Centro de Información á Muller

29/05/2020

Centro de Información á Muller

Rúa dos Fornos, nº 4
32890 Barbadás - Ourense

Tel. 988 22 22 51
igualdade@barbadas.gal

Servizo de atención integral a mulleres e ao colectivo LGTBI.
• Asesoramento xurídico.
• Atención psicolóxica.
• Intervención social.
• Información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres e colectivo LGTBI

de luns a venres de 9:00 a 14:00 h

 

 

cim (443x443) 305.04 KB

cim (443x443) 305.04 KB

CONTENT-CAT.1715911673

As consultas no Centro de Información á Muller de Barbadás incrementáronse en máis dun 70% dende o 2019

13/11/2023

As consultas no Centro de Información á Muller de Barbadás incrementáronse en máis dun 70% dende o 2019

Tamén na loita contra a violencia de xénero a administración local xoga un papel fundamental. Trátase da entidade máis próxima á cidadanía e a que pode actuar nun primeiro momento ante calquera demanda. O Concello de Barbadás detectou un aumento significativo dos casos e as vítimas contan no Centro de Información á Muller (CIM) cun servizo que ofrece asesoramento dende os ámbitos social, psicolóxico de xurídico. Tamén se levan a cabo durante todo o ano diversas campañas e actividades de sensibilización e prevención das distintas formas de violencia.

Os datos con respecto ao número de consultas atendidas no CIM son moi significativos e foron en aumento dende a apertura do centro. Así, no ano 2019 rexistráronse un total de 294 e no ano 2022 a cifra ascendeu a 509, o que supón un incremento de máis dun 70 %. Cómpre destacar que este servizo asiste a calquera muller que o demande, non só de Barbadás senón de toda a provincia. En canto ao número de mulleres atendidas, se entre abril do 2019 e marzo do 2020 eran 54, só entre abril e novembro deste ano a cifra rozou o centenar.

A loita contra esta lacra social é unha prioridade no concello de Barbadás a concelleira de Igualdade, Elisabet González, reclama máis apoio: “Dende o ámbito estatal e autonómico deberíase apoiar mais as entidades locais, xa que somos a porta de entrada dos problemas das persoas, a administración mais cercana a todos e todas e a que antes pode intervir”.

Dispositivo de seguridade para as vítimas

O concello de Barbadás tamén conta co servizo Atenpro, un dispositivo de protección de seguridade para as vítimas de violencia de xénero que está conectado a unha central de alarma as 24 horas do día. Na actualidade son 14 as usuarias e o CIM encárgase de realizar o seguimento.

Ademais, o Concello de Barbadás está adherido á Rede de Entidades Locais fronte á violencia de xénero, entre outras medidas que se levan a cabo como a posta en marcha da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero, con representantes de todas as institucións implicadas nesta loita e que se reúne cada seis meses.

 

CONTENT-CAT.1715911673

Obradoiro no Centro de Información á Muller de Barbadás para abordar medos, estrés e ansiedades

16/03/2021

Obradoiro no Centro de Información á Muller de Barbadás para abordar medos, estrés e ansiedades

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE BARBADÁS ORGANIZA PARA OS DÍAS 18 E 25 DE MARZO UN OBRADOIRO PARA ABORDAR MEDOS, ESTRÉS E ANSIEDADES

Para participar neste obradoiro hai que inscribirse no email cimbarbadas@gmail.com ou no teléfono 988 22 22 51

  • O obradoiro Ven ventilar! Os recursos que tes. Medos, estrés e ansiedadesé una iniciativa pensada dende o Centro de Información a Muller, CIM, de Barbadás.

 

  • Esta iniciativa ten como finalidade ofrecer un espazo no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles, no que compartir recursos para o manexo das emocións, en concreto do medo, do estrés e da ansiedade.

 

  • O obradoiro parte da idea de que todo o mundo ten fortalezas persoais que axudan para a supervivencia en situacións excepcionais e de vulnerabilidade.

 

  • A concelleira de Igualdade de Barbadás, Elisabet González Nistal, explica que na actividade “traballarán coa idea de que somos interdependentes e polo tanto necesitadas/os das/os outras/os, precisamos de apoios para remontar e sentirnos máis a gusto”.

 

  • “En situacións excepcionais de gran incertidume a colectividade, a conexión coas outras, o sentimento de pertenza, sentirse acompañada e o intercambiar saberes é clave para o manexo do medo e da ansiedade”, sinala González Nistal.

 

  • Dende o Centro de Información á Muller de Barbadás sinalan que con este tipo de obradoiros “preténdese tamén, achegar nocións para entender estes estados emocionais, identificalos e probar prácticas sinxelas para a autorregulación emocional”.

 

  • Dende o CIM destacan que este obradoiro “é unha oportunidade para parar, escoitar e observar o corpo que habitamos e as voces e sentires que nos habitan. Un espazo para o autocoidado consciente e amable”.

 

  • O obradoiro será o xoves o xoves día 18 e 25 de marzo das 10 ás 12.30h no CIM barbadás, na Praza de San Antón, no edificio do antigo centro médico desta localidade.

 

  • Se queres participar ou plantexar dúbidas ou precisas máis información chámanos  988222251 ou escríbenos: cimbarbadas@gmail.com.

CONTENT-CAT.1715911673

O Centro de Información á Muller continúa traballando como servizo esencial

25/03/2020

O Centro de Información á Muller continúa traballando como servizo esencial

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DO CONCELLO DE BARBADÁS CONTINÚA TRABALLANDO COMO SERVIZO ESENCIAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA POR VÍA TELEFÓNICA.

  • O Centro de Información á Muller de Barbadás segue a manter a súa atención como servizo esencial durante o estado de alarma DE XEITO TELEFÓNICO.
  • Calquera usuaria ou cidadá que precise información ou asesoramento, pode recibir atención telefónica de luns a venres de 9,30 a 14,00 horas.

 

  • O Centro de Información á Muller é un servizo que pode facilitar o asesoramento e atención se algunha muller está a vivir unha situación de violencia de xénero ou coñece a alguén que a poida estar vivindo.
  • O servizo de atención do CIM está a disposición de calquera muller da comarca e durante o estado de alarma de xeito telefónico no teléfono indicado.

 

  •  O teléfono de atención do CIM de Barbadás é 988-22 22 51.

 

 

  • Tamén pode vostede chamar aos seguintes teléfonos dispoñibles as 24 horas: 016 e 900 400 273

 

  • http://www.violenciagenero.igualdad.gob.es/informacionUtil/covid19/home.htm

 

CONTENT-CAT.1715911673

Sinatura do convenio entre Barbadás e Taboadela para o Centro de Información á Muller

05/02/2020

Sinatura do convenio entre Barbadás e Taboadela para o Centro de Información á Muller

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE BARBADÁS E O CONCELLO DE TABOADELA PARA A PRESTACION CONXUNTA DO SERVIZO DO CENTRO DE  INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM).

Os alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Taboadela, Álvaro Vila asinaron esta mañá o convenio de colaboración

  • Os Concellos de Barbadás e Taboadela comprométense a través deste convenio a desenvolver as actuacións de cooperación e asistencia activa en materia de asistencia ás mulleres no Centro de Información á Muller de Barbadás.

 

  • Esta colaboración está vinculada ás subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ó programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a
    violencia de xénero.

 

  • O obxecto do convenio é fixar as principais liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo do CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE BARBADÁS e prestar de forma compartida entre os concellos de Barbadás e de Taboadela.

 

  • A xestión do servizo será realizada polo Concello de Barbadás e incluirá todo o relacionado coa xestión do centro, aspectos materiais e técnicos ou de servizo (sexa tramitación administrativa, instalación, reparación e mantemento de infraestruturas, xestión de persoal, xestión de axudas, etc.).

 

  • Atenderanse os casos remitidos polos servizos sociais ou outros departamentos municipais (educación familiar, axuda a domicilio, servizo de axuda no fogar,…) dos concellos respectivos entre a poboación empadroada neses concellos. Igualmente atenderanse os casos remitidos polo persoal médico, forzas e corpos de seguridade, ou Xulgados deses concellos.

 

  • Este convenio comprende tamén a posibilidade de contratación polo Concello de Barbadás, na forma que se sinale, de todas as actividades ou prestacións necesarias para o funcionamento e xestión do servizo compartido.

 

  • Para facilitar o seguimento, cumprimento e a coordinación do presente convenio, constituirase unha Comisión Mixta, sen prexuízo das competencia atribuídas ós respectivos Alcaldes, e ademais da súa presenza, estará integrada polo persoal técnico de cada Concello. Poderán ser invitados Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, persoal dos Xulgados ou dos centros educativos e de saúde dos concellos asinantes.

 

  • O convenio de colaboración foi asinao polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o rexedor de Taboadela, Álvaro Vila Araújo. Tamén estiveron a tenente alcaldesa de Barbadás, Victoria Morenza, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

CONTENT-CAT.1715911673

Programación lúdica e didáctica do Centro de Información á Muller para conmemorar o 25 de novembro

13/11/2019

Programación lúdica e didáctica do Centro de Información á Muller para conmemorar o 25 de novembro

ESPECTÁCULOS INFANTÍS E XUV ENÍS, TEATRO E OBRADOIROS NOS CENTROS DE ENSINO FORMAN PARTE DA PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS EN TORNO Á VIOLENCIA DE XÉNERO

As actividades lúdicas e didácticas están organizadas polo Centro de Información á Muller de Barbadás con motivo do 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A campaña “En negro contra a violencia desenvolverase entre os días 19 e 27 de novembro

O obxectivo é promover a igualdade e previr e rexeitar a violencia de xénero

  • A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 25N – Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, organiza ao longo de todo o mes de novembro  diferentes actividades de promoción da igualdade e prevención e rexeitamento da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello.

 

  • O Concello de Barbadás, a través do Centro de Información á Muller (CIM), elaborou unha programación dende o 19 ao 27 de novembro levarase a cabo a campaña de “Barbadas en Negro” para visibilizar a través dos establecementos e dos centros do Concello o rexeitamento da violencia de xénero tinguindo todos os espazos de negro.

 

  • Ao longo do mes de outubro e novembro leváronse e levaranse a cabo diferentes obradoiros de promoción da igualdade e prevención da violencia nos diferentes centros de ensino de primaria e secundaria do Concello.

 

  • Estas actividades están  financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  • O 19 de novembro, en dous pases, actuará Atenea García no Auditorio da Casa da Cultura, co seu espectáculo infantil “Estrafalaria” dirixido á poboación infantil dos centros de ensino do Concello.
  • O 23 de novembro ás 19:30 h. e aberto a todo o público farán Xogo teatral a compañía “Silvardeiras Teatro” coa obra “cando Valentina era mala”.

 

  • O 25 de novembro, en dous pases, actuará Pablísimo no Auditorio da Casa da Cultura, co seu espectáculo infantil “Príncipas e princesos” dirixido á poboación infantil dos centros de ensino do Concello. Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  •  Para finalizar, o 27 de novembro ás 20:00h.no Auditorio da Casa da Cultura e aberto a todo o público xuvenil e adulto Artesacía Transmedia, presentarán “Chola, a it girl”, un espectáculo divertido, orixinal e sorprendente sobre Chola, unha mécanica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu show escénico youtuber. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

CONTENT-CAT.1715911673

CONTENT-CAT.1715911673

Cen mulleres atoparon atención no CIM de Barbadás no último ano, 70 por violencia de xénero

26/02/2023

Cen mulleres atoparon atención no CIM de Barbadás no último ano, 70 por violencia de xénero

Servizos en Barbadás

O Centro de Información á Muller de Barbadás atendeu dende abril de 2022 a marzo de 2023 un cento de mulleres ás que deu asesoramento xurídico, atención psicolóxica e acompañamento en cada situación concreta, que para 70 delas foi de violencia de xénero.

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, tamén o é de Servizos Sociais, Sanidade e de Participación Veciñal, e lembra cando tomou posesión como responsable das áreas, con “moita ilusión” porque aínda que xa existían e quedou moito traballo iniciado, plantexouse “abordar novos programas, sobre todo despois da acollida marabillosa dos diferentes equipos de traballadores”.

 

  • No eido da Igualdade Elisabet ten como “máxima prioridade” seguir traballando por ela e na prevención da violencia de xénero. Nese eido, creouse en 2021 a mesa de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero que se reúne 2 veces o ano (a seguinte será en abril) e deuse pulo a participación veciñal no mesmo eido.

 

  • Así, os locais veciñais acollen todo tipo de actividades e entre elas hai talleres de risoterapia, ximnasia, de memoria, de manexo de teléfonos móbiles “intelixentes” (os smartphones), elaboración de conservas e xabóns…

 

  • Agora, o equipo de Igualdade (que podedes ver na primeira foto) ultima o programa para dar visibilidade a loita contra a violencia de xénero, centrada no día 8 de marzo pero estendida, cada ano máis, ao resto do mes.Instalacións do CIM de Barbadás, Barbadás 18/02/23 foto Rosa Veiga

 

“Igual é máis, = é + ” será o lema

  • O programa de actividades polo 8M terá presentación oficial nuns días e incluirá teatro, obradoiros escolares, una conferencia da so nos din que será “moi moi interesante e sorprendente”, e unha actividade que porá en valor a mulleres relevantes nos seus eidos profesionais e laborais. Serán “a mostra de que cumplir os soños, para as novas xeracións, non está limitado nin para nenos nin para nenas”, detalla.

 

  • Haberá tamén un acto central o mesmo día 8 de marzo, na contorna da rotonda da Familia.

 

  • Esta e outras iniciativas parten do CIM, creado en 2019 despois da proposta do Servizo de Igualdade do momento, no que se contaba cunha Ordenanza municipal de Igualdade que contou cos grupos de mulleres, co entorno LGTBI e en colaboración cos centros educativos que hai no concello.

 

  • A apertura do CIM supuxo a contratación de persoal e alí están, dende 2019, a súa directora e Técnica municipal de Igualdade, María González Armada, a psicóloga Mónica González Freire e o asesor xurídico José Manuel Fernández Soto.

Centro de Información á Muller do Concello de Barbadás

Sensibilizar, programar e desenvolver

  • A técnica e directora María,  traballa no eido da Igualdade dende 2003, en diferentes institucións  e recalou en Barbadás en 2016, ao  crearse o Servizo de Igualdade.
    “O traballo foi intenso porque non había nada deste eido, así que comezamos a idea de sensibilizar socialmente e a programas e desenvolver actividades para visibilizar as situación de violencia de xénero e para previlas”, explica.

 

  • Froito dese traballo, dende o Servizo de Igualdade, fixéronse as xestións oportunas para o impulso e creación do Centro de Información á Muller, que iniciou a súa traxectoria no 2019.

 

  • No primeiro ano atendeuse a 30-40 mulleres “pero ano tras ano veñen moitas máis, non só de Barbadás senón que poden vir dende calquera lugar de Galicia”, engade.

 

  • Os eidos da atención que da o equipo do CIM inclúe asesoramento xurídico e laboral para persoas estranxeiras, para mulleres  que tramitan o seu divorcio, para acordar custodias, convenios reguladores, atención psicolóxica para calquera muller, tamén para a que está en mal momento anímico “e precisa acompañamento e adestramento sobre recursos emocionais para mellorar”.

 

  • No último ano foron 100 as que buscaron e atoparon atención no CIM de Barbadás, das que 70 o fixeron por estar en situación de violencia de xénero.

 

  • Pois  quedamos pendentes desa programación para este 8M.

 

  • Sabedes onde está o CIM de Barbadás? Na rúa dos Fornos nº 4, a carón da capela de San Mauro, no mesmo edificio que a asociación veciñal “A nosa aldea de Barbadás”, onde estaba o vello centro médico.
    Alí espérate un gran equipo se o precisas.
CIM Barbadás, na rúa dos Fornos. 24/02/23 foto Rosa Veiga
CIM Barbadás, na rúa dos Fornos. 24/02/23 foto Rosa Veiga

cimBarbadas0 332.51 KB
CIM de Barbadás: de esqu. a der. o asesor xurídico José Manuel Fernández Soto, a psicóloga Mónica González Freire, a directora do cim e técnica en Igualdade María González Armada e a concelleira de Igualdade Elisabet González Nistal

CIM Barbadás, na rúa dos Fornos. 24/02/23 foto Rosa Veiga 441.74 KB
CIM Barbadás, na rúa dos Fornos. 24/02/23 foto Rosa Veiga

Instalacións do CIM de Barbadás, Barbadás 18/02/23 foto Rosa Veiga 416.11 KB
Instalacións do CIM de Barbadás, Barbadás 18/02/23 foto Rosa Veiga

cim Barbadas 441.51 KB

CONTENT-CAT.1715911673

Obradoiro autoedefensa para mulleres

11/04/2022

Obradoiro autoedefensa para mulleres

Mais información e inscricións no CIM de Barbadás. Tlf 988222251 / Mail: igualdade@barbadas.gal

A Concellería de Igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza un obradoiro grupal dirixido a mulleres de carácter práctico coa finalidade de dar a coñecer técnicas de autodefensa a través da creación dun espazo seguro no que traballar sobre a autoprotección.

  • A actividade terá lugar o día 23 de abril de 11:00 a 13:00 horas nas instalacións da Casa da Mocidade.
    Prazas limitadas por orde de inscrición

Obradoiro autodefensa - CIM - Concello de Barbadás

 

 

CONTENT-CAT.1715911673

Programación do Concello de Barbadás para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller

23/02/2022

Programación do Concello de Barbadás para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller


A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, INCLÚE UN CICLO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL, UN PROGRAMA DE EMPREGO, OBRADOIROS DE DEFENSA PERSOAL E RISOTERAPIA E TEATRO

O acto conmemorativo central será na glorieta da familia e participará alumnado dos centros educativos

A programación desenvolverase nos meses de marzo e abril

  • A presentación da programación en torno ao Día Internacional da Muller realizouse hoxe no Centro de Información á Muller de Barbadás coa presenza da concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a directora do CIM, María Armada.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González, explicou no acto de presentación da programación que “as mulleres unímonos para celebrar e reivindicar o noso papel na sociedade e protestar contra as desigualdades que aínda existen. Para este ano o Concello de Barbadás ten previsto levar a cabo unha programación que inclúe un amplo abano de actividades”.

 

  • En diferentes lugares do concello están a desenvolverse obradoiros de risoterapia, unha actividade interactiva que está tendo unha boa acollida entre a veciñanza.

 

  • Realizaranse ciclos de educación afectivo-sexual nos que van participar os centros educativos do concello: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e CPR Luis Vives.

 

  • O día 8 de marzo terá lugar un acto conmemorativo do Día Internacional da Muller nas inmediacións da rotonda da familia, onde alumnado dos centros de ensino procederán á lectura de varias poesías creadas por eles e elas coa temática do 8M.

 

  • Tamén o 8 de marzo actuará a Escola Municipal de Música de Barbadás en unha actuación acompañando a lectura das poesías.

 

  • O día 18 de marzo Isabel Risco poñerá en escena o espectáculo teatral “Nabiza girl” no auditorio da Casa de Cultura Manuel María.

 

  • No mes de abril desenvolverase un taller de defensa persoal para todas as mulleres, onde se ensinarán diferentes técnicas de defensa ou protección ante unha posible agresión.

 

  • Está previsto desenvolver o “Programa Rosalía”, coa finalidade de mellorar as habilidades laborais e persoais, competencia e autoestima das mulleres para promover a súa inserción laboral a través da súa orientación persoal e laboral.

 

  • Este programa terá unha duración de 2 meses e desenrolarase en 3 fases. Na primeira fase vanse traballar as habilidades e motivacións das mulleres, na segunda orientación para atopar o perfil profesional de cada unha delas, mentras que a terceira fase está encamiñada á elaboración de un bo currículo e a preparar unha entrevista persoal.

 

  • As participantes no “Programa Rosalía” terán a oportunidade de realizar visitas a empresas da zona”.

 

  • O obxectivo final é acadar a inserción laboral das mulleres en situación de vulnerabilidade.

 

IMG_20220223_113102 421.04 KB

2022- A3-8M 384.10 KB

CONTENT-CAT.1715911673

Xornadas sobre a violencia contra a muller no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás

06/10/2021

Xornadas sobre a violencia contra a muller no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás

A xornada formativa tivo lugar o martes 5 de outubro, no CET de Barbadás

O CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO ACOLLE UNHAS XORNADAS FORMATIVAS SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A MULLER
  • O Centro Empresarial Transfronteirizo acolleu onte martes 5 de outubro unhas xornadas formativas sobre a  violencia contra a Muller: intervención policial e protección das vítimas.

 

  • María Alida Iglesias xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, foi a encargada da presentación.

 

  • Estivo tamén o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.

 

  • Poñentes: ASER Moreiro (EMUME, Equipo de Muller e Menor da Garda Civil); Laura Cruz (EMUME da Garda Civil).

 

  • Destinatarios/as das xornadas: Centro de Información ás Muller de Barbadás, CIM Padre Feijóo, Garda Civil, Policía Local de Barbadás. Tamén os/as traballadores/as sociais dos concellos de Barbadás, Pereiro, Taboadela, Toén, Esgos, san Cibrao, Nogueira de Ramuín.

 

  • A formación foi impartida por persoal do EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Garda Civil e falaron da distintos aspectos da intervención policial coas mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

  • A formación foi dirixida ao persoal de servizos sociais e dos CIM dos concellos da comarca de Ourense. A formacion foi organizada pola Subdelegación do goberno, en concreto pola Unidade provincial sobre  violencia contra a muller.

CONTENT-CAT.1715911673

Programación do “Mes da Muller” en Barbadás

02/03/2021

Programación do “Mes da Muller” en Barbadás

Música, obradoiros, contacontos...

