do censo de poboación de Barbadás refléxase o compromiso do Concello coa conciliación. A día de hoxe suma 11.338 habitantes, preto de 200 máis que a finais do 2023 e trátase do número máis alto dende que se rexistran no Instituto Nacional de Estatística. Este dato non sería unha realidade sen o esforzo do goberno local por implantar políticas sociais e para favorecer a conciliación das familias.
Un dos servizos máis solicitados é o Bos Días, que ofrece o Concello nos dous CEIP de Barbadás a través da concellería de Educación que dirixe Marga Pérez e que xa atende a un total de 160 nenos e nenas. A cifra aumentou considerablemente nos últimos anos e os monitores e monitoras atenden aos escolares de 7.30 a 9.15 horas, antes de que os colexios abran as súas portas e para axudar a aquelas familias nas que os proxenitores comezan a traballar antes de que comece o horario escolar.
Marga Pérez subliña a importancia de ofrecer facilidades aos pais e nais “para que poidan compaxinar a vida laboral e persoal, para que a natalidade aumente e moitas familias sigan escollendo Barbadás para vivir”.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explica que a intención do goberno local “é seguir prestando servizos de conciliación a todos os veciños e veciñas que o precisen” e recalca que no de Bos Días se atenderon todas as solicitudes. Tamén asegura que no Concello, ademais deste traballo a prol da conciliación, organízanse múltiples actividades para a formación dos nenos e nenas.
Muda Escolar e Actividades Lúdicas
Outro dos servizos que favorece a conciliación e no que Barbadás é pioneiro e o de Muda Escolar. Ofrécese nos dous CEIP de forma gratuíta polo persoal do Concello e evita que os pais e nais teñan que desprazarse dende o seu posto de traballo para cambiar aos escolares.
As actividades lúdicas que ofrece o Concello de Barbadás en horario de 15.30 a 16.30 horas nos centros escolares tamén son de gran axuda para as familias que teñen que deixar aos nenos e nenas no comedor e non poden recollelos cando este servizo remata. Os cativos e cativas realizan actividades como teatro ou xadrez, entre outras propostas.
O Concello, a través deste servizos, favorece que moitas familias poidan conciliar e que cada vez sexan máis as que elixen Barbadás para residir.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
23/09/2024
Barbadás súmase á Semana Europea do Deporte con exhibicións de cinco disciplinas en tres escenarios distintos
Despois da conmemoración da Semana Europea de Mobilidade, na que se promoveron hábitos saudables e se celebrou a cuarta edición do Paseo da Saúde, o Concello de Barbadás súmase á Semana Europea do Deporte. As actividades desenvolveranse dende hoxe ata o venres con exhibicións de cinco disciplinas deportivas en tres escenarios distintos. Na nova pista multideporte da Valenzá, no polideportivo e no parque da Solaina haberá sesións de fútbol, ximnasia rítmica, ximnasia de trampolín, baloncesto e balonmán.
Hoxe, luns 23 de setembro, haberá unha exhibición de fútbol na nova pista multideporte da Valenzá, a partir das 18.00 horas e a actividade repetirase o xoves 26 de setembro no mesmo horario.
Mañá, martes 24 de setembro, ofrecerase unha sesión de ximnasia rítmica nas pistas do parque da Solaina, dende as 17.30 horas. A ximnasia de trampolín será protagonista o mércores 25 de setembro no polideportivo municipal. O venres 27 de setembro haberá dobre oferta deportiva, baloncesto e balonmán, na pista multideporte a partir das 18.00 horas.
No caso de que as condicións climatolóxicas non permitan as exhibicións, cambiarase o emprazamento e comunicarase a través das redes sociais do Concello de Barbadás.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
22/09/2024
O Concello de Barbadás reforza a súa aposta por dinamizar o rural con actividades de lecer nunha decena de parroquias
O Concello de Barbadás reforza a súa aposta pola dinamización das zonas rurais cun amplo calendario de actividades de lecer para os próximos meses. Nos lugares de Loiro, Bentraces, Sobrado do Bispo, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, A Valenzá, Parada e Piñor ofreceranse dende clases de teatro para nenos, nenas e adultos e manualidades ata ximnasia de mantemento. As actividades promoverán, no tempo de lecer, o enriquecemento creativo, a expresión artística e o benestar físico e persoal.
A concelleira de Participación Veciñal, Ana Belén Peleteiro, explicou que “os obradoiros de manualidades brindarán aos veciños e veciñas a oportunidade de explorar a súa creatividade, dando unha segunda vida a obxectos cotiás creando obras únicas” mentres que a ximnasia de mantemento “permitirá aos participantes mellorar a súas condicións físicas ao mesmo tempo que se fomenta a convivencia entre a veciñanza”.
Ademais, a aula de teatro da Casa da Cultura da Valenzá busca potenciar a creatividade e a imaxinación de cada participante, desenvolver a comunicación verbal e non verbal (xestual, corporal) así como fomentar habilidades comunicativas.
Estas actividades, que se desenvolverán en case unha trintena de grupos, teñen por obxectivo achegar á veciñanza alternativas lúdicas e saudables para o tempo de lecer libre cun custo de 20€ anual (24€ para teatro) ademais de fomentar a convivencia e a socialización entre os participantes.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
20/09/2024
O Paseo da Saúde reúne a 14 asociacións para reivindicar a importancia do seu apoio a persoas con diferentes enfermidades
Aínda que pasado por auga, o Paseo da Saúde acudiu a súa cita coa veciñanza de Barbadás por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión con 14 asociacións. Unha representación do goberno local, coa tenente alcalde Victoria Morenza e os concelleiros Daniel Rey, Ana Peleteiro e a próxima concelleira Noemí Pintos, acompañados polo xefe territorial de Política Social da Xunta de Galicia en Ourense, Santiago Álvarez, fixo un percorrido por cada unha das carpas, escoitando tamén a cada unha das asociacións para coñecer o seu traballo e as súas necesidades.
Esta iniciativa, o Paseo da Saúde, é sobre todo un paseo de realidade, pois amosa a cantidade de xente da provincia que afronta diariamente situacións de máxima dificultade, pero tamén a importancia de todas estas asociacións para prestarlles apoio, asesoramento e coidados.
Así, na edición deste ano estiveron Afaor (alzheimer), FF.OO. (fibromialxia), Asesia (saúde emocional na infancia e adolescencia), ACEGA (celíacos), TEA (autismo), AECC (cáncro), DCA (dano cerebral adquirido), AODEMPER (esclerosis múltiple, párkinson e enfermidades raras), ACCOU (crohn e colitis ulcerosa), Alcer (enfermidades renais), Asociación diabética Auria, ONCE, ASGACOP (covid persistente) ou propio Concello de Barbadás, a través de Centro de Información á muller.
A iniciativa deste ano serviu para poñer en valor algunhas das iniciativas nas que Barbadás é un concello pioneiro en Galicia, como nas axudas as persoas celíacas ou ás enfermas de crohn ou colite ulcerosa, que gozan dun permiso para estacionar mesmo en lugares prohibidos durante un breve espazo de tempo para atender a súas necesidades fisiolóxicas.
O goberno local, a través da súa tenente alcalde, Victoria Morenza, avogou por seguir apostando e expandindo esta iniciativa, que axita conciencias y facilita un escaparate asociacións que desenrolan unha labor totalmente altruísta de axuda a unha parte importante, e especialmente sensible, da poboación.
Con motivo do Paseo da Saúde, a Garda Civil e a asociación TEA (autismo) aproveitaron para presentar a primeira carreira solidaria da benemérita en Ourense, que terá lugar o próximo día 6 de outubro, o fin de semana previo a festividade do Pilar, e partirá da Praza Maior. A proba, que se poderá completar correndo ou andando, terá unha finalidade solidaria, indo a parar a recadación (10 euros por adultos, gratis para nenos e nenas) á antedita asociación.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
19/09/2024
O concurso “Barbadás a bocados” remata con récord de participación: 9.000 pinchos consumidos entre venres e sábado
O concurso Barbadás a bocados bateu todos os seus rexistros, xusta cando chegou a súa sétima edición.
Durante a entrega de premios aos gañadores, esta mañá, fixéronse tamén públicos os datos relativos á participación deste ano. Así, entre o venres pola tarde e sábado, tamén pola tarde, consumíronse preto de 9.000 pinchos (8.800 exactamente) nos 14 locais de hostalaría que se inscribiron no concurso. Esta cifra non ten so un innegable valor cuantitativo, senón que tamén di moito sobre a calidade das creacións dos hostaleiros e hostaleiras de Barbadás, o que provocou unha participación récord, tanto en canto a locais como a clientes.
Con estes datos sobre a mesa, o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez, puxeron en valor a aportación deste concurso de pinchos á dinamización dun sector que non deixa de medrar e da propia localidade, que durante os días do concurso incrementa notablemente o ambiente que percorre as súas rúas e os seus establecementos.
Con relación aos premios, este ano houbo coincidencia entre o fallo do xurado profesional e a votación popular, que elixiron gañador ao mesmo pincho. A primeiro premio en ambas categorías foi para unha filloa con champiñóns, xamón, crema de quiexo e crocante servida en “A Cova do Savio”.
Mentres, o segundo premio profesional recaeu no establecemento “Claret´s Food” (pincho a base de carne mechada, arroz branco, plátano macho, feixóns negros e queixo) e o popular foi para “A Lo Maracucho” (pincho de plátano macho, carne picada, tomate, cebola e cilantro).
Na votación popular participaron 649 persoas, das que seis resultaron premiadas por sorteo cun lote de produtos dos colaboradores do concurso: Coto de Ousande, cervexa
Esmorga, Adega Cotarelo e Coren, aos que tamén se suma como patrocinador Abanca.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
16/09/2024
Preto dunha vintena de entidades participarán no Paseo da Saúde de Barbadás para dar visibilidade ás enfermidades e ao seu labor
A mobilidade é saúde. O recalcou o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación da cuarta edición do Paseo da Saúde que se levará a cabo este venres 20 de setembro na avenida de Celanova. Por iso esta iniciativa enmárcase dentro da programación desta Semana da Mobilidade e os detalles déronse a coñecer esta mañá na Casa da Mocidade. Ademais do rexedor, no acto interveu a tenente de alcalde, Victoria Morenza; o concelleiro de Emerxencias, Dani Rey; o presidente de Alcer Ourense, Miguel Ángel Quintas, e a vicepresidenta da Asociación Por eles TEA, María Losada.