 

MÚSICA, OBRADOIROS, CONTACONTOS E LITERATURA CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DO 8 DE MARZO,  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, EN BARBADÁS

Ao longo do mes de marzo desenvolveranse actividades a prol da igualdade

 

  • O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizou unha actividade, MÚSICA POLA IGUALDADE ,a cargo da Escola Municipal de Música de Barbadás ás 12 do mediodía nas inmediacións rotonda da familia.

 

  • “BARBADÁS CAMIÑANDO POLA IGUALDADE” é o título de un vídeo que se publicará nas redes sociais no que participan e veciños e veciñas do noso concello.

 

  • Os xoves 18 e 25 de marzo desenvolverase un obradoiro titulado “Claves para xestionar os malestares: medos, tensións e ansiedades”, dirixido a maiores de 16 anos. Este obradoiro será impartido por Beatriz Pérez Fernández, psicóloga do Centro de Información á Muller de Barbadás (CIM). O obradoiro desenvolverase entre as 10.00 e as 12:30 h. Aforo limitado a 10 persoas. Inscrición: No CIM, Tlfno: 988222251, email: psicoloxia.cim@barbadas.gal

 

  • Ao longo do mes de marzo están programados obradoiros, #enridandovidaslibres. Están dirixidos ao alumnado de primaria e secundaria dos centros educativos: CEIP Filomena Dato , CEIP Ou Ruxidoiro, CPR Luís Vives e IES Ferro Couselo (Datas segundo a evolución da situación sanitaria)

 

  • Tamén se desenvolverán contacontos “Somos iguais”, dirixidos Dirixido ao alumnado de educación infantil dos centros educativos: CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro (Datas segundo evolución da situación sanitaria).

 

  • Desenredando contos” é o título de outra das actividades de contacontos dirixida ao público familiar na Casa de Cultura “Manuel María” (Datas e aforo segundo a evolución da situación sanitaria).

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, destaca que “durante o mes de marzo en Barbadás tamén se prevé a visibilización e posta en valor do papel das mulleres na literatura na Biblioteca pública de Barbadás”.

 

  • O 8 de Marzo foi instaurado en 1952 como Día Internacional da Muller pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas(ONU).

 

  • O 8 M conmemora as “folgas” das mulleres , que ao longo da historia reivindicaron os seus dereitos laborais, económicos, ,políticos e sociais.

 

  • As loitas foron conquistando cambios legais, sociais e culturais que fixeron avanzar as sociedades cara a maiores cotas de igualdade e democracia.

 

  • Con todo, o tempo das loitas das mulleres non terminou. En todo o mundo e nas nosas comunidades locais persisten desigualdades e discriminacións cara ás mulleres polo feito de selo.

 

  • Esta discriminación entrecrúzase coas discriminacións de clase, etnia, idade, cultura, conviccións, status migratorio, orientación sexual, identidade de xénero, ou capacidades… entre outras..

 

  • A igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico.

 

CONTENT-CAT.1715911673

Cine, charlas, teatro, coloquios e obradoiros conforman a programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Barbadás

18/11/2020

Cine, charlas, teatro, coloquios e obradoiros conforman a programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Barbadás

Actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.

TEATRO, CHARLAS INFORMTIVAS, OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN, CINE E ESPECTÁCULO DE  QUE REPASA A HISTORIA DA MULLER CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA CONMEMORAR O 25N

Programación do CIM (centro de información á muller) para o 25 de novembro,  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 25n – DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

 

  • A finalidade destas actividades é a promoción da igualdade e prevención da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello, sinala a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

 

  • Durante todo mes de novembro e parte de decembro haberá diferentes actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.

 

  • A programación do 25N pretende reflexionar sobre os espazos, sobre a liberdade e sobre os dereitos que teñen as mulleres e todos os que quedan por acadar.

 

  • Esta programación está deseñada para promover e promocionar a igualdade e pór en valor ás mulleres e os seus dereitos e tamén as súas reivindicacións.

 

  • A programación arrincou o 6 de novembro con unha charla sobre endometriose e continuou o 14 de novembro con obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas que tiveron lubar nunha carpa ubicada na rotonda da familia.

 

  • O Mércores 25 novembro ás 12:00h. realizásese a lectura do manifesto 25N diante do concello de Barbadás.

 

  • Ese mesmo día 25 de novembro no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” ás 12:00h poñerase en escena o espectáculo – conferencia “Sofía”, que aborda a estrutura que sustenta a violencia: silencio, negacións. Esta actividade vai dirixida ao público adolescente.

 

  • O venres 27 novembro contaremos cunha proxección de filme “Todas as mulleres que coñezo” no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María”, dirixida ao público xuvenil e adulto.

 

  • “Todas as mulleres que coñezo” é o título dunha longametraxe baseada en conversacións entre mulleres que relatan vivencias persoais de terror vividas nas rúas por mor de acosos ou agresións por parte de homes.

 

  • Para finalizar, o venres 11 de decembro ás 20:00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e para o público xuvenil e adulto poñerase en escena “Bravas” , un espectáculo unipersoal que ofrecen unha vision da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

 

  • Para todas as actividades que se levan a cabo no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” é preciso a recollida previa de invitacións.

4 809.44 KB

5 (1) 921.83 KB

CONTENT-CAT.1715911674

“Igual a nós”: potenciar as novas tecnoloxías entre as mulleres de maior idade

14/01/2020

“Igual a nós”: potenciar as novas tecnoloxías entre as mulleres de maior idade

O CONCELLO DE BARBADÁS, A TRAVÉS DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER, ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN EN IGUALDADE

“Igual a nós” é un espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal

A xornada será o 4 de febreiro ás 18,00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina

Esta actividade está dirixida ás mulleres adultas, especialmente ás de maior idade para potenciar o uso das novas tecnoloxías

  • “Igual a nós” é unha actividade de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero dirixida a mulleres adultas, especialmente ás de maior idade.

  • “Promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero é un dos obxectivo desta xornada, que se celebrará o 4 de febreiro ás 18,00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina” explica a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

  • A iniciativa, organizada polo Centro de Informnación á Muller de Barbadás, ten tamén como finalidade mellorar a calidade de vida das mulleres e potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferrramenta de comunicación e formación.

  • “Igual a nós” pretende ademais sensibilizar e concienciar ás persoas para a ruptura de estereotipos de xénero existentes.

  • Nistal indica que “outra das finalidades é o fomento da participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal”.

  • A actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Acordo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias para a conformación dunha rede de entuidades locais contra a violencia de xénero, da que o Concello de Barbadás forma parte.

  • Para anotarse nesta actividade, que ten un total de 30 prazas, as interesadas poden descargar o impreso de inscrición na páxina web e para máis información pode chamar vostede ao teléfono 988222251. Tamén pode entregar o impreso de inscrición nas Oficinas Municipais da Valenzá, no Concello de Barbadás e no Centro de Información á Muller (Praza de San Antón, Barbadás, antigo campo da festa).

Ficha_de_inscrición_-_Actividade_Igual_a_nós_

CONTENT-CAT.1715911674

A mesa de coordinación fronte á violencia de xénero de Barbadás alerta de conductas machistas en escolares cada vez máis novos

25/11/2023

A mesa de coordinación fronte á violencia de xénero de Barbadás alerta de conductas machistas en escolares cada vez máis novos

Cunha periodicidade de 6 meses celébrase en Barbadás a mesa redonda de coordinación institucional fronte a violencia de xénero que tivo como escenario a Casa Consistorial onte á mañá. Neste encontro participaron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a concelleira de Igualdade, Elisabeth González, representantes dos corpos de seguridade; traballadores do Centro de Información á Muller, representantes do centro de saúde e traballadores sociais do Concello.

Nesta mesa de coordinación fronte á violencia de xénero alertouse das conductas machistas que se están a detectar en escolares cada vez máis novos. Representantes de diferentes centros educativos denunciaron actitudes machistas en alumnos de entre 12 e 13 anos de idade e reivindicaron a concienciación social.

Ademais, no encontro presentáronse algunhas cifras que demostran a importancia de loitar contra a violencia de xénero. No Centro de Información á Muller de Barbadás atendéronse entre os meses de abril e novembro a un cento de mulleres. As consultas incrementáronse en máis dun 70% dende o 2019.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destacou o esforzo que se está a levar a cabo nos centros educativos para combater esta lacra social: “É esencial concienciar da necesidade de formar e informar ao alumnado. Parabéns polo voso traballo”. Tamén quixo alertar sobre o risco das novas tecnoloxías e da súa repercusión na mocidade.

O Concello de Barbadás estendeu a todo o mes de novembro a programación do 25-N. A loita contra esta lacra social comeza coa concienciación dos máis novos e por iso organizáronse obradoiros nos centros educativos baixo o lema “Semellantes e diferentes, con igual valor”. A iniciativa está dirixida ao alumnado de sexto de Primaria dos CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro e o Luis Vives e aos estudantes de primeiro curso da ESO do IES Ferro Couselo.

A Casa da Mocidade será o escenario no que durante o día de hoxe se ofreza un obradoiro de autodefensa para mulleres

CONTENT-CAT.1715911674

A programación do 25-N de Barbadás esténdese a todo o mes e inclúe teatro, obradoiros nos centros educativos e de autodefensa

10/11/2023

A programación do 25-N de Barbadás esténdese a todo o mes e inclúe teatro, obradoiros nos centros educativos e de autodefensa

O Concello de Barbadás estende a todo o mes de novembro a programación do 25-N. A loita contra esta lacra social comeza coa concienciación dos máis novos e por iso organizáronse obradoiros nos centros educativos baixo o lema “Semellantes e diferentes, con igual valor”. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo destas semanas, está dirixida ao alumnado de sexto de Primaria dos CEIP Filomena Dato, O Ruxidoiro e o Luis Vives e aos estudantes de primeiro curso da ESO do IES Ferro Couselo.

Para o 24 de novembro ás 9.30 horas organizouse a reunión da mesa redonda de coordinación institucional fronte a violencia de xénero e a lectura dun manifesto na Casa Consistorial a partir das 11.00 horas. Pola tarde, ás 20.30 horas, comezará na Casa da Cultura o espectáculo teatral “Insubmisa”, de Antagonista Teatro.

A Casa da Mocidade será o escenario no que o 25 de novembro se ofreza un obradoiro de autodefensa para mulleres, de 11.00 a 13.00 horas.

A programación foi presentada está mañá no Centro de Información á Muller e concelleira de Igualdade, Elisabeth González, insistiu en que “dende o Concello de Barbadás traballamos os 365 días do ano pola igualdade e fronte á violencia de xénero, xa que este traballo debe de ser continuo, aínda que nestas datas a sensibilización sobre esta lacra social sexa máis visible”.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, lembrou o lema “Querémonos vivas” como “unha  frase que hai que ter presente cada día”. Tamén puxo o acento nas campañas de sensibilización contra a violencia de xénero: “Fago un chamamento ás institucións educativas para que se impliquen neste labor porque cada vez hai máis agresións entre os máis novos”. Sobre a atención que se ofrece no Centro de Información á Muller o rexedor engadiu: “Barbadás é un lugar de referencia para atender as vítimas, esta é a súa casa”.

presentación2 1.21 MB

presentación 1.015.24 KB

CONTENT-CAT.1715911674

Xosé Carlos Valcárcel quixo humanizar Barbadás tras xurar que a súa cara “nunca estaría nun cartel”

02/04/2023

Xosé Carlos Valcárcel quixo humanizar Barbadás tras xurar que a súa cara “nunca estaría nun cartel”

Servizos públicos en Barbadás

Xosé Carlos Valcarce Doval é economista e chegou a Barbadás na procura de piso. Atopouno, quedou e descubriu que o lugar que escollera para vivir “carecía de solidariedade e de valores de progreso, medraba de xeito pouco humanizado e era un concello pouco democrático”.

  • Xuraba daquela que a súa cara “nunca estaría nun cartel” pero finalmente aceptou comezar a súa carreira política e tentar dar pulo a iniciativas que paliasen as numerosas eivas, como “a pouca transparencia, a falta de solidariedade, a actividade pouco respectuosa co medio ambiente, nada feminista e sometido a un crecemento puramente especulativo e deshumanizado, sen ter presentes as necesidades das veciñas e veciños”, relata.

 

  • No momento en que foi elixido alcalde hai 8 anos, segundo lembra, a primeira iniciativa que quixo poñer en marcha foi a de arranxar o xardín dianteiro do supermercado Mercadona. “A propiedade estaba moi dividida e costounos 4 anos localizar a tódalas persoas implicadas”, lembra.

 

  • E xa “con orgullo” refírese a outras intervencións nas que destaca a activación total do CIM (que foi iniciativa do partido co que co-gobernou na anterior lexislatura) e o funcionamento actual do Banco Solidario que estaba “en precario e hoxe atende e da sustento vital a preto de 400 persoas”, e foi tan importante tamén durante a pandemia.

Os proxectos que son e serán

  • A ampliación do polideportivo  , pendente dun convenio marco entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense; a mellora de rúas con prioridade, neste momento, na rúa das Burgas cara o centro de saúde; o posto da Garda Civilque xa está encauzado para instalarse na Valenzá”; a cubrición de parques que xa conta con varios proxectos e está pendente de financiación…
    Hai parques que non poden cubrirse pola proximidade a vivendas”, lembra, e tamén a previsión de crear unha zona acuática con xogos de auga na contorna  da piscina municipal… e o transporte metropolitano,  que xa non depende do concello.
    “Somos o único que ten aprobados requisitos e protocolos e o funcionamento como transporte metropolitano da comarca de Ourense depende agora da Xunta de Galicia e dalgún dos concellos afectados, pero co aprobado por nós podemos ofrecer xa billetes a custo reducido para todo tipo de colectivos como estudantes, persoas maiores….”

 

  • Ser alcalde conleva estar pendente de todas as áreas, así que tamén refírese á de Cultura por ser “intensísima e de balde”, durante todo o ano, e ao aire libre durante o verán . “Comezamos a traballar tamén coa posibilidade de ter un auditorio no concello”, remarca.

 

  • No eido patrimonial e mesmo turístico destaca a complexidade de actuar nos cascos antigos de Loiro, Bentraces, Sobrado do Bispo e mesmo no de Barbadás porque están afectados pola Lei de Patrimonio e esto obriga a que as actuacións “sexan lentas” pero xa están  en marcha varias. No mesmo eido destaca O Tangaraño (ou penedo Vigón) e o proceso para declaralo Ben de Interese Natural (monumento natural).
O Tangaraño - Barbadás
O Tangraño – Barbadás

“Unha vez máis, a multipropiedade ralentiza e hai tempo que iniciamos a localización de propietarios”, engade. Tamén en marcha a Ruta dos Cruceiros para dar a coñecer e poñer en valor os máis de 30 espallados polo concello.

Igrexa románica de San Martiño, en Loiro, e cruceiro e igresa de San Xoán, en Barbadás. foto Rosa Veiga
Igrexa románica de San Martiño, en Loiro, e cruceiro e igresa de San Xoán, en Barbadás. foto Rosa Veiga
  • Barbadás terá un polígono comercial cun proxecto técnico desenvolvido en colaboración coa Autoridade Portuaria da Zona Franca de Vigo, a través do delegado estatal David Regada. Cando esté definido, en terreos entre Barbadás en Bentraces, o seu crecemento dependerá das iniciativas privadas.

 

  • En deportes, Barbadás comezou a ser lugar para unha das probas do Rallye de Ourense,  haberá un minicircuito nivel C2 de ciclocross e unha proba internacional puntuable para o campionato do mundo e seguirán eventos novidosos como o “Cavernícolas Race”.

Beleza natural de Louredo

  • Outro dos espazos naturais que hai que destacar, segundo Xosé Carlos, é a fraga de Louredoun espazo natural do concello, preto de zona urbana pero case sen afectación dende hai moitos anos, onde están as primeiras evidencias documentadas dos viños de Galicia, e hai que poñelo en valor” , engade.
Excursión guiada pola fraga de Louredo (Santa Ouxea) de Surbia Natura en novembro de 2022.
Excursión guiada pola fraga de Louredo (Santa Ouxea) de Surbia Natura en novembro de 2022. foto Rosa Veiga

 

Convivencia e solidariedade

  • Para Xosé Carlos o traballo municipal ten sentido se “expresa e busca mellorar a convivencia, a socialización e a solidariedade” pois Barbadás é un concello “moi marcado” no urbanístico “e hai que humanizalo e melloralo con tódalas iniciativas posibles”.

 

  • Lembra que para elo, as vías de comunicación entre veciñas, veciños e concello son moitas. “Levo con orgullo ser alcalde do lugar no que vivo e que as persoas me falen para explicar as súas ideas, e poder encauzalas despois”, remata.

 

  • (As últimas entrevistas foron adicadas ás diferentes áreas  municipales para aportar información de como funcionan os servicios públicos de Barbadás, os novos espazos creados como a Casa da Mocidade, os que veñen de antes como a Escola Municipal ou o Centro de Información á Muller e en xeral, a actividade xerada arredor das propostas e necesidades veciñais… recomendámoche leer para saber).

 

 

 

 

 

 

Excursión guiada pola fraga de Louredo (Santa Ouxea) de Surbia Natura en novembro de 2022 526.08 KB
Excursión guiada pola fraga de Louredo (Santa Ouxea) de Surbia Natura en novembro de 2022. foto Rosa Veiga

O Tangaraño - Barbadás 664.81 KB
O Tangraño - Barbadás

Igrexa románica de San Martiño, en Loiro, e cruceiro e igresa de San Xoán, en Barbadás. 632.10 KB
Igrexa románica de San Martiño, en Loiro, e cruceiro e igresa de San Xoán, en Barbadás. foto Rosa Veiga

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel Doval coas traballadoras municipais Lucía Freire e Betty Gómez 228.23 KB
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel Doval coas traballadoras municipais Lucía Freire e Betty Gómez. foto Marga Pérez Fernández

CONTENT-CAT.1715911674

Chamada contra vertedoiros ilegais e agradecementos pola participación na compostaxe

13/03/2023

Chamada contra vertedoiros ilegais e agradecementos pola participación na compostaxe

Servizos en Barbadás

A área de Medio Ambiente está neste momento na cabeza e mans do concelleiro, José Rafael Sierra Carril, quen nos falou das iniciativas emprendidas nos últimos anos e tamén da “preocupación” nos últimos meses pola proliferación de vertedoiros ilegais “nos que se están a deixar entullos de reformas e obras, e moitas rodas”, concretou.

  • A outra cara desta área está nas actividades de limpeza e mantemento de espazos verdes, a no compostaxe que vai pola cuarta campaña sucesiva. “Fíxose unha co ministerio de Medio Ambiente, dúas con Sogama e agora cunha empresa externa porque hai moita aceptación; os participantes teñen a colaboración total dos operarios e maquinaria do concello”, engade.

 

  • De feito, está a disposición das persoas que piden composteiros, a “biotrituradora” que se custodia na nave de maquinaria (detrás do Centro de Información da Muller), baixo a cancha de baloncesto coas mellores vistas de todo o concello.
    “Temos entregados uns 350 composteiros,  que son revisados durante un ano polo servizo de Medio Ambiente, e logo pasa a ser propiedade da veciña/veciño que o solicitou e o utiliza. A biotrituradora pode solicitarse partir residuos vexetais e recóllense despois as serraduras para o compostaxe”, detallou.
Leira de acopio do concello para os restos das podas. - Concello de Barbadás
Leira de acopio do concello para os restos das podas. 10/03/23. Foto Rosa Veiga

Alimentación de gatos e limpeza de leiras

  • Na área de Medio Ambiente comezaron tamén, campañas novidosas de alimentación e esterilización dos gatos que viven nas rúas do concello, cunha partida que supera os 20.000 € anuais. E outra de identificación de propietarios de leiras aos que se lles notifica que deben mantelas limpas de matogueira e restrollos, como prevención fronte os danos que pode causar un incendio forestal e as molestias e sucidade que orixinan eses restos vexetais.
    Enviáronse unhas 2.400 cartas nunha primeira quenda, e outros 1.400 propietarios foron notificados e informados nunha segunda, de leiras que se sitúan sobre todo en Santa Ouxea (Santa Uxía), Bentraces e Sobrado do Bispo,  detalla Rafael.

 

  • En relación aos vertedoiros ilegais, José Rafael detalla que os operarios municipais atopáronse cun gran “verquido” de bidóns de pintura amoreados na finca que utiliza o servizo municipal para xuntar os restos das podas das árbores, preto do tanatorio de Barbadás.
    “Nas beiras dos ríos atopamos plásticos, rodas, xoguetes… No centro de Sobrado,  alguén decidiu depositar rodas, tamén deixan pezas de coches, chapas, cascallos, portas”, e dixo querer facer un chamamento para ter “maior civismo e consideración” e que cadaquén xestione os entullos e cascallos dun xeito máis razoable. “As empresas que os xeran, as de obras por exemplo, cobran por facerse cargo deles e xestionalos, e os particulares pídolles tamén un pouco de atención”, recomenda.
Escombreira de bidóns de pintura que alguén verteu na leira de acopio do concello. Non é o lugar para estos residuos. 10/03/23. Foto Rosa Veiga
Escombreira de bidóns de pintura que alguén verteu na leira de acopio do concello. Non é o lugar para estos residuos. 10/03/23. Foto Rosa Veiga

Coidado e mantemento de 40  espazos verdes

  • O traballo habitual da brigada de medio ambiente é, ademais, o de coidar, limpar e manter en boas condicións unha corentena de parques, xardíns, zonas verdes das 6 parroquias do concello.
    • Moitas delas nas beiras dos río Barbadás e dos regatos Porto Barreiro, Barreiro e Santa Olaia.
    • Na Valenzá o parque da Liberdade (saíndo cara Barbadás, a esquerda antes do viaduto da A-52), o de Vilaescusa, o parque do Tren, A Solaina, A Leiteira, o da rúa do Viso, , Salgueiriños, Searas, parque dos Amieiros e piscinas municipais, parque dos Diestros, no espazo no que está a Casa da Mocidade , o parque das Lamas, os dous da Finca Fierro e o do Lameiro
    • En San Lourenzo de Piñor o parque de Parada, o Campo de Roma, o parque do Tanatorio, a Aira Valenzás (en Requeixo), O Común, o parque da fonte de Santa Ouxea (Santa Uxía), o espazo arredor da capela de San Benito de Cova de Lobo.
    • En Barbadás, o parque de Lameiro do Morto, o parque de San Mauro, o espazo no que está o Centro de Información á Muller (CIM), o pequeno parque das Antoniñas, o de Pontón e o do Souto Vello (a curva na que se homenaxea ás rianxeiras cun gran graffiti).
    • En Sobrado do Bispo, o parque do Fidalguiño, o Outeiriño, o campo do Carril (no barrio de Alén), a praza Acha do Souto, o da rúa Cadaval e o da Beringuela (preto do depósito de auga).
    • En Bentraces, o parque entre o bar e a rúa Besadas (por debaixo da estrada cara Celanova), o parque do Barreiro (no camiño cara o campo de fútbol), o parque da rúa Hermida e o do Pouleiro. Nesta localidade, a brigada tamén se ocupa da contorna de igrexa parroquial.
    • En Loiro, os veciños gozan do parque do Tanatorio e Museo Etnográfico (ao pé do río), a alameda situada na entrada (estrada de Celanova) e a Aira dos Canastros.