Á presentación do Paseo da Saúde de Barbadás tamén asistiron representantes das diferentes asociacións participantes, preto dunha vintena: Afaor, Alcer, Auria, Aecc, Aodemper, Por Eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de celíacos de Galicia, DCA Ourense, AFEM-Morea, ASEIA Galicia, Fundación Neuroburgas, ONCE e Asociación Galega de Covid Persistente.
Xosé Carlos Valcárcel insistiu en que “o máis importante para ter boa saúde é a prevención” e explicou que o que se pretende con esta iniciativa “é dar a coñecer o traballo tan fundamental, e tantas veces esquecido, das asociacións que traballan para atender aos enfermos e enfermas de diferentes patoloxías e tamén ás súas familias”.
A tenente de alcalde, Victoria Morenza, subliñou a relevancia de que Barbadás se sume con iniciativas como o Paseo da Saúde á Semana da Mobilidade: “Moitas das actividades programadas esta semana van dirixidas á infancia e aos mozos e mozas, que son o noso futuro”.
Cómpre destacar que con motivo do Paseo da Saúde, dende primeira hora da mañá a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barbadás instalará unha carpa na avenida de Celanova para que os nenos e nenas coñezan o seu traballo e os materiais e vehículos que empregan nas diferentes intervencións nas que prestan axuda. O concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, anunciou que no día de hoxe e mañá achegaranse aos colexios para fomentar a mobilidade saudable co uso da bicicleta ou o patinete. “Tamén é moi importante a formación e por iso ofreceremos charlas no Paseo da Saúde”, engadiu o edil.
O presidente de Alcer Ourense, Miguel Ángel Quintas, agradeceu ao Concello a organización do Paseo da Saúde, “que é moi importante para que se coñezan as enfermidades renais e se insista na prevención para non ter que chegar á diálise”. A vicepresidenta da Asociación Por eles TEA, María Losada, tamén subliñou a relevancia deste iniciativa “que nos permite dar a coñecer á sociedade o traballo que facemos”.
A programación da Semana da Mobilidade de Barbadás comezou hoxe e estas son as actividades previstas:
Hoxe, luns 16 de setembro, a programación desenvólvese no CEIP Filomena Dato cun circuíto viario e a mochila viaxeira para que os nenos e nenas se comprometan a escoller libros na biblioteca e compartilos cos seus compañeiros e compañeiras. Estas dúas actividades trasladaranse ao CEIP O Ruxidoiro o martes 17 de setembro. A obra teatral “De camiño ao cole con Matías” representarase o mércores 18 de setembro na Casa de Cultura Manuel María e haberá pintura na rúa de 17.30 a 19.30 horas na avenida de Celanova.
O xoves 19 de setembro programouse unha xincana ciclista e de patinetes no Paseo dos Amieiros, a partir das 17.30 horas. Ademais, dende o polideportivo municipal sairá unha andaina saudable ás 19.00 horas.
Unha nova edición do Paseo da Saúde, no que colaboran asociacións do ámbito sanitario, programouse para o venres 20 de setembro na avenida de Celanova. Os veciños e veciñas poderán coñecer de primeira man o traballo das entidades que axudan a enfermos de diferentes patoloxías.
A programación continuará durante a fin de semana e o sábado 21 de setembro haberá unha competición de deportes de raqueta nas canchas da Solaina, a partir das 11.30 horas. Con motivo do Día Mundial sen coches, o domingo 22 de setembro o transporte urbano será gratuíto.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
13/09/2024
Barbadás conmemora a Semana Europea da Mobilidade con circuítos viarios, pintura na rúa e a cuarta edición do Paseo da Saúde
Do 16 ao 22 de setembro de 2024
Barbadás súmase á conmemoración da Semana Europea da Mobilidade con interesantes propostas e un programa que se estenderá do 16 ao 22 de setembro, incluíndo circuítos viarios, pintura na rúa e a cuarta edición do Paseo da Saúde. O obxectivo é involucrar a todos os sectores da poboación, especialmente aos máis novos, con actividades nos centros educativos. A concelleira de Educación, Marga Pérez, explicou que durante a próxima semana haberá actividades todos os días “para promover hábitos de vida máis saudables e para o alumnado dos dous colexios”.
O luns 16 de setembro a programación desenvolverase no CEIP Filomena Dato cun circuíto viario e a mochila viaxeira para que os nenos e nenas se comprometan a escoller libros na biblioteca e compartilos cos seus compañeiros e compañeiras. Estas dúas actividades trasladaranse ao CEIP O Ruxidoiro o martes 17 de setembro. A obra teatral “De camiño ao cole con Matías” representarase o mércores 18 de setembro na Casa de Cultura Manuel María e haberá pintura na rúa de 17.30 a 19.30 horas na avenida de Celanova.
O xoves 19 de setembro programouse unha xincana ciclista e de patinetes no Paseo dos Amieiros, a partir das 17.30 horas. Ademais, dende o polideportivo municipal sairá unha andaina saudable ás 19.00 horas.