 

  • Botade conta. De todo iso ocúpase a brigada municipal que hai un ano que ten como responsable a Rodrigo Piñeiro Domínguez, profesional do eido dende 2009. El mesmo explícanos que de todos eles, o “máis complicado” no momento de traballar é o situado ao carón das oficinas municipais da Valenzá, onde tamén está a Casa da Mocidade. “Ten moita pendente e pode ser perigoso, se non tés habilidade coa maquinaria”, concreta.
O nova cortacéspede multiplica a rapidez e seguridade nas zonas verdes en ladeira como a do parque dos Amieiros (montaxe fotográfica para visualizar esa mellora). 08/03/23. foto Rosa Veiga
O nova corta-céspede multiplica a rapidez e seguridade nas zonas verdes en ladeira como a do parque dos Amieiros (montaxe fotográfica para visualizar esa mellora). 08/03/23. foto Rosa Veiga
  • Neses parques e espazos que atende a  brigada, os traballos son constantes “e non damos feito”, indica o responsable.
    Unha vez o ano hai que podar as árbores;  as plantas e flores de estación repóñense dúas veces cada ano. “Hai que sumar os imprevistos como as beirarrúas que están vellas e teñen vexetación entre as lastras, a limpeza de camiños despois dunhas semanas de choiva e calor…” engade.

 

  • Parte do equipo que se ocupa deste mantemento continuo está na foto de cabeceira diante da nave de material e persoal en Barbadás: o concelleiro de Medio Ambiente, Parques e Xardíns,  José Rafael Sierra Carril (esq.) co encargado do mantemento de parques e xardíns Rodrigo Piñeiro Domínguez (der.) e co operario do tractor José Ramón (centro) , que traballa para Medio Ambiente e para Obras e Infraestruturas

 

MedioAmbienteRafael1 206.35 KB
O concelleiro de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, José Rafael Sierra Tarrío (esq.) co encargado do mantemento de parques e xardíns Rodrigo Piñeiro Domínguez e co operario do tractor José Ramón, que traballa para Medio Ambiente e para Obras e Infraestructuras, diante da nave de material en Barbadás. 05/03/23. Foto Rosa Veiga

Leira de acopio do concello para os restos das podas. 10/03/23. Foto Rosa Veiga 467.48 KB
Leira de acopio do concello para os restos das podas. 10/03/23. Foto Rosa Veiga

medioambienteRafael2 474.54 KB
O nova cortacéspede multiplica a rapidez e seguridade nas zonas verdes en ladeira como a do parque dos Amieiros (montaxe fotográfica para visualizar esa mellora). 08/03/23. foto Rosa Veiga

medioambienteRafael 3 642.94 KB
Escombreira de bidóns de pintura que alguén verteu na leira de acopio do concello. Non é o lugar para estos residuos. 10/03/23. Foto Rosa Veiga

CONTENT-CAT.1715911674

Exposición “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán” de Ana Peaguda

13/12/2022

Exposición “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán” de Ana Peaguda

Arte contra a violencia de xénero

Con motivo da programación ao redor do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o día 16 de decembro ás 20:00h na Casa da Cultura Manuel María, terá lugar a inauguración da exposición de pintura da artista Ana Peaguda co título “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán”

A exposición leva unha ruta itinerante por distintos CIM (Centros de Información á Muller) de Galicia co obxectivo de visibilizar e reaccionar fronte á violencia de xénero  e en Barbadás poderá visitarse ata o día 3 de xaneiro de 2023

O acto de inauguración contará coa actuación da EMMB (Escola Municipal de Música de Barbadás)

Esta actividade é promovida polo  CIM da Mancomunidade Terras de Celanova en colaboración coa Asociaicón de veciños Vilanova dos Infantes

 

CONTENT-CAT.1715911674

Mesa interinsitucional contra a violencia de xénero

02/12/2022

Mesa interinsitucional contra a violencia de xénero

O encontro mantívose no salón de plenos do Concello de Barbadás

REUNIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE BARBADÁS

 

  • O salón de plenos do Concello de Barbadás acolleu a reunión da Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero do Concello de Barbadás, que se celebra semestralmente.

 

  • Esta mesa ten por obxectivo a coordinación da atención ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas na abordaxe e tratamento de casos de violencia de xénero.

 

  • Esta mesa de traballo foi presidida por Xose Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, a concelleira de igualdade, Elisabet González Nistal, a secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.

 

  • Á mesa interinstitucional, da que tamén forma parte o Concello de Taboadela, acudiron traballadoras sociais de ambos concellos, as orientadoras dos centros educativos de referencia, colexios de Barbadás e instituto Ferro Couselo, representantes do Centro de saúde de Barbadás, persoal dos servizos sociais municipais e das forxas e corpos de seguridade, concretamente o equipo de violencia de xénero da primeira compañía da Garda Civil.

 

  • Tamén está presente na mesa interinstitucional a Policía Local de Barbadás, que colabora coas forzas de seguridade do estado na atención ás vítimas de violencia de xénero a través do Programa Viogen.

 

  • Ademais forman parte da mesa interinstitucional as/os traballadores do CIM de Barbadás, directora, asesor xurídico e psicóloga.

 

  • Esta mesa ten por obxectivo a coordinación da atención ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas na abordaxe desta problemática, segundo indica a concelleira de igualdade, González Nistal. O alcalde salientou a importancia destas reunións de cara a avanzar nos procesos de atención ás vítimas de violencia e de coordinación entre profesionais.

 

  • Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que nos últimos seis meses atendéronse a 85 mulleres, na súa maioría por consultas relacionadas coa violencia de xénero, en tanto que a franxa de idade maioritaria das usuarias oscila entre os 25 e 54 anos.

1669994553041 150.76 KB

1669994552650 159.06 KB

1669994552791 140.57 KB

1669994552892 171.67 KB

1669994552949 169.33 KB

1669994552995 188.24 KB

1669994553041 150.76 KB

1669994553087 137.21 KB

1669994553134 201.99 KB

CONTENT-CAT.1715911674

Programación en Barbadás para conmemorar o 25N

03/11/2022

Programación en Barbadás para conmemorar o 25N

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

BARBADÁS PRESENTA UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Obradoiros, actividades divulgativas, teatro, reunións inter-institucionais e exposicións de pintura conforman o programa de Barbadás en torno ao 25N

A instalación do stand “Agresión off” abrirá a programación organizada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Barbadás

 

  • Hoxe ao mediodía tivo lugar a presentación da programación do 25N, Día internacional da eliminación da violencia de xénero, un abano de actividades que se desenrolarán en Barbadás ao longo dos meses de novembro e decembro.
  • O acto de presentación estivo presidido polo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel. Estiveron Victoria Morenza, tenente alcalde, a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás, María Armada, e a psicóloga do CIM, Mónica González.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “para o noso goberno é unha prioridade absoluta ter presente este día, precisamente porque en relación á violencia de xénero está habendo un certo retroceso na concienciación e na importancia que ten esta situación”.
  • Valcárcel lamentou que sexa “unha lacra absoluta o que está ocorrendo coas mulleres en relación as agresións e á violencia e consideramos que é fundamental este día para precisamente traballar na prevención porque hai un ámbito, un campo ou un eido que hai que ter moi presente: a mocidade”.
  • Nas últimas enquisas “hai datos que indican que preto dunha cuarta parte da xuventude considera que a violencia de xénero non é un problema grave, non están concienciados e concienciadas desta situación, e temos que traballar na eliminación dos micro-machismos”, indicou Valcárcel.
  • O Concello de Barbadás está facendo un gran traballo neste ámbito, en este eido e precisamente porque hai non moito tempo hai un convenio subscrito coa Subdelegación do Goberno en relación coa violencia de xénero, detallou o alcalde. Destacou tamén o traballo que se está realizando dende o Centro de Información da Muller, un recurso propio do concello de Barbadás e que atende a moitas persoas incluso fóra do noso concello”.
  • Valcárcel resaltou que “cremos que a ideoloxía si que é importante neste ámbito, porque hai partidos políticos que están precisamente en contra de traballar no ámbito da violencia de xénero, polo tanto a concienciación, a prevención e de novo a sensibilización son fundamentais”.
  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, asegurou que “como todos os anos, unha vez mais, o Concello de Barbadás, súmase á conmemoración do día 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, e con este motivo temos programadas unha serie de actividades ao longo dos meses de novembro e decembro”.

 

  • A primeira delas terá lugar mañá venres e consistirá na colocación dun stand informativo que ten como título “Agresión Off: eu digo non á violencia de xénero” que pretende formar e informar á poboación de Barbadás contra a violencia sexual. Estará situado nas inmediacións da rotonda da familia dende as 16:00h ata ás 22:00h.

 

  • O venres día 4 de novembro en xornada de tarde, concretamente ás 20:00h, terá lugar a inauguración da exposición de pintura “Disconformes…” de Ana Ferreiro na Sala de exposicións da Casa da cultura Manuel María e que se poderá visitar ata o día 9 de decembro.

 

  • Tamén o venres, día 18, na Casa da Cultura Manuel María teremos a oportunidade de desfrutar da obra de teatro “Golpes”. As invitacións poderanse retirar na Casa de Cultura nos días previos.

 

  • O sábado 26 de novembro, debido á gran demanda que tiveron estes obradoiros en edicións anteriores, volvemos a repetir a actividade de autodefensa para mulleres, que terá lugar na Casa da Mocidade ás 11:00h.

 

  • En decembro terá lugar a reunión ordinaria da Mesa de Coordinación Inter-institucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás, que coma sempre contará coa asistencia da Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, da Secretaria Xeral de Igualdade, con representantes das forzas e corpos de seguridade, dos centros educativos e sanitarios do concello, así como con representación dos servizos sociais de Barbadás e Taboadela e do Centro de Información á Muller. Será o venres día 2 de decembro ás 10:00h no Salón de Plenos do Concello. O obxectivo destas reunións é a coordinación entre todos os profesionais e as profesionais implicados/as na atención ás vítimas da violencia de xénero.

 

  • Ese mesmo día ás 20:00h na Casa da Cultura poderemos desfrutar novamente dunha representación teatral co título “Por unha peseta” da compañía Apatacón. Retirada de invitacións nos día previos na Casa da Cultura.

 

  • Concello de Barbadás continuará la liña de colaboración cos centros educativos da contorna, xa que dende o Concello de Barbadás “consideramos que o traballo coa infancia e a mocidade é fundamental de cara a acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria e este traballo débese facer de forma continua”.

 

  • Nesta ocasión levaremos aos centros educativos uns obradoiros titulados “Quérote, Quérome”, que son unha proposta para a prevención da violencia machista entre a mocidade. Levaranse a cabo dende o 14 de novembro ata o 16 de decembro e están dirixidos ao alumando de 4º e 5º de Primaria do Filomena Dato e O Ruxidoiro e a 1º da ESO do Luis Vives e do Ferro Couselo.

 

  • E por último, o día 16 de decembro, ás 20:00h, teremos a inauguración de outra exposición de pintura que leva por nome “Acrílico sobre 50 sombras de Grey e Lorazepán”, arte contra a violencia de xénero da artista Ana Peaguda. A exposición poderase visitar ata o día 3 de xaneiro de 2023.

1667481380820 103.07 KB

2022-A3-25N 415.90 KB

1667481380502 175.33 KB

1667481380670 107.42 KB

1667481380820 103.07 KB

1667481380912 116.12 KB

2022-Banner- Presentación 25N 76.38 KB

CONTENT-CAT.1715911674

Campaña de empadroamento do Concello de Barbadás: “súmate a nós”

29/07/2022

Campaña de empadroamento do Concello de Barbadás: “súmate a nós”

O CONCELLO DE BARBADÁS DESEÑA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A VECIÑANZA DESCUBRA AS VANTAXES DE ESTAR EMPADROADA

“Súmate a nós” é o título de unha iniciativa que incide nas bonificacións que supón para as persoas empradroadas vivir en Barbadás

A tarxeta de transporte, ludotecas, campamentos, escola infantil municipal, Centro de Información á Muller, Escola de Música, Casa da Mocidade son algúns dos servizos nos que os/as empadroados/as poden obter vantaxes

·       Este mediodía presentouse en rolda de prensa a campaña de empadroamento deseñada polo Concello de Barbadás.

·       A presentación tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo por parte do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Victoria Morenza, tenente alcalde.

·       Valcárcel repasou a evolución poboacional dende 2010 ata a actualidade. En 2010 Barbadás tiña 9.725 habitantes, en 2015 o padrón de habitantes sumaba 10.644 persoas, no ano 2016 a cifra acadou 10.788 residentes e en 2017chegou a 10.964 habitantes. No ano 2018 había 11.072 persoas empadroadas, no 2019 esta cifra incrementouse ata os 11.177 habitantes e no 2020 decrecemos baixamos en 103 veciños e veciñas pero de novo no 2021 medrou a poboación ata as 11.112 veciños e veciñas e este ano a día de onte aumentamos 157 veciños e veciñas en relación o 2021.

·       O rexedor indicou que “evidentemente despois haberá que facer filtros para ver si toda esta xente non está empadroada ou ubicada aquí en outros lugares, pero a poboación segue medrando e dende o Concello e queremos seguir mantendo esta tendencia, pero non é menos certo que hai veciños e veciñas que non están empadroados aquí e que convidamos a que se empadroen en Barbadás”.

·       Valcárcel sinalou que “tendo presente precisamente esa realidade e que hai un traballo de campo feito por Protección Civil en canto a consumo de auga e de enerxía eléctrica e tamén polo que nos indica a empresa de recollida de lixo, probablemente haxa entre1500 e 2000 persoas que non están empadroadas en Barbadás”.

·       Ante esta situación “o Concello de Barbadás decidimos realizar unha campaña de empadroamento para que as persoas que residen no municipio e que non figuran no padrón se animen a empadroarse”, comentou Xosé Carlos Valcárcel.

·       O aumento de veciños e veciñas precisamente suporá para o Concello un aumento de ingresos e de recursos do Estado que porían ademais en valor as infraestruturas e os servizos que se prestan porque poderían ser mellorados, poderías mellorarse ostensiblemente.

·       Son moi importantes estos servizos e  infraestruturas para que o Concello poda ofertar mais servizos, estes ingresos permitirán ofertar mais servizos, promover a dinamización social e atender as necesitades da poboación.

·       É moi importante formar parte formal do Concello onde un reside xa que é un xeito de ser responsables en axudar a mellorar a calidade de vida do propio municipio, tanto de xeito individual como de xeito colectivo e sería un plus para a comunidade, de feito o slogan que utilizamos no folleto é “súmate a nos”.

·       Valcarcel destacou que “un xemplo das vantaxes que supón estar empadroados/as en Barbadás a efectos do uso da piscina implica que hai un bono para toda a tempada que custa 6€ e penso que non hai servizo de piscina ou piscina municipal na nosa contorna que teña un prezo tan reducido. Estamos falando de 2 meses e medio practicamente con un custo de 6€”.

·       A tenente alcalde, Victoria Morenza, explicou que “esta campaña consistirá na difusión entre os residentes de 5000 folletos que serán repartidos nos buzóns de correos de cada vivenda, ademais estanse a realizar unha serie de vídeos e promocións dos recursos do Concello para atraer a dita poboación a empadroarse”.

·       Nestes vídeos participarán persoas empadroadas en Barbadás que teñen unha relevancia social ben no ámbito deportivo, cultural e social e que van a explicar precisamente neses vídeos cales son as vantaxes de estar empadroados/as en Barbadás

·       Estes folletos empezaranse a distribuír  a partir da semana que ven e “o obxectivo é precisamente animar a todas as persoas que efectivamente teñen segunda residencia e que pasan practicamente case todo o ano nos diferentes pobos a que se empadroen”.

·       Morenza resaltou que “hai que ter en conta que o non empadroamento das persoas que residen habitualmente en Barbadás tamén ocorre no rural e non só na Valenzá, onde moita xente está empadroada nos pobos de orixe; ou dentro da propia familia algún membro da familia que está empadroado no concello de orixe que acostuma a ser fundamentalmente da Baixa Limia e outro membro da familia está empadroado en Barbadás. Tendo en conta esta situación o ideal é captar a todas esas persoas para que efectivamente se empadroen no lugar onde residen”.

·       O folleto informativo “especifica todas as bonificacións ou vantaxes que ten estar empadroado en Barbadás, como poden ser as bonificacións na tarxeta de transporte, porque Barbadás como ben sabedes ten unha tarxeta de bonificación conveniada coa Xunta de Galicia, onde as persoas que están empadroadas en Barbadás poden beneficiarse de bonificacións de ata a gratuidade nos casos de persoas que se atopan en situación de emerxencia social, as persoas xubiladas tamén teñen unha bonificación, as familias tamén teñen bonificación, e os estudantes.

·       As persoas empadroadas teñen prioridade en obradoiros e cursos, acceso prioritario ao Banco Solidario, poden obter descontos nas escolas deportivas e optar a acudir ao polideportivo a un custo máis baixo.

·       A Escola Infantil Municipal só pode ser utilizada por persoas empadradas, mentras que algunas das actividades programadas polo Centro de Información á Muller van dirixidas só para empadroadas.

·       No que se refire á cultura as axudas para libros son dirixidas a empadroados e en campamentos, ludotecas, etc a preferencia é para as persoas que están empadroadas.

·       Teñen prioridade os/as empadroados/as na matrícula da Escola de Música, en actividades de formación, uso das instalación e acceso libre á Aula de Informática do Centro Empresarial Transfronteirizo.

·       Respecto dos servizos presetados pola Casa da Mocidade, as persoas empadroadas teñen prioridade nas ludotecas de Nadal e Semana Santa (50 prazas, servizo gratuito) e nos campamentos de verán (máis de 120 prazas), prioridade en cursos e obradoiros, no acceso a internet e decontos en todas as excursión, obradoiros, etc.

1659105861858 142.38 KB

CONTENT-CAT.1715911674

O Concello de Barbadás continúa avanzando na elaboración do Plan de Igualdade

26/04/2022

O Concello de Barbadás continúa avanzando na elaboración do Plan de Igualdade

A concelleira de Igualdade asistíu a la xornada formativa “Plans de igualdade nos concellos”

O CONCELLO DE BARBADÁS CONTINÚA TRABALLANDO NA ELABORACIÓN DO PLAN DE IGUALDADE

A concelleira de Igualdade e a técnica de Igualdade asistiron hoxe en Santiago a unha acción formativa, que levaba por título “Plans de igualdade nos concellos”

 

  • A concelleira de Igualdade do Concello de Barbadás, Elisabet González Nistal, e a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás asistiron hoxe en Santiago a unha acción formativa, que levaba por título “Plans de igualdade nos concellos, da teoría á práctica”

 

  • A acción formativa desenroluse na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que era o organismo convocante de dita formación.

 

 

  • Na xornada formativa abordouse a elaboración dos plans de igualdade a nivel local dentro das políticas locais de igualdade, as ferramentas para a súa elaboración e estratexias de actuación.

 

  • González Nistal explica que “tamén se falou de como veñen os plans de igualdade na lexislación vixente, xa que son de obrigatorio cumprimento incluso para empresas a partir de 50 traballadores”.

 

 

  • “Foi unha formación cun circuíto de pautas para a elaboración dun plan”, sinalou Elisabet González, quen anticipou que dende o CIM de Barbadás “xa se deron pasos para elaborar o Plan de Igualdade Municipal”.

 

  • Na segunda parte da formación falouse dos protocolos de acoso sexual, dos mecanismos de prevención , de como previr o acoso sexual por razón de xénero, sobre todo no ámbito laboral e como introducir eses protocolos de prevención dentro dos propios plans de igualdade das empresas, entidades locais

 

  • A concelleira de Igualdade enumerou algúns dos obxectivos dun plan de igualdade:

 

  1. Elimina desequilibrios e desigualdades nas empresas respecto da presenza, categoría profesional e participación da mulleres e homes
  2. Elimina desigualades e desequilibrios no acceso e participación de mulleres e homes na organización
  3. Aseguran que os procesos de xestión se realicen de acordo ao principio de igualdade de trato
  4. Favorece a conciliación laboral, persoal e familiar
  5. Prevé o acoso sexual e acoso por razón de sexo
  6. Elimina a fenda salarial

.

CONTENT-CAT.1715911674

Mesa de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás

26/04/2022

Mesa de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás

O encontro celebrouse na Casa Consistorial do concello

REUNIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE BARBADÁS

Esta mesa ten por obxectivo a coordinación ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas

Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que no último ano atendéronse a 92 mulleres

  • O salón de plenos do Concello de Barbadás acolleu a reunión da Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero do Concello de Barbadás, que se celebra semestralmente.

 

  • Esta mesa de traballo foi presidida por Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, a concelleira de Educación, Marga Pérez e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.

 

  • Ao encontro non pudieron acudir a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a directoria do Centro de Información á Muller de Barbadás, María Armada, por ter acudido a a Santiago a unha xornada formativa sobre plans municipais de igualdade promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP.

 

  • Á mesa interinstitucional, da que tamén  forma parte o Concello de Taboadela, acudiron traballadoras sociais de ambos concellos, as orientadoras dos centros educativos de referencia, colexios de Barbadás e instituto Ferro Couselo.

 

  • Tamén forman parte desta mesa de traballo o Equipo de Violencia de xénero da primeira compañía da Garda Civil, recentemente creado, e do Equipo da Muller e do Menor (EMUME).

 

  • Tamén está presente na mesa interinstitucional a Policía Local de Barbadás, que colabora coas forzas de seguridade na atención ás vítimas de violencia de xénero a través do Programa Viogen.

 

  • Ademais forman parte da mesa interinstitucional as/os traballadores do CIM de Barbadás, directora, asesor xurídico e psicóloga.

 

  • Esta mesa ten por obxectivo a coordinación ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas, indicou Victoria Morenza. A tenente alcalde salientou a “importancia destas reunións de cara a avanzar nos procesos de atención ás vítimas de violencia e de coordinación entre profesionais”.

 

  • Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que no último ano atendéronse a 92 mulleres, na súa maioría por consultas relacionadas coa violencia de xénero, en tanto que a franxa de idade oscila entre os 25 e 54 anos.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Educación destacou a importancia de difundir información de prevención nas redes sociais, que son o medio máis utilizados por as/os xóvenes.

 

  • Abordouse no encontro a campaña do Ministerio do Interior para denunciar a difusión de contados violentos ou sexuais sen consentimiento. A retirada destes contados pode realizarse no seguinte enlace: aepd.es/canalprioritario.

 

  • Na última reunión da mesa interinstitucional propúxose por parte dos centros educativos que se creara un canal fluído de información sobre a repercusión que determinadas situación de violencia de xénero poden ter sobre o alumnado afectado.

 

  • María Alida Iglesias xa na anterior reunión institiu na confidencialidade dese tipo de dato e a raíz da proposta dos centros educativos elaborouse dende a Unidade de Violencia de Xénero un díptico que recolle diferentes tipos de indicadores para detectar entre o alumnado este tipo de violencia.

 

  • O díptico clasifica os indicadores en físicos, psicolóxicos e socioeducativos. Tamén se recollen indicadores de que un/unha alumno/a pode estar exercendo malos tratos.

 

  • Tamén se indican no díptico indicadores compatibles cunha situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

CONTENT-CAT.1715911674

A Concellería de Igualdade de Barbadás presenta o “Programa Rosalía”

20/04/2022

A Concellería de Igualdade de Barbadás presenta o “Programa Rosalía”

BARBADÁS INICIA O “PROGRAMA ROSALÍA” PARA PROMOVER A ORIENTACIÓN E O ASESORAMENTO LABORAL DIRIXIDO A MULLERES

A programación agrupa 7 obradoiros durante un período de 2 meses

Acceso ao emprego, emprendemento das mulleres, inserción ocupacional, traballo non remunerado, mulleres na Historia, autoestima e benestar ou violencia de xénero constitúen a temática desta iniciativa

 

  • Esta mañá presentouse nas instalacións municipais da Solaina o “Programa Rosalía”, dirixido a mulleres especialmente ás que se atopan en situación de vulnerabilidade e enmárcase no Pacto de Estado para promover a igualdade e contra a violencia de xénero.

 

  • Na presentación, ademais das participantes, estiveron María Armada, técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás, Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, e Laura Seara, responsable da Consultora Red Talento, que desenrolará este proxecto nos diferentes obradoiros que o componen.

 

  • Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, explicou que “o O Programa Rosalía naceu nun momento de cambios, de dificultades e moitos retos para a cidadanía, en concreto para as mulleres”.

 

  • A iniciativa é unha grande aposta da Concellería de igualdade do Concello de Barbadás e “vai dirixido a todas as mulleres coa finalidade de fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima de todas as mulleres que participen”, indicou González Nistal.

 

  • Os obxectivos son “mellorar a inserción laboral, a creatividade, a participación e a mellora profesional das mulleres”, apuntou González Nistal. Tamén se busca incrementar a autoestima, ofrecer motivación e asesoramento personalizado para o acceso ao emprego e autoemprego.

 

  • O Programa Rosalía ten unha duración de 2 meses, sinalou Nistal, quen ademais de dexexar que “estén a gusto, que disfruten e, por suposto, que sexa de proveito para o seu futuro”.

 

  • Laura Seara iniciou a súa intervención asegurando que “as crises e guerras golpean de maneira máis violenta ás mulleres. Cando os servizos públicos desaparecen por parte das administracións son as mulleres as que ocupan ese espazo”.

 

  • Segundo Seara “as mulleres reforzan o traballo de cuidados, as mulleres coidadoras reforzan o seu traballo incluso ao triplo das súas xornadas. Emigrar a quen máis lles costa é ás mulleres. Isto coñécese como discriminación múltiple. Todo isto sumado á situación personal de cada muller afecta na posición social desta e, polo tanto, no acceso ao mundo laboral”.

 

  • O Programa Rosalía desenrolarase en 7 obradoiros, que serán impartidos por diferentes profesionais. Haberá unha psicóloga e unha orientadora laboral.

 

  • O primeiro taller será sobre a autoestima e como cuidar a nosa mente, corpo, alimentación, etc. Impartirao unha profesora da Universidade de VIGO experta en saúde con perspectiva de xénero.

 

  • Abordarase noutro dos obradoiros a violencia de xénero, así como as ferramentas de sensibilización e prevención.

 

  • Outro dos talleres centrase no traballo non remunerado: os coidados. Laura Seara destacou que “é necesario valorar o traballo non remunerado, no cal o 90% son mulleres.

 

  • Desenrolaranse talleres de autoemprego, a través das tecnoloxías, como preparar un bo currículo personalizado e programaronse grupos pequenos “para que sexa máis fácil traballar individualmente”.

 

  • Seara anticipou que “visitaremos empresas do noso entorno e trataremos temas como axudas, mediación, etc, é dicir unha titorización completa e personal con cada unha delas e profesionais”.

 

  • As mulleres que participen neste programa “sairán con capacidade de afrontar o mercado laboral, calquer proceso de selección”, segundo Seara Sobrado.

 

  • Dende o Centro de Información á Muller estarán en coordinación constante cos profesionais do programa e ofrecen todos os recursos que poidan ofrecer.

 

  • Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller a través do teléfono 988 222 251 ou no email igualdade@barbadas.gal.

CONTENT-CAT.1715911674

Obradoiros risoterapia

27/01/2022

Obradoiros risoterapia

Prazo de inscricións: do 1 ao 10 de febreiro no CIM de Barbadás 988222251 / igualdade@barbadas.gal

 

A concellería de Igualdade do Concello de Barbadás, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza unha serie de obradoiros de risoterapia que terán lugar nos locais sociais das distintas asociacións veciñais do concello co obxectivo de crear unha rede de apoio no rural mediante unha actividade lúdica que favoreza o crecemento persoal a través da risa como ferramenta favorecera do empoderamento persoal co obxectivo de crear espazos nos que compartir experiencias e desfrutar do coñecemento propio e de outras persoas

Actividade dirixida á toda a poboación

CONTENT-CAT.1715911674

Mesa redonda sobre os procesos de atención ás vítimas de violencia de xénero

23/11/2021

Mesa redonda sobre os procesos de atención ás vítimas de violencia de xénero

A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE, SUSANA LÓPEZ, DESTACA A IMPORTANCIA DOS FONDOS DE RESILENCIA PARA A ATENCIÓN DURANTE 24 HORAS ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Na mesa redonda que tivo lugar en Barbadás con motivo do 25N, a responsable da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida, anunciou que antes de finais de 2021 está previsto crear unidades específicas de violencia de xénero

  • O Centro de Información á Muller de Barbadás programou parao mediodía de hoxe unha mesa redonda sobre “os procesos de atención ás vítimas de violencia de xénero”.

 

  • A esta mesa redonda onde se abordaron os recursos dos que dispoñen as mulleres vítimas de violencia, acudiron profesionais vinculadas/os á atención da violencia de xénero e cidadáns/ás.

 

  • A mesa redonda estivo formada pola responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno en Ourense, María Alida Iglesias Gil, a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e a concelleira de Igualdade de Barbadás, Elisabet González Nistal. Tamén estivo Iago Borrajo, xefe territorial de Emprego e Igualdade.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González, indicou ao inicio da mesa redonda que a violencia de xénero “constitúe un problema social que debemos combater entre todos e todas e dende todos os ámbitos porque as mulleres temos dereito a vivir unha vida libre libre de violencia nun contexto de xustiza e liberdade”

 

  • López Abella destacou o carácter transversal da política de Igualdade da Xunta, traballando conxuntamente coas universidades, o Colexio de Psicoloxía de Galicia, o Colexio de Traballo Social, as forzas e corpos de seguridade, os centros de Atención á Muller e asociaciacións sen ánimo de lucro.

 

  • A Secretaria de Igualdade destacou a importancia de “ter unha proposta de xénero interiorizada e do fundamental que é dar continuidade ao Pacto de Estado”, así como a revalorización dos recursos humanos que traballan a prol da igualdade en Galicia.

 

  • Para López Abella é moi importante fortalecer os itinerarios de inserción laboral e dar a coñecer o títiula habilitante para acceder aos recursos de apoio ás vítimas de violencia de xénero.  Tamén incidiu no fundamental que é a formación do persoal das Administracións Públicas na materia.

 

  • Anticipou que se está traballando na liña de que o Colexio de Psicoloxía de Galicia teña un papel máis activo en colaboración coas forzas e corpos de seguridade, que son os que activan o protocolo para a atención ás víticas. Abordouse tamén a necesidade de incentivar a importancia da intervención do Colexio de Traballo Social .

 

  • María Alida Iglesias, xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, coincidiu con Abella no feito de que o Pacto de Estado constituiu un fito á hora de establecer un consenso das Administración nas políticas de loita conta a violencia “e foi un instutmento efectivo e  necesario, polo que, a pesar de que remata en 2022, existe interese por parte de todas/os en que se siga desenvolvendo”.

 

  • Iglesias Gil destacou que se distribúen fondos en función do número de habitantes, 0,18 euros por habitante, ademais de 1.000 euros a cada concello. Esto engadido aos fondos que distribúe a Xunta para financiar os centros de información á Muller e o persoal dos mesmo.

 

  • María Alida Iglesias anunciou que está previsto crear antes de que finalice 2021 unidades específicas de Violencia de Xénero, en colaboración coa Garda Civil.

 

  • Falou tamén da mellora que supuxo ampliar a atención do teléfono 016 para a atención de todo tipo de violencia que se contempla no Convenio de Estambul e valorou positivamente o investimento previsto polo Goberno Central de  32 millóns de euros para o  016.

 

  • Así mesmo, o goberno de Madrid destina 32 millóns de euros para Atempro, o dispositivo de seguridade para as mulleres que se xestiona a través da Cruz Vermella.

CONTENT-CAT.1715911674

Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos

22/06/2021

Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos

Actividades lúdicas, culturais e de ocio en Barbadás

BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES LÚDICAS, CULTURAIS E DE OCIO DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS

As concellerías de Cultura, Mocidade, Deportes e Igualdade realizaron unha planificación que abrangue actividades para todas as idades

Teatro, concertos, talleres de graffiti, clases de patinaxe na pista de skate, obradoiro de coaching emocional, curso de DJ, torneos de futbolín, padbol e billar, xogos populares, master class de ioga e zumba e iniciación ao boxeo, así coma cinema conforman a oferta de ocio en Barbadás durante os meses de xullo e agosto

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentou esta mañá, cando se fixo público o programa cultural de Barbadás para este verán, que “estas son unhas datas que para nós son moi especiais, xa que aparte da cultura en si mesma é fundamental o espazo onde van ter lugar as actuacións culturais deste verán. O Parque dos Patos é un lugar de encontro para as familias onde saben perfectamente todos os xoves dos meses de verán, día en que terán unha cita para os/as cativos/as e as familias”.

 

  • Este ano baixo o título de “Olla a Cultura presentamos un programa que agardamos sexa do gusto de todas as persoas que acudan, xa que tivemos en conta todo tipo de espectáculos: teatro, acrobacias, música, humor, etc”.

 

  • A programación cultural está “dirixida a un público familiar, para que gocen da cultura, pasen un momento agradable, de convivencia agora que xa temos unhas normas menos restritivas en canto á Covid-19, e podemos xa estar un pouco mais próximos que é o que seguro nos apetece a todas as persoas nestes momentos”.

 

  • Comezaremos este programa cultural este xoves con unha obra de teatro a cargo de “Ghadafelhos” que estará dirixida ao público infantil, en colaboración coa Consellería de Igualdade.

 

  • O Venres 25, tamén promovido pola Consellería de Igualdade, enmarcadas ambas no Día do Orgullo LGTBI, está programado o gran espectáculo do grupo Broken Peach ás 20:30 horas.

 

  • Os vindeiros martes 29 de xuño e mércores 30 de xuño gozaremos cos concertos das bandas de música da Escola de Barbadás, tanto infantil como xuvenil.

 

  • O xoves día 1 de xullo volverá a deleitar ao público o grupo Ghadafelhos con outro espectáculo novo: “Monstros no camiño” e así todos os xoves de cada mes ata chegar o último xoves de agosto que remataremos con unha noite de cinema coa proxección da película “Cuñados”.

 

  • Marga Pérez invitou “á veciñanza a que acuda a gozar da cultura e convivencia neste fermoso espazo como é o Parque dos Patos, na Valenzá”.

 

  • O concelleiro de Deportes e Mocidade, Abel Cortés, destacou que “o programa de verán da Casa da Mocidade é algo novo de este ano dado que foi unha instalación que se puxo en funcionamento a principios de ano”.

 

  • Na planificación de actividades “haberá dúas temáticas diferenciadas, unha no mes de xullo adicado á Cultura Urbana e outra no mes de agosto, o mes do Deporte”.

 

  • Os espazos nos que se realizarán as diferentes actividades estará centralizado na Casa da Mocidade, pero tamén habilitaranse outro espazos como son: pista de skate, pistas de pádel do Polideportivo ou espazos ao aire libre no que terán lugar os diferentes concertos.

 

  • “A finalidade desta programación de dinamización é ofrecerlle á mocidade do concello un espazo onde realizar actividades de ocio e tempo libre á mocidade e principalmente a partir de 12 anos en adiante, xa que ata os 12 anos teñen outro tipo de actividades como os diferentes campamentos de verán , uns orientados ao ocio e tempo libre e outros con un carácter lúdico-deportivo, que se desenrolarán en espazos como a piscina e locais sociais do Concello.

 

  • Polo que durante todo o verán toda a mocidade do concello poderá levar a cabo diferentes actividades durante todos as semanas durante os meses de xullo e agosto.

 

  • O Campus “Respira Familiar” tamén se engloba nestas actividades da área da Mocidade, no que se ofertan unha grande cantidade de prazas para a mocidade do concello, neste caso de 6 a 12 anos.

 

  • Actividades da Concellería de Mocidade: o 2 de xullo haberá un concerto de hip hop no parque exterior da Casa da Mocidade. O 8 de xullo nesta mesma instalación está programado un taller de graffiti. Os venres 16 e 23 de xullo na pista de skate haberá clases de patinaxe agresiva.

 

  • Está previsto un taller de coaching emocional os martes e xoves do 12 ao 22 de xullo na Casa da Mocidade. Planificouse un curso básico de DJ o xoves 22 de xullo.

 

  • Durante agosto, mes centrado no deporte, celebrarase un torneo amistoso de futbolín, xogos populares, e torneos de billar e padbol. O 28 de agosto está prevista unha master class de iniciación ao boxeo e de ioga e zumba. O 1 de outubro programouse unha charla de ciberseguridade impartida pola Garda Civil.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, destacou as actividades promovidas a través do Centro de Información á Muller de Barbadás.

 

  • O obxectivo “é promover de unha maneira lúdica e amena os principios de igualdade, prevención da violencia de xénero, así como de visibilización de diversidade LGTBI”.

 

  • O día 25 de xuño ás 12 do mediodía procederase á entrega de premios do concurso infantil de debuxos titulado “Que é para ti a  diversidade” na biblioteca municipal.

 

  • As actividades culturais de “Iriña bailarina” e a actuación de Broken Peach enmárcanse na celebración do Día do Orgullo LGTBI.

 

  • Cabe lembrar que a Concellería de Educación organizou un programa de actividades enmarcadas no “Concilia Barbadás” e a Concellería de Deportes oferta o campus lúdico-educativo “Respiro familiar”, cuxa inscrición está aberta ata o venres.

     

CONTENT-CAT.1715911674

Concurso infantil de debuxos pola diversidade en Barbadás

14/05/2021

Concurso infantil de debuxos pola diversidade en Barbadás

Temática "Qué é para ti a diversidade". Entrega de traballos do 24 ao 28 de maio.

 

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE A TRAVÉS DO CENTRO DE INTORMACIÓN Á MULLER DE BARBADÁS CONVOCA UN CONCURSO INFANTIL DE DEBUXOS POLA DIVERSIDADE EN BARBADÁS

O prazo de presentación dos debuxos será dende o día 24 ata o 28 de Maio de 2021

Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 25 de Xuño ás 12.00h

 

  • A Concellería de igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza un concurso infantil de debuxo dirixido ós/ás nenos/as de Barbadás, con motivo da conmemoración do 28 de xuño: Día da diversidade LGTBI.
  • Está dirixido ás nenas e nenos do Concello de Barbadás, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

 

  1. Establécense dúas categorías:

– Nenos/as de 1º a 3º de Primaria

– Nenos/as de 4º a 6º de Primaria

  • Os debuxos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos: Este concurso celébrase con motivo do día da diversidade –día do orgullo LGTBI- que se conmemora o día 28 de xuño, por isto o tema do debuxo é: “¿que é para ti a diversidade?”. Valorarase a orixinalidade e a capacidade creativa. Estar presentado en cartolina ou papel, tamaño DIN A4 ( Folio Normal).
  • Lugar e prazo de presentación:

Os debuxos poderán presentarse na Casa de Cultura, no buzón habilitado para tal efecto, ou nos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro.

O prazo de presentación dos debuxos será dende o día 24 ata o 28 de Maio de 2021.

Os debuxos deberán presentarse en sobre pechado con pseudónimo e idade, dirixido á Concellaría de Igualdade de Barbadás : “”Concurso de Debuxos pola Diversidade”, e incluíndo no interior outro sobre pechado cos datos persoais:

  • Nome e Apelidos
  • Enderezo
  • Idade
  • Número de Teléfono

 

  • Premios: Entregaranse tres premios por cada categoría:

Categoría nenos/as de 1º a 3º de Primaria:  1º Premio: Un reloxo dixital. 2º Premio: Unhos cascos inalámbricos. – 3º Premio: Un libro. 

Categoría nenos/as de 4º a 6º de Primaria:  – 1º Premio: Un reloxo dixital, – 2º Premio: Uns cascos inalámbricos.  3º Premio: Un libro.

  • O Xurado estará composto pola Concelleira de Igualdade, a directora do Centro de Información á Muller e por unha persoa do equipo directivo dos CEIP do Concello de Barbadás.

 

  • O nome dos gañadores ou gañadoras publicarase na páxina web do Concello de Barbadás (barbadas.es) a partires do día 3 de Xuño de 2021.

 

  • Os premios entregaránse na Casa da Cultura o día 25 de Xuño ás 12.00h.

 

  • Entre todos os debuxos galardoados, o xurado escollerá un que será utilizado como imaxe do cartaz do Día da Diversidade — 28 de Xuño—do Concello de Barbadás.

 

 

 

 

 

CONTENT-CAT.1715911674

Concurso infantil de debuxos pola diversidade

14/05/2021

Concurso infantil de debuxos pola diversidade

Consulta as bases de participación

A concellería de igualdade, a través do CIM (Centro de Información á Muller) organiza un concurso infantil de debuxo dirixido ós/ás nenos/as de Barbadás, con motivo da conmemoración do 28 de xuño – día da diversidade LGTBI-

 

CONTENT-CAT.1715911674

Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero no concello de Barbadás

27/04/2021

Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero no concello de Barbadás

MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO  DO CONCELLO DE BARBADÁS

  • Hoxe tivo lugar no salón de plenos do Concello de Barbadás a constitución da mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero do concello de Barbadás.
  • Asistiron a esta, o alcalde de Barbadás Xosé Carlos Valcárcel, concelleira de igualdade, Elisabet González, xefa da unidade de prevención de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.
  • Tamén estiveron representantes dos corpos e forzas de seguridades do estado (EMUME, Garda Civil e Policía Local), representantes dos centros educativos, de servizos sociais do concello de Barbadás e de Taboadela, do centro de saúde e do Centro de Información da Muller.
  • A finalidade da mesa é a coordinación entre todas as institución con competencia en materia de violencia de xénero, co obxectivo de que esta ferramenta sirva para mellorar a calidade da atención as mulleres que se atopan nesta situación.
  • Nesta convocatoria abordáronse diferentes temas como o análise da incidencia da violencia de xénero no concello de Barbadás a través dos datos proporcionados pola Subdelegación do Goberno e puxéronse sobre a mesa distintas propostas de actuación cara a prevención e tratamento da violencia de xénero no concello, así como a coordinación das diferentes institucións e servizos alí representados.
  • A esta mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero daráselle continuidade con futuros encontros de carácter semestral nos que se avaliará a consecución dos obxectivos da mesa e futuras propostas de actuación.
  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, asegurou que “esta mesa ten que servir de canle e ferramenta para analizar a situación da violencia de xénero no noso entorno máis próximo, pero tamén para coordinar as actuacións entre todas as administracións que traballamos en mellorar a calidade da atención ás mulleres vítimas das agresións machistas”.
  • Valcárcel sinalou “estamos asumindo unha competencia que afecta a moitas administracións e profesionais: psicólogos/as, policía local, garda civil, abogado/a e traballadores/as sociais”.
  • LISTADO DE PERSOAS ASISTENTES Á MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

    1.- Xosé Carlos Valcarcel Doval, Alcalde do Concello de Barbadás

    2.- María Alida Iglesias Gil, Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Ourense

    1. María Elisabet González Nistal, Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Participación Veciñal do Concello de Barbadás

    4.- En representación da EMUME, Laura Cruz Cruz e Alejandro Fernández García.