Unha nova edición do Paseo da Saúde, no que colaboran asociacións do ámbito sanitario, programouse para o venres 20 de setembro na avenida de Celanova. Os veciños e veciñas poderán coñecer de primeira man o traballo das entidades que axudan a enfermos de diferentes patoloxías.
A programación continuará durante a fin de semana e o sábado 21 de setembro haberá unha competición de deportes de raqueta nas canchas da Solaina, a partir das 11.30 horas.
Con motivo do Día Mundial sen coches, o domingo 22 de setembro o transporte urbano será gratuíto. A concelleira de Mobilidade de Barbadás, Victoria Morenza, subliñou a importancia de que empresa de transportes ofreza aos usuarios o servizo sen coste durante este día, “xa que así se favorece realmente a mobilidade tendo en conta ademais que se trata dun día non laborable no que moita xente poderá sumarse á iniciativa”.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
12/09/2024
Barbadás promove a conservación ambiental e a educación dos máis pequenos na nova lagoa de anfibios do Parque de Vilaescusa
No marco do Plan de Impulso ao Medio Ambiente PIMA Cambio Climático, o Concello de Barbadás completou recentemente unha serie de actuacións dirixidas á naturalización dos espazos urbanos no Parque de Vilaescusa. Este proxecto, cunha inversión total de 20.000 euros, dos cales o 80% foron subvencionados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, ten como obxectivo principal mitigar os efectos do cambio climático e mellorar a calidade de vida da veciñanza a través da creación de espazos máis verdes e sostibles.
Un espazo natural para toda a veciñanza
A intervención, finalizada en agosto de 2024, destaca pola creación dunha fermosa lagoa e unha pérgola adornada cunha vide, situada no Parque de Vilaescusa. A obra tamén incluíu a instalación dunha papeleira, dous bancos, e unha senda de pedra acompañada por catro cerdeiras que conecta todo o espazo. Este entorno, deseñado para combater o efecto illa de calor que caracteriza moitas áreas urbanas, servirá tamén como refuxio para a biodiversidade local, promovendo a conservación de especies anfibias e aves. Ademais, esta nova zona verde proporcionará un lugar de sombra e frescor, creando un ambiente agradable para o desfrute da veciñanza e contribuíndo á mellora do hábitat urbano.
Información e sensibilización ambiental
Para reforzar a conciencia ambiental, instalouse un panel informativo no parque que ofrece información detallada sobre o cambio climático e os múltiples beneficios das charcas para anfibios en zonas urbanas. O panel inclúe contidos orientados á conservación da fauna e flora autóctonas, destacando como estas charcas axudan a reducir o efecto illa de calor e melloran a saúde ambiental e a calidade de vida.
Unha xornada de participación cidadá e formación para os máis novos
Durante a tarde de onte elebrouse un acto de inauguración destas novas instalacións, no que participaron nenos e nenas en idade escolar, integrantes do campamento de verán do Concello e concelleiros do goberno local. Durante o evento, os rapaces recibiron unha charla sobre o cambio climático e a biodiversidade, mostrando un gran interese polos temas tratados. Como parte das actividades, procederon á plantación de nenúfares na lagoa, simbolizando o compromiso das xeracións máis novas coa conservación do medio ambiente. Ademais, instaláronse dous hoteis de insectos sobre a pérgola de madeira, reforzando o compromiso do Concello de Barbadás coa preservación da biodiversidade local.
Esta iniciativa foi precedida por unha serie de charlas e obradoiros realizados durante os campamentos de verán, co obxectivo de implicar aos máis novos na loita contra o cambio climático e fomentar unha actitude proactiva na conservación do noso entorno natural.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
11/09/2024
“Barbadás a Bocados” acada a súa sétima edición ofrecendo esta fin de semana 14 orixinais pinchos a 2,5 euros
Esta fin de semana Barbadás presume de gastronomía. Os días 13 e 14 de setembro terá lugar a sétima edición do Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados” organizado pola concellaría de Comercio que dirixe Marga Pérez. Nesta ocasión participarán 14 establecementos hostaleiros con orixinais petiscos a un prezo de 2,5 euros. A iniciativa, que pretende dinamizar o sector, presentouse esta mañá fronte ao Chicote, un dos locais que se suman ao certame.
Os comensais deberán elixir o mellor petisco do concello cubrindo unha tarxeta e sortearanse cestas con produtos galegos entre os participantes. Ademais, haberá un xurado profesional que probará as propostas gastronómicas para elixir aos gañadores. Veciños, veciñas e visitantes terán ocasión esta fin de semana de degustar unha gran variedade de pinchos.
Marga Pérez subliñou que “Barbadás a Bocados consolídase nas rutas gastronómicas e dende o Concello seguiremos apoiando ao sector”. Tamén animou á cidadanía a participar e apoiar aos novos locais que se suman á iniciativa. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que “este certame pretende dar visibilidade á calidade da hostalería de Barbadás” e agradeceu o traballo dos profesionais destes locais que crean emprego e poñen en valor o concello.