    5.- En representación da Garda Civil, Subtenente José Manuel Moral; sarxento Iván Docampo González; garda civil, Adolfo Cid Jorge.

    6.- Fernando Freire, Xefe Policía Local de Barbadás

    7.- María Isabel Delgado Vila, Traballadora Social do Concello de Taboadela

    8.- María Isabel Rodríguez Cañas, Traballadora Social da UTES 01 do Concello de Barbadás

    9.- Eva Benita Dorado Andrade, Técnica do Programa de Educación Familiar do concello de Barbadás.

    10.- María Helena Gallo Álvarez, Directora do CEIP O Ruxidoiro

    11.- María Rúa Blanco, Orientadora do IES Ferro Couselo

    12.- María Villanueva Rey, Matrona do Centro de Saúde da Valenzá e responsable do Programa da Muller

    13.- María González Armada, Directora do centro de Información á Muller do Concello de Barbadás

    14.- Beatriz Pérez Fernández, , psicóloga do centro de Información á Muller do Concello de Barbadás.

    15.- José Manuel Fernández Soto, Asesor Xurídico do centro de Información á Muller do Concello de Barbadás

1619522245428 517.82 KB

1619522288189 228.91 KB

CONTENT-CAT.1715911674

Charla sobre a endometriose

04/11/2020

Charla sobre a endometriose

Charla sobre a endometriose nas instalacións municipais do parque da Solaina

Día: 6 de novembro

Hora: 18,30 horas

Prazas limitadas: 15 persoas

A inscrición para a asistencia a esta charla de realizarse a través do e-mail: igualdade@barbadas.gal

Teléfono do Centro de Información á Muller de Barbadás: 988 22 22 51

Imparte a charla Cristina Fernández Feijóo, da Asociación querendoENDO

 

SOLICITUDE_DE__INSCRICIÓN_ENDOMETRIOSE (2)

CONTENT-CAT.1715911674

Resumo da actividade do departamento de Servizos Sociais durante a Emerxencia Sanitaria

16/06/2020

Resumo da actividade do departamento de Servizos Sociais durante a Emerxencia Sanitaria

RESUMO DA  ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DURANTE A EMERXENCIA SANITARIA

Desde os Servizos Sociais do Concello de Barbadás (atendido por unha das 3 traballadoras sociais do Concello), a raíz do estado de alarma decretado o 14 de marzo de 2020, e como apoio aos colectivos máis vulnerables, puxéronse en marcha unha serie de medidas para intentar paliar as situacións de crise destes colectivos:

Desde o día 8 ao 21 de abril realizouse un primeiro reparto entregando vales de 25€ para gastar en alimentación e enseres básicos xunto cun lote de comida (leite, pasta, arroz, conservas,galletas,alimentos infantís, carne, froita, patacas…).

Entre os días 4 e 14 de maio realizouse un segundo reparto, ademais de dous repartos extraordinarios dirixidos a familias con menores a cargo. En total realizáronse 4 repartos e a día de hoxe séguense repartindo segundo demanda e necesidades.

– Púxose en marcha un “teléfono solidario”, onde os maiores e persoas que o precisaran podían utilizar este servizo para a compra de medicación, de alimentos ou calquer enser necesario, a través do cal realizáronse 50 intervencións en total.

– Creouse un “teléfono de atención psicolóxica”, atendido por dúas psicólogas, ó cal podía acceder todo aquel que o precisara, chegando a realizar 19 intervencións.

– O Servizo de Axuda no Fogar (atendido por a segunda traballadora social do Concello de Barbadás) estivo funcionando en todo momento, concedendo 160 horas novas de SAF (Servizo de Axuda no Fogar) durante o estado de alarma. Ás auxiliares de axuda no fogar entregáronselle 1288 mascarillas, 15 lentes de protección, 15 pantallas, máis luvas das habituais, hidroxeles e batas desechables; todos estes EPIS para garantir a saúde das mesmas e dos/as usuarios/as. O servizo de axuda no fogar, coordinado pola traballadora social, a cal estaba en contacto diario cos/coas usuarios/as de SAF e coas auxiliares correspondentes.

– A través do CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás e durante o estado de alarma, proporcionouse ás mulleres unha alternativa de atención, por medios como atención telefónica, correo electrónico ou videochamadas. Atendeuse a mulleres usuarias novas derivadas doutros servizos, como SERGAS, corpos de seguridade, secretaría xeral de igualdade e servizos de emprego.

– Así mesmo, e a maiores dos programas específicos que se puxeron en marcha a raíz do estado de alarma, os Servizos Sociais Comunitarios estiveron atendidos en todo momento vía telefónica ou correo electrónico, recibindo unha media de 20 chamadas diarias, tramitando novas axudas para a Renda de Integración Social (RISGA), AIS (Ayuda de Integración Social), Xantar na Casa, tarxetas sanitarias para situacións especiais, tarxetas benvida, 155 tarxetas do comercio local (axudas proporcionadas pola Deputación, pero xestionadas pol o Concello de Barbadás) ou calquer outro tipo de demanda que precisara a cidadanía como trámites de prestacións da oficina de emprego ou seguridade social, de persoas que non tiñan acceso á vía  telemática.

O Concello de Barbadás quere agradecer ás empresas e particulares que doaron alimentos, así como a Agrupación de Protección Civil, voluntarios/as do Banco Solidario e demais persoas que que puxeron o seu tempo a disposición da cidadanía.

CONTENT-CAT.1715911674

Recursos telefónicos para o confinamento

30/04/2020

Recursos telefónicos para o confinamento

Recursos telefónicos para o confinamento

  • Reparto de mascarillas cirúrxicas para persoas maiores de 60 anos e persoas con patoloxías: martes: 17,00-19,00 e xoves de 9,00 a 14,00 h

Edificios municipais de interese

  • Oficinas municipais – 988 39 31 68 (Cita telefónica para trámites de Rexistro e Padrón para persoas sen medios telemáticos)
  • Casa do Concello – 988 36 00 00 (Cita telefónica para trámites de Rexistro e Padrón para persoas sen medios telemáticos)
  • Venda de bonobuses: Oficinas Municipais: luns (9 a 14,00h). Martes e mércores:17,00-19,00
  • Policía Local – 988 22 10 50
  • Protección Civil – 988 24 34  46
  • Centro de saúde: 988 24 53 98
  • Servizos Sociais: 988 36 00 00, extensión 3
  • Centro de Información á Muller: 988 22 22 51. Atención 24 horas: tfnos. 016 e 900 400 273
  • Polideportivo de Barbadás – 988 26 35 19
  • Centro Transfronteirizo – 988 36 04 13

Teléfonos de emerxencia sanitaria

  • Emerxencias Sanitarias – 061/112
  • Información sobre o Coronavirus  da Xunta– 900 400 116

Programas de axuda á cidadanía

  • Atención psicolóxica
    • De 9:00 a 14:00 –  601 64 11 06
    • De 16:00 a 19:00 – 638 74 65 01
  • Atención telefónica solidaria – 988 39 15 26 (9 a 2 h)
  • Teléfono solidario de Protección Civil – 639 46 32 86   (para veciños/as con impedimento xustificado: compra, medicación, …)
  • Impresión de apuntes (só os esenciais) – 988 24 68 85

apuntesconcellodebarbadas@gmail.com

  •  Felicitación de cumpreanoscumpreanosconcellodebarbadas@gmail.com
  • Recollida solidaria de alimentos para animais – 646 98 71 08 (lugar de entrega no Polideportivo de Municipal Barbadás)
  • Banco Solidario (para doazóns que desexe realizar a veciñanza): tfno.: 638 74 65 01
  • Reparto de mascarillas cirúrxicas para persoas maiores de 60 anos e persoas con patoloxías: martes: 17,00-19,00 e xoves de 9,00 a 14,00 h

WEB:       https://www.barbadas.es

Facebook: Concello de Barbadás

Twiter: @Conc_Barbadas

Instagram: @concello_barbadas

CONTENT-CAT.1715911674

Protocolo do Concello de Barbadás ante o Coronavirus

18/03/2020

Protocolo do Concello de Barbadás ante o Coronavirus

En Barbadás a corentena afecta a practicamente todos os servizos municipais

  • Funciona teletraballo en servizos como Urbanismo
  • Nos seguintes servizos trabállase en quendas combinando o teletraballo e a presenza: Atención ao público da Valenzá, Rexistro da casa consistrorial, xulgado, Secretaría, Intervención, Servizos Sociais. No Centro de Información á Muller (presencial e atención telefónica e asesor e psicóloga: teletraballo).
  • Policía local e protección civil e servizo de axuda no  fogar funcionan íntegramente
  • Operarios municipais dos servizos de obras e de xardinería traballan por quendas desinfectando varandas, mobiliario público e parques
  • A empresa concesionaria da limpeza viaria, Geseco, está levando a cabo tarefas de desinfección de rúas dende o pasado sábado 13 de marzo
  • Estase habilitando un teléfono centralizado en protección civil para a atención domiciliaria de persoas maiores que precisen medicamentos e alimentos

protocolo coronavirus]

Bando Coronavirus Barbadás

CONTENT-CAT.1715911674

SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás

09/03/2020

SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás

Teatro  | 50 min | +3 anos

SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deste Venres 13 de Marzo ás 20h. No Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS co espectáculo “O País dos Mandóns”, continuando coa Programación do 8M do Día da Muller.

SINOPSE

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como; O País da Igualdade. Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta de Edicións Embora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, Fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.

Teatro recomendado para todos os públicos.

Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura).

Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás.

Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

CONTENT-CAT.1715911674

Actuación DABOAPIPA co espectáculo Lavandeiras

27/02/2020

Actuación DABOAPIPA co espectáculo Lavandeiras

O venres 6 de Marzo ás 20h., no Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do Grupo DABOAPIPA co espectáculo “Lavandeiras” dentro da Programación do 8M Día Internacional da Muller.

Sinopse:

Lavandeiras é un espectáculo onde a narración oral se mestura coa música ao vivo e o teatro para dar lugar a unha proposta que lles devolva ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron. É tanto o que rodea á figura da lavandeira que teríamos para incontables horas de fala e canto, daría para namorar lavando, máis eliximos centrarnos na consideración histórica e social da muller coa finalidade de poñer en labor a súa figura como fundamental sostén económico non só na casa senón tamén co traballo profesional non recoñecido que tantas xeracións de galegas fan e fixeron ao longo da nosa historia.

Pasando de camiño polo folclore, polo humor, polas historias reais e polo cancioneiro popular Vero Rilo achéganos un espectáculo cheo de emoción acompañado por Carlos Quintá no apartado musical.

Fresca coma a auga. Limpa coma as sabas ao clareo. Con música ao vivo, coma vivo é o cantar das lavandeiras.

Espectáculo recomendado a partir dos 14 anos en adiante.

Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás.

Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.

CONTENT-CAT.1715911674

CHOLA A IT GIRL

25/11/2019

CHOLA A IT GIRL

O mércores 27 de Novembro ás 20h. no Auditorio Municipal Manuel María de Barbadás, actuación do grupo ArtesaCía Transmedia que nos vai a representar a obra “Chola a it Girl” 

Unha A IT GIRL Rectificada, Blogueira, Youtuber, Mecánica de coches, Pesca, Cociña, Traballa no campo….. e é Piloto de rallies.

Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de youtube é contratada
por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revelará en 10
sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It girl rectificada: o rural e o
auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica
durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, no que terá que confesar
a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.

Espectáculo teatral recomendado a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada libre con invitación (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: CIM (Centro de Información á Muller ) e colabora Concellaría de Cultura de Barbadás

Cartel Chola_2019 738.85 KB

CONTENT-CAT.1715911674

SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da Cultura

20/11/2019

SILVARDEIRAS TEATRO na Casa da Cultura

Este sábado 23 de Novembro, ás 19:30h. no Auditorio Manuel María, actuación do grupo de Allariz, SILVARDEIRAS TEATRO que nos presentan a obra “Cando Valentina era mala” dentro da programación do 25N contra a Violencia das mulleres.

Sinopse:
Xogo teatral baseado no comenzo da historia de Valentina da novela de Inma López titulada “Aqueles días en que eramos malas”. Todo vai tecido con poemas de Miguel Hernández e outros poetas e poetisas da nosa lírica actual.

Teatro recomendado a partir dos 12 anos en adiante.

Entrada libre con invitación (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura e CIM (Centro de Información á muller) do Concello de Barbadás

CONTENT-CAT.1715911674

II Romaría Feminista de Barbadás: presentación

02/10/2019

II Romaría Feminista de Barbadás: presentación

LELÍA, BANDA DA LOBA E BAMBINA ACTUARÁN NA SEGUNDA EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA QUE SE CCELEBRARÁ O 5 DE OUTUBRO

Mesas de debate, postos na rúa, espazo infantil, food trucks e espazos para xantar/cear compoñen o programa da festa do feminismo en Barbadás

O día 4 de outubro ábrese a Romaría Feminista coa apertura de postos de comida na rúa e a actuación de “Carolina Rubirosa Band” e Paula Do Campo.

O espazo no que se desenrolará a festa feminista será na zona do pavillón da Valenzá e no parque dos Carrís, ao carón do río dos Muíños

  • “Achegar o feminismo a todas as mulleres, creando espazos nos que estean representadas por diferentes mulleres do eido político, económico, cultural e/ou social” é o principal obxectivo da segunda edición da Romaría Feminista de Barbadás, sinala Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade.

 

  • A romaría pretende nesta segunda edición tanto nas mesas de debate coma nas actividades e nas actuacións musicais “centrarse na sororidade coma ferramenta feminista”, apunta González Nistal.

 

  • O lema “Xuntas camiñamos” é o eixo para facer fincapé no que a feminista mexicana Marcela Lagarde chama “pacto político entre mulleres”.

 

  • As mesas de debate abordarán as diferentes formas de violencia contra as mulleres, “tratando específicamente a violencia sexual e a cultura da violación, as políticas públicas nesta Cuarta Ola e tamén sobre o activismo feminista nas redes sociais”, destaca a concelleira de Igualdade de Barbadás.

 

  • Este mediodía fíxose a presentación da segunda edición da Romaría coa presenza de responsables municipais: o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal. Tamén estiveron traballadoras do Centro de Información á Muller de Barbadás e representantes de postos na rúa: Eva Muñoz, coach educativo e representante do instituto Ferro Couselo que traballou durante varios cursos co alumnado en actividades transversais vinculados á muller, e Marisa Varela, da asociación La Can.

 

  • O día 4 de outubro será o prólogo da Romaría coa presenza na zona de fook trucks e a actuación a partir das 21,00 horas de Carolina Rubirosa Band e Paula Do Campo.

 

  • O día 5 de outubro o grupo de pandereteiras de Piñor “Euquechesei” protagonizarán a actuación de apertura da Romaría ás 10,50 horas da mañá.

 

  • A Continuación a primeira mesa de debate está prevista para as 11,00 horas baixo o título “Movemento feminista nas políticas públicas”. Nesta mesa intervirán Pilar Cancela, presidenta da Comisión de Seguemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, María del Consuelo Vispo, deputada e portavoz do PP en Barbadás, Zaida Rodríguez, Secretaria provincial de Igualdade do PSdeG, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e moderadora e Noa Presas.

 

  • Ao mediodía (12,30 horas) está previsto un recital de poesía protagonizado por Irma Ruth del Ángel, ddo Círculo Poético de Ourense.

 

  • Ás 13,00 horas comezará a segunda mesa de debate titulada a muller no deporte coa participación de Marta Bobo (primeira olímpica española e galega de ximnasia rítmica), Lorena Novas (árbitra de primeira división feminina de España), Carmen Cid “Witch” (atleta do Clube Box 001 Rumaniak), Mercé Barrientos (presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas, MUDEGA) e Silvia Vieito (moderadora, de Xornalistas Galegas).

 

  • Pola tarde a partir das 17,00 horas está prevista a mesa centrada en torno ao “Activismo feminista nas redes” coa presenza de Towanda Rebels (iutubers feministas), Feminista Ilustrada (ilustradora e educadora visual feminista), Daniela Fernández (AMIZANDO, Asociación LGTBI Galega) e Laura Seara (moderadora e Ex_Secretaria de Estado de Igualdade. Avogada e consultora de xénero).

 

  • Ás 19,00 horas actuará a charanga “O son da Lila”.

 

  • As actuacións musicais comezarán ás 21,00 horas coa presenza no escenario de “A banda da Loba”, “Leilía” e “Bambina”.

 

  • O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, asegurou que é fundamental “eguir con esta liña de traballo dende o concello para promocionar e visibilizar os dereitos das mulleres, tendo en conta que estamos nun momento no que existe unha ideoloxía que pretende desprezar e minusvalorar a problemática da muller. Por esa razón é máis importante darlle relevancia a este evento”.

 

  • Eva Muñoz, coach educativo, explica que la instalación de un puesto supone “dar ese pequeño pasito que podemos dar. En el stand con el que estaré en la romería figurarán trabajos realizados por jóvenes del instituto Ferro Couselo que han estado más de 2 años en la temática de la igualdad”.

 

  • Marisa Varela, de la asociación canina La Can, indica que este colectivo desenrola un proxecto para coidar as mascotas de mulleres vítimas de violencia de xénero porque cando se van a casas de acollida non poder levar ás súas mascotas. Facémonos cargo deses animais ata que esa muller volve á súa vida habitual”.

CONTENT-CAT.1715911674

Reserva de espazo para instalar postos na Romaría Feminista

10/09/2019

Reserva de espazo para instalar postos na Romaría Feminista

O DÍA 13 DE SETEMBRO FINALIZA O PRAZO DE RESERVA DE ESPAZO PARA PARTICIPAR NA SEGUNDA EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA

A II Romaría Feminista terá lugar o sábado 5 de outubro na área recreativa da Calzada Romana situada á beira do río, na parroquia da Valenzá (a carón do Polideportivo Municipal).

 Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo

  • A II Romaría Feminista de Barbadás que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

 

  • Para instalar postos na Romaría Feminista só é necesario cumprimentar as solicitudes de reserva de espazo pola Sede Electrónica do Concello.

 

  • Tamén se pode formalizar a inscrición no rexistro das dependencias municipais (Casa do Concello e Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • Outra das posibilidades para inscribirse na reserva de espazo para instalar postos é a través do Rexistro da Xunta, da Subdelegación do Goberno ou Correos.

 

  • É preciso ademais enviar unha copia do rexistro escaneada á seguinte dirección de correo electrónico: Igualdade@barbadas.gal

 

  • O horario de ocupación autorizado será dende as 9:00h da mañá ata as 23:00h da noite do día 5 de outubro.

 

  • Cada posto deberá contar con algún detalle de cor lila, segundo se recolle nas bases para a inscrición.

 

  • As instancias, dirixidas ó Concello de Barbadás, sita na rúa Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense), presentaranse nos rexistros de entrada ou pola Sede Electrónica do Concello de Barbadás ou por calquera das demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Para calquera dúbida ou para ampliar información: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade Centro de Información á Muller (CIM) Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás Tel. 988222251 email: igualdade@barbadas.gal.

 

  • BASES REGULADORAS PARA COLOCACIÓN DE POSTOS NA II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS

 

  • Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto fixar os criterios que rexen a autorización e a instalación dos postos temporais na II Romaría Feminista do Concello de Barbadás. O concello de Barbadás, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

 

  • Data, localización e horario de ocupación. A II Romaría Feminista terá lugar o sábado 5 de outubro na área recreativa da Calzada Romana situada á beira do río, na parroquia da Valenzá (a carón do Polideportivo Municipal). O horario de ocupación autorizado será dende as 9:00h da mañá ata as 23:00h da noite do día 5 de outubro de 2019.

 

  • Condicións para instalación do posto. – Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo. – A montaxe e desmontaxe dos postos deberá cumprir o seguinte horario: Montaxe: De 9 a 11 da mañá do 5 de outubro, salvo autorización expresa da Área de· Igualdade para alterar o horario establecido.  Desmontaxe: Realizarase entre as 20:00 e as 23:00 horas do 5 de outubro, salvo autorización expresa da Área de Igualdade para alterar o horario establecido.

 

  • – As mulleres que poñan un posto, deberán instalalo antes das 11h da mañá do propio día da celebración da Romaría. No caso de incumprimento desta condición, sen previa comunicación á organización, entenderase automaticamente revocada a autorización para a colocación do posto. Calquera incidencia deberá ser comunicada por escrito á organización cun mínimo de 72 horas antes da celebración do evento.

 

  • – Os postos deberán reunir as debidas condicións de estabilidade e seguridade sen que polas súas características ou modo de instalación poidan supor un risco para as persoas usuarias, viandantes ou para os bens públicos e/ou privados. O Concello non se fai responsable dos materiais, produtos ou mobiliario achegados por cada participante nin dos danos que nestes se podan xerar.