Estes son os locais participantes:
BAR O REGUEIRO
Nome do pincho: SALVAJE
PIZZERÍA ESTILO
Nome do pincho: PINCHO EMILIANO
A COVA DO SAVIO
Nome do pincho: NUESTROS ORÍGENES
NOVO ANGAZO
Nome do pincho: TACO BURGUER
O CHICOTE
Nome do pincho: PAELLA
TAPERÍA TARONA
Nome do pincho: TORPEDO LANGOSTINO
A LO MARACUCHO
Nome do pincho: PINCHO MARACUCHO
CACHO PIZZA Nome do pincho: FRUTTI DI MARE
ALENTO VILLAVIDAL Nome do pincho: COOKIE FRAMBUESA
WAKANDA Nome do pincho: GEMA DEL INFINITO
OREN EXPRESS
Nome do pincho: PULL ROCK
CLARET´S FOOD Nome do pincho: ENCANTO CARIBEÑO
BAR A NOVA FAROLA
Nome do pincho: A RICHADIÑA DO CRIS
TAPERÍA ALECRIN
Nome do pincho: ALECRIN
Dende o Concello agradécese tamén a colaboración dos patrocinadores: Colmear do Daniel, Esmorga, O Cotarelo, Coren e Abanca.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
10/09/2024
O goberno local denuncia que a carencia dun instituto obriga a centos de alumnos a desprazarse ata 10 quilómetros para ir a clase
Un novo curso escolar comezará mañá sen que os mozos e mozas de Barbadás conten cun instituto no seu concello. Trátase do único municipio galego de máis de 10.000 habitantes que carece del e son centos os alumnos e alumnas os que teñen que desprazarse a diario. Por este motivo, os concelleiros e concelleiras do goberno local participaron esta mañá nun acto reivindicativo ao carón da ponte do Parque dos Patos, no solar xa cedido á Xunta de Galicia para a construción do centro.
Neste mes de setembro tamén se cumpren 15 anos da firma do protocolo de inicio das obras do IES de Barbadás por parte do entón conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. “No lugar no que debería haber un instituto non temos nada, salvo o recordo do engano masivo que supuxo aquela sinatura do que había que chamar protobulo, pois aquel mismo día anunciáronse 12 unidades de ESO, 2 de Bacharelato, unha inversión de 4.691.350 euros e o inicio das obras para po primeiro semestre de 2010”, asegurou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.
O Concello axuda economicamente ás familias en canto ao transporte dos alumnos e alumnas que deben desprazarse a outros concellos para estudar e incluso se financia un taxi naqueles casos nos que os mozos e mozas viven no rural e non teñen acceso ao autobús. A día de hoxe, centos de rapaces e rapazas de Barbadás seguen desprazándose cada día ao IES Ferro Couselo, na cidade de Ourense, a entre 7 e 10 quilómetros de Barbadás en función do lugar do residencia de cada alumno, para cursar os seus estudos de secundaria e Bacharelato.
Na actualidade en Barbadás, unha das vilas que máis medra en Galicia e cunha das poboacións más movas, están empadroados 700 mozos e mozas en idade de cursar ensino secundario ou bacharelato. O alcalde insistiu en que “sufrimos unha inxusta e inexplicable discriminación educativa por parte do actual e anteriores gobernos galegos porque tamén somos o único concello de Galicia con máis de 10.000 habitantes (11.171 exactamente) que carece dun instituto”. Dende o Concello solicitáronse reunións co presidente da Xunta ata en catro ocasións para tratar este tema sen que houbese resposta.
Cómpre lembrar que no pleno ordinario do pasado 1 de xullo a Corporación de Barbadás xa alzou a voz ante esta demanda histórica. “Estamos dispostos, como sempre estivemos, a colaborar no que sexa preciso, mesmo a contribuír na medida das nosas posibilidades, pero Barbadás non se merece un desprezo coma este, que se prolonga xa por espazo de 3 lustros”, engadiu o rexedor.
A concelleira de Educación, Marga Pérez, asegurou que “hoxe non estaríamos aquí se a Xunta de Galicia se preocupase realmente pola educación” e insistiu na importancia de que Barbadás conte cun instituto para que a poboación se siga asentando no rural, “porque hai que ofrecerlles os servizos e hai que coidar estas zonas”.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
10/09/2024
A Corporación aproba dúas mocións para que Sogama manteña o canon e bonifique aos concellos comprometidos co medio ambiente
O aumento do canon que impón Sogama aos concellos preocupa, e moito, ao goberno local de Barbadás, que levou ao pleno ordinario que se celebrou esta tarde unha moción para que se manteña o canon actual de 66 euros por cada tonelada de residuos domésticos xestionada. Tamén se reclama que se manteña a actual bonificación do 15%, xa que a súa supresión “afectaría aos concellos que levan dende o ano 2019 facendo os deberes cumprindo os compromisos medioambientais”.
Dende o goberno local denunciouse esta situación e esixiuse á Xunta que mude a súa política de xestión de residuos cara unha xestión descentralizada en plantas de proximidade e primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración. Victoria Morenza, tenente alcalde, lamentou esta suba “que afoga aos concellos”. A edila explicou que o Concello de Barbadás ten un custo de recollida, transporte e tratamento de residuos de máis de 700.000 euros, que é o que custa Geseco e Sogama. Os ingresos recibidos son 400.000 euros, polo que o déficit ascende a 300.000 euros.