 

  • – A limpeza do espazo ocupado, así como, a recollida de residuos que se xeren como consecuencia do uso que se solicita, deberá ser asumida pola persoa titular da autorización e o lugar utilizado deberá quedar nas mesmas condicións nas que se atopou, xa que a xornada se desenvolve nun entorno natural.

 

  • – Cada posto deberá contar con algún detalle de cor lila. CUARTO. Inscrición Para poder poñer un posto é obrigatoria a inscrición. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nestas bases. A data límite para a presentación de solicitudes será o 13 de setembro de 2019. As instancias, dirixidas ó Concello de Barbadás, sita na rúa Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense), presentaranse nos rexistros de entrada ou pola Sede Electrónica do Concello de Barbadás ou por calquera das demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Así mesmo, débese enviar unha copia escaneada do rexistro de entrada da solicitude ao correo igualdade@barbadas.gal antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Confirmarase a aceptación da solicitude mediante o correo electrónico aportado na instancia pola solicitante, onde se lle indicará a cada unha das inscritas o número asignado para a colocación do posto no espazo correspondente.

 

  • Normas xerais A participación cun posto na II Romaría Feminista de Barbadás supón a aceptación das presentes bases, así como, a aceptación do criterio que estableza a organización para resolver cantas cuestións se producisen durante o desenvolvemento da Romaría Feminista. Para calquera dúbida ou para ampliar información: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade Centro de Información á Muller (CIM) Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás Tel. 988222251 email: igualdade@barbadas.gal

 

  • En Barbadás, 26 xullo 2018
  • ANEXO I SOLICITUDE DE COLOCACIÓN DE POSTO NA II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS PERSOA RESPONSABLE DO POSTO NOME: DNI: TELEFONO/S DE CONTACTO:
  • EMAIL NOME DA EMPRESA, ASOCIACIÓN, ENTIDADE, …:
  • MEDIDAS DO POSTO:
  • INFORMACIÓN SOBRE O POSTO
  • Tipo de material que se vai expoñer/presentar, …
  • OUTRAS OBSERVACIÓNS
  • En Barbadás, a …. de …………. de 2019.
  • Sinatura da solicitante
  • Declaro que, fun informada, nos termos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da incorporación dos meus datos persoais ao rexistro de actividades de tratamento de datos, cuxo responsable é o Concello de Barbadás como entidade organizadora da II Romaría Feminista, e, en especial, do dereito que me asiste a exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e portabilidade respecto de tales datos, así como a retirar o meu consentimento en calquera momento e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control. En consecuencia, sendo coñecedora de tal información e dereitos, manifesto a miña conformidade para a súa efectiva incorporación ao dito rexistro.

 

I ROMERÍA FEMININA BARBADÁS 112.27 KB
BARBADÁS (CAMIÑO ROMANO). 29/09/2018. OURENSE. I Romería Feminina de Barbadás. FOTO: ÓSCAR PINAL.

41389973_279463599346268_2967502726944155915_n 44.18 KB

I ROMERÍA FEMININA BARBADÁS 150.16 KB
BARBADÁS (CAMIÑO ROMANO). 29/09/2018. OURENSE. I Romería Feminina de Barbadás. FOTO: ÓSCAR PINAL.

I ROMERÍA FEMININA BARBADÁS 112.27 KB
BARBADÁS (CAMIÑO ROMANO). 29/09/2018. OURENSE. I Romería Feminina de Barbadás. FOTO: ÓSCAR PINAL.

hqdefault 17.84 KB

CONTENT-CAT.1715911674

Barbadás asina un protocolo para mellorar a protección ás vítimas de violencia de xénero

03/09/2019

Barbadás asina un protocolo para mellorar a protección ás vítimas de violencia de xénero

O CONCELLO DE BARBADÁS ASINA O PROTOCOLO DE COORDINACIÓN DAS FORZAS E COPRPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E A POLICÍA LOCAL PARA A PROTECCIÓN DE VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asinaron  tamén 2 acordos técnicos  no marco do VioGén

VioGén é o sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero

  • Hoxe martes tivo lugar no Concello de Barbadás a xunta local de seguridade na que estiveron presentes o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero sobre a Muller da Subdelegación de Ourense, María Alida Iglesias, o Comandante de puesto de Ourense da Garda Civil, José Manuel Moral, o xefe Territorial de Presidencia, Manuel Prado, o xefe da Policía Local, Fernando Freire e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Tamén estiveron a concelleira de Igualdade, Elisabet González, e a tenente alcaldesa, Victoria Morenza.

 

  • No marco da xunta local de seguridade formalizouse a incorporación do Concello de Barbadás a VioGén.

 

  • Afonso e Valcárcel asinaron un protocolo de coordinación das forzas e corpos de seguridade e de coordinación cos órganos xudiciais para a protección das vítimas da violencia de xénero.

 

  • Este acordo formaliza a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local no reparto de vítimas á hora de realizar o seguemento.

 

  • Os funcionarios especializados de policía local e os da garda civil terán comunicación fluída por diversos medios para intercambiar información sobre a vítima ou o autor.

 

  • O obxectivo deste protocolo é optimizar os recursos humanos e materiais. Producirase tamén unha transmisión recíproca da información.

 

  • A finalidade é garantir o ccumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas, evitando posibles duplicidades na resposta aos casos que se susciten.

 

  • Esta mañá, no marco da xunta local de seguridade de Barbadás, asináronse tamén 2 acordos técnicos para definir a colaboración e coordinación da Garda Civil e da Polícía Local nos que se definen os pasos a realizar dende o coñecemento dos feitos de violencia ata as labores de coordinación pasando por os traslados iniciais das vítimas, as actuacións sobre o agresor, a valoración do risco ou a aplicación de medidas de protección.

 

  • A sinatura tanto dos acordos técnicos coma do protocolo son o paso previo para a firma entre o Ministerio do Interior e o Concello de Barbadás de un convenio para a incorporación do corpo da Policía Local ó sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.

 

  • Este convenio profundizará nas medidas de protección ás vítimas a través de unha axeitada coordinación das actuacións entre a Administración Xeral do Estado e das Entidades Locais co fin de previr e evitar riscos de novas agresións.

 

  • A xunta local de seguridade evidenciou a necesaria coordinación tamén con todos os/as profesionais relacionados coa protección das vítimas: médico/a, traballadores/as sociais, educadores/as familiares, enfermeiras/os, policía, garda civil, psicólogos/as, sistema xudicial, etc.

 

  • En Barbadás está en funcionamento dende hai meses un Centro de Información á Muller no que traballan na actualidade 3 profesionais: a directora do CIM, unha psicóloga e unha asesora legal (ubicación: praza de San Antón, Barbadás pobo).

 

  • O futuro convenio que se asinará contribuirá na realización de un seguemento e protección máis efectivos e permitirán unh actuación máis áxil e eficaz para as vítimas.

 

  • Coa incorporación de Barbadás a VioGén preténdese, entre outros obxectivos, proporcionar ás vítimas unha resposta policial de maior rapidez e de máxima sensibilidade, calidade e eficiciencia na atención e protección.

 

  • Tamén se pretende proporcionar ás vítimas información clara e accesible sobre os dereitos e recursos existentes e facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima.

 

 

CONTENT-CAT.1715911674

II Romaría Feminista de Barbadás (5 de outubro de 2019)

07/08/2019

II Romaría Feminista de Barbadás (5 de outubro de 2019)

Bases reguladoras para a colocación de postos temporais

O concello de Barbadás, a través da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás, que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo.

Bases reguladoras postos Romaría Feminista 2019

ANEXO I -Solicitude de colocación de posto

Para calquera dúbida ao respecto contactar con:
Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade
Centro de Información á Muller (CIM)
Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás
Tel. 988222251
email: igualdade@barbadas.gal

 

CONTENT-CAT.1715911674

Quince asociacións e o equipo de atención primaria do ambulatorio de Barbadás súmanse á terceira edición do Paseo da Saúde

19/09/2023

Quince asociacións e o equipo de atención primaria do ambulatorio de Barbadás súmanse á terceira edición do Paseo da Saúde

Xoves, 21 de setembro, nas inmediacións da rotonda da Familia, en A Valenzá

Dar a coñecer o traballo fundamental, e tantas veces esquecido, das asociacións que loitan por axudar a persoas enfermas de diferentes patoloxías e ás súas familias é o obxectivo do Paseo da Saúde de Barbadás, que acada a súa terceira edición co lema “Prevención e saúde”.  A iniciativa presentouse esta mañá na Casa da Mocidade e no acto interviñeron a tenente de alcalde, Victoria Morenza; a concelleira de Saúde, Elisabeth González; o edil de Emerxencias, Daniel Rey; a xerente da AECC en Ourense, Carmen Aragonés; a representante da asociación Querendo de mulleres con endometrose, Tania Freire, e a coordinadora da Asociación Autismo Ourense, Lucía Maceiras.

  • Elisabeth González explicou que as quince asociacións que traballan por diferentes patoloxías e que se unen á iniciativa contarán con diferentes carpas nas que darán a coñecer o seu labor. Será  o 21 de setembro na avenida de Celanova, ao carón da rotonda da Familia. “Estarán con todos nós para ofrecernos información, obradoiros didácticos e interesantes para toda a poboación, polo cal quero convidarvos a todos e todas para que vos acheguedes a coñecelas”.

 

  • En concreto, as entidades que se suman ao Paseo da Saúde de Barbadás son: Afaor, Alcer, Auria, AECC, Aodemper, Por Eles TEA, Affou, Accu, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, Renacer, AFEM-Morea, Aseia Galicia e Fundación Neuroburgas. Ademais, contarase cona presenza do equipo de atención primaria do centro de saúde.

 

  • Victoria Morenza explicou que o Paseo da Saúde xa é un evento consolidado que engloba a atención primaria e pretende dar coñecer a importancia destas asociacións: “Este Paseo da Saúde é un evento que dá a oportunidade á cidadanía de coñecer de preto o seu traballo e de profundar en aspectos da atención primaria que descoñecían”.
    Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias, insistiu na importancia da prevención e a divulgación entre os máis novos: “A educación en primeiros auxilios é un pilar fundamental na infancia”.

 

  • Carmen Aragonés agradeceu ao Concello de Barbadás a organización desta iniciativa e insistiu na importancia de sensibilizar á poboación “xa que cada dous minutos detéctase un novo caso de cancro”.
    Tatiana Freire, representante da asociación Querendo de mulleres con endometrose, insistiu na importancia de iniciativas como esta e de que as pacientes busquen axuda.
    A coordinadora da Asociación Autismo Ourense, Lucía Maceiras, animou á poboación a participar e a coñecer o seu labor.

Obradoiros de primeiros auxilios

  • O próximo día 21, e xa dende a primeira hora da mañá, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Barbadás acompañará aos nenos e nenas dos colexios que participarán en obradoiros de primeiros auxilios, aos que poderá unirse a cidadanía. Trátase dunha xornada de portas abertas para coñecer un pouco máis o seu traballo.

 

  • Dende as 17.30 horas ofrecerase un obradoiro de merenda saudable para os cativos e cativas e contarase coa visita do Centro Ocupacional As Burgas.
    Ademais, instalarase a unidade móbil de doazón de sangue.
Acto de presentación do III Paseo da Saúde en Barbadás
Acto de presentación do III Paseo da Saúde en Barbadás

presentación 678.31 KB

CONTENT-CAT.1715911674

A asociación Porta da Cadea publica 25 anos de historia musical de Sobrado do Bispo e aldeas da contorna

18/11/2022

A asociación Porta da Cadea publica 25 anos de historia musical de Sobrado do Bispo e aldeas da contorna

Emprendemento en Barbadás

A presencia e historia da música, dos músicos e das músicas de Barbadás, non é unha lenda urbana: a actividade actual de bandas, gaiteiros e gaiteiras, grupos de pandeireiteiras , de canto, músicos e músicas que sacan o mellor de cada instrumento, e xa tamén charangas, son proba delo.

  • Nestes días temos “outra vaca no millo” e sae a luz o libro De bandas e xingros. 25 anos de historia da banda de música de Sobrado do Bispo. 1911-1936, editado pola asociación cultural de Sobrado do Bispo Porta da Cadea .

 

  • Juan Carlos Arias, vicepresidente deste colectivo cultural, explicounos que a publicación xurdiu pola información reunida entre veciños, fillos de músicos históricos, testemuñas orais directas e outras aportadas por veciños e veciñas ou atopadas en internet e nos arquivos do xornal local La Región.

 

  • A historia musical de Sobrado do Bispo chegou a contar don 2 ou 3 bandas de música activas a a un tempo, segundo puido sabelo autor, Juan Carlos. A primeira parte do libro está adicado precisamente a esas bandas. “Varios autores de investigacións arredor desta actividade musical situaron as primeiras bandas cara o 1915, pero parece que xa tocaban antes, dende 1911, baixo a dirección dun tal Pegerto ou Perfecto, e hai constancia dunha actuación no san Xoán dese ano”.

 

  • Tamén deu coa orixe da banda, que segundo “varias testemuñas orais, puido saír  da creba da que había en Moreiras (Toén), na que había músicos de Sobrado que parece que se fartaron de ir até alá a pé e decidiron formar banda propia”. A partires de 1914 aparecen tamén referencias a “voces de Sobrado dirixidas por Manuel Rego, e que son devanceiros do actual grupo Voces e Cordas , que hoxe dirixe Epifanio Nóvoa Valencia .

 

  • En Sobrado, e no resto das aldeas, a banda ensaiaba onde podía, normalmente na casa do que era director en cada momento. En Bentraces, os ensaios eran naquela época, no forno do Carril e na Rexidora, no caso de Sobrado, na casa do Ruque, na praza de San Xoán onde estaban o bar de Camilo e a tenda da Celsa, “aínda que o punto de referencia alí é a asociación de veciños” detalla.
Santa Ouxea /Santa Uxía (SanLourenzo de Piñor, Barbadás). Rúa do gaiteiro Luis Padrón, na que está a súa casa natal. Busto do gaiteiro no campo de Reza, na beira do río Miño. Rererenciado no libro "De bandas e xingros" de Sobrado do Bipos 1922-1936. 12/11/2022
Santa Ouxea /Santa Uxía (San Lourenzo de Piñor, Barbadás). Rúa do gaiteiro Luis Padrón, na que está a súa casa natal. Busto do gaiteiro no campo de Reza, na beira do río Miño. Referenciado no libro “De bandas e xingros” de Sobrado do Bispo 1922-1936. 12/11/2022. Foto Rosa Veiga

Alomenos dúas bandas en Sobrado

  • Na aldea de Sobrado houbo máis de 50 músicos, e partillábanse en dúas bandas, unha delas dirixida polo “Ruque” ( Adolfo Valdés) e outra polo “Cancio”. No período estudado por Juan Carlos, entre 1911 e 1936, a última actuación da que hai novas foi o 11 de xuño do ano en que comezou a Guerra Civil.

 

  • Os músicos das bandas traballaban onde podían, a metade deles nalgún dos circos activos como o valenciano Hervás,  o ourensán Feijóo  e o circo Monumental. “Así algúns deles quedaban contratados nas cidades polas que pasaba o circo, como un dos fillo do Ruque, que quedou en Avilés. Outros marcharon “a facela mili” e xa quedaban na banda militar “como ocorreu con outro fillo do Ruque, que era subtenente militar”, detalla Juan Carlos.

 

  • Os anos 20 e 30 foron de esplendor para a banda, e gañou certames tanto en Ourense como en Santiago de Compostela o que lle deu “certa fama”. Tódolos seus integrantes “eran labregos e eran etiquetados como os malvestidos, pois para as actuacións simplemente procuraban actuar con roupa semellante , e ás veces compartían traxe entre os músicos das dúas bandas”, engade.

 

  • Unha parte deles marchaban o venres para pórlle música a bailes de noite e sesión vermú toda a fin de semana, e outros quedaban en Sobrado para os bailes na praza do San Xoán e nalgúns bares da aldea. “O palco só se ocupaba cos músicos nos bailes dos domingos”, relata Juan Carlos. Precisamente ese palco está na portada do libro, pintado por Conchi Carbajo .
    Manuel Valdés Cid, músico fillo do "Ruque" que foi músico tamén e director da banda de Sobrado do Bispo., na rúa que leva o nome do seu pai e diante da casa familiar. foto Rosa Veiga (arquivo decembro 2020
    Manuel Valdés Cid, músico fillo do “Ruque” que foi músico tamén e director da banda de Sobrado do Bispo., na rúa que leva o nome do seu pai e diante da casa familiar. foto Rosa Veiga (arquivo decembro 2020)

Gaiteira Aurea e gaiteiro Luis Padrón

  • Na segunda parte do libro podemos coñecer até 115 músicos por orde alfabética e con referencias ós de outras zonas da provincia, que cadraron nalgún momento cos de Barbadás, entre eles os máis coñecidos da época como “Os trinta de Trives”ou “Os 40 de Castro Caldelas” ou a que podería ser a primeira muller gaiteira de Galicia, que formaba parte do grupo “As Marabillas”.

 

  • Neste apartado o período histórico amplíase e até hai músicos contemporáneos, como Mónica Atrio González,  Tania Blanco Arias, Cristina Blanco Cid, Erea Carbajales, Rosa María “Marita” Carballo García, Rafael Yebra Rivera ou o propio Ruque e os seus fillos…

 

  • Tamén coñeceremos músicos de Moreiras e o único gaiteiro presente neste libro: Luis Padrón Sotelo, nacido en Santa Uxía (a santa Ouxea medieval) en Piñor, fundador e músico que deu pulo a varios grupos e algunha escola. Lembrado hoxe cun busto no campo de Reza (paseo das ninfa), cunha rúa na súa aldea natal e co seu nome nun aula do IES Blanco Amor.

 

  • A asociación Porta da Cadea comeza así a que queren sexa unha serie arredor da historia musical de Sobrado, que terá continuidade.
Praza do San Xoán de Sobrado do Bispo, co palco de música e a esquerda o que foi o bar do Camilo que foi tamén tenda da Celsa, local de ensaio da banda, según o libro "De bandas e xingros".Foto Rosa Veiga
Praza do San Xoán de Sobrado do Bispo, co palco de música e a esquerda o que foi o bar do Camilo que foi tamén tenda da Celsa, local de ensaio da banda, segundo o libro “De bandas e xingros”.Foto Rosa Veiga

Presentación no “Fildaguiño”

  • O libro De bandas e xingros. 25 anos de historia da banda de música de Sobrado do Bispo 1911-1936 lembra tamén no seu título, á lingua dos músicos (o barallete) coa tradución da palabra “músicos” a esa lingua dos artistas e artesáns ambulantes.

 

  • Vai ser presentado o vindeiro domingo 20 de novembro no parque do Fidalguiño, en Sobrado do Bispo, con actuacións musicais de “Voces e Cordas”, “Vagalumes”, unha banda recomposta e efémera dos veciños e veciñas e co histórico José Caeiro Sueiro, que ten 81 anos e foi parte da Banda Municipal de Ourense e que asegura que neste día terá a súa derradeira actuación en vivo.

 

librobandasexingros1 353.92 KB
Asociacíon Veciñal de Sobrado do Bispo, berce das históricas bandas de música. Libro que recolle a historia musical de Sobrado e parte da súa contorna entre os anos 1911 e 1936. Foto Rosa Veiga

librobandasexingros2 755.57 KB
Santa Ouxea /Santa Uxía (SanLourenzo de Piñor, Barbadás). Rúa do gaiteiro Luis Padrón, na que está a súa casa natal. Busto do gaiteiro no campo de Reza, na beira do río Miño. Rererenciado no libro "De bandas e xingros" de Sobrado do Bipos 1922-1936. 12/11/2022. Foto Rosa Veiga

librobandasexingros3 729.98 KB
Manuel Valdés Cid, músico fillo do "Ruque" que foi músico tamén e director da banda de Sobrado do Bispo., na rúa que leva o nome do seu pai e diante da casa familiar. foto Rosa Veiga (arquivo decembro 2020)

librobandasexingros4 647.28 KB
Praza do San Xoán de Sobrado do Bispo, co palco de música e a esquerda o que foi o bar do Camilo que foi tamén tenda da Celsa, local de ensaio da banda, según o libro "De bandas e xingros".Foto Rosa Veiga

CONTENT-CAT.1715911674

Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo

28/10/2022

Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo

BARBADÁS INICIA A SENDA PARA ELABORAR UN MAPA DE RECURSOS QUE TEÑAN UN IMPACTO POSITIVO NA SAÚDE E NO BENESTAR DA VECIÑANZA

Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello á Estratexia de Promoción da Saúde

Representantes veciñais, de servizos Sociais, Centro da Muller, Policía Local, Protección Civil, Urbanismo, colexios, farmacias participaron na mesa da traballo que significa o punto de partida para a iniciativa

  • Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello de Barbadás á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde.
  • A presentación foi o paso previo a unha mesa de traballo na que estiveron representados o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a tenente alcalde, Victoria Morenza.
  • Á mesa de traballo asistiron representantes dos colexios (directora do colexio O Ruxidoiro, Elena Gayo), dos Servizos Sociais, , farmacias responsable da farmacia de Barbadás, Portal Martínez), policía, protección civil, policía local, asociacións de veciños de Loiro (Julia Garrido) e Fonsillón Carlos García) e da asociación Fonval Teresa Santos), así como do departamento de Urbanismo.
  • O Concello de Barbadas acordou no Pleno ordinario do pasado mes de xuño a incorporación á Estratexia de Promoción da Saude e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, “o que facilitará a posta en marcha de actuacións específicas para mellorar a saúde e prevencion de enfermidades entre a poboación”, sinalou o alcalde de Babadás, Xosé Carlos Valcárcel.
  • Esta adhesión e a liña de traballo iniciada sitúa a Barbadás nunha rede nacional con gran experiencia e co respaldo da Rede Española de Cidades Saudables (RECS).
  • O rexedor explicou que “esta estratexia propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a promocionar a saúde, previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade, e actuar de maneira integral durante todo o curso da vida”.
  • O obxectivo é incidir sobre factores como a actividade física, a alimentación, o tabaco, o alcohol e o benestar emocional, tendo en conta o territorio no que vive a poboación.
  • “A finalidade é que a poboación de máis idade manteña o maior nivel de autonomía durante o máximo tempo posible”, destacou Valcárcel.
  • As actuacións da primeira fase desta estratexia consisten en facilitar información, recomendacións e apoiar a cidadaníasobre cómo facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables, incluindo a realización de actividades de promoción da saúde polas parroquias e a elaboración dunha guía cos recursos dispoñibles no territorio para promover estes hábitos.
  • Posteriormente “as accións chegarán tamén á poboación infantil, embarazadas, persoas maiores continuaremos desenvolvendo actividades específicas que melloren a saúde e a prevención da fraxilidade e caídas, por entender esta situación como un dos maiores riscos para adiscapacidade e dependencia nesas idades”, apuntou o rexedor.
  • Valcárcel apuntou que “estamos precisamente neste momento, da constitución e da presentación desta estratexia de ámbito nacional. Estamos nun momento en que o benestar emocional é algo que preocupa porque está xerando, incluso no noso concello, unha presenza de autolesións, intentos de suicidio que é alarmante e no ámbito estatal é importante”.
  • “O que pretende precisamente é actuar sobre todos estes hábitos que acabamos de mencionar, tamén para mellorar hábitos do día a día dos nosos veciños e das nosas veciñas para que melloren precisamente a súa calidade de vida”, remarcou o rexedor.
  • O coordinador do proxecto, Rubén Varela, comentou que “do que se trata é da adhesión do concello a unha estratexia nacional, a unha proposta que hai dende o Ministerio de Sanidade, que ademais vai encamiñada á consecución dos obxectivos do movemento sostible, concretamente o obxectivo tres de saúde e benestar”.
  • Marca un pouco as políticas e o traballo de moitos dos nosos ámbitos: saúde, protección civil, servizos sociais….. neste caso concreto ponse o foco sobre o tema de saúde e benestar”, apuntou Varela.
  • Para Varela “é certo que os concellos son a administración máis cercana e a que ten que dar certas respostas. Certas respostas limitadas porque evidentemente as atribucións en materia de saúde son as que son para un concello e a veces coa saúde centrámonos no centro de saúde, na parte médica pero hai outras cousas que si nos afectan tamén”.
  • O coordinador da iniciativa indicou que “ten razón de ser que estea aquí a policía local, protección civil que este organismo por exemplo ven porque cando falando de que o entorno sexa seguro tamén temos que pensar pois que o camiño dos nosos fillos ata o colexio ten que estar ben planeado e ben estruturado e que sexa seguro para previr accidentes e é unha forma da cuidar da saúde da nosa cidadanía, non é solo que non teña caídas na casa, que tamén, ou que tome medicamentos”.
  • A estratexia realmente xa non en Barbadás, senón a nivel nacional, nace da necesidade de que a poboación está envellecendo pero os seus últimos anos non ten a calidade de vida que desexaríamos, entón temos que traballar sobre esa cuestión, non vale que cheguemos os noventa anos de media si a partires dos setenta e cinco estamos con mala calidade de vida, o que queremos é que cheguemos os noventa, os cen ou os que sexan pero que cantos máis anos podamos estar con maior calidade de vida.
  • Este foi o punto de partida polo cal se propuxo esta estratexia a nivel nacional e polo cal vai aterrizando tamén nos concellos.
  • O concello de Barbadás, como plantexaba o alcalde, non é que esa cuestión de envellecemento sexa agora a súa prioridade pero si que a tendencia está cambiando.
  • Na mesa de traballo evidenciouse que en Barbadás a pirámide poboacional está mudando porque a nova evolución indica que hai un 18 por cento da poboación maior de 65 anos, unha franxa na que se concentra unha maior vulnerabilidade.
  • A mesa de traballo desenrolada esta mañá evidenciou que é necesario coordinar esforzos en materia de saúde, así como recuperar espazos públicos para a cidadanía.
  • Dende o ámbito do Urbanismo abordouse a necesidade de seguir traballando nunha ruta escolar segura, poñer en marcha o “aubobús peonil”, é dicir, un sistema mediante o que alumnado, pais, nais e voluntariado acudan dariamente aos centros escolares de xeito conxunto, favorecendo as relacións sociais.
  • Abordouse tamén a necesidade de organizar actividades encamiñadas a explicar o uso e as vantaxes dos elementos biosaudables que hai nas parroquias.
  • Esta mesa foi o punto de partida para elaborar un mapa de recursos que teñan un impacto positivo na saude e o benestar da veciñanza.
  • A reunión intersectorial de hoxe puxo puxo tamén sobre a mesa o amplo abano de recursos e actividades que xa existen a prol da saúde hoxendía en Barbadás: talleres de alimentación saudable, de risoterapia, espazos para a práctica deportiva, Paseo da Saúde, polideportivo, ximnasios, escolas deportivas, andainas, actividades para mellorar a saúde no ámbito rural, etc.

1666971345193 358.78 KB

1666971345326 318.89 KB

1666971345394 353.78 KB

1666971345449 311.34 KB

CONTENT-CAT.1715911674

A “apicosmética” con Mel de Galicia naceu hai un ano na sede da apicultura galega en Barbadás

06/07/2022

A “apicosmética” con Mel de Galicia naceu hai un ano na sede da apicultura galega en Barbadás

Emprendemento en Barbadás

 

  • A apicultura é un tipo de gandería con moito futuro e posibilidades que conta con cada vez máis practicantes entre a xente moza, pois “decátanse de que coas abellas apréndese un montón, e cando xa teñen algunha infraestrutura montada, compénsalles solicitar as axudas previstas para o sector”, asegura Ester.

 

  • Entre os mil socios e socias da agrupación, 8 son do Concello de Barbadás. Na sede da agrupación galega, Ester explica que a apicultura complementa a renda agraria que se obtén do coidado de castiñeiros, da colleita de cogomelos…

 

  • “Ultimamente houbo socios que se desanimaron porque foron anos malos, con velutina, e parecía que todo ían ser gastos, así que puxémonos a pensar como diversificar a produción”, relata Ester.

Proxecto moi colaborativo

  • En 2019 xurdiu a idea dunha liña de cosméticos elaborados con mel coa certificación de orixe e calidade que corresponde a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Mel de Galiza”. E fóronse engadindo apoios.

 

  • O proxecto elaborouse a partir da investigación desenvolvida no campus de Ourense da Universidade de Vigo, en concreto na facultade de Física Aplicada, que fixo o estudo con 60 voluntarios de toda Galicia, entre eles algún de Barbadás, nos que se estudaron os primeiros resultados, segundo detallou a veterinaria de abellas.
    Comezamos o traballo con mulleres apicultoras, pois aos homes non lles encaixaba esta idea da cosmética”, lembra, e contaron coa colaboración Juan Carlos Liste, do Instituto de Aromaterapia de Galicia, coa dun laboratorio de Santa Uxía de Riveira e ca Asociación Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (Adercou , tamén con sede en Barbadás), entre outros.

 

  • En maio de 2021 naceu a liña de apicosmética “Bela Colmea” cunha gama de produtos destinados ao coidado corporal, nutrición e reparación da pel, en zonas concretas:  bálsamo para pés, dous bálsamos corporais con diferente uso chamados “apirreparador” e “apidor”, xabón natural de mel e própole, crema reparadora de mans e unllas, crema facial anti-idade e crema corporal enriquecida.
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos produtos cosméticos “Bela Colmea” foto Rosa Veiga . maio 2022

Venta directa de apicultores e “en liña” na agrupación

  • Despois do primeiro ano, 30 apicultores y 50 colmeas de toda Galicia aportan a súa  produción para elaborar os cosméticos que son vendidos directamente polos produtores, e tamén na páxina web da agrupación, que conta con apartado de tenda.
    “Estamos entrando tamén en tendas especializadas en apicultura e noutras que estean interesadas, como as centradas en produtos naturais”, detalla pola súa banda Mónica López, traballadora da agrupación e buscadora continua, dentro da súa dispoñibilidade de tempo, de novos locais de venda.

 

  • Nos pedidos a través da web da agrupación, Mónica ocúpase de facer paquetes moi persoais, que inclúen información en tarxetón e folleto. “A agrupación non é unha empresa que compita ca venda que fagan @s apicultores, senón que complementa as posibilidades dos produtores e tenta ir máis aló, destinando os beneficios a novos produtos”, engade.

 

  • Así, a comezos de xuño deste mesmo ano 2022, saíu á venda o primeiro xampú sólido, despois de proporcionar algún dos produtos en colectivos  como o dos peregrinos, para os que poden ser moi beneficiosos o bálsamo para pés, o “apirreparador” e o “apidor”.
    Estes produtos forman parte dun apiturismo, que xunta a tradición das alvarizas (e os seus diferentes nomes galegos como lacenas, trobos ou cortizas) co Camiño de Santiago pois aparecen con frecuencia diante dos ollos das persoas que peregrinan cara Santiago de Compostela”, relata Ester.

 

  • Dende que comezaron as vendas, segundo lembra Mónica, as persoas que usan estes novos produtos comentan nas redes os seus resultados. “Así descubrimos que a crema corporal deu moi bos para a psoriase, e que aceleran a recuperación tras picaduras de abellas e outros insectos
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos produtos cosméticos “Bela Colmea” foto Rosa Veiga . maio 2022

O traballo habitual continúa

  • A venda e promoción das cremas e bálsamos “Bela Colmea” engádense aos traballos habituais da agrupación de Barbadás, na que Ester e Mónica ocúpanse cada día de atender e asesorar a apicultores con problemas nas súas colmeas ou que precisan tramitar axudas, seguros etc.

 

  • O envío de fotos e vídeos por plataformas telefónicas de mensaxería, pode ser suficiente para facer diagnóstico diante dunha mortalidade de abellas, antes de decidir que é necesario ir en persoa, e na pandemia tivemos que impartir cursos formativos en liña, o que permitiu a asistencia de máis persoas que antes, ao remate do seu traballo diario, xa en casa, incluso dende Latinoamérica” detallou Ester.

 

  • Cos cursos, o colectivo de apicultores mantense informado de temas sanitarios, axudas, novas lexislativas… e tamén poden irse actualizando nos vídeos e tutoriais da canle de Youtube .
    Tamén podes seguilos en Facebook e Instagram

BelaColmea EsterMonica1 206.46 KB
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022

belaColmea EsterMonica3 288.83 KB
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022

belaColmea EsterMonica2 293.51 KB
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022

CONTENT-CAT.1715911674

Presentación do II Paseo da Saúde

24/05/2022

Presentación do II Paseo da Saúde

O 3 de xuño será o día central, con actividades complementarias en días anteriores e posteriores.

O PASEO DA SAÚDE DE BARBADÁS REÚNE A 15 COLECTIVOS RELACIONADOS CON PATOLOXÍAS E ENFERMIDADES DIVERSAS

Obradoiros, charlas didácticas, unha masterclass de ioga e merenda saudable para os/as máis cativos conforman un programa de actividades que se desenrolarán previamente e o propio 3 de xuño

Protección Civil de Barbadás estará tamén para inculcar a importancia da prevención

  • Este mediodía presentouse en Barbadás a segunda edición do Paseo da Saúde. No acto estiveron Victoria Morenza, tenente alcalde, Elisabet González, concelleira de Sanidade, Daniel Rey, responsable de Protección Civil de Barbadás.

 

  • Á presentación acudiron representantes de diferentes colectivos relacionados co ámbito da saúde: Natalia Estévez, da Asociación de Mulleres con endometriose; Silvia Suárez, de Por eles TEA, Asociación Autista de Ourense; Rebeca Fernández , de ASEIA, Asociación para a saúde emocional na Infancia e na adolescencia; Leticia Bianchi, de Morea; Carmen Dorado, de Alcer, Asociación de Loita contra a enfermidade renal; Paz Gómez-del Valle, da Asociación Diabética Aurea; Susana Fernández, Audemper; Lucía Maceiras e Rosa Vieytes, de Autismo Ourense e Óscar Doval de Afaor, Asociación de enfermos de Alzheimer. Tamén estivo  Chari Álvarez, de ACCU Ourense, da Asociación de Crhn e colite ulcerosa.

 

  • Tamén participan no Paseo da Saúde colectivos como a Asociación española contra o cancro; Aodem, Asociación e Esclerose múltiple, parkinson e enfermidades raras; Asociación de Fibromialxia e fatiga crónica; Asociación de Crohn e colite ulcerosa; Asociación de Celíacos de Galicia; Renacer, Asociación de Dano cerebral; Asociación de Familiares e enfermos mentais, AFEM, Asociación de Familiares e enfermos mentais e Fundación Neuroburgas.

 

  • Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, agradeceu a presenza das/os representantes dos colectivos vinculados á saúde para a presentación do II Paseo da Saúde, que terá lugar este venres día 3 de xuño en horario de mañá e tarde na Avda. de Celanova, preto da rotonda da familia,

 

  • Morenza indicou que “nesta edición contaremos coa presenza de moitas asociacións relacionadas co ámbito da saúde da nosa provincia e cada unha delas dará a coñecer o traballo que realizan en relación á prevención e tratamento de diversas patoloxías e enfermidades”.

 

  • O Paseo da Saúde ofrecerá información de interese para toda a cidadanía non só coa presenza dos diferentes colectivos que se ubicarán nas carpas que se instalarán na avenida de Celanova, na zona da rotonda da familia senón que tamén están previstas charlas formativas e obradoiros didácticos para coñecer o traballo destas asociacións, sinalou a tenente alcalde.

 

  • Dende o Concello de Barbadás “temos claro que para promocionar a saúde hai que priorizar a prevención, por iso o lema desta edición é “PREVENCION É SAÚDE”, apuntou Morenza.

 

  • O que se pretende con este Paseo da saúde é dar a coñecer o traballo tan fundamental, e tantas veces esquecido, destas asociacións, que traballan, non soamente para axudar aos enfermos e enfermas desas patoloxías, senón tamén “para orientar e apoiar ás súas familias, que en moitos casos este é un traballo fundamental: a nivel psicolóxico e profesional, a través de fisioterapia, do apoio de profesionais do traballo social, e así como a través da labor das persoas voluntarias que hai en cada unha das entidades e asociacións, que de xeito desinteresado fan un traballo silencioso pero moi necesario que serve de apoio para que as persoas que sofren esas patoloxías e enfermidades poidan manter unha vida, o máis normalizada posible”, destacou Morenza.
  • Elisabet González Nistal, concelleira de Sanidade, informou que “tamén contaremos coa presenza da matrona do Sergas do centro de saúde de Barbadás, “quen se amosou interesada en acudir para informar a todas aquelas persoas que se acheguen para resolver dúbidas, ou para pedir información acerca da súa labor”.

 

  • González Nistal comentou que “este ano como novidade están programadas diferentes actividades relacionadas ca saúde, como son: o día 3 ás, 19:00h, terá lugar no parque da Solaina unha masterclass de IOGA que estará aberta a todo ó publico e será impartida por unha monitora do Polideportivo do concello.

 

  • Tamén o mesmo día 3 de xuño, de 17:30 a 18:30h haberá un obradoiro de merenda saudable dirixido a todos os nenos e nenas que queiran participar e terá lugar onde se ubica o Paseo da Saúde.

 

  • Este ano, a segunda edición do Paseo pola saúde, abarca unha programación mais ampla que non se vai centrar nun so día, xa que a partires de mañá, levaranse a cabo unha serie de charlas informativas, impartidas por diferentes asociacións participantes:
    • Maña día 25 de maio, ás 11:00h na casa da Mocidade, Aseia Galicia impartirá un taller de Saúde emocional.
    • O día 26 de maio as 19:00h terá lugar na aula de actividades, sita na rúa do Ensino, un charla a cargo de Alcer
    • O día 30 de maio ás 19:00h, a asociación Auria diabética, dará unha charla informativa na aula de actividades, tamén na rúa do Ensino.
    • Afaor impartirá o día 31 de maio ás 17:30h, unha charla preventiva na aula de actividades, situada no rúa do ensino
    • A Asociación de celíacos de Galicia, estará presente o día 1 de xuño, as 19:00h, na casa da Mocidade.
    • E por último o día 2 de xuño ás 19:00h a asociación Querendo, de mulleres con endometriose, impartirá unha charla informativa relacionada con esta enfermidade, será aquí, neste mesmo lugar, na casa da mocidade
  • A edil de Sanidade destacou que “imos contar coa presenza de Protección Civil de Barbadas, a todos os voluntarios e voluntarias aos que queremos hoxe recoñecer e agradecer publicamente a súa labor tan desinteresada”.

 

  • O venres 3 de xuño a agrupación de voluntarios/as de Protección Civil estarán coa carpa que utilizan nos momentos de emerxencias e cos seus vehículos, para que os/as nenos e nenas dos colexios de Barbadas, poidan velos e participar nun obradoiro de primeiros auxilios e  RCP que impartirán os propios voluntarios de protección civil e que non só van dirixidos aos nenos e nenas, senón que tamén poderán participar todas aquelas persoas que se queiran achegar.

 

  • Este abano de demostración pretenden conformar “unha xornada de portas abertas, para dar a coñecer un pouco mais en profundidade a labor dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil.

 

  • Así mesmo, vamos a contar coa presenza dunha UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA, para que todas as persoas que queiran ter o xesto altruísta de doar sangue, poidan acudir a esta unidade móbil, posto que é moi importante e necesario para salvar vidas ou tratar enfermidades.

 

  • Daniel Rey, responsable de Protección Civil, indicou que “queremos visibilizar por unha parte a importancia do voluntariado que todos nós representamos”.

 

  • Rey apuntou que “vimos dunha pandemia que nos ensinou moitísimas cousas que non coñeciamos e nese punto é cando se ve a importante de todas as actividades que se levaron a cabo no fomento de prevención e a saúde”.

 

  • Con respecto ás actividades “que imos a levar a cabo, neste caso a máis importante é a capacidade de divulgación que se vai impartir en todas as asociacións, en concreto nós cos centros educativos nos cales vamos facer unhas charlas sobre as nosas actividades de prevención, e insisto nisto porque Protección Civil neste caso baséase na prevención. Por este motivo queremos transmitirlle aos/ás cativos/as e a asociación As Burgas que tamén participarán como novidade este ano esa cultura de prevención que vamos levar por todo o concello.

 

  • “A prevención parte do ámbito doméstico, educativo ímola transmitir nunhas charlas cos rapaces do colexio en horario de mañá. O ano pasado consistiu nunha exhibición de vehículos e material que utilizamos, ademáis dunha charla de primeiros auxilios básicos e RCP para aprender os conceptos básicos que son imprescindibles, que deberían estar incluídas no currículo escolar como se fai noutros países” explicou Daniel Rey.

 

  • Aparte disto, destinado tanto aos colexios como ao resto de xente, pola tarde haberá unha xornada de portas abertas sobre estas actividades.

 

  • Finalmente o responsable de Protección Civil de Barbadás agradeceu ao Concello que se organicen este tipo de eventos que contribúen a dar visibilidade ás actividades do voluntariado e á que a sociedade lle dea importancia.

 

  • Paz Gómez-del Valle, da Asociación Diabética Auria, afirmou falar “en nombre de todas las asociaciones, para mí es una gran satisfacción como portavoz de todas las asociaciones contar con un Concello como el de Barbadás que nos tiene en cuenta y sobre todo cuida mucho la prevención de enfermedades”.
    “Desde el año pasado a este, se ha completado la jornada con los talleres, con personas participativas, 18 asociaciones, todos unidos en la calle dando visibilidad a todas nuestras patologías. Es de agradecer y estar encantados, nos ofrecemos a todo lo que necesiten y podamos hacer como asociaciones”, sinalou Gómez-del Valle.

 

  • A representante de Auria Diabéticos comentou que agarda que “cunda el ejemplo  en toda la contorna porque en Ourense teníamos unas jornadas fantásticas, y han desaparecido. No solo es bueno para nosotros, para conocernos, para saber que estamos ahí, hacer proyectos en conjunto, sino también la prevención, información y formación de nuestras patologías, y la única manera que tenemos de allegarnos a eso es estando en la calle, porque si no nos quedamos muy reducidos en nuestro núcleo, en nuestros asociados y dándonos oportunidades como ellos nos dan de salir a la calle y darnos a conocer como asociaciones y nuestras patologías”.

 

  • E por último, e non por iso menos importante, González Nistal agradeceu a colaboración neste II Paseo da Saúde e o patrocinio das seguintes empresas locais: Helbagraf, Coarvi, Auromar, Jofisa, a Cova do Savio e  Jofesa.

 

 

 

CONTENT-CAT.1715911674

Presentación do libro “El rastro del verano” de David González Couso

09/04/2022

Presentación do libro “El rastro del verano” de David González Couso

Presentación celebrada o venres, 8 de abril, no Ateneo de Ourense

Carmen Martín Gaite volta a Piñor da man do investigador David González Couso e da súa amiga en vida Enma Martinell

Por parte do Concello de Barbadás, asistiron ao evento, a Concelleira de Igualdade, Elisabet González e a Tenenta de Alcalde, Victoria Morenza.

  • O centro cultural Marcos Valcárcel acolleu o acto de presentación do libro “El rastro del último verano” arredor dos lugares, obxectos e nomes da literatura de Carmen Martín Gaite, organizado polo Ateneo de Ourense e introducido polo catedrático de Historia da Arte Carlos Fernández Pérez. O libro foi presentado polo seu autor, profesor e investigador David González Couso e pola autora do seu prólogo, a profesora de Universidade de Barcelona, Enma Martinell Gifre.