Tamén lembrou Morenza que o Concello aposta polo medio ambiente con iniciativas coma a implantación do contedor marrón nas zonas urbanas e a entrega de composteiros a familias do medio rural, accións que pretenden a redución do lixo xerado que vai xeralmente ao contedor verde. A moción prosperou cos votos a favor de todos os grupos agás o PP, que se abstivo.
Nesta mesma liña presentou o BNG outra moción, que prosperou cos votos a favor de todos os grupos, excepto o PP que votou en contra, e que rexeita a subida do canon de Sogama e reclama un novo modelo de xestión de residuos.
Na sesión plenaria tamén saíu adiante a participación do Concello na Área Funcional Ourense Sur e a Axenda Urbana, unha guía metodolóxica que propón un “menú á carta” de posibles accións para que todos os actores, públicos e privados que interveñen nas cidades, e especialmente as Administracións Locais, poidan elaborar os seus propios plans de acción e implementación de cara a un futuro sostible. Este punto aprobouse co voto a favor de todos os grupos políticos, a excepción dos concelleiros do BNG e a concelleira do Partido Popular María Grande.
Co voto a favor do grupo de goberno e o concelleiro do Partido Galego e a abstención de PP e BNG aprobouse o suplemento de crédito por valor de 207.043 euros e formalizouse así o recoñecemento extraxudicial de crédito debatido e aprobado nun pleno extraordinario de 6 de agosto de 2024. Con este importe levarase a cabo o pago a diferentes provedores.
Festivos locais para o ano 2025
Co apoio de todos os grupos excepto a concelleira do Partido Popular María Grande, que se abstivo, establecéronse como festivos locais o martes de Entroido e o 11 de novembro, San Martiño.
Non prosperou, cos votos a favor do BNG e PP e en contra o grupo de goberno, o concelleiro do Partido Galego e a abstención da concelleira do PP, María Grande, a moción dos nacionalistas para a conxelación das taxas das Escolas Deportivas. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, anticipou que o vindeiro exercicio modificaranse os prezos e aumentaranse as bonificacións. “Os servizos deben ser sufragados polos ingresos, bonificar a persoas empadroadas non é legal e se queremos mellores servizos e monitores hai que sufragalos cos ingresos”, engadiu o rexedor. O Concello gasta ao ano 260.000 euros para o mantemento de escolas deportivas. Valcárcel tamén explicou que o que se realizou foi unha preinscrición e que se pode desistir dela, pero que non é unha matrícula.
Tampouco saíu adiante a moción do PP para modificar e bonificar os prezos públicos das Escolas Deportivas. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou que “non quixeramos subir as taxas, por iso nos resistimos durante 5 anos de crise económica, pero chega un momento no que non é posible”. Tamén recalcou que o custo da escola máis cara son 180 euros ao ano, 18 euros ao mes e anunciou que para o vindeiro ano haberá melloras nas bonificacións. Votaron a favor o BNG e o PP, abstívose a concelleira popular María Grande e votaron en contra o grupo de goberno e o edil de Partido Galego.
A moción do PP solicitando o cambio no regulamento orgánico municipal de voto telemático nos plenos extraordinarios saíu adiante co voto de todos os grupos políticos agás a concelleira do PP María Grande, que se abstivo.
Na sesión deuse conta da renuncia de Cristian Rodríguez, concelleiro de Deportes, e de María Grande.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
02/09/2024
O Concello adxudica as obras para reformar o paseo do parque da Liberdade e reparar os danos causados polas raíces das árbores
Eliminar as barreiras existentes no paseo do parque da Liberdade para que todos os veciños e veciñas poidan desfrutar deste espazo é o obxectivo que levou ao Concello de Barbadás a elaborar un proxecto para acometer a súa reparación. As obras foron adxudicadas á empresa Construcciones Viso e o prazo de execución será de tres meses. Mellorarase así a accesibilidade desta zona de lecer tan frecuentada polas familias e emprazada ao carón da avenida de Celanova.
Os traballos consistirán na reforma do paseo do parque, cun firme moi deteriorado polas grandes gretas que provocan as raíces das árbores. Máis en concreto, as obras que se pretende realizar son a demolición do formigón existente deteriorado, dos sumidoiros e a retirada parcial das raíces das árbores, o formigonado do paseo e a colocación de novos sumidoiros e levantado de arquetas a cota do formigón.
Outra das deficiencias que se solucionará con esta actuación é o cambio a formigón ao comezo do paseo, ademais de arranxarse tamén os tramos levantados con lastras rotas. Deste xeito, favorecerase a accesibilidade, eliminando os desniveis e favorecendo o paso de cadeiras e de carros de bebés.
O Concello de Barbadás está a levar a cabo actuacións en diferentes parques, tanto da Valenzá como nos diferentes núcleos, para ofrecer aos veciños e veciñas espazos de ocio de calidade. As obras do Parque da Liberdade permitirán unha mellora considerable na accesibilidade debido a que existen moitas barreiras que agora serán eliminadas.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
06/08/2024
Barbadás aproba unha aportación de 700.000 euros de fondos do Estado que exime ao Concello de solicitar o crédito previsto
A Corporación de Barbadás celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se trataron asuntos de carácter económico. Por unanimidade aprobouse á aportación de 700.000 euros de fondos do Estado, o que eximirá ao Concello de solicitar o crédito previsto nos orzamentos para a realización de diferentes inversións.
Tamén aprobou o pago de 207.000 euros en facturas a diferentes provedores, apoiado igualmente por todos os grupos políticos coa excepción do concelleiro do BNG, que optou por absterse.
O primeiro grupo destas facturas relaciónase coas prestacións de servizos relacionados con empresas provedoras de servizos informáticos e asistencia técnica en materia de contabilidade. Noutro grupo atópanse as facturas emitidas por empresas comercializadoras de produtos combustibles e carburantes.
A aportación extraordinaria do Goberno Central ás arcas municipais motivou á celebración do pleno extraordinario, xa que a resolución foi notificada o día 31 do mes pasado e o expediente alongaríase no tempo de agardar á celebración da sesión ordinaria.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a contía recibida por parte do Goberno Central “fronte ao importe que aporta a Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local e que permanece sen incrementos dende hai 13 anos”.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
02/08/2024
Nace o equipo feminino de fútbol sala sénior Concello de Barbadás-Academia Futsal para romper barreiras no deporte
Animar ás nenas a practicar fútbol sala nunha época na que aínda hai barreiras que romper no deporte é o obxectivo co que nace o equipo feminino de fútbol sala sénior Concello de Barbadás-Academia Futsal F.S.F. Adrián Moure, con dilatada experiencia en futsal feminino provincial, será o adestrador e ao conxunto incorporaranse xogadoras con experiencia e xuventude. No acto de presentación interviñeron o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; o concelleiro de Deportes, Cristian Rodríguez, e o presidente da Academia, Eulogio Pérez.
O rexedor explicou que “hoxe é un día importante para o noso Concello e para o deporte feminino porque así avanzaremos nunha canteira neste ámbito deportivo”. Tamén insistiu en que “temos que seguir traballando para que o deporte feminino se poña en valor, non só o fútbol senón todos os deportes nos que as mulleres queiran ter presenza”.
O concelleiro de Deportes, Cristian Rodríguez, sinalou que este proxecto é unha ilusión que se fai realidade e que “sentará as bases para chamar a atención das nenas do concello para apostar por un futuro no fútbol sala”.
Academia Futsal vai camiño de converterse nun referente do fútbol ourensán e galego e apostando polo equipo sénior, coa colaboración do Concello de Barbadás, pretende poñer a primeira pedra para nun futuro crear equipos base femininos en diferentes categorías do club. “Queremos que as nenas da provincia teñan a posibilidade de animarse a xogar nas nosas categorías inferiores pero, á vez, poidan seguir nun equipo sénior”, afirmou o presidente da Academia Futsal, Eulogio Pérez.
Academia Futsal comezou a súa andaina o pasado ano e logrou na súa primeira temporada 3 títulos de liga, 4 ascensos a liga galega e 2 Copas Deputación, entre outros títulos. Agardan seguir colleitando éxitos, “pero sobre todo que os nenos e nenas do club sigan disfrutando deste deporte”, engadiu Eulogio Pérez.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
31/07/2024
O Concello de Barbadás adxudica as obras para a mellora do firme nas rúas Alvaredo, en Loiro, e Lameiro do Mato, na Valenzá
O Concello de Barbadás vén de adxudicar dúas obras moi demandadas pola cidadanía e que contan coa financiación do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos da Deputación de Ourense. Os traballos para a mellora do firme foron adxudicados á empresa Extraco, que actuará na Rúa Alvaredo, en Loiro, e na Rúa Lameiro do Mato, na zona do río da Valenzá.
As obras de rexeneración da Rúa Alvaredo en Loiro consisten no fresado do firme existente para aplicar un rego asfáltico de imprimación e a lonxitude do tramo afectado de estrada é de preto de 200 metros.
No caso da Rúa Lameiro do Mato da Valenzá, prevese o fresado do firme nas conexións do tramo afectado co sistema viario existente para a continuación aplicar tamén un rego asfáltico de imprimación. Estas dúas actuacións contan cun orzamento de 38.600 euros e o prazo de execución tamén será de tres meses.
Obras moi demandadas pola veciñanza
Estes obras sumaranse ás de pavimentación que se levarán a cabo no Camiño do Barro cun orzamento de 123.000 euros para renovar a rede de pluviais e o pavimento e que tamén contemplan a ampliación do ancho da vía nalgúns puntos. Este ambicioso proxecto faise eco das inquedanzas dos residentes e solucionará un problema de anos atrás.
Mediante estes proxectos, o Concello de Barbadás mantén o seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo en infraestruturas, mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas e a mellora das condicións mediambientais destes lugares.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
26/11/2024
O Concello licita a un tempo a reforma do Centro Social de Sobrado, a mellora da Calzada Romana e de dous camiños: 278.000 euros
O Concello de Barbadás tramita de forma simultánea a licitación de tres importantes obras, que no seu conxunto suman preto de 278.000 euros, e que serán adxudicadas a final deste mes.
Trátase do Centro Social de Sobrado do Bispo, a mellora dos camiños Hervideiro, nesta mesma localidade, e A Carreira, en Barbadás, e a urbanización da Calzada Romana.