  • A través de videoconferencia, Martinell explicou que trala morte da súa amiga Carmen Martín Gaite, ela apartouse do núcleo de persoas que analizaban e estudaban a súa polifacética obra pero prologou “con gusto” o libro do profesor e investigador González Couso, en 2020, porque a escritora finada no ano 2000 “es narradora incombustible y David es la magia en la que curiosos y amigos hallamos una permanente actualización bibliográfica”.

 

  • Nese sentido, salientou a importancia dese traballo investigador, plasmado en varios libros, porque supón “dedicar esfuerzo y un excelente nivel investigador” para definir o que Galiza deixou na obra de Martín Gaite. Así o fixo González Couso nunha biografía literaria publicada na revista “Espéculo”, no libro “Los perfiles gallegos de CMG” e a adicada aos antepasados galegos da escritora. Martinell concluíu que non é tarefa fácil o traballo feito polo profesor ourensán.

 

  • “Supone un contacto con los lugares, un conocimiento topográfico solo posible para alguien que vive cerca y tiene curiosidad, esfuerzo y disposición para llegar a ese conocimiento, porque las evocaciones en los textos de Carmen son localizables, pero no de una forma sencilla, y David lo consigue”, engadiu.

 

  • Para ese acercamento de González Couso á obra de Carmen Martín Gaite, segundo  Martinell, foi necesario “vaciar” obras non tan destacadas da autora, que tamén escribíu poesía, artigos xornalísticos, artigos de crítica literaria, as conferencias en “Pido la palabra” en 2001, “Cuadernos de todo” en 2003 e recopilacións póstumas dos seus textos.

Turismo cultural en Barbadás, Ourense e Madrid

  • “David es el único que lo hace y de modo brillante”, continou e aludiu a todo o seu traballo como fonte para os itinerarios literarios que o autor propón no libro “El rastro del verano”, con percorridos concretos por lugares y espazos de Barbadás (en San Lourenzo de Piñor), Ourense e Madrid, entre outros lugares.

 

  • “Hay un turismo cultural y literario para hacer en grupo o de forma individual, elaborado por expertos y que permite a las personas curiosas caminar viendo y conociendo espacios de hechos reales evocados en la literatura”, como os espazos literarios da autora danesa Karen Blixen que son agora “lugares de peregrinación, incluyendo su casa”. Martinell dixo que a obra de González Couso “ofrece una perspectiva de aplicación genial para este ámbito turístico”.

  • Tras escoitar os parabéns de Martinell, o autor do libro de investigación agradeceu as colaboracións que tivo para gráficos, mapas e imaxes do libro como a do ourensán Xosé Poldras, a ilustradora Andrea Reyes e as fotografías e explicacións de Amado Perille. Tamén agradeceu a “ilusión e implicación emocional, institucional e económica” do concello de Barbadás e expresou o seu desexo de ver “materializada en breve a ruta na que se poderá ver in situ todo o que se conta neste libro”, cando faltan tres anos para o centenario do nacemento da escritora.

 

  • González Couso descubriu a presenza de Piñor en toda a obra de Martín Gaite a partir da lectura de “Las ataduras” de 1959, “Las retahílas” de 1974 e “El pastel del diablo” de 1985, que corresponden a diferentes etapas vitais da escritora, galardonada con numerosos premios como o Príncipe de Asturias e o Nacional de Literatura, entre outros  moitos.

  • As referencias de San Lourenzo de Piñor (onde a escritora pasou todos os veráns de infancia e xuventude) nas obras de Martín Gaite “non son só curiosidades” senón que son protagonistas dos textos, segundo o investigador.

 

  • Piñor trocou en lugar literario coa obra da escritora, como ocorreu con Oviedo, a Vetusta de “La regenta” Leopoldo Alas Clarín ou coa cidade de Ourense que é a “Auria” de Eduardo Blanco Amor, según explicou o investigador.

 

  • Presentou o seu libro como un “conxunto de retallos” que son anacos de referencias literarias arredor de parentescos e ataduras, casas e lugares e finalmente o mundo femenino nos escritos da autora salmantina.

Familia e lugares de Martín Gaite

  • A familia ourensá da escritora, repartida entre Allariz, Ourense e San Lourenzo de Piñor (Barbadás) deixou rastro na súa vida e obra pois, segundo detallou o investigador, a primeira persoa Gaite ourensá que descubriu foi o bisavó coruñés Joaquín Gaite Núñez, casado coa ourensá Sofía Lloves García a comezos do século XIX. El foi fundador do Instituto de Ourense (antecedente nos xardíns do Padre Feijóo, do actual IES Otero Pedrayo) e fundador do xornal “El orensano” de información xeral.

 

  • O avó da escritora foi Francisco Javier Gaite Lloves, homenaxeado en Piñor cunha placa de 1932 na fonte da aldea polo seu activismo contra o excesivo cobro de taxas aos labregos.

  • Carmen Martín Gaite non coñeceu ao seu avó pero falou del: “en las fotos tiene buena pinta, con ojos inteligentes y de él me vendrá el aire bohemio moderado”, segundo lembrou González Couso.

 

  • O tío avó da escritora, irmán de Francisco Javier, foi Antonio Gaite, fundador do xornal “La tertulia” e do primeiro Ateneo de Ourense en 1914 “e por alí andiveron despois Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo”, engadiu. O seu espírito científico levouno a experimentar un sistema de alumeado público para a cidade que resultou fallido.

 

  • A escritora referiuse ao seu pai, tras falecer en 1978, como “hombre abnegado y tenaz” e a nai María Gaite como “esa madre que parecía que no me estaba enseñando nada” e da que falou nas súas obras porque, segundo dicía a escritora, “ponerse a contar es como ponerse a coser, con paciencia siempre, sea para vainicas o para recuerdos”.

 

  • En difererentes obras, prólogos e conferencias, a escritora lembrou a súa vida na casa de San Lourenzo de Piñor, na que a súa nai cosía diante dunha fiestra orientada cara o solpor, momento no que a vía evadirse e “de tanto mirarla y envidiarla, aprendí,  no sé cómo, a fugarme yo también”, en palabras da escritora.

 

  • Das casas e lugares estudados por González Couso nas obras da escritora, salientou o pazo de Lemos (en San Lourenzo de Piñor), as penas de Ousande e “innumerables en todas as súas obras” o que levou á propia Martín Gaite a sinalar en conferencias e artigos: “tengo la  impresión de que Galicia está dispersa en toda mi obra”.

Ruta en Barbadás

  • O libro presentado polo seu autor inclúe detalladamente, os retallos explicados detalladamente na presentación, e roteiros detallados que, segundo dixo, llevarían un día para o seu percorrido completo co tempo de xantar incluído.

 

  • Comezou a elaboralo tras as súas conversas con Perille, como un triángulo entre Ousende, o monte Ervedelo e o monte da Ladaína, que conforman os espazos polos que San Lourenzo de Piñor é o “balcón de Ourense”, tal como o definiu a propia Martín Gaite.

 

  • Referíuse tamén o terceiro retallo, como o “mundo femenino” da escritora que se referiu á “independencia de las aldeanas gallegas” en contraste co que ela considerou “sumisión a la norma” en sus otros lugares de residencia en Salamanca y Madrid.

  • As protagonistas das súas obras, e en todas as novelas, segundo analizou González Couso, son sempre mulleres. Tamén por iso, o seu libro inclúe unidades didácticas que poden utilizarse de guías en centros escolares para traballos literarios con elementos transversais, e para os clubes de lectura, que proliferan en diferentes eidos escolares.

 

  • No remate do acto, o investigador respondeu a preguntas do público e reivindicou, a partires dunha delas, unha maior presencia de Martín Gaite nos temarios actuais de institutos e probas de selección académica. Avogou por retomar o coñecemento arredor da “Generación del Medio Siglo”, esa dos anos 50 da que eran parte Martín Gaite, o seu esposo Sánchez Ferlosio, Aldecoa, Josefina Rodríguez, Ana María Matute, Fernández Santos e outros.

Datos de interese:

  • David González Couso,  profesor e investigador, publicou numerosos libros sobre Martín Gaite. O último, El rastro del verano (2020), propón itinerarios turísticos e didácticos desde a súa obra literaria.

 

  • Escribiu antes artigos en revistas especializadas e participou no documental para TVE sobre a autora La Reina de las Nieves (2021). Tamén traballou noutros ámbitos como a edición e a tradución. É colaborador do proxecto BIESES e ten impartido seminarios sobre autoras clásicas.

 

 

 

 

davidpresentalibro7 332.43 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro1 300.10 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro2 333.37 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro3 360.22 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro4 371.23 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro5 402.22 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro6 317.88 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro7 332.43 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro8 295.62 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro9 414.61 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro10 293.74 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro11 402.02 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro12 371.75 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro13 333.27 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro14 390.50 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro15 333.29 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro16 459.59 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro17 223.63 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

davidpresentalibro18 307.67 KB
Presentación lo libro "El rastro del verao" de David González Couso, nun acto ogranizado polo Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense 08/04/2022

CONTENT-CAT.1715911674

Barbadás acolle o Paseo da Saúde o día 18 de xuño: obradoiros, charlas, actividades e presenza de asociación vinculadas á Saúde

15/06/2021

Barbadás acolle o Paseo da Saúde o día 18 de xuño: obradoiros, charlas, actividades e presenza de asociación vinculadas á Saúde

Esta cita coa Saúde e a Prevención reunirá a 12 asociacións e inclúe obradoiros, charlas e actividades

BARBADÁS ACOLLE O PASEO DA SAÚDE O VENRES DÍA 18 DE XUÑO

Esta cita coa Saúde e a Prevención reunirá a 12 asociacións e inclúe obradoiros, charlas e actividades

As carpas nas que estarán instaladas ubicaranse na avenida de Celanova, na zona da glorieta da Familia

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou hoxe na presentación do Paseo da Saúde ante os medios de comunicación que “estamos nun momento fundamental para pór en valor e dar a coñecer e difundir todo o que xira en torno á Saúde, non só dende o punto de vista médico ou sanitario, senón tamén no aspecto asociativo da prevención e profesional”.
  • A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, sinalou que “un dos obxectivos que pretendemos é dar a coñecer o traballo tan fundamental e tantas veces esquecido destas asociacións, que traballan non soamente para axudar a enfermos e enfermas desas patoloxías, senón para axudar tamén ás súas familias”.
  • A finalidade destas asociación é “apoiar a estas persoas psicoloxicamente, apoialas con profesionais, fisioterapeutas, traballadores sociais” destacou “ a labor das persoas voluntarias que colaboran nestas asociación de xeito desinteresado e realizando un traballo silencioso que serve de apoio para que estas persoas que a sofren poidan seguir coa súa vida o máis normalizada posible.
  • O alcalde de Barbadás Xosé Carlos Valcárcel, lembrou na presentación deste evento relacionado coa saúde e a prevención que “son tempos complicados os que vivimos en torno á saúde, pero xa todos/as temos interiorizado que como di o refrán a saúde é o primeiro”.
  • Valcárcel asegura que a situación actual debe servir para tomar conciencia da importancia de todos aqueles colectivos, organización e persoas que traballan intensamente no ámbito da saúde e moitas veces de xeito totalmente desinteresado e altruísta.
  • “Temos que intentar acadar un equilibrio entre saúde e economía, un equilibrio imprescindible neste momento”, indica Valcárcel. Ao mesmo tempo sinala que é importante valor “a gran achega que fai a sanidade ó conxunto da economía”.
  • No 2019 o gasto sanitario representou o 6% do PIB do Estado (75.000 millóns de Euros).
  • O rexedor remarcou “o recoñecemento da cidadanía polos sanitarios e sanitarias que se viviu durante os últimos meses, un gran traballo que non pode esquecer”.
  • Para Valcárcel é fundamental ter grandes profesionais da sanidade, preocuparnos pola súa formación, por mellorar as súas condicións laboráis  o que  supón unha aposta polo futuro dunha Sanidade excelente e pola mellora da calidade de vida da nosa veciñanza.
  • Neste primeiro Paseo da Saúde “temos que agradecer a colaboración e patrocinio de empresas do noso concello como son : Helbagraf , Coarvi e tamén do INORDE.
  • Valcárcel agradeceu tamén a colaboración das clínicas dentais de Barbadás : Ana Suárez, Castro Aguilera, Parracía e Clínica Dental A Valenzá.
  • É fundamental agradecer o traballo da Policía Local que estará presente neste evento.
  • Protección Civil de Barbadás tamén terá unha importante presenza con voluntarios e voluntarias “a quen queremos agradecer en nome da Corporación o seu traballo desinteresado e intenso atendendo todo tipo de situación de emerxencia o de necesidades básicas”, destacou Valcárcel.
  • O venres día 18 de xuño, a maiores das diferentes carpas das asociación que estarán nese día ofrecéndonos charlas formativas e obradoiros didácticos,  estarán coa súa carpa e cos seus vehículos Protección Civil, para que os nenos e nenas dos colexios de Barbadás poidan participar no obradoiro de primeiros auxilios e de RCP que tamén estarán abertos a todas as persoas que queiran participar nesas charlas didácticas.
  • Polo tanto, falamos tamén dunha xornada de portas abertas para coñecer polo miúdo como se traballa desde Protección Civil, un traballo que sempre está en estreita sintonía coa Policía Local do noso Concello formando entre ambos un eficaz equipo.
  • O Alcalde de Barbadás cedeulle a palabra a Elizabet Nistal, concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, que agradeceu a presenza de moitas das asociacións da provincia que representan as distintas patoloxías e enfermidades.
  • Nistal sinalou que “o principal obxectivo deste paseo é a saúde, a cal nos motivou a organizar esta actividade dende a concellería. E para ter unha boa saúde, sempre é esencial e primordial a prevención e por este motivo o lema do evento é “Prevención e saúde”.
  • Na presentación estiveron representantes das asociacións participantes e na mesa de explicación do evento interviñeron Carmen Dorado da asociación ALCER e Paz Gómez del Valle, da Asociación AURIA.
  • Carmen Dorado, de ALCER, agradeceu en nome dos colectivos participantes no evento en torno á Saúde ao Concello de Barbadás a organización deste evento.
  • Dorado destacou que o Paseo da Saúde “permitirá dar visibilidade ao que facemos dende as asociacións e previr enfermidades crónicas porque o impacto dunha enfermidade crónica é enorme dende moitos puntos de vista laboral económico social e en todos os aspectos da vida de unha persoa.
  • A presenza dos colectivos neste tipo de eventos contribúe, segundo Carmen Dorado, a ofrecer información para previr enfermidades para mellorar a calidade de vida porque ninguén de nós é libre de padecer unha enfermidade crónica renal, de feito 1 de cada 7 de persoas é diagnosticada de unha patoloxía renal” Durante o Paseo da Saúde na carpa de ALCER realizaranse medicións preventivas de presión arterial e peso.
  • Paz Gómez, da Asociación AURIA, incidiu en que “necesitamos facernos visibles porque hai que ter en conta que as asociacións de pacientes estamos suplindo unha parte importante que está fallando no sistema sanitario, a nosa misión é informalos, formalos e acompañalos e sen esa visibilidade non sería posible”. Por este motivo é fundamental a través de este tipo de eventos que “sigamos difundindo e traballando, e sobre todo estar preto da cidadanía e que este sexa un primeiro paso nun camiño longo”
  • Na primeira edición do Paseo da Saúde” Barbadás contará coa presencia das seguintes asociación:

AFAOR – Asociación de enfermos de alzheimer.

ALCER – Asociación de Loita contra a Enfermidade Renal.

AURIA – Asociación de Diabéticos/as.

AECC  –  Asociación Española de loita contra o cancro.

AODEM – Asociación Escleroses múltiple, ELA ,Parkinson..

POR ELES TEA – Asociación de Autismo

AFFOU – Asociación de Fibromialgia, Fatiga crónica.

ACCU – Asociación de Crohn e Colites ulcerosa.

QUERENDO –    Asociación de Mulleres con Endometriose.

AUTISMO OURENSE – Asociación de autismo de Ourense.

E O CENTRO  `QUÉROTE MÁIS´

  • Tamén teremos a presenza desinteresada da matrona do SergasDona María Villanueva Rey, do Centro de Saúde da Valenzá.

 

  • Así mesmo, teremos a presenza dunha UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA, para que todos aqueles que queiran efectuar o xesto altruísta de doar sangue, poidan acudir a facelo, posto que e moi importante para salvar vidas ou tratar algunhas enfermidades.

CONTENT-CAT.1715911674

Barbadás Outlet: comercio local, actividades lúdicas infantís e desfile de moda canino

14/03/2019

Barbadás Outlet: comercio local, actividades lúdicas infantís e desfile de moda canino

COMERCIO LOCAL, ACTIVIDADES LÚDICAS INFANTÍS E UN DESFILE DE MODA COMBINADO CON PRESENTACIÓN DE MASCOTAS EN ADOPCIÓN CONFLUIRÁN NA “BARBADÁS OUTLET”

Un desfile de moda acompañado de mascotas será unha das iniciativas novidosas do evento co obxectivo é visibilizar o “non abandono” e o “non ao maltrato animal”

Unha zona de ocio infantil con obradoiros variados favorecerá que as persoas que acudan poidan disfrutar comodamente da feira da oportunidade

  • A presentación da “Barbadás Outlet” tivo lugar hoxe xoves na Valenzá, coa presencia de comerciantes participantes e da concelleira de Comercio, Marga Pérez.

  • As actividades infantís desenrolaranse no recinto do Barbadás Outlet. Habilitarase un espazo infantil, onde os/asmáis cativos/as van poder divertirse e xogar durante os horarios de apertura da feira outlet.

  • Entre as actividades dirixidas aos/ás máis cativos/as figuran o baile, talleres de manualidades, de música, mentras os/as maiores fan as súas compras.

  • Un desfile de moda dos establecementos participantes acompañados de mascotas será unha das actividades novidosas do evento. A cita será o sábado ás 19,00 horas.

  • Marisa Varela, da asociación canina “La can”, explica que “para dar a coñecer aos animais da protectora e fomentar a adopción, un grupo de tendas mostrarán as súas tendencias e os/as modelos irán acompañados de animais”.

  • O obxectivo é visibilizar o “non abandono” e o “non ao maltrato animal”.

  • Os fondos recadados neste desfile serán destinados para os cans que están en acollida e para os gatos que forman parte do proxecto “Non sen a miña mascota”, así coma para os gastos de asistencia veterinaria e alimentación de mulleres vítimas de violencia de xénero que se atopan en casas de acollida.

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, destaca que a “Barbadás Outlet” é unha “oportunidade para que os/as visitantes coñezan o conxunto de tendas das que dispón A Valenzá, na súa maioría situadas na avenida de Celanova co obxectivo de que en futuras ocasións ao ser coñecidas grazas á feira acudan a establecementos de moda, deporte, estética, tendas infantís, floristerías, librerías, zapaterías, etc”.

  • A “Barbadás Outlet” conta na súa segunda edición con un espazo moito máis amplo e con un maior número de participantes. O escenario elixido nesta segunda edición foi o polideportivo municipal.

  • Marga Pérez comentou que nesta segunda edición aumentou o número de participantes que ofrecen unha gran variedade de produtos: moda de home, muller, infantil, calzado, estética, decoración, librerías, etc.

  • A concelleira de Comercio invitou á participación neste evento que se desenrolará no pavillón da Valenzá, resumindo que os/as visitantes “atoparán unha ampla variedade de produtos de alta calidade a uns prezos moi económicos e asequibles”.

  • Mari Carmen Casas, de “Bel Moda”, destacou que actualmente na Valenzá hai un amplo abano de oferta comercial e “esta é unha ocasión importante para que a xente coñeza o comercio local, que veñan a vernos e coñecer o que temos”. Anticipou que vai haber agasallos para as persoas que acudan a “Barbadás Outlet, sorteos, polo que animou á cidadanía a participar neste evento”.

  • Paqui Bouza, de “La Cigüeña” animou á veciñanza a acudir á “Barbadás Outlet” “porque temos moita amplitude de comercios de todo tipo, con iniciativas moi interesantes que propician que se coñeza o comercio local”.

  • Bouza falou dos importantes descontos que ofertarán os comercios que participan na “Barbadás Outlet”.

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinala que a “Barbadás Outlet “ é unha aposta no camiño de potenciar a actividade comercial de Barbadás e poñer en valor este sector no ámbito de influencia da comarca de Ourense.

  • Valcárcel incidiu na calidade dos servizos de atención, da formación dos/as comerciantes de Barbadás e, sobre todo, na oferta que realizan.

  • Un dos obxectivos deste tipo de eventos pasan pola implicación do comercio local na iniciativa de potenciación do sector por parte do Concello de Barbadás. “O feito de que nesta edición están presentes un maior número de comerciantes demostra que eles/elas mesmos recoñecen que é unha actividade produtiva para o seu negocio”, afirma.

  • O horario de apertura das instalacións do “Barbadás Outlet” será de 11,00-14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os días 16 e 17 de marzo.

  • Listado de establecementos participantes: Toffe Glass, Carussa Baby, Mía Valle, Liset, Librería A Valenzá, Código Bike, Muebles Gosende, La Cigüeña, Érase dúas veces o Gato con Botas, Twins, Twins Men, Calzados Zocos, Librería Espa, Idunna, Bel Moda e Complementos, O Roupeiro de Uxía, Valenmoble, JM Peluquería Masculina, Kibu Coffe Shop, Armería Jardín, Shinyu, Mimi Flores, Queen&Co, La Pequeña Coqueta e KomodaModa.

  • Máis información en barbadas.es; no Facebook de “Comercio Local de Barbadás”; no Facebook “Concello de Barbadás”. No Twiter “Concello de Barbadás” e no Instagran “concello_barbadas.

 

CONTENT-CAT.1715911674

SEARCH.PAGE.1715911674