Centro social de Sobrado do Bispo: 151.957 euros.
Modificación do acceso, construción dunha nova escaleira e zona exterior. Novos aseos no interior. Renovación da cubrición da cuberta e substitución parcial da estrutura soporte. Novas carpinterías, cámaras e illamento na fachada. Renovación das instalacións de fontanería e saneamento, así como as de electricidade e iluminación e unha nova instalación de ventilación.
Calzada Romana. 70.000 euros.
Construción de beirarrúas nos tramos nos que non existen. Colocación de baldosas e instalación de elementos necesarios tendo en conta os pasos a camiños e a adecuación de pendentes á normativa. Reforma dos tramos deteriorados. Limpeza con auga a presión das baldosas existentes e limpeza da vexetación ao longo de toda a beirarrúa. Construción dun camiño, previa limpeza e roza. Colocación de varandas na parte da marxe dereita do río Barbadás.
Camiño a Carreira en Barbadás e Hervideiro en Sobrado. 56.200 euros.
Ampliación, mellora e mantemento de ambos camiños, de 305 e 110 metros respectivamente, que dan acceso a parcelas agrícolas destas dúas localidades.
Esta obra forma parte do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024 – 2025, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural “Europa inviste no Rural”.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
17/07/2024
Comezan as obras de mellora da rede de saneamento e sumidoiros de Piñor
Comeza a conta atrás para a mellora na rede de sumidoiros de San Lourenzo de Piñor, cuxas obras xa están sendo executadas. A empresa adxudicataria traballa na execución deste proxecto do Concello de Barbadás cuxa financiación se realiza a través do Fondo Provincial de Cooperación do pasado ano, cunha inversión de 48.000 euros.
En concreto, a actuación localízase na rúa Travesía de Piñor, entre As Quintas e Roma, na parroquia de San Lourenzo de Piñor. Consiste na mellora da rede de saneamento en dita rúa, ampliándoa ata conducila durante preto de 130 metros ata o punto máis alto, onde será conectada a rede de saneamento existente na estrada OU-0519. Inclúe tamén un pozo de bombeo con sistema de impulsión para salvar o desnivel da propia canalización, a construción de seis pozos de rexistro e un pozo de bombeo.
Mantendo a liña de actuación do Concello de Barbadás durante os últimos anos, esta obra enmárcase dentro de plan para dotar aos núcleos do municipio de infraestruturas que melloren a calidade dos seus habitantes ao mesmo tempo que as condicións medioambientais do seu entorno, segundo explica Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, e se recolle no mesmo proxecto.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sostén que este proxecto, “como outros moitos que están en fase de licitación ou redacción”, pretenden facer xustiza aos veciños e veciñas que carecían duns servizos básicos esenciais e sostibles medioambientalmente por mor da desatención de anteriores gobernos
O prazo de execución para este traballo é de tres meses.
Solicitudes do 4 de setembro ao 5 de outubro de 2026
CONTENT.1789178179
09/07/2024
O alcalde trasládalle ao subdelegado as carencias en financiación e infraestruturas: “Soportamos unha carga impresionante e inxusta”
- Acordaron buscar fórmulas de colaboración para achegar a banda ancha e a telefonía móbil a todos os pobos, así como para construír un centro multiusos
Invitado polo alcalde de Barbadás, José Carlos Valcárcel, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, realizou hoxe a súa primeira visita oficial ao concello de Barbadás.
A reunión, coa meirande parte dos concelleiros do goberno local, xirou entorno á busca de melloras no financiamento para algúns dos servizos que presta o concello, nomeadamente o Servizo de Axuda no Fogar, pero tamén o financiamento en xeral das entidades locais.
“Soportamos unha carta impresionante en atención a persoas dependentes, de idade avanzada ou vulnerables”, explicou Valcárcel. En contraposición ao que fai a Xunta de Galicia, subliñou “a achega de 4.800 millóns de euros por parte do Goberno Central a comunidades autónomas e concellos (500.000 euros lle corresponderán a Barbadás), mentres que o autonómico leva 13 anos sen mellorar o Fondo de Cooperación Local”.
“Precisamos -engadiu o alcalde- financiación porque cada día estamos asumindo competencias que non lle corresponden ao Concello, o que é sumamente inxusto”.
Por outra banda, na reunión tamén foron abordados outros asuntos como a implementación da banda ancha e a telefonía móbil nas localidades do municipio que aínda teñen carencias a día de hoxe ou do Polígono Industrial e Comercial, que precisa igualmente financiación para o seu desenrolo
Outra cuestión relevante no transcurso da reunión foi o establecemento de fórmulas de colaboración co Goberno Central para a construción de unha casa da cultura ou centro multiusos en Barbadás, así como para as actividades que se desenrolarán o próximo ano con motivo do centenario da escritora universal Carmen Martín Gaite, en cuxa obra hai unha presenza importante de San Lourenzo de Piñor por ser o lugar onde pasaba as súas vacacións cando era nena.
Eladio Santos amosou a súa determinación de colaborar en todos os asuntos abordados, tratando de implicar ao Goberno de España no seu desenrolo e sinalando a Barbadás como unha prioridade para a Subdelegación polo peso específico da vila a nivel provincial e polas súas moitas peculiaridades.